10- CONVERSAS CON GERMÁN PIEDRAS

ENTREVISTA A GERMAN , ORGANIZADOR DA FESTA DO CORPUS DO 2017.


Atopámonos a German por preto dá Ponte Malvar , conducindo ou seu tractor e con dirección ao lugar dá Balea , fíxenlle un sinal e minorou a marcha , coméntelle si tiña uns minutos para concederme un momento e poder facerlle unhas preguntas relacionadas coa organización dá próxima festa do Corpus .

J.J. – Bos días German , acabo de decatarme que este ano van organizar a festa dedicada ao Corpus , que se celebrará o 25 de Xuño, e parece ser que ti é o que se vai a encargar do tema .

GERMAN -Si , non había quen a fixese e estivemos un día na Igrexa falando sobre iso e entón púxenme ao choio para organizala eu.

J.J.- Ti xa tes experiencia na realización deste tipo de festas , cantas veces organizaches festas na parroquia ?

GERMAN -Uf ! Xa fixen unhas cantas , non me acordo cantas fixen , pero xa van unhas cantas , mais o menos fixen uns cinco ou seis anos de festas.

J.J.- Supoño que será unha tarefa que che levará bastante tempo , cuantos días necesitas para organizar todo , que tempo che leva para ir pedindo unha achega aos veciños casa por casa ? Acudes a outras parroquias ?

GERMAN -Depende jajaja , tes que perder moito tempo , ás veces chegas a unha casa e non hai ninguén , outras veces respóndenche que contes con tanto diñeiro pero que volvas outro día a por el .

Por outras parroquias non vou , soamente achegueime a pedir ao lugar de Reiriz, pero para o que se recada e o tempo que perdo non merece a pena ir.
J.J – Parece ser que xa fuches por varios lugares dá parroquia , por onde andaches a pedir , cales sitios che quedan aínda ?

GERMAN -Xa andei pola Mean , Leborei, Cunchido … aínda me faltan os demais lugares , hoxe mesmo , dentro dun momento irei por Pidre e algún outro lugar máis se me dá tempo.


Dicir que hai uns lugares da parroquia que son máis solidarios que outros á hora de facer o seu donativo , de sempre que fixen as festas pasoume o mesmo , uns lugares son máis dados á hora de facer a súa achega que outros.

J.J.-Á hora de pedir a achega aos nosos veciños atoparasche con todo tipo de sorpresas , veciños que non están na casa e tes que volver outro día , outros que che din que non son de aquí e non che dan nada , pero ao final gozan dás festas como un veciño máis etc. Que tes que dicirme a todo isto , ves colaboración na parroquia ?

GERMAN -Algúns se portan de marabilla , outros non queren saber nada , por aquí preto de onde vivo por exemplo hai xente que ten a súa casa aquí , que vive todo o ano e que lle vas a pedir algo e dinche que non che dan nada , que non son de aquí e quedan tan panchos.

J.J – Con respecto á organización dá festa , que axudas tes , pensas conseguir colaboración por parte dá Comunidade de Montes , dás Asociacións etc. ?

GERMAN -Bo , con respecto á Comunidade de Montes , ao principio comentáronme que me ían axudar , pero parece ser que soamente poden facelo para o patrón polo que me acaban de comunicar , eu penso xa que non houbo este ano festas do patrón que podían investir nestas festa , pero bueno , alá eles si poden facelo ou non , penso que podían repartir, e o diñeiro que teñen destinado para o patrón ter unha parte para o Corpus , non sei , eu o que teño claro é que sen axuda ou con axuda vou levar adiante a festa do Corpus.

Eu cando empecei a facer cálculos para saber a canto irá o custo da festa , contaba conque tería algunha colaboración económica da Comunidade de Montes , agora terei que quitar dun lado para outro e así poder cadrar as contas.

Polo que respecta á Asociación de Veciños están a axudarme e vexo que están implicados en colaborar , de momento xa fixeron os trámites oportunos para conseguir uns grupos de gaitas , están a me levar o tema da carteleira etc. 

J.J.- E aínda así , vendo que a realización deste tipo de evento é arduo e custoso , vesche con ganas para organizar a festa do Patrón ?

GERMAN -Se hai quen colabore claro que si , e se non hai quen colabore , tamén !!

E quero decir unha cousa, a partir de agora teño intención de realizar as festas tamén do Patrón mentres o corpo aguante .

J.J.- Algunha outra cousa que quixeses comentar relacionado coas festas ?

GERMAN -Si , eu vou facer as festas coa axuda da Parroquia , nada máis , as festas podemos facelas tranquilamente , só conque todo o mundo arrime o ombreiro , cada un co que poida.

E tamén quería ao finalizar as festas , que se saiba o custo delas e a contribución de cada veciño para que se saiban as contas claras de todo , gustaríame que no teu grupo de Facebook de Cerponzons fixésesme o favor de publicar todo o que custan facelas , grupos de gaitas , orquestras , fogos , permisos etc. e de paso o que os veciños achegaron cada un , eu che pasaréi a lista detallada .

J.J. Pois nada máis German , deséxoche que che salga o mellor posible esta festa e as seguintes , pola miña banda terás a miña colaboración para o que ti creas conveniente.

