RECORDOS…..
Recibo de bo grado a historia da familia de Lidia R. Diaz , unha muller arxentina con raíces na nosa parroquia de Cerponzons.
Coñecín a Lidia grazas ao blogue da nosa veciña Ana : http://serpenties.blogspot.com.es/ , en éste blog Lidia empezóu a querer saber e a facer preguntas , como no caso da nosa querida Marisa , tamén quería saber das súas raíces , das orixes dos seus antepasados.
E así foi como tamén contactei con ela , cada certo tempo escribiámonos e comentabamos algunha cousa relacionada coa nosa parroquia.
Hai pouco que me foi dicindo o que ía lembrando dos seus avós e os fillos destes , este relato é o que eu fun recollendo de Lidia :
Coméntame Lidia que os seus recordos remóntanse á súa avoa por parte de pai , chamábase Esclavitud Ruibal , natural de San Vicente de Cerponzons .
Esclavitud tivo nove fillos , Eulogio, Joaquín, Benito, Ramón, Manuel, Dolores (Lola), Josefa e Rogelia e o pai de Lidia , de nome José Díaz Ruibal , o menor da familia , nacido en Marin.
Foi no ano 1920 cando Esclavitud xunto co seu fillo menor José , con tan só cinco anos , marcháronse para a Arxentina , o marido da nosa veciña ,Joaquín Díaz , de orixe portuguesa habíase ido anos antes cos demais fillos para este gran país.
O avó de Lidia e os seus fillos embarcaron no Vapor Infanta Isabel de Borbón , un gran buque correo transatlántico español da Compañía Transatlántica Española , con destinos a América do Sur , Uruguai e Arxentina , onde emigraban fundamentalmente españois e italianos.
Todos eles traballaron moi duro para saír adiante e así poder prosperar , o tío Eulogio foise dirección á Patagonia , na cidade de Zapala , onde viviu toda a súa vida , debido a que esta cidade fúndase no ano 1913 e comeza a crecer coa chegada do Ferrocarril Gral.Roca en 1914 as expectativas de traballo eran as adecuadas e así foi como Eulogio escolleu esta cidade para desempeñar a súa vida laboral no sector do comercio.
Os demais irmáns tamén se dedicaron ao comercio , ou a distintos traballos que xurdían naqueles anos , todos na cidade de Buenos Aires , e a todos eles foilles ben e co seu sacrificio e loita puideron dar aos seus fillos unha excelente educación , que nalgúns casos foi universitaria.
José Díaz , o pai de Lidia , foi un dos fillos máis estudiosos , á temprana idade de catorce anos comezou a traballar e simultaneamente estudaba , cunhas magníficas cualificacións ía aprobando todas as asignaturas , chegando a recibir no Secundario de Comercio a Medalla de Ouro.
A maior parte da súa vida laboral desempeñouna na industria gráfica, en particular nunha imprenta moi famosa que tiña de clientes ás máis grandes editoriais de Arxentina e tamén varias de Latinoamérica.
José dedicábase especialmente en realizar os cálculos de custos das edicións de libros , por tal motivo trataba habitualmente con coñecidos escritores , pintores , etc. tanto arxentinos como estranxeiros , por exemplo moitos españois que se refuxiaron en Arxentina durante a Guerra Civil española.
A menor das irmás de José , a tía Rogelia , casou cun señor de orixe surafricana , radicado desde moito tempo na Arxentina , cuxa familia tiña enormes campos de cultivo.
O tío Eulogio casou cunha criolla , e o resto dos irmáns casaron con coterráneos de Galicia.
José Díaz casou con unha linda muller de procedencia francesa e italiana , estiveron xuntos toda a vida , desta unión naceu Lidia , foron mui felices , sempre xuntos apoiandose un en outro en todo , ata que desgraciadamente José faleceu inesperadamente debido a un infarto , contaba 61 anos de idade , unha idade moi nova , con muito por diante que tiña ainda pensado en facer.
Unha das cousas pendentes que lle quedaron foi cando ocorreu o falecemento de José , era cando estaba a planear coa súa esposa a viaxe a España , pois el nunca máis puidera volver.
José traballou toda a súa vida para dar o mellor á súa familia , darlle estudos nas mellores escolas e Universidade á súa filla Lida , que hoxe en día é unha prestixiosa avogada en Buenos Aires , o viaxe a nosa terra tiñao en mente , pero para mais adiante , primeiro era o posicionamiento da sua familia e logo xa vendrían os viaxes de pracer.
Non pudo ser , José foise sin poder voltar a súa querida terra.
Unha preciosa historia que me contou Lidia , que me lembra a vez que viaxou a Galicia , hai un ano e medio aproximadamente, visitou a nosa terra e quixo coñecer Cerponzons.
Nun anterior correo que mantiven con Lida explicábame o seguinte :
Traté de averiguar algo más escribiéndole al párroco de Cerponzons y en mi visita a Galicia en Setiembre del año pasado, con muy poca suerte. El párroco no me contestó y mi visita a Cerponzons se vió frustrada por una circunstancia fortuita: le pedimos al chofer del autobús que nos avisara para bajar en Cerponzons y se olvidó.-Cuando nos dimos cuenta ya estábamos lejos y si bien recorrimos un poco alrededor de la ruta ya no teníamos tiempo ni posibilidad de llegar a Cerponzons. Una pena, lamenté no haber tomado un taxi pero nunca imaginé que el conductor fuese olvidadizo.-Cordiales saludos.-
Lidia R.Díaz