JUANITO O MEREGILDO

A homosexualidade non é unha enfermidade, a verdadeira enfermidade é a homofobia, que representa a intolerancia e a irracionalidade de agredir a outra persoa por considerala diferente.

Hoxe hai 16 anos que faleceu Juanito, O Meregildo.

Despois do recoñecemento realizado no mes de Xuño en Pontevedra, con motivo da Semana do Orgullo, comparto os recordos sobre a súa persoa que me foron contando os seus veciños e veciñas.

Oxalá non volva ninguén a padecer o que pasou Juanito.

Juan Ucha Villaverde (12/02/1923)(11/09/2007).

Máis coñecido por Juanito O Meregildo, veciño do lugar de Pidre (Cerponzóns ), viviu toda a súa vida cos seus pais, desde moi pequeno comezou a estar “marcado” debido aos seus ademáns, esa forma de ser “diferente” aos demáis nenos convertérono en vítima propiciatoria para recibir por parte de moitos dos seus veciños e compañeiros os insultos e mofas habituais naqueles tempos, pronto comezaron a insultalo: maricón, mariquita, Juanita banana…

Así foi pasando a súa mocidade, sacándose a vida coma podía, o seu traballo consistía en ir polas feiras a vender froita, ovos, galiñas etc. , adoitaba desprazarse a moitos lugares, non soamente a Pontevedra, si non que ten chegado a ir ás feiras de Marin, Bandeira, Silleda e Lalin, nos últimos anos da súa vida laboral tivo un posto de froitas na planta superior do Mercado de Abastos de Pontevedra.

Nunca o verías meterse con ninguén, nin unha palabra mal sonante saían dos seus beizos, cando estaba enfadado as súas contestacións habituais eran coa seguinte frase : A ti que che importa candelario! Ou tamén estoutra : A ti que che importa cancela de ferro !

Vivir nunha aldea naqueles anos era complexo para xente como Juanito ou como a señorita Carmiña, casualmente vivían fronte por fronte, as súas casas estaban a escasos metros unha da outra, soamente o camiño dividías. Nos anos sesenta a aldea podiamos considerala como un grupo de persoas que tiñan entre si unha cousa en común: que era unha gran familia, moitos dos seus veciños tiñan parentesco entre si. Todos se axudaban nos labores do campo, xuntos realizaban aqueles traballos que tiñan maior dificultade a hora de facelo un só, as portas das casas estaban abertas. Os veciños do lugar de Pidre cando tiñan que falar dalgunha cousa que afectaba a todos en xeral reuníanse na Praza da Estrela, alí, á tardiña, logo das faenas do campo, decidían que era o mellor para eles con respecto a si tiñan que ampliar un camiño, arranxar un muiño, dar horas para ir a regar, reclamar algún punto de luz…pero tamén na Praza da Estrela ou mismo na leira, ou camiño á igrexa etc. había tempo para comentar todo aquilo que ocorría ao seu aoredor, e falar de Juanito ou da señorita Carmiña era moi habitual.

E falaban, claro que falaban, imaxinarvos naqueles tempos da ditadura en que un dicía que si Carmiña tiña unha noiva pola parroquia de Xeve, ou os rumores da xente era de que si un día viron a un home que entraba de noite na casa de Juanito e non saíu ata ben entrada a madrugada, e si que foron varias as noites que o viron entrar na súa casa, que algún deses homes estaba casado…Aquilo, para a maioría era un escándalo !

MANILO

Antes de seguir falando de Juanito, recordo que na taberna dos meus pais de cando en vez saía a escena o tema relacionado con aqueles homes amanerados. Unha vez entrou pola porta da taberna un home que me chamou a atención, os seus xestos e a súa forma de falar eran diferentes aos clientes que tiñamos habitualmente. Cando se foi, os homes que estaban tomando uns viños comezaron a falar del :

Sabes quen era este que acaba de marchar ? É MANILO, o maricón.

Manuel Estevez Tato, máis coñecido por Manilo, un home coñecido en toda Pontevedra é alrededores, fíxose famoso por ser o incha número un do Pontevera C.F., era a época do Hai que roelo! A Manilo podías velo sempre no vello campo de Pasarón, co seu megáfono a grito pelado animando ao seu Pontevedra.

Manilo traballara na Telefónica, pero ademáis dedicábase a limpar polas casas, seica quedaban relucientes, mentres limpaba adoitaba cantar, as coplas eran as súas preferidas, entre elas a titulada : Á tu vera, era tal a súa simpatía que aínda que moitas daquelas persoas que non aceptaban aquelas inclinacións homosexuais, aceptábanas en Manilo.