XACEMENTO DE BERILO NO LUGAR DA ERMIDA

DESCUBRIMENTO DE BERILO EN CERPONZÓNS.


O Berilo é coñecido no mundo da xeoloxía como a ” nai das xemas ” pola súa variedade en pedras preciosas, entre elas están a Esmeralda e a Aguamarina.

En España abunda o Berilo común, que se atopa con facilidade nas pegmatitas de Pontevedra , onde os cristais alcanzan considerables tamaños.

En Cerponzons tamén se chegou a descubrir un xacemento .

Segundo testemuños recolleitos nun foro de mineraloxía, do cal é autor Jorge Oureta , o noso xacemento localizouse no Km.107/108 da estrada de Pontevedra a Santiago , a 600 metros do hectómetro 6 en dirección Norte Sur .
Esta localización está recollida sobre os anos 20 do século XX, aparece a descripción de esta forma :

Lugar Campo D’Armide en San Vicente de Cerponzones de 30×8 cm.

É bastante conciso , co nome defectuoso , o máis seguro recollido estes datos por persoas vindas de Castela , como sucedeu en moitos casos , e escribir segundo eles entendían que quedaba “mellor” , por último hai que ter en conta que a estrada á o que se refire , a coñecida agora por N550 , ao longo dos anos sufriu variacións e a quilometraxe non coincida co actual.

O descubridor do xacemento de Berilo foi Ramón Sobrino Buhigas, nacido en Pontevedra no ano 1888.


Don Ramón foi, entre outras cousas, naturalista e arqueólogo, xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra, membro da Real Sociedade Española de Historia Natural.

No seu traballo de xeoloxía: Contribución a la Gea de Galicia ( nuevo yacimiento de Berilo), conta os xacementos que descobre, entre eles o situado na nosa parroquia, e ao cal dálle unha gran importancia.

Xunto con él participaron varios personaxes ilustres, o profesor Martín Cardoso, Isidro Parga e Osorio Tafall, todos eles membros da Junta de Ampliación de Estudios.

Nunha publicación atopamos un articulos onde di : Contribución a la Gea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo), no que dá conta dá existencia de varios depósitos deste mineral localizados en: quilómetro 2 dá estrada de Pontevedra a Vigo, na Ramallosa, Carballeira, San Juan de Pesqueiras, Poio e outros de menor importancia. Considera todos de menor entidade, excepto o que descobre en Cerponzóns (Pontevedra), un depósito do que extrae cristais de berilo dun tamaño relativamente colosal e que xuzgaba, polos datos que poseía, o maior ou un dos maiores recolleitos en Galicia (Sobrino,1916, p. 542).

Don Ramón achégase o 9 de Novembro do 1916 á nosa parroquia, acompañado dos seus alumnos de sexto.

Anteriormente estiveran en varios lugares da provincia de Pontevedra, este día áchanse situados á altura do km. 107/108 da estrada nacional de Pontevedra a Santiago, a uns 600 metros do hectómetro 6 en dirección N.S. do lugar chamado Campo D’Armida, que pertence á parroquia de San Vicente de Cerponzones.

O seu descubrimento, ao cal déronlle unha gran importancia, foi nun pequeno montículo, que estaba revestido por unha capa de granito e algo de gneis, o cal cubría todos os materiais que atoparon nese cono.

Dita capa de granito e gneis fora destruída para recoller a cuarcita que se achaba formando diques, pois sería usada para o afirmado da estrada, este material é máis coñecido entre nós co nome de seixo.

Comezan os traballos e vanse atopando varios exemplares de diferentes tamaños, ata chegar a un total de 45.

Entre estos exemplares encontrados un deles tiña un tamaño colosal, e segundo os datos que posuía Don Ramón era o maior ou uns dos maiores de toda Galicia.

O cristal de maior tamaño ten forma de prisma exagonal, cunha cor verdoso no seu interior, mentres que nalgunhas das súas superficies é de cor terroso, está constituído pola unión de dous prismas, un deles moi esmagado e entre dúas caras de devandita forma existe un ángulo entrante formado por dúas caras de prisma e acusa unha gran macla de contacto.

Os cristais que alí atopan ( xunto con masas de cuarcita, teldespato ortosa, anacos de moscovita, de biotita e algúns de pegmatita) ocupaban a parte superior e interna do montículo que fixen referencia.

Aquí déixovos os datos onde se fai referencia a este achado :





2- MUIÑO DO GUERRA

O MUIÑO DO GUERRA ou DA BALEA.

Fai unos días un veciño da parroquia envioume unhas fotografias do muiño do Guerra , e comentábame que a súa ilusión sería ver de novo este e mais os outros da parroquia arranxados, eiqui vos deixo unha pequeña historia sobre os nosos muiños.

No mes de Setembro do 2014 o Diario de Pontevedra publicou un artigo sobre os Muiños que hai nas parroquias , de Cerponzons decía :

Según o Catastro do Marqués da Ensenada, entre 1750 e 1754 na parroquia de Cerponzóns atopábanse a pleno rendemento 18 muíños de auga ao longo das canles dos regatos de O Castrado e Acibal .Un estudo efectuado pola asociación veciñal O Chedeiro revela que o Arquivo Eclesiástico conserva un escrito datado o 11 de novembro de 1960, redactado polo párroco Jesús García Gómez, cunha detallada descrición do estado das propiedades do clero, referíndose a un muíño da súa propiedade na Gándara.

