A CARRETERA NACIONAL 550

REFLEXIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DA CARRETERA NACIONAL 550 É AS VIVENDAS O CARÓN DELA.

O proxecto N 550 é un percorrido polo espazo que moitos concidadáns elixiron para habitar e que se estende polas inmediacions desta estrada estatal.

Son varias as pezas que dun xeito ou outro interactúan coa nacional 550. Estas pezas son polo menos cinco entidades formais, a saber , a vivenda illada ( a pé da estrada ) , as urbanizacions, os núcleos rurais, os polígonos industriais, e as cidades medias.

A N 550 é a estrada nacional que dende A Coruña leva ata Tui. Atravesa 26 Concellos.

UN POUCO DE HISTORIA


Na Idade Media existía en Galicia unha rede de camiños feita sobre a base da rede viaria romana e os camiños castrexos ( Nardiz , 1992 ) .

Entre as principais vilas existían trazados sólidos de comunicación e coa aparición da peregrinaxe a Santiago fortalecéronse certos itinerarios como o que unía Tui con Redondela , Pontevedra , Caldas de Reís e Iría Flavia , que pasou a denominarse o Camiño portugués . A cidade do Apóstolo consolidase coma o gran polo de atracción, en detrimento de Lugo. E no século XVIII cando as estradas comenzan a ser un instrumento para a ordenación do territorio rural partindo da conexión das zonas urbanas.

A sociedade ilustrada buscou dinamizar a economía a través de obras de arquitectura ou enxeñeria seguindo o modelo do francés Colbert.

Os planos que se conservan da época mostran as marxes dos camiños cheas de fontes , reloxos de sol , arborado ou zonas de descanso remitindonos ás necesidades da cidade que se prolongan ata o campo ( Nárdiz , 2008 ) . Así xurdiu en Galicia ” O Camiño e Plantío Real ” , avenida arborada que uniu Pontevedra e A Coruña con Santiago.

Con relación o Camiño Real venme a memoria o que se publicou no ano 2005 sobre a relación deste Camiño e o que sería anos despois a N 550 :
FREI MARTÍN SARMIENTO e O CAMIÑO REAL.

Moitos destes camiños , construidos pola Coroa para falicitar as comunicacions entre as principais vilas e cidades do Reino de Galiza , ocuparon os mesmos traxectos que as vías romanas , levando a cabo sobre elas melloras nas súas pontes ( caso da de San Paio sobre o Verduxo ou a do Burgo sobre o Lérez ) , no seu enlousado e mesmo no seu trazado.

Frei Martín Sarmiento ( Pedro Xosé García E Balboa 1695-1772) viviu en Pontevedra un total de 17 anos e medio, e tamén se preocupou pola mellora das vías de comunicación no seu tempo , propuxo que se construíse unha rede de 32 camiños reais de tipo radial , que tivese a Madrid como centro – algo explicábel pola concepción centralista do Estado que existía naquel entón – e outro interradial que contemplase os camiños e vereas secundarias. O ilustrado pontevedrés apelou á necesidade de defender o noso patrimonio histórico para propoñer que se investigase e conservasen os miliarios que se atopaban ao pé das antigas vías romanas. Para isto suxeriu que ” aos traballadores nos camiños se agreguen dous ou tres eruditos antiquarios que camiñen en compañía e con atención a todo canto por acaso se descrubise nas escavacions que se farán “.

Aínda hoxe se abren numerosas pistas e camiños sean control arqueolóxico, provocando o deterioro ou mesmo a destruccion de boa parte do noso patrimonio cultural. Asemade Sarmiento reparou tamén no impacto ambiental destas infraestructuras , propoñendo a ornamentación das beiras dos camiños con fileiras de árbores paralelas á vía. Esta idea súa non quedou nunha proposta utópica máis.

O arcebispo de Santiago , Sebastian Malvar y Pinto , home que reunira unha grande fortuna en Bos Aires , financiou a construccion dunha carrileira entre Ponte Valga e Ponte Sampaio que pasaba pola vila de Pontevedra . A obra foi dirixida por un enxeñeiro e un arquitecto , é ademais de ter mui en conta a súa utilidade e funcionalidade, preocupouse polo seu impacto estético e visual. Por iso contemplou a plantación de árbores nobres e froiteiras ao longo de todo o traxecto. Quen tivese o gozo de percorrela hoxe !!!