Manilo foi durante moito tempo o díxomedíxome dos que paraban na taberna, e adoitaba saír a escena o noso veciño Juanito é máis Manilo, cando alguén quería calificar de maricas a algún dos presentes nas habituais discusións que se montaban na taberna dá Rons.

Aos máis pequenos dicíannos que andásemos con coidado, que aqueles homes podían facernos cousas que nos podiamos contaxiar, chegando a ser como eles.

No mes de Xullo do 1974, o Diario Pontevedra, recollía así a nova do seu pasamento:

Ha fallecido, víctima de cruel enfermedad, Manuel Estévez Tato «Manilo», socio ejemplar del Pontevedra, C. F. y mejor aficionado. Nuestro primer Club ha perdido a uno de sus más caracterizados y entusiastas seguidores. El deporte pontevedrés en general está de luto, porque Manolo Estévez, no solamente era «hincha» del Pontevedra, sino de toda manifestación deportiva que representase su ciudad natal. Recordamos, por ejemplo, el agradecimiento de todos los jugadores que han desfilado por el Club granate, desde Foro, Español, Portas, Sande, Dominguez… pasando por Ceresuela, José Jorge, Vallejo, Calleja, Celdrán, Martin – Esperanza, Batalla, etc., todos los cuales escucharon la voz que desde la grada, con su singular megáfono, les dirigía «Manilo»> para que redoblasen su esfuerzo, especialmente en los partidos difíciles.

Manolo Estévez tenia una extraordinaria condición, la de insuflar entusiasmo y ansias de victoria, no sólo a los componentes del equipo, sino también a los aficionados que poblaban las gradas del Estadio de Pasarón. Sus sinceros gritos de aliento, siempre eran secundados por los demás socios y seguidores granates.

No hemos asistido al partido del pasado domingo, frente al Erandio, pero nos enteramos por las crónicas y por nuestros compañeros, que resultaron muy emocionantes los preliminares del mismo, cuando los jugadores granates, desde el centro del terreno, dedicaron su actuación a Manolo Estévez, enfermo de gravedad en el Hospital Provincial. El público rubricó con una ovación de gala tan bello gesto.

Ayer, a las siete y media de la tarde, se celebró el acto del sepelio, ponióndose de manifiesto el sentimiento producido por su muerte, pues un gran número de amigos, entre los que se contaban los componentes de la Junta rectiva, jugadores, técnicos y socios del Pontevedra, C. F., aficionados en general y representaciones de la Prensa y de la Radio, acompañaron los estos mortales de Manolo Estévez al cementerio de San Salvador de Poyo.

Descanse en la Paz del Señor, Manolo Estévez Tato. En su tumba debería figurar el siguente epitafio: «Aquí yace un eterno seguidor del Pontevedra, Club de Fútbol».

Imos de novo con Juanito

Para saber da vida de Juanito pasei días preguntando aos veciños e veciñas da parroquia, unha gran maioría aos que lle preguntei foron veciños, como se di habitualmente, porta con porta.

O primeiro a quen quería preguntar era a unha familia que tivo moita relación con Juanito, ao principio non estaban polo labor de comentar os seus recordos, pero ao escoitar as miñas intencións comprenderon o meu interese e decidiron colaborar.

Os seus recordos son os seguintes :

Juan Ucha Villaverde (Juanito Mirigildo) nace en Pidre, Parroquia de Cerponzons, no ano 1923, fillo de Luisa Villaverde e de Hermenegildo Ucha, e o fillo mais novo de sete irmáns varóns, desde moi novo detectanselle formas e maneiras de atraccións polos homes, que co tempo danse por confirmadas.

Co paso dos anos, os irmáns mais vellos vanse indo da casa e fan as suas vidas, mentras que Juanito, quedase na casa cos seus pais, que terminan por acostumbrarse as condicions sexuais do seu fillo mais novo.

Juanito, desde xoven, acompañado da sua nai dedicándose a tratos na feira, maiormente coas ouvellas é as galiñas, e resulta ser un bo negociante, ainda que en ocasións, ten algún que outro problema con algún feirante, motivado por disputas do traballo e tamen pola sua condición sexual, ainda que tuvo a sua época de esplendor, alentado polos consellos e directrices da nai, e tamen ten un posto de frutería e hortalizas na Praza de Abastos de Pontevedra.

Pasan os anos e o señor Hermenegildo que nunca aceptou de bo grado a condición do seu fillo mais novo, fallece, Juanito queda coa sua nai, con ela entendese mui ben, nas suas tarefas diarias e nas labores na feira, tamen cos traballos nas labores agrarias.