Muíño de Arriba, de Abaixo, dá Ufa, dá Gándara, do Castrado, vos Pasales, O Caeiro, Muíño Lanuxe, Orzera, Bouza do Rey, Balea e Ponte Beán son os nomes dalgunhas das antigas estruturas nas que os veciños de Cerponzóns moían o gran.

Representantes da entidade veciñal O Chedeiro, do club de fútbol e da asociación cultural Chan do Monte de Cerponzóns sinalan que «ao longo dos regatos que cruzan a nosa parroquia aínda podemos contemplar os restos desta parte da nosa historia que, ocultos entre a maleza e o abandono, esperan a que alguén lles devolva o seu esplendor de outrora».

NO CATASTRO DO MARQUÉS DA ENSENADA PODE LEERSE :
17. Si hay algunas minas, salinas, molinos harineros u de papel, batanes y de que uso explicando cada uno de utilidad al año.
A la décima séptima dijeron que no hay minas salinas ni otros artefactos que los contiene la pregunta en los términos de dichas feligresías mas que en ellas los molinos harineros que van declarados subsiguientemente con esta distinción(…) Cerponzóns tiene en su término dieciocho molinos en el riachuelo do Castrado y en el Acibal que son de maquila los diez siguientes; uno de Don Julián de Vega cura de dicha feligresía que lleva en arrendamiento Felipe Fernández por catorce ferrados de pan; el otro de Juan Martinez; otro de Josepha Lopez; y otro de Manuel y Lucas Fernandez, el primero considerado nueve meses que muele a veinte reales y veinte y ocho maravedíes cada mes y bajados cuarenta y dos reales del valor de los catorce ferrados de pan deja de utilidad al año a dicho Fernández ciento cuarenta y cinco reales y catorce maravedíes u los otros nueve molinos considerados siete meses por tener menos maquila y al mismo respecto corresponde de utilidad por año a cada uno de sus dueños ciento cuarenta y cinco reales y veinte y seis maravedíes y todos son de piedras negras. Los otros ocho molinos tambien de piedras negras son de Francisco Falcón, Domingo de Castro, Manuel de Magdalena, Joseph Gomez, Gerónimo de la Iglesia, Domingo de Tilbe, Miguel de Castro, Domingo Cancela, y consortes los que sirven para usos particulares moliendas y cada uno se regula de utilidad según su consumo a noventa reales. Nota: que en dicho Cerponzóns hay un batán en el río del Acibal propio de Francisco Falcón que por estar arruinado no produce utilidad y por lo que puede importar declaran que estando corriente deja de utilidad cada año a su dueño trescientos reales.
MOLINOS QUE NO SON DE MAQUILA
Uno llamado ORZERA situado en el río que viene del Acibal propio de Francisco Falcón y de Ignacio Tilve de la misma vecindad es de piedra negra muele siete meses.

Otro del mismo nombre y en dicho río de una piedra negra propio del dicho Francisco Falcón, Alberto Gómez, Domingo de Castro, herederos de Juán Cancela, vecinos de Alba Juan Magdalena, Benito de Lores, Alberto Gomez Justo, y Tomás Alonso, Benito Blanco, Manuel Falcón de esta vecindad y Benito de Lores de la de Lerez, muele 7 meses.

Otro del mismo nombre y en el referido río piedra negra, muele siete meses propio de Nicolás do Freixo, Ignacio Toibal, gerónimo Rulibal, Antonio da Vila, Domingo de Castro, y Joshep Sartal vecinos de dicha feligresía.

Otro llamado Bouza del Rey situado en dicho río del Acibal piedra negra, muele siete meses propio de los herederos de Pedro Gomez, Domingo de Tilve y Miguel Gomez de esta dicha feligresía.

Otro en dicha Bouza del Rey y río Acibal piedra negra, muele siete meses propio de Francisco Gomez. Pedro Blanco, Antonio Perez, Ignacio Solla, Benito Gonzalez, Domingo Cancela, Pascual de Tilve, y Benito Bieites, vecinos de dicha feligresía.

Otro llamado Caeiro, sito en dicho río de piedra negra, propio de los herederos de Gregorio Fontecoba, los de Fernando de Souto, Benito de Castro vecinos de dicha feligresía, muele siete meses.
BATÁN; Uno en el río referido Acibal propio de Francisco Falcón de las misma vecindad.

MOLINOS DE MAQUILA

Uno llamado PIÓN, situado en el río de Acibal de una piedra negra y de maquila muele siete meses al año, propio de Juana Martínez, vecina de dicha feligresía.
Otro llamado A BALEA, sito en dicho río propio de Benito Melón vecino de la dicha feligresía y de una piedra negra y de maquila, muele lo mismo siete meses.

Otro del mismo nombre de A BALEA sito en dicho río, de piedra negra, propio de Francisco Alvarez, de la misma vecindad muele siete meses es de maquila.


Otros dos del referido nombre de A BALEA sito en dicho río cada uno de una piedra negra, maquileros propios de Casimiro Melón de la misma feligresía.