Sarmiento tampouco esqueceu os equipamentos complementarios , para o que propuña a poboación das marxes dos camiños reais con colonos que prestasen servicios aos viaxeiros. Así mesmo defendeu a celebración de feiras que deberían ter lugar ao pé destas vías ” en lugares e días distantes e distintos ”


OS CAMBIOS DO CAMIÑO REAL A NACIONAL 550

O treito entre a cidade herculina e a compostelá supuxo unha transformación total do trazado medieval cambiando o paso de penichaira do rio Mengüelle polas terras baixas de Oroso e Ordes . Todo o contrario foi o que aconteceu entre a cidade do Apóstolo e Pontevedra. Mentras as consideracións técnicas aconsellaban o pasó por Cuntis e Ponte Vea , con moitos menos quilómetros , decidiuse respetar o trazado das vías medievais dada a presión dos habitantes de Padrón e Caldas de Reis.

O trazado do ” Camiño Real ” vaise actualizando adaptando os seus firmes , pontes , radios de xiro e xeometrias ás novas necesidades ata chegar ó trazado que hoxe coñocemos como N-550.

A construcción da N- 550 como sabemos foi unha iniciativa do estado polo que as edificacions que se lle acaroaron tiveron que cumprir coas normativas definidas por leis estatais ata que estas competencias se transferiron ás autonomías .

Estas leis definiron o recuamento das construccions con respecto a estrada. Inicialmente a calzada tiña 7 m. de ancho e a edificación podía ir pegada á súa marxe. Isto foi evolucionando ata chegar ós 25m. da lei estatal de estradas de 1974. No ano 1994 a Comunidade autónoma galega aprobou unha nova lei de estradas que diminuíu esta cifra ata chegar ós 12 metros , en estradas nacionais , e ós 30 m. En autovias e vías rápidas . A zona de dominio público quedou a 2 m. Da aresta exterior da explanación e a de servidume a 4 m. Nese momento algúns autores como Carlos Nárdiz Ortiz preconizaron que Galicia se convertiría nun gran territorio de vilas- estrada , feito que distorsionaría a estrutura territorial do rural inda mais…..

Co tempo , vemos que tiña razón : o resultado é unha paixase construida ó redor das vías como as teclas dun piano , unhas por diante , outras detrás , pero sen a natureza racional , lóxica, deste.

AS VIVENDAS O CARÓN DA ESTRADA

As primeiras construccions ” illadas ” que atopamos, exceptuando as dos núcleos rurais anteriores ó trazado da N 550 , son as anexas á estrada , as teclas brancas do piano. Datan do século XVIII , son os equipamentos da época, péganse a vía para servila. Os medios de locomoción son animais , e os treitos de quilometraxe que se poden percorrer ó día son inferiores ós actuais.

Así xorden pousadas , pequenas tendas, zonas de avituallamento….


Cabe recordar que hai treitos da nacional que reproducen o Camiño de peregrinaxe a Santiago polo que as fondas e todas as edificacions destinadas a servir os peregrinos tamén aparecen o carón da estrada . Son vivendas encostadas á vía, de planta baixa ou baixo e piso . Construidas en cantaría ou cachotaría de pedra , as veces a vista , ás veces caleada e pintada , teñen unha forma rectangular co seu lado longo paralelo á estrada. A cuberta é inclinada e teñen unha clara vocación de relación directa co Camiño. A estética ten algo desas casas que vemos nas películas que recrean o salvaje oeste americano , cando as vilas se fundaban nun cruce de camiños e as edificacions aparecían totalmente pegadas a elas , de ahí o nome que reciben de Casa do Fart West .


A aparición do automóbil aporta contaminación acústica , ambiental e novas necesidades de espazo. Ali donde é posible , a estrada aumenta o seu ancho aparecendo novos carrís de circulación. As construccions afástanse conformando unha liña irregular : as teclas negras do piano . Isto ten como consecuencia que a paixase da estrada vaia mudando pase a estar conformada cada vez máis por peches e por fileiras de coches aparcados e non por edificacions .

A arquitectura fúndese nun final aberto á improvisación e ós desexos do propietario, do que resulta un carnaval de decorados diversos que salpican o territorio.

Darse un paseo pola N 550 observase como as casas situadas nas marxes da devandita estrada convértense en escaparates , que mostran a singularidade das súas formas e o gusto dos seus autores , compradores ou habitantes .


Esculturas públicas que fixan uns modos de vida establecendo vínculos entre as distintas formas de pensar , de ver o mundo e de proxectalo , apropiándose do espazo privado e , por extensión, do espazo público . En definitiva antollos privados nos que se mesturan estilos , tipoloxias , materiais e formas , que nos trasladan nalguns casos , a un pasado rural e tradicional dominado pola construccion en pedra , a austeridade e a combinación de materiais locais escasamente manufacturados.