Co pasar dos anos, a señora Luisa fallece, e Juanito pasa por unha etapa triste e de gran depresión na sua vida, descontrolase na sua forma de organización, motivo por este polo que un sobriño seu, coñocido polo alcume de “O Chanton” aproveitase da situación pola que está pasando Juanito, entralle na casa en varias ocasions, apalancandolle as fiestras ou as portas, rouballe todo o que se lle ocurre, como por exemplo os garrafóns de aguardente, galiñas, viño, patacas, etc., coa agravante de intimidalo e agredindolle físicamente en numerables ocasións para desta forma poder sacarlle todo o máximo posible, entonces Juanito, por medo os golpes e reprensión do seu sobriño, deixa de ir a sua casa e alquilalla a unha familia de Lerez que tiña varios fillos, para desta forma evitar que O Chanton o siga maltratando e roubando.

A partir deste momento, Juanito ten que deixar o posto de frutería que tiña na plaza de abastos de Pontevedra, e todo o demais, pasa as noites refuxiado en diferentes lugares da contorna do lugar de Pidre, lugares como a Escola de Mean, donde as veces algún veciño lle ten levado algo de comer para pasar a noite, ou alguna manta para abrigarse, tamen se refuxiaba en alpendres, ou nas cortes das casas dos veciños, aqueles que consideraba de confianza, ainda que algunha vez teno feito sin permiso previo, tal e o caso que relato a continuación:

Juanito tiña moita confianza de sempre na casa de Sabina Cochon, a casa que está ao caron da carretera N-550, mismo na curva do alto de Pidre, aproveitandose desta confianza e debido a que era tempo de inverno e facia moito frio aparte de estar en época de chuvia, a Juanito ocurriuselle pasar a noite refuxiado na corte donde Sabina gardaba o toxo, fento e demáis para estrumar as vacas e os porcos, cando Sabina dispuxose a coller unha horquillada de toxo, Juanito despertou e levantou a cabeza, entonces Sabina, sin ter nin idea de quen era aquel home que estaba ali metido, escomenzou a berrar motivado polo susto que había levado, o momento contestoulle Juanito “ cala Sabina cala que sou Juanito ”, Sabina, co tremendo susto que tiña, preguntoulle, “ ¿e ti que fas aquí metido, que casi te espicho coa horquilla?, “mal raio te parta”, Juanito contestoulle : e que esta moi mala noite e non tiña donde meterme, e si vou pa casa, igual ven O Chanton e seguramente que me malla”, estaban os dous con estas lerias e de supeto, e motivado polos gritos do susto de Sabina, apareceron os seus fillos asustados por tal acontecemento, pero todo quedou en nada cando viron do que se trataba, entonces Sabina doulle unha boa taza de caldo, deixou que estivera alí e continuou coas suas labores.

Esta situación sigue incrementándose e Juanito cae nunha profunda depresión, debido a todo o que estaba pasando Juanito dase na bebida, vagabundea de un lado para outro, ata que é ingresado no hospital, para realizarlle un tratamento de desintoxicación por alcoholemia.

Pasa o tempo e preocupase por Juanito un proveedor da frutería que tiña no puesto da praza, o proveedor e Moncho, xerente de Frutas Moncho, que grazas os seus consellos e axudas vai facendo que Juanito se afaste da adicción polo alcohol, pero ainda así sigue facendo mala vida.

Un ano polas festas patronais, O Chanton de camiño a sua casa en Pidre, situada tamén ao carón da N 550, frente a casa de Elias Prado, intenta botar un foguete, pero debido a o seu estado de embriaguez, o foguete estoupalle na man, O Chanton, coa forte dor que lle provoca, vaise hacia a carretera con intención de que algún coche lle pare para levalo ao hospital, pero non se fixa que ven un coche, e levao por diante, o que lle ocasiona a morte fronte a casa do antigo Bar Alvi.

A raiz deste acontecemento, morto O Chanton, Juanito volve para a sua casa, botando dela a os inquilinos que había metido por culpa do Chanton, recupera o seu posto de frutería na Praza de Abastos de Pontevedra e pouco a pouco vai volvendo a sua vida de normalidade.

O pouco tempo empeza a reparar os destrozos que os inquilinos lle fixeron na casa, xa que como non tiñan leña para queimar na lareira arrancaronlle parte das tablas do piso, tiñan todo mui destrozado, pero Juanito con traballo, consigue sair adiante, e apartir desa época faise mui deboto de moitisimos santos, e todo los anos visita os seus santuarios nas festas correspondentes, tales como Fatima, Santa Minia en Brion, a Franqueira, San Benito, os Milagros de Orense e tamen de Moraña, entre moitos outros, comprou un crucifixo enorme de grande, o que expon no comedor da casa e tamén unha capilla con San Antonio entre outros, poñialle velas e vasos con aceite e mariposas, rodeados de docenas de estampas dos santos os que visitaba cada ano nas suas excursións, cada vez que fala as con Juanito comentaba que pasabao mui ben indo de excursión a eses lugares.