Otro del citado nombre, y en dicho río, de piedra negra, propio de Alexos Parada, Juana da ¨Fonte, Alberto Fontenla, vecinos de dicha feligresía y Patricio Cancela de la de Alba.Otro llamado PUENTEBEÁN sito en la dicha feligresía y río de Acibal, de piedra negra, y maquila propio de Juan Fernandez de dicha feligresía muele dichos siete meses.Otro en dicho PUENTEBEÁN y en referido río, de piedra negra, y de maquila, propio de Josepha López viuda de la misma vecindad, muele siete meses.Otro en dicho río, de piedra negra, y de maquila, propio de Manuel y Lucas Fernandez de la misma vecindad, y muele dichos siete meses.”

Fai pouco falamos Juan e mais eu sobre os recordos nosos de cando pequenos …

Sentámonos Juan e máis eu no soportal da súa casa de Pidre , a casa dos seus antepasados e actualmente dos seus pais , unha casa que se conserva tal como era desde hai anos , a cal me fai lembrar as miñas visitas ás tías Juanita e Sabina , irmás da miña avoa Ramona .

Aínda parece que foi onte cando ao chegar á súa casa convidábanme naquela enorme cociña a tomar algunha sobremesa recentemente feita , de seguido sentabámonos os tres e falabamos dos recados que lle enviaba a miña avoa e das cousas que xurdisen naquel momento , aínda que vivían moi preto , a súa saúde naqueles tempos non lles permitía desprazarse asiduamente para poder verse.


Juan déixame falar dos meus recordos , ata que o cantar duns gorrions que se apoiaron no fermoso horreo que preside a eira desde sempre , de súpeto coméntame que aínda lembra aquel día de primavera en que escoitou cantar o cuco ( que adoitaba estar pola zona da Balea ) foi coma se dunha premonición tratarase , ese día a súa avoa Sabina sorprendeulle cunha invitación , a de ir con ela ao muíño do Guerra , ou tamén coñecido polo muíño da Balea.

Temos un tesouro moi valioso na parroquia , seguía contando Juan , e temolo completamente desatendido, serie fenomeno facer unha senda pola veira do rio desde o encoro ata San Caetano polo menos, penso que a parroquia ten recursos mais que suficientes para poder levar a cabo esta idea. 

Fai unha dias estiven vendo o muiño de Balea , tamén chamado Muiño do Guerra e esta en bastante mal estado, e doume muita pena velo asi, fun muitas veces coa miña avoa Sabina a levar ou millo a moer.

Eu contesteille que é unha desgraza ter así este patrimonio, pero o conseguir poñer de acordo aos propietarios era complicado , e un exemplo é o muíño do Caeiro que é un dos que hai veciños interesados en restaurar.

O Muiño dime Juan , tanto este como a maioria dos que hai a ou longo do rio son de varias persoas, e cada uns dous propietarios tiñan a sua representacion nel con horas de moenda ao longo dá semana. Quen posiblemente coñeza todolos propietarios deste Muiño sexa Juan de Pidre, o fillo de Joaquina a dá Fonte, penso que sabes de quen che falo , o pai de Juan teña pensado restaurar este Muiño en concreto , e xa tiña moito traballo feito para empezar coas obras, pero despois enfermou e todo quedou en nada.

Un día destes se non chove fareille mais fotos e pasochas, teño moito interes en que este proxecto vaia adiante, dáme moita pena que o abandono apodérese destas maravillas que non seu tempo eran un medio de vida dos nosos antepasados, neles pasaron moitas noites , muitos veciños , entre eles os teus avos e mais os meus, e seguramente que moitos traballos e medos, non quexera que isto se borre por completo. Oxe cando estuven no Muiño co meu fillo revivin momentos vividos sendo eu un neno de moi pouca edade , acompañado dá miña avoa Sabina, que nunca poderei ser quen de esquencer, e bos recordos de velo funcionando , era algo digno de ver Juan , eu quero contribuír a poder restauralo ata o final.

Penso que o máis complicado sera restaurar o primeiro deles, porque seguramente despois seguirase pouco a pouco con cada un dos outros, facer unha senda polo Rio RONS pasando polos muiños penso que seria un atrativo moi bo para a Parroquia , temos que impulsar o atractivo pola nosa Parroquia, buscar a maneira de que xente de fora veña visitala e deste xeito dala a coñecer e facer publicidade do patrimonio que temos, que e algo maravilloso.

Seguimos falando de máis cousas relacionadas coa nosa parroquia , foi un momento entrañable e agarimoso , e nos despedimos coa esperanza de que se poida levar acabo algún día esta idea e mais outras que nos competen a todolos veciños que amamos o noso.

Fotos do muiño do Guerra ( Juan Cons )

Nota de prensa do Diario de Pontevedra:

http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/297284/los-vecinos-del-rural-devuelven-la-vida-sus-viejos-molinos

OFICIOS DOS VECIÑOS (XX) LEITEIRAS (II parte)

AS NOSAS LEITEIRAS , A MIÑA HOMENAXE A ESTAS MULLERES DA PARROQUIA, EN ESPECIAL A SEÑORA ROSA .

Seguramente moitos dos máis novos que lean este artigo non viviron aqueles anos onde en moitas das parroquias da nosa cidade habían unhas señoras que tiñan un oficio que hai anos desapareceu.

