16- CURAR A DOR DE OÍDOS.

CURACIÓN DA DOR DE OÍDOS :
El dolor de oídos se cura vertiendo en ellos unas gotas de leche de una mujer que haya dado a luz un varón, o también taponando el conducto auditivo con un trozo de jamón viejo……así lo recogió V. Lis en su libro que trata sobre la Medicina Popular en Galicia.

Son moitos os remedios que polo mundo adiante había para curar a molesta dor de oídos, en Francia , por exemplo, un dos remedios que había para curar a Adenitis era a de desollar unha culebra e poñela a macerar en augardente, logo empapábase nun algodón e metíase na orella enferma, o de usar a serpe era moi común e na nosa parroquia por suposto, usábase para moitas enfermidades.

Na nosa parroquia un dos remedios para curar a dor de oídos era o de usar Lauchas, pequenos ratiños que a veciña encargada de realizar a sanación encargábase de ir buscalos nas metocas de millo ou nos palleiros de erba que se encontraban polas leiras.

Os pequenos ratos eran moi apreciados en moitos lugares, é sabido que os curandeiros usabanos moito para combater a tosferina, o tifus e a tiña, para iso preparábase un caldo de rato que había que tomar ben quente, seica podías botarlle pan, polo menos a min o caldo sempre me gustou con muito pan, que a cuchara quedase dereita……

Pero neste caso a nosa veciña usábaos para a dor de oídos e parece ser que era moi eficaz, o seu procedemento era moi sinxelo, collía uns cuantos ratiños que tiña gardados nun bote, e colocábaos nunha tixola, ao pouco tempo de fritilos apartábanse do lume, recollíase ese aceite que producían ao fritir os pequenos ratos e procedíase a botalo no oído afectado, esas pingas ao pouco tempo eran en grao sumo eficaces, os ratos fritos eran considerados un remedio infalible, mesmo para a tose convulsiva, unhas culleradas dese “aceite” era a solución.


Recordo unha vez aos meus pais comentarme de cando era moi pequeno (daquela viviamos na Taberna de Maria Fuentes), situada enfronte a casa dá señora Hermosinda, que seica eu tiña muitos dores de oídos, era algo insoportable, choraba de día e de noite, houbo unha noite , eran as catro da mañá, que era tal a dor e os choros que o meu pai colleume no colo e levoume andando ata Pontevedra, daquela non había taxis a esas horas, e meu pai non tiña coche, foi andando en busca dun médico para que me dese algo, e algunhas gotas debeu de darme, pero o que non sei eu si chegaron a probar en min co aceite da nosa veciña…..se cadra as dores pasaríanme muito antes, tiñan o remedio cerca da casa.

Sorprenderavos seguramente os que ledes isto por primeira vez e nunca escoitarades destes remedios…

Pero é que remedios onde se usan os ratos son infinidade os que hai, hoxe en día os ratos seguen sendo imprescindibles para multitude de experimentos, os pobres son os primeiros en experimentar o que se coce nos laboratorios…..

Por poñer algún exemplo máis de remedios, fai anos tamén usaban os ratos para os que tiñan pouco pelo, a porqueria dos ratos mesturábase con mel e despois usábase na parte do corpo que un quixese que lle nacese pelo, normalmente era a cabeza a parte onde máis se usaba, unha boa man deste mejunje e a esperar…

Outras veces collíanse as cabezas dos pequenos ratiños e queimábanse, despois esa cinza mesturábase con aceite de arrayán, era outra fórmula de crecepelo.

Noutros casos usaban o vinagre mesturado co estiércol dos ratos, os cabelos renacían aos poucos días, seica brillaban aqueles pelos.

Pero un dos usos que estaba moi estendido era o de darlle ratiños a comer a aqueles nenos que lle abundaba a saliva, dese xeito se lle desecaba a esaxerada saliva que tiña na boca. Pero si ademáis o neno era dos que se mexaban na cama tamén aproveitaban a pel do rato….

O primeiro era que había que despellexar ao rato en vivo, despóis a pel do rato aplicábaselle nos testiculos ao pequeno, tendo en conta que a pel estivese un pouco húmida para que fose efectivo o remedio, probablemente facíase este remedio porque había un tipo de rato que seica non bebía nunca, segundo comentarios, iso si, o rato tiña que ser caseiro, xa se sabe que como o de casa non hai nada mellor…..

23- O MAL DAS LOMBRICES.

AS LOMBRICES SACASEN CON UNTO….


Cuchillo que cortas o pan

que cortas todo canto che dán,

corta tamén as lombrices

menos a da fariña.

Un Padrenuestro y un Avemaría.