Pasan os anos e Juanito faise maior, ten que deixar o seu posto na praza, deixa de ir todo los días a Pontevedra, pero non deixa de ir as excursións e viaxes que todo los anos están programados, ata que chega a unha edad na que xa non pode por faltarlle forzas, enton prefire quedar na sua casa.

En Setembro do ano 2000 cae na casa e non e capaz de levantarse, dous días despois da caída a sua veciña Elsa, comenzou a botalo en falta, decide ir a casa de Juanito é chamar por él, Elsa ve polo cerrollo que ten a chave da porta por dentro, pero non lle contesta cando o chama, entoces fala co seu home e dille que a Juanito debeu pasarlle algo, debe estar mal na casa, porque non lle contesta, é con toda seguridade que esta na casa porque tiña a chave por dentro, entonces este, aproveitando de que estaba con un home coñocido polo “Virichas” ( Un “albanel” que acostumbraba a facerlle arranxos na casa a Juanito) deciden ir ver que pasa, como xa era de noite, levaron unha linterna, e con ésta poderon ver a través dunha fiestra que Juanito estaba tirado no piso da cociña, entonces, colleron unha escaleira é entraron polo tellado, cando chegaron xunto él viron que estaba mal, inmediatamente chamaron a unha ambulancia e levarono para Montecelo, estuvo na residencia varios días ata que se recuperou, pero cando saiu da residencia, non quería volver para a sua casa xa que nela non tiña cuarto de baño nin auga nin luz eléctrica, entonces Elsa a petición del, levouno para a sua casa, donde permaneceu durante dous anos e medio, mentras que se lle arranxou a sua casa, botandolle placa, e poñendolle luz eléctrica, cuarto de baño, calefacción e demais elementos necesarios de habitabilidade, pero despois Juanito xa se atopaba comodo na casa con Elsa e non quería volver para a sua, ata que decidiu volver, pero non quería estar solo e o home de Elsa tiña que ir as veces a durmir con él para que non se sentira solo.

Todos los días pola mañan Elsa iba a darlle o almorzo, sobre as 09:00 horas, despois iba a levántalo as 11:00, porque Juanito xa non se valia por el mismo, tiña que estar nunha cadeira de rodas, e despois de asealo e vestilo poñialle a televisión e estaba na cociña ata a hora en que Elsa lle levava a comida, despois de comer as veces deitabao un pouco e outras veces Juanito non quería e botaba unha soneca sentado na cadeira, e despois entretiñase vendo quen pasaba polo camino ou vendo a televisión.

Sobre as 09:00 Elsa levaballe a cea, e despois iba a deitalo, esta era a secuencia prácticamente diaria.

Había días nos que non comia todo na comida, e cando se lle levaba a merenda a media tarde, decía que xa lle chegaba para a cea e que non se lle levara nada mais, entonces esos días despois da merenda había días nos que non se estaba con él ata a hora de volver a levalo para a cama, en total, cuidaron de Juanito 12 anos.

Nunha destas ocasions, levouselle a merenda e dixo que xa tiña para a cena, entonces que non se lle levara nada, e ese dia, o igual que todos os anteriores, cando Elsa se dispuxo a ir a metelo na cama viu que estaba recostado sobre a mesa como si estuvera durmindo, igual que tiña feito moitas otras veces, e tocoulle para despertalo e levalo para a cama, pero resultou que estaba morto, foi tal o susto que levou que case que non e capaz de contalo, entonces saliu da casa e foi a buscar o seu home, de seguido chamaron a unha ambulancia, a cal viña acompañada dun medico que certificou o seu falecento por un fallo cardiaco.

Juanito era un home de carácter emprendedor e os negocios que mantuvo na sua vida tanto nas feiras tratando con ovellas e outros animais, como no puesto de frutería na Praza de abastos de Pontevedra, desempeñounos ben, ainda que pasou unha vida dura en moitas ocasións, debido a sua orientacion sexual, xa que era pouco aceptada para a sua época, e tamen polos abusos do seu sobriño O Chanton que llo fixo pasar mui mal, xa que non tiña a nadie que mirara por él, sintiuse completamente desamparado, pero como sempre dixo, o que desexaba sempre era morrer na sua casa e ser enterrado coas cenizas da sua nai, e asi foi.

Logo de recoller toda esta información quería saber que recordos tiñan os demais veciños, algúns prácticamente non tiñan moito que dicirme, quizais porque non querían comentarme o seu parecer sobre o que viviron en primeira persoa, outros, en cambio, ao preguntarlle por Juanito respondíanme que era unha boa persoa, que tiña a súa forma de ser pero que non se metía con ninguén.