Refírome ás leiteiras e con iso quero facer a miña pequena homenaxe a todas aquelas que pertencen á nosa parroquia , en especial a nosa veciña de Pidre , a señora Rosa Solla Sabaris.


Estas mulleres tiveron un traballo moi sacrificado , primeiro porque tiñan que madrugar moitísimo , antes de chegar á capital para vender o leite tiñan que recollela casa por casa , así todos os días , pensade que ademais tiñan as labores da sua casa , os fillos etc.

Practicamente todos os veciños tiñamos unha ou dúas vacas en cada casa e o leite sobraba , por iso é polo que se vendía a que nos sobraba a estas leiteiras , as cales xa dispoñían dunha rede de clientes fixos na cidade onde lle levaban todolos días o seu produto.

Cada familia pontevedresa tiña a súa propia leiteira , de Tomeza , Lérez , Xeve , Cerponzons…..acudían ao principio cuns cántaros , primeiro na cabeza e máis tarde cun carriño , casa por casa , vendendo o leite das nosas vacas.


Eu aínda teño en mente aquelas leiteiras que todas as mañás pasaban por diante da miña casa , parábanse , recollían o leite e co seu carriño alá íanse a capital,  o seu horario era sempre o mesmo , sabían que tiñan que entregar o leite aos seus respectivos clientes naquela hora acordada, e todos os días os clientes de cada unha delas recibían a chamada da súa leiteira á porta da súa casa , sempre á mesma hora .


Algúns daqueles clientes comentábanme  que sendo eles uns nenos lembraban á señora leiteira coma se fose hoxe , dicíame fai un tempo José Luis que todos os días cando soaba o timbre xa sabían que era a leiteira , tiña algo especial ao pulsalo que xa ao momento a súa nai advertía que fosen abrir a porta que xa chegara a leiteira.

Lembra José Luis que ao ferver o leite formábase unha capa de nata duns tres centímetros de espesor que se utilizaba para untar no pan e tomábanllo de merenda , tamén a súa nai utilizábaa para facer manteiga e algún que outro biscoito.


Tíñanlle moito agarimo , pois era unha persoa que se facía querer e en datas sinaladas leváballes algún obsequio tradicional da súa casa , uns ovos , unhas mazás , laranxas, figos….era como un integrante máis da familia.

Toda unha vida de arriba para abaixo , sígoas lembrando igual que antes , así como baixaban á primeira hora da mañá , como tamén cando subían para as súas casas , o seu rostro reflectía o duro que era percorrer tantos quilómetros para arriba e para abaixo, cantas molladuras, canto frío pasaron…..Pero nunca se viñan abaixo , era o seu medio de vida e nunca desfaleceron, ata que sobre o ano 1976 unha orde ministerial outorgou ás Centrais Leiteiras a venda exclusiva do leite fresco e prohíbese totalmente a venda a granel.

A cousa xa viña de moi atrás, era polo ano 1952 cando un Decreto de Presidencia indicaba que quedaba prohibida a venda de leite de vaca a granel por temas de saúde e que as Centrais Leiteiras comprarían todo o leite, polo cal o prexuízo económico que se lle puidese causar desaparecía e ademais así evitaban que tivesen que desprazarse todos os días para realizar a venda do produto.


Supoño que se faría de boa fe a de prohibir este tipo de venda por temas de salubridade , pero aquelas merendas co pan e a nata , os biscoitos e a mantequilla que se facía en casa de José Luis como en tantas outras nunca máis se volvería a repetir.

Pero con esta Orde do Ministerio do ano 76 empezou o momento en que en moitas casas fóronse desfacendo das súas vacas , porque aúnque prometeuse que as Centrais recollerían o leite , os prezos a que a pagaban eran a menos da metade que as leiteiras nola pagaban a nós . E claro , era moita leite a que daba unha vaca para bebérnola toda nas nosas casas, así que non quedaba máis remedio, os meus pais e os demáis Veciños tiveron que ir vendendo as vacas.


Se facemos un cálculo así por encima , fai uns trinta anos , na Parroquia de Cerponzons había en cada casa polo menos unha vaca , cando non dúas ou tres…Poderiamos calcular que habería polo menos unhas 400 vacas , hoxe non creo que chegue a unha ducia.


Como dicía José Luis,  hoxe en día el ten unha dúbida , se esa cousa branca envasada nun cartón e que pode ser enteira , desnatada ou semidesnatada , teña algo que ver coas vacas , porque mesmo algunhas marcas din que lle engaden calcio e vitaminas . Ao leite de Rosa non había que engadirlle nada, era pura leite recién saída do teto é con todalas vitaminas incluidas, nin máis nin menos

A labor de Rosa foi máis aló de vender leite, grazas a ela e ás demais mulleres das nosas aldeas que acudían coas súas verduras, froitas, leña etc. foron portadoras da nosa cultura popular levándoa á cidade e dándo a coñecer os costumes, sendo ademais parte activa do noso idioma falándoo e levándoo porta a porta.

ROSA, NON TE ESQUECEREMOS, XA FORMAS PARTE DA NOSA MEMORIA.