O ter máis de mil anos de historia fai que unha parroquia como a nosa teña un patrimonio cultural inmenso, entre este patrimonio está o da medicina tradicional, Jorge Romani Gabriel comenta nun dos seus artigos que a pervivencia do mundo máxico na Galicia rural hai que buscala nunha cultura popular moi viva, que interrumpiu a súa cadea de transmisión oral fai tan sóo uns 50 anos. No pouso de devandito corpus cultural , di Romani, o substrato céltico ou prerromano, modulado a través dos séculos pola cultura grecorromana, o cristianismo, e as viaxes de ida e volta a América, é de onde absorbe elementos da medicina tradicional precolombina. 
A enfermidade das lombrices coñécese na Medicina co nome de Ascaris Lumbricoides, un tipo de gusano de cor abrancuxado e que produce cólicos e diarreas, separadamente doutros trastornos, sobre todo nos nenos ( ás veces producida por beber unha excesiva cantidade de leite ), e onde se precisaba para curar dun ritual sinxelo, con todo si as lombrices eran de cor negro o mal era xa dun carácter máxico e diferente, había que tomar outras medidas.

Como noutras enfermidades, o nome que se lle dá á enfermidade varía dependendo do lugar, así por exemplo, en MOS coñécense as Lombrices como BICHIÑAS ou LOMBRIGAS, no Concello de Cotobade denomínanse LUMBRICES, en Marcón pronúncianse de dúas formas : LUMBRIGAS e tamén LUMBRIGUEIRO…..etc.etc.
De sempre dicíase que ao nacer un, xa vén coas Lombrices no seu interior, tamén había quen dicía que unha mala mirada era a causante de que entrasen no corpo dun.
Para curarse das Lombrices hai unha serie de procedementos, segundo o lugar procédese de diferente forma, pero sempre teñen algunha cousa en común. Nalgúns sitios consistía a curación en “cortar” “bendicir” “desconxurar”….afacíase a realizar cruces desde o peito ata a barriga, e tamén se realizaban as cruces nas palmas das mans e nos pés, cada vez que se procedía a esta curación ía acompañada de oracións.

Os utensilios que se usaban eran variados, desde obxectos, como rosarios, coitelos, moedas, cacharros, panos….como tamén substancias e líquidos, entre estes estaban o azucre, azafrán, aceite, auga, mel….e tamén unto.

Sempre que se procedía á curación mencionábase nas oracións a algún Santo, na nosa parroquia era costume de mencionar a San Antonio, Santo que é de gran devoción desde fai muitisimos anos. Esta curación realizábase durante nove días, e adoitaba realizarse á noitiña.

En Cerponzons tivemos unha veciña que era especialista na curación das Lombrices, ela usaba separadamente das oracións, o unto. Era veciña do lugar de A BALEA.


Adoitaba coller un anaco de unto e íallo pasando ao enfermo, comenzaba polo peito e aos poucos íao baixando ata a barriga.

Tamén tiña costume de facerlle a señal da cruz co unto na boca do enfermo, para que non lle entraran as Lombrices por ela.

Logo da oración de costume realizaba varias pasadas co unto, dependendo da cantidade de Lombrices que tivese ( pois sabía cantas tiña), ía dicindo :

DE NOVE QUEDADES OITO,

DE OITO QUEDADES SETE,

DE SETE QUEDADES SEIS,

DE SEIS QUEDADES CINCO,

DE CINCO QUEDADES CATRO,

DE CATRO QUEDADES TRES,

DE TRES QUEDADES DUAS,

DE DUAS QUEDADES UNHA.

E ESTA É PARA A VIRXE MARÍA 

Este remedio había que repetilo durante nove días consecutivos.

Despois de facer unha pequena investigación en artigos e libros relacionados coa Medicina Popular, a curación das Lombrices tiña moitas similitudes nas parroquias pontevedresas, en cada unha delas utilizábanse diferentes obxectos para a eliminación do mal, pero había moita afinidade no momento de que se utilizaban ensalmos.

Os ensalmos repetíanse nove veces e a continuación era cando se nomeaba ao enfermo, e íase dicindo nove, oito, sete, coas súas oracións, e así ata unha.

O curioso era que ao ir baixando o número era coma se as lombrices fosen desaparecendo, así mo comenta un neto desta veciña da BALEA.

Tamén se facía referencia á hora da desaparición das lombrices, que ao ir desaparecendo todas respectábase a última, esta era a coñecida como ” solitaria”, a cal era a que non deixaba renacer ás demais lombrigas, a esta ” solitaria” denominábaselle de distintas maneiras : mestra, a dá Fariña….

Ao cabo dos anos foise descubrindo que está ” solitaria” non era para nada beneficiosa, ao contrario, os seus efectos eran quizais máis prexudiciais que as demais lombrices.

Si esta curación realizábaselle a un neno, ao finalizar de contar dabanlle a beber ao seguinte día augardente, isto era costume por exemplo no barrio da Moureira, en Pontevedra, moi preto da nosa parroquia, por conseguinte, non sería de estrañar que a nosa veciña tamén tivese esta opción para finalizar a curación…..


Publicado en :

https://pontevedraviva.com/opinion/4757/mal-lombrices-cerponzons-mil-anos-historia-juan-jose-esperon/