MAIS RECORDOS DOS VECIÑOS

Foi un martes pola tarde, chegaba eu ao lugar de A Rons, nada mais baixar do coche pasaba naquel momento un veciño que de seguro podía contarme algo…Boas tardes, tes un momento ? Oiches, estou comenzando a escribir un relato relacionado con Juanito O Meregildo, tí seguro que recordas cousas del, fomos xuntos o colexio da señorita Carmiña, podes contarme algo ?

Ola Juan ! Claro que sí! Recordo que cando eu tería uns oito anos, Juanito xa andaba roldando os cincuenta, houbo unha época, efectivamente, onde eu ía estudar, xunto contigo é mais chavales a casa da señorita Carmiña (a do homenaxe que lle fixestes relacionado co do Concello de nome Do gris ao violeta), mira tí, casualidades da vida vivían fronte por fronte.

Pasabamos todolos días pola casa de Juanito, daquela, a nosa educación estaba baseada en ser un home “feito e dereito”, non un “maricón” como o veciño que nos atopabamos a maioría das veces apoiado na fiestra da súa habitación, véndonos pasar. Cada un de nós buscáballe un alcumo, mellor dito un insulto, Juanita Banana, Juanita Bananaaaa, cantabámoslle cando o viamos é botabamos ás presas, así de triste, así de estupideces íamos cantando e rindo, cantando ” Maricón o quen non bote” …así fomos criados, era a educación que había daquela.

Un pouco mais tarde, indo dirección ao lugar de A Balea, encontrei un pariente meu, faleille do tema e comentoume da relación de Juanito é a señorita Carmiña :

Sempre houbo boa relación entre eles, inclusive botábanse piropos, recordo de Juanito dicirlle a Carmiña : hai que pinta tes así toda pintada ! hai que cú tes ! Si non foses muller ! Carmiña ríase do que lle dicía Juanito, ela contestáballe : anda, anda, cala maricon e botábase a rir de novo.

Cando cheguei a que fora a casa de Juanito empecéi a facer unhas fotos, nese instante chegaba outro veciño que podía contarme algo, pois viviu mui preto daquela casa :

Mais non sei que decirche, Juanito era un home mui educado, non se metía con ninguén, o único que podía dicirche era un piropo : hai que guapo estás, hai que guapiño eres, pero nada máis. Tanto para Carmiña como para Juanito eran tempos difíciles, tempos de ditadura franquista, a homosexualidade é lesbianismo considerábanse non só pecaminosas senón ademais delito é enfermidade.

Sobre Juanito? Queres saber o que recordo ? Pois que queres que che diga, que foi un home moi educado, sempre ben vestido, limpo, os seus pais tiñan moitas propiedades, moitas leiras, recollían moito viño, tiñan tamén moitos frutais, él andaba a vender polas feiras a fruta.

Era curioso, sempre que pasabas pola súa casa e víache, daba igual quen fose, ofrecíallea todo o mundo da súa froita, mazás, peras, figos…pero coidado ! Si te pillaba roubándolle froita xa che podías preparar ! nós de nenos gustábanos máis a froita roubada jajaja, cando nos pillaba roubándolle a froita viña a por nós cunha vara na man, nós subiamos o máis arriba da árbore e él sentábase nunha banqueta a esperar que baixásemos…podía estar toda a tarde esperándonos jajaja, recordo perfectamente un día que estabamos nun dos seus naranxos, nós subidos no máis alto do naranxo e Juanito cunha cana, chuza que chuza hacía arriba jajaja, cando se cansaba de chuzar sentábase nunha cadeira e alí quedábase esperando por nos jajaja.

Ese día non atopéi a nadie mais, voltei para Rons é marchei para casa.

Uns días despois, volvín a dar unha volta, aproveitei para preguntar as veciñas que pasaban polo Centro Social.

Acercouse unha veciña que me comentou algo que prácticamente nadie me había comentado : Eu recórdo a Juanito ter un posto na praza de Pontevedra, vendía froita, uvas da súa colleita, patacas, ovos de casa, inclusive polos, que levaba xa limpos da súa casa. Tamén levaba camelias, agora que recordo, é verdade, tiña uns camelios impresionantes na leira que tiña á beira da súa casa, era un bo home, non lle facía mal a nadie, en cambio a él si que llas fixeron…

Mais tarde pasou un veciño, iba coa carretilla a unha leira que tiña mui preto do Centro Social, pareino e pregunteille, seguro que recordaba cousas de Juanito, comenteille que estaba recollendo recordos relacionados con Juanito e faleille do que me habían comentado xa algúns veciños, entonces comenzou a falar recordándose de Juanito así, desta maneira : Eu tamén o recordo velo moitas veces levar un ramo de flores ao cemiterio, todo ben vestido, cuns colgantes ao pescozo que penduraban deles uns crucifixos.