Rosa xunto a Srta. Carmiña

( Agradezementos a J.L. Sieira e A.Fernandez )

O día 2 de Febreiro do 2018 aparece esta carta relacionada coas leiteiras no Diario de Pontevedra , pensó que sería unha boa idea :



9- O CORO DA PARROQUIA 

O CORO DE CERPONZONS.

Con motivo do 25 aniversario da creación do Coro Parroquial reuninme con José Ángel Cancela, fundador do Coro no ano 1994.

Tiñas ganas de volver ver de novo ao meu afillado, unha das razóns por querer ver a José Ángel é que se celebra neste mes de Agosto (según me comenta Mercedes, exactamente foi o día 20/08/94) o 25 aniversario da creación do Coro Parroquial, púxenme en contacto con él fai uns meses para ver si podiamos vernos e falar sobre os seus recordos no Coro, debido a que estaba destinado nunha misión coa Brigada Galicia, que lle fixo estar seis meses fóra da súa casa, pois estivo en Mali (Líbano), tiven que esperar un pouco a que regresase do seu destino.

Un destino cunha misión que foi moi esixente e moi dura e que ao final todo acabou ben, e tanto él como os seus compañeiros puideron volver de novo no mes de Xuño xunto aos seus.

Logo da súa chegada e de ter uns días dedicados exclusivamente á súa familia, púxenme en contacto con José Ángel, e puxemos un día para vernos e charlar.
Así foi e aos poucos días vímonos xuntos de novo, facía máis de dous anos que non nos viamos.

Saudámosnos e falamos un pouco das nosas vidas, a saúde, o traballo, as nosas familias etc., como é costume cando levas un tempo sen verche.

Comezamos a falar do Coro, eu íalle dicindo que foi no mes de Agosto do ano 94 cando se empezou a crear o Coro, José Ángel comentábame que en canto a datas non se acordaba con exactitude, pero ao ver as publicacións dos medios informativos que eu lle ía mostrando comezaba a recordar esa época….

Recordo que por aquel entón eu tería 15 anos (empeza a comentarme José Ángel), eu estaba no Conservatorio de Pontevedra estudando piano, un día ocurriuseme ir falar con D. Manuel, propúxenlle crear un coro para a Parroquia.

Comenteille a D. Manuel que nese momento eu estaba estudando piano no Conservatorio e que me xurdira unha idea, díxenlle o de crear un Coro con veciños da Parroquia, que eu, aproveitando os meus estudos de piano, podía tocar o órgano da Igrexa, ademais que personalmente poñeríame a buscar uns cantos veciños e veciñas de Cerponzóns para formar un grupo……D. Manuel quedoume mirando e esbozou un sorriso, miroume fixamente e díxome : adiante José Ángel, conta comigo para o que necesites, xa se me está ocorrendo unha idea….

José Ángel ao recordarme os inicios emociónase, pasaron moitos anos e é normal que un se emocione.

Segue dicíndome José Ángel: o primeiro que fixen foi empezar a percorrer os lugares da parroquia, fun porta por porta, Tilve, Leborei, A Meán, Pidre…por todos os lugares, tamén por Reiriz, ía con moita ilusión, esperando cun sorriso a que me abrisen a porta e ao dicirlle que estaba preparando un Coro para cantar na Igrexa, respondésenme afirmativamente que sí, que lle parecía boa idea.

Así, aos poucos, fun conseguindo reunir un grupo de veciños e veciñas, tanto adultos como nenos, aínda hoxe en día algúns destes primeiros integrantes seguen estando no Coro !

Os días de misa D. Manuel tamén aproveitaba para comentarllo á xente, e tanto antes de entrar a misa, como logo de saír ía comentándolle aos que se animaban a pertencer ao Coro, a idea que me xurdiu.

Así foi que ao pouco tempo e xa cun bo número de veciños comezamos os ensaios, levamos así unha boa tempada, ensaiando no noso local de ensaios, que era na tribuna da mesma Igrexa, ata que chegou o día do debut….polo mes de Octubre creo recordar.

Foi un día de moitos nervios, todos estabamos tremendo de pensar como ía saír ! Os maiores dábannos esa tranquilidade que os máis novos non tiñamos e só pensabamos no que dirán……..pero todo saíu xenial ! Nunca esquecerei ese día ! Ao finalizar de cantar os asistentes á misa viráronse cara á tribuna onde estabamos e puxéronse a aplaudir ! Ese momento non o esquecerei nunca !

Isto deunos moita enerxía e provocou que nos ensaios désemos o mellor de cada un e cada vez tiñamos máis ganas de facelo en cada actuación mellor que a anterior.
O Coro comezou a coller fama, tiñamos muitísimas actuacións, non só na Parroquia, si non que tamén nos desprazabamos a Verducido, Xeve…as nosas intervencións estaban en boca de todo o mundo, e cada vez viñan máis veciños para querer integrarse no Coro, chegamos a ser uns 40, si mal non recordo.

Uníanse ao grupo xente que cantaba moi ben e tamén se sumaba unha excelente organista : Ana Campos.

Acórdome de todos aqueles integrantes ! Neste momento véñenme á memoria nomees como Facorro, Constante, Juan José, Mercedes, Roberto ( naquela época era un neno, agora é un gran avogado), e así podía seguir nomeándoche a todos os que compartiron comigo eses anos, todos eles cheos de ideas e de ilusións, grazas a eles fixeron posible o CORO DA PARROQUIA DE CERPONZÓNS !

