12- CONCURSO DE ESPANTALLOS

EN CERPONZÓNS, OS ESPANTALLOS O CAMIÑO.

4° CONCURSO

IV CONCURSO DE ESPANTALLOS

Organizado pola Asc de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns.

Éste ano presentaronse o doble de Espantallos que anos anteriores.

O xurado desde ano estivo composto polos novos concelleiros e concelleiras do Excm. Concello de Pontevedra:

Beatriz Rey, Silvia Crespo e Iago Acuña (PP) Manuel Fariña e Paloma Castro (PSOE) e María Xosé Abilleira (BNG)

Despois da puntuación que deron os compoñentes do xurado (puntuación mui axustada entre todos os Espantallos), de un máximo de 30 puntos, os tres primeros clasificados foron os seguintes:

1° LAMBUXEIRO (Total de puntos 28)

2° BARTOLA (Total de puntos 27)

3° CONATORSIDA (Total de puntos 27)

EN TOTAL PRESENTARONSE 18 ESPANTALLOS, ESTOS FORON POR ORDEN DE ENVÍO:

N° 1…FARGALLEIRO…….PIDRE

N° 2…ASALTACUNAS……PIDRE

N° 3…BARTOLA…………..PIDRE

N° 4…CONATORSIDA……A COSTA

N° 5…CAJAGALLETAS……MEÁN

N° 6…ARRANCAPINOS….TILVE

N° 7.…CARALAVADA……..TILVE

N° 8….CARRACHA………..TILVE

N° 9…BOCAESTERCO……LEBOREI

N° 10…CONICHO…………..RONS

N° 11…LAMBUXEIRO……..MEÁN

N° 12…VICTORIA SECRET…MEÁN

N° 13…CLAUDIA SCHIFFER..MEÁN

N° 14…PARROMEIRO………PIDRE

N° 15…BADANAS…………….MEÁN

N° 16..PACHORRENTO…….TILVE

N° 17..OS CANECOS………..TILVE

N° 18..BULEBULE…………….TILVE

3º CONCURSO

O terceiro concurso de Espantallos celebrado en Cerponzóns xa ten gañadores ! TODOS !

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro (organizador do concurso) estamos encantados da colaboración veciñal que houbo este ano.

Este ano foron 10 Espantallos os que se presentaron e o xurado tívoo moi complicado á hora de puntuar, xa que todos merecían a máis alta puntuación.

A Asociación de Veciños decidiu que este ano o xurado fose unha representación dos medios de comunicación escritos.

A clasificación quedou da seguinte maneira :

1º MARAJOTA

2º JACHONA

3º BERTORELLA, BARALLOCAS e MOINANTE.

Os demáis Espantallos levaron unha puntuación mui similar, solamente con unha diferencia de un ou dous puntos entre eles : TANXUGUEIRO, MEIXELAS, CHURRIANA, CHIMPAFIGOS e SETETETAS.

O xurado estivo formado por periodistas do Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Lá Voz de Galícia e Pontevedraviva.

2º CONCURSO

En pleno confinamento, os veciños de Cerponzóns idearon un concurso para pasar o tempo. Apostaron por crear espantallos cos que fomentar a creatividade da parroquia e recuperar unha figura que está hoxe en día practicamente en desuso. O concurso foi todo un éxito e, por este motivo, a asociación de veciños O Chedeiro decidiu organizar a segunda edición deste concurso. Os espantallos terán que estar confeccionados entre os meses de abril e maio e a primeiros do mes de xuño coñeceranse os gañadores.

Para levar a cabo a elaboración dos espantallos, os participantes só poderán materiais como envases e botellas de plásticos, latas de refrescos, tapóns, bolsas de plástico, arames, papel ou roupa usada, sinalan desde o colectivo veciñal. A participación está aberta a todos os veciños de Cerponzóns.

O segundo concurso de Espantallos, organizado pola Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns xa ten gañadores .

De novo as veciñas e veciños de Cerponzóns demostraron a súa creatividade, elaborando os espantallos con todo tipo de materiais en desuso é que reciclaron para éste concurso.

Este ano o xurado estivo formado por :

Juan Loureiro (Presidente da FFVV Castelao)

Pilar Comesaña (Concellala do BNG)

Marcos Rey (Concellal do PSOE)

Martín Martínez (Concellal do PP)

Goyo Revenga (Concellal N/A)

A CLASIFICACIÓN DOS FINALISTAS FORON AS SEGUINTES :

Contamos coa colaboración de Conxelados LINA é Talleres EVAPA, que lle deron premios por un igual aos cinco finalistas.