Moitas veces a nosa pandilla deixabámoslle unha cita, escribiamos nun papel que o esperabamos na fonte que hai situada a uns metros da súa casa, na Fontairiña. E nós escondiámonos para ver si ía, efectivamente si que ía, chegaba ao lugar e non vía a ninguén e volvía para casa, pero outras veces temos visto a homes que si acudían a cita.

Foi pasar un cuarto de hora cando vin a outro veciño que podía falarme de Juanito, estaba eu por Pidre.

Home Juan ! Que fas por aquí ?

Pois buscándote ! Para falar precisamente de outro Juan, seguro que tes recordos que contarme algo de Juanito O Meregildo.

Ah ! Claro que sí ! Nós sempre andabamos xogando no camiño onde esta a casa de Juanito, él moitas veces desde a fiestra ou ben cando nos atopabamos polo camiño si lle gustaba algún de nós, sempre lle dicía que guapo eres, que bonitiño.

Pero as verdadeiras citas que tivo era con homes maiores, e non con un, pola súa casa pasaron varios homes da parroquia, que todos coñecemos, tamén algún outro que non coñocíamos, que viña de lexos. Foron varias as veces que vimos a estes homes entrar na súa casa, ás veces eu chegaba de traballar e miraba algún deles que andaba roldando a casa de Juanito, dando paseos para arriba e para abaixo, ata que desde a fiestra víao e íalle a abrir a porta, así como cho conto. Homes casados e con fillos, e non foi un, nin dous, nin tres, ollo !

Seguin adiante, eu xa estaba contento con todo o que había recollido, de repente veume a memória outro veciño, tiña que chamalo por teléfono, sentei na parada do bus e chameino, xa non lle din muitas explicacións, pregunteille por Juanito :

Mais ou menos contoume o mismo que os demáis, quedeime con éste recordo : Unha vez pasando pola súa casa, saíu ao camiño, ao vernos saudámonos, Juanito, achegándose a min, volveu a piropearme, pero que guapo eres, que bo estás…eu deixeino achegarse e pregunteille: A ver Juanito, que é o que queres, e dime : tocarche.

Pois toca home, toca ! mira comezou a tocarme e púxose todo nervioso, encantáballe, gozaba tocándome, de aí non pasou a cousa.

Cando llo contaba aos meus amigos, todos me dicían o mesmo : non che deixes tocar ! non che deixes tocar ! Mira que vaiche a contaxiar !

Pasaron unos cuantos días sin saber mais de Juanito, foi un domingo que subin a Tilve, alí tamén encontréi quen me contou :

Sempre que pasaba por alí, Juanito estaba na fiestra e saudábame, cos seus piropos habituais, pero nada máis, sempre foi educado, había ese cruzamento de miradas, uns sorrisos, pero nada máis, entendía que comigo non ía conseguir nada máis. Pero claro, houbo outro tipo de veciños que se pasaron con él, pero moito.

Cincuenta mil insultos recibiu Juanito, teño visto persoas, por exemplo, no trole…Botábanlle polvos pica pica, insultábano, pegábanlle unha colleja, mollábano, lle chuzaban co paraguas…xente moi bruta e Juanito nunca se rebotaba, calábase e choraba, si, téñoo visto chorar moitas veces.

DE CANDO O CULPARON DE ABUSAR DE UNHA MULLER

Houbo un caso que fora moi comentado, actualmente son poucos os veciños que o recordan, foi a vez que a Juanito acusárono de deixar preñada a unha moza da parroquia que tiña unha deficiencia, Juanito sempre o negou, pero custoulle a carcel si non recordo mal.

Algún veciño comentoume tamén o seu recordo sobre éste feito :

-Juan, recordo tamén á miña avóa comentar que unha vez acusárono de deixar preñada a unha muller, a miña avóa dicía que Juanito tiña un fillo, pero non sei máis.

O xornal El Pueblo Gallego, con data 14/05/1950, publicaba o seguinte : Audiencia Provincial

SENTENCIAS

La Audiencia Provincial dictó las siguientes sentencias condenatorias:

A tres meses de arresto mayor e indemnización de 334 pesetas, a José Gómez Vilariño, procesado en Pontevedra, por robo.

A tres meses de arresto mayor, a Ramiro Villaverde Gómez, de Orezo, procesado en Lalín, por tenencia ilícita de armas,

A multa de mil pesetas, a Enrique Avendaño Reigosa, de Vigo. procesado por hurto.

A cinco meses de arresto mayor y multa de dos mil pesetas, a Juan Fernández González, de Lebozán, procesado en Lalín, por amenazas,

A tres meses de arresto mayor, a Mauel Martíenz Martínez, de Vigo, procesado en Tuy, por hurto,

A multa de mil pesetas, a Manuel Malvar Ríos, de Porriño, procesado en Tuy, por encubridor de hurto.