A José Ángel se lle nublan os ollos ao recordar aqueles tempos, pregúntolle si ten algo máis que dicirme….

Si, gustaríame facer unha mención especial a dúas persoas, por unha banda a Don Manuel, sempre nos deu o seu apoio incondicional, él foi quen nos guiou como ningún, cunha dedicación absoluta para co Coro.

E tamén o meu agradecimiento e agarimo cara con Milagros, no meu recordo está o seu sorriso permanente e a súa ilusión que contaxiaba a todos os demais, seguro que seguirá igual que sempre.

José Ángel finaliza esta conversación dicíndome que esa época sempre a levará no seu corazón e malia que xa pasaron moitos anos sempre será o seu CORO.


DATOS SOBRE O CORO QUE FUN ENCONTRANDO :

Foi polo mes de Agosto de 1994 cando de mans de Jose A.Cancela fúndase o coro da nosa parroquia . Un grupo de 30 veciños conformaban de inicio o Coro Parroquial.

Cantouse por primeira vez o 30 de Outubro de 1994 . Desde entón tiveron moitísimas actuacións , variando os seus compoñentes co paso dos anos por diversas circunstancias , pero seguen ao pé do cañón .

SÁBADO, 22 DE NOVEMBRO DO 2003

Se dice que a través del canto oral se expresa musicalmente la alegría, el dolor y el sentir popular de las gentes, además de su religiosidad como es el caso de los coros de las parroquias nacidos entre los feligreses con el fin de dirigirse a Dios cantando en nombre de toda la comunidad parroquial.

Este es el caso del Coro Parroquial de San Vicente de Cerponzóns, que tras nueve años de existencia se ha hecho merecedor de los mejores elogios y es pieza indispensable en todos cuantos acontecimientos religiosos se celebran en la parroquia.

Al menos este es el fin que el joven José Angel Cancela perseguía cuando lo fundó en 1994 reuniendo por iniciativa propia a una treintena de personas con las que formó el coro, cuya primera actuación tuvo lugar el 30 de octubre de 1994.

Desde entonces trabajo no le ha faltado al Coro Parroquial de San Vicente de Cerponzóns ya que entre 70 y 80 actuaciones de media son las que se puede contabilizar por año y aunque no sea su finalidad también han actuado fuera de la parroquia en alguna ocasión.

Dirigido por el párroco D. Manuel Miguez su repertorio es altamente “exquisito” formado por más de 200 piezas sacras, como ” exquisito” es el acompañamiento musical de las dos organistas que forman parte del Coro, que han escrito la música de muchos de los cantos que no tenían partitura.

A lo largo de estos nueve años los componentes del coro ha recibido toda clase de felicitaciones por mantener ” viva” la agrupación con el sacrificio que ello supone y si hubiese que hacer una definición de su estilo habría que decir que ” este coro se aparte de la espectacularidad que otras agrupaciones pudieran desprender en sus actuaciones, ya que no tienen grandes pretensiones, son modestos y sencillos, a la vez que prestan un gran servicio a la parroquia, estando abiertos a todos cuantos cerponcenses quiera formar parte del mismo”.

Su director, a la vez párroco de San Vicente refiriéndose a los fines y objetivos que mueve al coro dice “tenemos como fundamento básico mostrar nuestros sentimientos con el canto pues a veces no es suficiente con el hablar”.

Respecto a la calidad interpretativa hace la observación ” que lo importante no es que haya buenas o malas voces ya que estas se perfeccionan con el tiempo. En la Iglesia puede cantar cualquier persona aunque su voz no sea ninguna maravilla, puesto que el estilo de nuestras interpretaciones no son para el espectáculo o un concurso, sino para la oración.

De modo que si hay algún aficionado al canto, que sepa que el Coro Parroquial de San Vicente le recibirá con los brazos abiertos.

( Diario de Pontevedra, por Angel García Carragal)


Recordo tamén que era o ano 2007 e a prensa sacaba unha reportaxe das festas patronais , e indicaba que era o cura párroco Don Manuel Miguez  o que estaba a dirixir neses momentos a un grupo de mozas e alguns mozos  que compoñían o coro , no seu repertorio destacaban pezas clásicas do canto coral e ademais 200 cánticos sacros con música composta polos organistas do coro .Esta foto é dos integrantes do Coro Parroquial no ano 2007 , e serían os encargados de cantar nas misas solemnes con motivo da festividade do Santo Patrón San Vicente , San Antonio Abad e Santa Lucía.


Foi no ano 2009 que o Diario de Pontevedra facía de novo un especial sobre a nosa parroquia , nel falábase do noso coro e facíanlle unha serie de preguntas ao seu director Don Manuel Miguez.

Ademais de párroco , levaba un tempo xa dirixindo a este grupo de veciños , coñecedor das peculiaridades desta agrupación formada por veciños da parroquia e cun obxectivo claro , forzarse o máximo posible para que as súas voces soasen o mellor posible.Das súas voces o director di ” que temos de todo , hai voces normais , outras un pouco mellores , pero o importante son as ganas e o empeño que poñen todos os seus compoñentes “.