Noutros , os emigrantes que retornaron de América , Suiza ou Alemaña cun alto poder adquisitivo ná década dos 80/90 , emerxentes empresarios ou aqueles que se lucraron na etapa dourada da construccion , reconstrúen escenas cinematográficas nas suas vivendas .

Noutros casos atopámonos con peculiares mesturas de motivos xeométricos e revestimentos a toda cor .
CONSECUENCIAS

Nestas casas onde moitos de nós habitamos a pé de estrada atopámonos que nunha gran maioría parte da súa superficie atópase ocupada polos coches que se multiplicou en moitos casos por dous , tres ou catro nos últimos anos.

A casa cada vez convértese nun obxecto illado , onde cada vez ven reducidas as relacións entre veciñanza , se encapsulan e transfórmanse nun lugar de residencia sen interacción practicamente cos veciños.

Unha estrada cun tráfico cada vez maior , unhas parroquias onde os seus lugares están atravesados por camiños que antes eran para uso exclusivo dos que alí viven , asfáltanse e de súpeto convértense para algúns en estradas nacionais dado o uso da velocidade que adoitan pasar por estas.

Consecuencia de que se teñen que tomar medidas , as cales non gustan a moitos destes usuarios de vehículos , pero que non hai máis remedio que levar a cabo .

Os métodos de redución de velocidade poden ser varios , escoller que mellor sistema aplíquese nestes lugares é ás veces complicado e non ao gusto de todos.

O colocar un radar é unha medida que sería a máis drástica e a que máis rápido poderíase terminar coas situacións que veñen ocorrendo na maioría das parroquias , pero podería tamén levar a que os outros medios de locomoción que adoitan circular por estes camiños tivesen tamén efectos negativos por carecer de documentación , adoita ocorrer moitas veces en que o usan desde casa á súa leira e non teñen en regra os papeis.

Os lombos e demáis reductores de velocidade, é unha medida que para min é a máis lóxica ao non respectar os conductores os sinais de tráfico que marcan a velocidade permitida para cada tipo de viario.

Por iso que esta medida que se está tomando en practicamente todos os viarios interiores das parroquias tamén se debe extrapolar ás estradas autonómicas e nacionais por onde sexa necesario colocar .

A nosa parroquia necesita urxentemente unha intervención adecuada na estrada que pasa polo lugar de San Caetano , un sitio por onde a parte dos veciños , son miles de peregrinos que ven como as súas vidas corren en moitas veces perigo por carecer dun paso apropiado á beira da estrada.

Outro caso é o da Nacional 550 , esta estrada divídenos en dúas a parroquia, como sucede tamén con outras do mesmo Concello de Pontevedra , unha estrada con gran densidade de tráfico e que nós sufrimos todos os días o paso de todo tipo de vehículos .

É hora de que as autoridades se mostren a favor da colocación de semáforos en certos puntos para poder pasar , como fan os nenos que van ás paradas de autobuses ? e as persoas maiores que queren cruzar para ir á Igrexa por exemplo ? e aqueles que van aos labores do campo ?

Este artigo foi grazas o traballo que veñen realizando Xulio Turnes , Ramón Vieitez e Noemi Díaz ( Parte da información que fun atopando foi extraída do libro sobre a N-550, SETEMBRO 2017)

O recibir este correo que poño de seguido, fai que che den mais gañas e ilusión para traballar polo noso Patrimonio, 

Grazas de corazón a toda esa xente que non sendo da Parroquia veñen dándonos o seu apoio a nosa causa é falan de Cerponzons polo mundo adiante .

Grazas por vir ata Cerponzons e facer este traballo ….

Correo de Xose Luis Martínez Acevedo :

RECUPERACIÓN DO CAMIÑO REALTRANSERSAL DE SANTIAGO A PONTEVEDRA EN CERPONZÓNS

Comenzamos escribindo polo inicio da construción deste Camiño Real Transversal de Santiago a Pontevedra que temonós que remontar ó século XVIII cando en España se incia unha transformación da antiga rede viaria basada en camiños medievais. Esta mellora sería necesaria para unha mellora de comunicación entre provincias e fortalecendo o comercio.Xa no ano 1777 e cando comenza a busca das solucións dun mellor trazado entre as dúas cidades. Unha das primeiras alternativas para a construción do Camiño Real foi por Pontevea e a outra por Padrón. Finalmente a solución adoptada sería por Padrón e Caldas de Reis e grazas a reacións dos veciños de ambalás dúas localidades.Naqueles tempos a autoridade encargada da conservación dos camiños reais na nosa terra foi a Junta General de Caminos de Galicia creada no 1732.O trazado, a financión e a construción do Camiño Real entre Ponte Valga e Pontevedra foi unha obra do arcerbopisto Sebastián Malvar onde él atopou varios miliarios correspondentes a Vía Romana XIX de Bracara Augusta (Braga) a Asturica Augusta (Astorga).Unhas das particulariade deste camiño histórico son os reloxos de sol como é o que atopamos en Cerponzóns a beira da estrada N-550, de A Coruña a Tui (antiga: La Coruña a Vigo y Tuy segundo o Plan Xeral de Obras Públicas de 1940 ou Plan Peña) chamado O Marco da Legua.A recuperación supón o recoñecemento como camiño histórico como é ademais de recordar para as actuais xeracións e futuras este paso importante non só a nivel local, xa que o fin o cabo foi durante moitos anos uniu as provincias atlánticas da Coruña e Pontevedra. Por outro eido non debemos esquecer que a recuperación tamén supón unha mellora da seguridade viaria na ponte sobre o río Rons ou de Malvar en Cerponzóns.