ABSOLUCION

También dictó la Audiencia sentencia absolutoria en causa seguida en Pontevedra, por violación, a Juan Ucha Villaverde, vecino de Cerponzones.

ACONTECEU XUNTO O CRUCEIRO DA RONS.

Un suceso que foi moi comentado, con división de opinións, xa que naqueles tempos a unha gran maioría fíxolle moita graza o sucedido, aínda que fose en grao sumo ó mais desagradable que escoitei na miña niñez.

Un suceso que tivo á miña nai indignada durante moito tempo, sucedeu moi preto da Taberna dá Rons, a cousa foi así:

Saíndo da taberna en dirección Pontevedra, está situado a Ponte Malvar, máis coñecido pola veciñanza como a Ponte dá Rons. Ao finalizar a ponte, uns metros despois, atopábasche co xardín, un lugar paralelo á N550 rodeado de abetos, no interior atopábase o Cruceiro e varias mesas e bancos de pedra, alí adoitaban parar os autobuses de excursionistas, a maioría portugueses. Tamén era un lugar idóneo para as parellas que adoitaban aparcar o coche de noite, e poder intercambiar apertas e bicos sen que ninguén os vise.

Entre a ponte e o xardín había un espazo que habitualmente estaba destinado para apilar a madeira que se cortaba nos montes próximos ao lugar. Moitos dos madedeiros que adoitaban traballar nos montes de Cerponzóns paraban na taberna dos meus pais, desde primeira hora da mañá xa os tiñas pedindo a súa primeira consumición, aqueles homes rudos adoitaban comezar o día cuns cafés de pota é unhas copas de aguardiente branca ou de herbas, un sol e sombra, un brandy Soberano ou Veterano, outros, os menos, eran máis de Ponche Cuesta…

Algúns deses “homes” adoitaban meterse con Juanito, habitualmente esperábano no lugar onde depositaban a madeira, daquela Juanito viña andando desde a súa casa e desprazábase polo camiño interior que comunica o lugar de Pidre (onde vivía) coa estrada N550, despois seguía en dirección ao cemiterio, sempre ía cun ramo de flores para levarllo aos seus difuntos.

Eses homes adoitaban meterse con Juanito con frases é insultos, era só velo vir e ao ver a súa forma de andar xa comezaban a dicirlle o que podedes imaxinarvos. Pero un día das palabras pasaron aos feitos…

Juanito viña de volta do cemiterio, varios daqueles homes esperárono e comezaron a falar con él, Juanito educadamente sempre lles falaba de bos xeitos e parouse con eles.

Comezaron a achegase a xunto del, collérono e baixáronlle o pantalón é o calzón, un deles tiña escondido un xurelo, sen curto nin perezoso introducíronllo polo ano, máis tarde ao retirarllo as espiñas do peixe fixéronlle tal dano que os seus gritos escoitáronse na taberna, fenderonno todiño. Como ben di unha veciña : deixárono feito un Cristo. A miña nai estaba furiosa, ter que servir a aqueles mal nados polas mañás, na hora da comida e ao finalizar a xornada laboral, dáballe noxo, Carmen non se gardou o seu malestar, botoullo en cara e cantoulles as corenta.

Juanito non e malo, non tiñades porque facerlle iso ! Juanito non se mete con ninguén !

Oxalá volo fixesen a vós o mesmo ! Vergoña me dades !

-Por desgraza , non foi a única vez que a Juanito lle fixeron tal cousa, outro veciño fixo o mesmo con Juanito, utilizando para iso un pau para introducirllo polo ano, despois dedicábase a comentalo entre as súas amizades e presumir da súa azaña.

Pero non pasou nada, naqueles tempos a Juanito ninguén o defendía, nin aínda que fose a denunciar o feito, ser “homosexual en exceso” ou “invertido incorregible”, “cometer actos de impudicia contra natura” ou “alardear de su aberración en el pueblo”. Con estes argumentos os xuíces das décadas dos 50 e 60 declaraban “perigosos” e condenaban aos homosexuais…así que o mellor que podía facer era calar e seguir vivindo con esa cruz, soportando todo tipo de abusos, insultos é descalificacións.

Otro veciño, recordando unha cruz que tiña Juanito

-Hai quen ao preguntarlle por Juanito vénlle ao recordo daquel enorme crucifixo de madeira que adoitaba levar para colocar na porta do panteón familiar, era enorme, como tamén era o ramo de olivo que adoitaba levar para o día de Ramos a bautizar, xunto co da señora Genoveva, eran ós mais grandes.

Seguin preguntando durante uns días mais, muitos veciños contestaban así :

-Eu non tiven muita relación con él, vivía lexos de nos, pero era un home educado, non se metía con naide.