1º CONCURSO

O pasado 23 de Marzo do 2020, en pleno confinamento xurdiu unha idea desde a Asociación de Veciños O Chedeiro.
No seu afán por mellorar a calidade de vida e o benestar dos nosos veciños a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns recomendaba manter o corpo e a mente activos, e propuxo que se realizarán actividades, cumprindo, iso si, ” ao pé da letra” con todas as medidas que se tiñan que tomar para previr o contaxio.

Por iso propuxeron un concurso de espantallos e así poder contribuír a realizar unha actividade que contribúa a afrontar a situación pola cal estábamos a pasar con humor e positivismo.

A idea é que os veciños que quixeran  participar foran ideando o ” modelo” de espantallo e telos preparados para expoñer no momento de volver á nosa habitual rutina.


Con esto tratamos de poñer en valor a figura dos espantallos , hoxe en día prácticamente en desuso dado o abandono da actividade agrícola e os novos métodos de espantar aos paxaros con Cd’s, cintas, botellas etc.

Hoxe en día os espantallos xa non teñen a forma humana como adoitaban facer os nosos avós e pais, hoxe en día colócanse uns espantallos *modernos* , que de cando en cando toman a forma humana. Colócanse cintas altamente reflectantes de aluminio suxeitas ás plantas para asustar coa súa brillantez ás aves. Outro método son as alarmas de ruído automático accionadas con gas propano.

A Asociación de Veciños O Chedeiro promove un Concurso de Espantallos, con iso queremos tamén aproveitar de concienciar aos veciños da importancia e beneficios que xera o reciclaxe na preservación do medio ambente na nosa vida diaria.

Promoveremos tamén a que se adopten actitudes que levan a un consumo razoable, que se aproveiten os recursos naturais, indicando as vantaxes que conleva practicar o reciclaxe. Así mesmo, queremos con este concurso resaltar a identidade cultural, valéndonos da nosa tradición ao longo de máis de mil anos de historia que ten a nosa parroquia.

Para levar a cabo a elaboración dos espantallos utilizaranse materiais como envases e botellas de plásticos, latas de refrescos, tapóns, bolsas de plástico, alambre, papel, roupa usada etc.

Sabemos que hai moitos veciños con gran creatividade, esperamos que se animen e decidan personalizar os tradicionais espantallos ao seu gusto e forma, ou ben integrándolles os vellos cds, cintas e calquera outro elemento que se poida reciclar para este concurso.
Despois de xa máis de máis de dous meses, xa son muitos os veciños que durante estos días estiveron facendo o seu espantallo, a proposta que lle fixemos os veciños está sendo un éxito rotundo.

ESTOS FORON OS ESPANTALLOS QUE SE PRESENTARON O CONCURSO :

ESTOS FORON OS GAÑADORES :

O día 15 de XUÑO 2020, fixemos público o fallo :

O primeiro Concurso de Espantallos, organizado pola Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns xa ten gañadores.

Para ser totalmente imparciais a directiva da Asociación decidiu que o xurado fose os membros do grupo de wasap Cerponzóns polo mundo, integrado por veciños ou descendentes de veciños de Cerponzóns.

Un xurado en grao sumo internacional, as puntuaciones chegaron desde Arxentina, Australia, Brasil, Francia, Suiza…e tamén de varias cidades españolas.

Dicir que o comentario dos membros do xurado foi prácticamente o mesmo, que estaban encantados de poder participar na elección dos mellores Espantallos, para eles era coma se estivesen na parroquia nestes momentos.

As puntuacions foron moi igualadas, quedando clasificados nos tres primeiros postos :

 

1–ESPANTALLO LUNARES


2–ESPANTALLO NA CADEIRA DE RODAS


3–ESPANTALLO CAMISA AZUL

 

PREMIOS QUE FIXO ENTREGA A PRESIDENTA DA ASC. DE VECIÑOS, LILIANA CASAS :

1º CLASIFICADO

1–Bono para duas personas de unha sesión de Spa, con merenda incluida, no Hotel Juan Carlos I de Sanxenxo.

Inclúe : 

Programa de Piscinas de 2 horas con Merenda na Cafetería Aldariz.

Piscina Dinámica 

Piscina Interior Climatizada 

Merenda

2–Bono para un cambio de aceite, revisión de niveis é desinfección de ozono no seu vehículo.

2° clasificado: Unha garrafa de 5 litros de anticonxelante e unha garrafa de 5 litros de lubricante.

3° clasificado: Unha garrafa de líquido lavaparabrisas e unha garrafa de 5 litros de lubricante.

NOTA : Desde a Asc. De Veciños agradecemos a colaboración de Talleres EVAPA é Recambios MOURENTE.