Xose Luis Martinez Acevedo Autor dos blogs: Carreteras en Galicia e Casillas de Peones Camineros de España

Interesante enlace sobre carreteras :

https://www.geografiainfinita.com/2016/01/la-evolucion-del-mapa-de-carreteras-en-espana/

CURIOSIDADES …

Hai pouco lin un artigo que falaba do escritor Alejandro Pérez Lugín (1870/1926), autor da novela La Casa de la Troya.

Neste artigo Lugín evoca a antiga estrada a Pontevedra, a que hoxe en día é coñecida por N 550, considerada por algúns viaxeiros do S.XVIII e do XIX, entre os que se atopa o xeneral francés Soult e o escritor inglés George Borrow ( coñocido por Don Jorgito el Inglés), como a máis bela do mundo, unha estrada denominada Camiño Real por aquela época e onde era frecuentada por viaxeiros dacabalo con montura de caza, galega e xerezana ou en mula de albarda, en dilixencia ou en calesa propia.

Lugín con relación a Pontevedra ten unha anécdota moi curiosa que vos quero dar a coñecer hoxe, día que se cumpren 93 anos do seu falecemento (5/09/1926) :

Lugín, viajero impenitente y gastrónomo voraz, conocía las mejores fondas y casas de comidas desde Galicia a Andalucía y desde Vasconia a Cataluña, sin olvidar Asturias y también el Levante pues con una de cuyas nativas se casó. Esta afición, que ya procedía de sus tiempos de estudiante en la que los viajes de la tuna a Coimbra, Oporto, Lisboa, Oviedo y Valladolid son una referencia a seguir, la desarrolló plato a plato y posada a posada durante la época en que tuvo que recorrer la península a cargo de la empresa de explosivos en la que trabajó.
Con cierto intimismo y respecto a la bella Pontevedra, don Alejandro escribe: «[…]  echas al filo de la una el ancla en la pontevedresa Plaza de la Herrería. Parada y fonda. Y si tienes la buena ocurrencia de […] ir a comer a casa de la famosa doña María, me guardarás eterna gratitud. Como que yo estoy dudando […] el caldiño, las ajadas, las menestras, el arroz con leche y las torrijas con que la esclarecida señora regala a sus epicúreos huéspedes». Lugín, aunque no era un señor de ideas fijas, o por la mejor no muestra un ciento de ideas fijas, tenía esta incontrolada afición que le acompañó durante toda la vida y le llevó a hacerse amigo de Puga y Parga, Picadillo. Nuestro don Alejandro estaba por el vino abundante y la comida bien condimentada y a fuentazos. Este penúltimo fraseo lo escribe y reescribe, casi-casi hasta que el aroma de la vainilla, el del pimentón, el de la ensalada, el del caldiño, el del cocidiño, el de la merluza a la romana y el del cordero asado invade su mente y la página se le torna babero.

RECETA : ENSALADA DE ESCAROLA A LA PONTEVEDRESA.

En este punto doy la receta de la Ensalada de escarola a la pontevedresa que fue muy frecuente y tuvo que ser degustada por nuestro amable autor. Hay una receta para la ensalada en un libro del siglo XVIII que se extiende sobre las reglas de la buena mesa y que está en la biblioteca de Fembiella Art’s. Creo que alguna vez aludí a la misma, pero en todo caso la receta que publicaré en su momento ya fue transcrita por algún periodista en los diarios de Madrid y Barcelona. En ella se dice, que para que la ensalada de lechuga salga en su punto se necesita un generoso para el aceite, un justo para la sal, un avaro para el vinagre y un tonto para menearla. Pues bien, finalizo. La Ensalada de escarola Pérez Lugín es más de lo mismo, con el añadido de que al final del meneo se le espolvorea pimentón.