Outros veciños falabanme un pouco mais…

-Home de Juanito podo decirche que él non se metía con nadie, pero muitos se metían con él, había xente metida no alcohol e facíanlle malas xogadas. Eu teño oído falar algo deso, si home tiña esa inclinación, é que problema había ? Hoxe en día xa non tanto, pero daquela pasounas fodidas, foron épocas do franquismo, de muito machismo, sabes. Daquela mirar dous homes da man ou dándose un bico, aquelo era condenable.

Juanito era mais reservado, non era coma Luciano, o que estaba vendendo lotería pola Rúa da Oliva,que si te metías con él poñíate a parir, aínda recordo que decía : Llevo la suerte, levoa todaaa jajaja. Ou tamén Manilo, tamén tiña a súa retranca, jajaja.

Outra veciña recorda de novo o momento que o culparon de deixar preñada a unha veciña :

-A Juanito facíanlle as mil e unha, o que foi peor foi cando culparon de facerlle un fillo a unha veciña que tiña unha deficencia e meteronno na cárcel, fora mentira, Juanito non fixera tal cousa.

Tivo que pagar unha multa de 50000 pesetas, daquela eran muitos cartos de Dios, mais tarde contaronme que os médicos do tribunal fixeronlle un examen e declararon que aquel home non podía ter familia debido a que tiña un solo testiculo.

-Outra veciña contoume: Eu teño unha história na cabeza que me contou meu paiciño de Juanito O Meregildo.

Estando meu pai un domingo, naqueles tempos que iba a taberna do Laparuzas, (daquela estaba ainda no cruce)a tomar unhas chiquitas de viño, xuntabase con outros homes, entre eles, a veces estaba Juanito.

Algúns daqueles homes o trataban ben, pero outros non.

Un día, saliu da taberna Juanito con un deles pa fora, éste levouno en dirección a Rons, levouno para donde estaban aqueles árboles, que facían de xardin e o cruceiro no medio. Aquel home desnudou a Juanito e meteulle unha tunda padre, quedou todo golpeado.

Meu pai, cando saliu da taberna, iba con outro veciño de Meán, é no alto de Pidre, viron un home desnudo sangrando e viron que era o pobre de Juanito, todo golpeado e dolorido, Juanito contoulle con medo, a tunda que levou.

Meu pai chegou mui afectado a casa, cando chegou a cociña contounolo todo, a min e a miña nai, papa decía que había que ser mui fillo de puta para facerlle o que lle fixeron a ese home, que é un bo home.

-Nos cando tiñamos de 7 a 10 anos, íbamos a casa de Juanito a pedirlle roupa dos vellos, que tiña nun baúl, a él gustaballe deixarnola para disfrazarnos de vellas e quedaba todo contento, non rompela e tráela despois, e nos lebabamola para que no la deixara otro ano pero el todo contento, era boa persona.

Xa estaba rematando o traballo, cando de novo vin a outro veciño que me respondeu así :

O recordo que teño de Juanito é da de un veciño que era educado, non se metía con nadie, de cando en vez recibía a visita de algún home, tamén teño escoitado que lle fixeron as mil e unha, pero eu non fun testigo.

NOTA :

La exploración clínica evidencia encontrarnos ante un amanerado con movimientos y gestos feminoides así como su manera de hablar. Psiquismo deformado por su propia perversión; no tendencia al delito; estado físico normal. En el reconocimiento correspondiente con su dilatación esfinteriana y casi desaparición de pliegues nos permite formular el diagnóstico de pederasta pasivo. Es apto para toda clase de actividades”.

Esta descripción fue incluida por el historiador y escritor Miguel Ángel Sosa Machín en el artículo Invertidos, publicado en el Dominical del diario La Provincia el 29 de junio de 2003. El informe forense está incluido en el expediente incoado a Octavio García en aplicación de la Ley de Vagos y Maleantes. Detenido simplemente por ser maricón, como él mismo ha explicado en innumerables ocasiones desde que el historiador sacó a la luz su historia, su terrorífico testimonio es ejemplo del trato dado a los presos de Tefía y que de manera escalofriante plasmó Sosa Machín en su imprescindible novela Viaje al Centro de la Infamia.

Remato recordando unha parte da lectura que fixo o dia da homenaxe na Praza da Peregrina, a Presidenta de O CHEDEIRO, Liliana Casás:

Desde a nosa Asociación queremos achegar o noso gran de area na transformación da sociedade na que vivimos cara a unha máis respetuosa e tamén, por qué non, máis participativa, pois en actos como o de hoxe temos ocasión coñecer, reflexionar e, consecuentemente, apreciar e respetar outras formas de vivir o día día, que poden ser diferentes ás propias, pero non por iso son mellores ou peores.