25 de Enero de 2009 ( por Ángel García Carragal) :

EL CORO CANTARÁ LA MISA DE SAN VICENTE

La agrupación músico-parroquial es dirigida por el propio párroco Manuel Miguez.

Las voces que componen la agrupación coral nacida en el seno de la feligresía cerponcense pondrán con su repertorio emotividad religiosa a la ceremonia a la que todos los años, en el cuarto domingo del mes de enero, acuden centenares de devotos del santo patrón de la parroquia.

El Coro Parroquial “San Vicente” surgió hace poco más de diez años de la mano del joven José Ángel Cancela después de exponer su iniciativa a un grupo de personas que acogieron con enorme satisfacción la idea de fundar el coro.

En la actualidad está compuesto por una veintena de personas dirigidas por el párroco titular Manuel Miguez, y entre sus piezas más cantadas con las que amenizan fervorosamente todas las actividades religiosas de la parroquia figuran mas de 200 cánticos sacros, cuya música la ponen dos organistas que forman parte del coro.

Intensa actividad.

La actividad del coro a lo largo de estos casi catorce años de existencia se ha visto incrementada de forma impensable en el momento de su creación pues, según sostiene su director, “aparte de los ensayos, que son una vez por semana, el coro canta en un centenar de actos religiosos al año : misa de los domingos, funerales, bodas….y otras muchas celebraciones religiosas”.

De nuevo, un año más, los vecinos de la parroquia de San Vicente de Cerponzóns disfrutarán de las voces de su coro que, al igual que en años anteriores, se hará merecedor del fuerte aplauso y las felicitaciones por el éxito alcanzado.



Destacaba don Manuel que algúns dos compoñentes que forman parte do Coro desde a súa fundación .

Comentaba tamén que soster o Coro era moi laborioso e quen o integraba facían un gran esforzo para compatibilizar o pertencer ao mesmo coas súas ocupacións e o seu traballo diario.Don Manuel lembraba ao xornalista que naquel momento xa tiñan gravados uns seiscentos cantos de temas orixinais aos que eran fieis , tanto no ritmo como en todas as demais características da peza para interpretar. Podemos cantar con mellor ou peor voz , pero tentamos respectar o espírito do canto, comentaba o señor cura.



FOTOGRAFIAS MAIS RECIENTES


6- ANTONIO GONZÁLEZ CALVIÑO.

RECORDOS DA SÚA FILLA DIGNA :

Recordo a Digna falar do seu pai na Historia de amor :

( https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/11/01/unha-historia-de-amor/ )

e comentábame a mala sorte que tivo coa súa enfermidade , á temperá idade de 42 anos.

Chamábase Antonio González Calviño , era do lugar de A Mean , e era máis coñecido na parroquia por Antonio Calviño , un home cheo de saúde , bo esposo , bo pai e con toda unha  vida por diante.Hai moitos anos disto , imaxinarvos que che diagnostiquen un tumor cerebral , aínda hoxe en día non sabes que ocorrerá despois dunha operación tan complicada como é esta.

Antonio traballou na fábrica de minerais da Cros , situada na Gándara , comenzou  a funcionar a fabrica sobre o ano 1954.

A fábrica era e segue sendo impresionante , cunha gran nave principal que tiña un gran espazo de almacenamento , concibido como unha gran estrutura de formigón a súa nave central , de considerable altura ,está constituída por unha cuberta curva formada por arcos atirantados .

( Para mais información da fabrica : http://pontevedraviva.com/xeral/19631/proponen-fabrica-cross-inclua-catalogo-bens-culturais-galicia/?lang=es )

Cando comezou a traballar na Cros tiña 19 anos , cargaba sacos de mineral durante 10 horas ao día , facendo enormes esforzos , algúns dos seus compañeiros de traballo non eran capaces de chegar á altura dos camións , entón el ofrecíase para axudalos.

Tiña un amigo , veciño de San Cayetano , o señor Herminio , un bo home e bo amigo , lembra Digna que o seu pai chegou un día a casa chorando , o seu compañeiro Herminio falecera ao ser esmagado por unha carga de mineral , pobre home , tiña tan só 36 anos .

 

A ENFERMEDADE .

A súa familia sabia daquela que se lograba sobrevivir á operación ían quedar secuelas que tería que vivir con elas o resto da súa vida.Despois dunha operación deste tipo , comezaba para Antonio unha nova vida que levou moitas limitacións.

A operación desenvolveuse en Madrid , no hospital da Paz , naqueles anos era o mellor centro hospitalario para este tipo de operacións.
Unha operación  moi delicada , tivéronlle que abrir a cabeza por tres partes diferentes para poder chegar ao tumor .
Esta intervención déixoo como estaba previsto con secuelas graves , media cara paralizada e a boca torcida , ademais dun ollo practicamente pechado , que sempre lle deu unha dor inmensa.
Á parte destas secuelas , era moi frecuente os ataques que lle daban e que lle facían perder o equilibrio e caerse , recibindo continuamente fortes golpes .
A súa filla Digna aínda lembra coma se fose hoxe a de veces que acudía a socorrerlle , prostrábase ante o seu querido pai tratando de reanimalo ata que volvía en si , muitas de esas veces perdía o coñocemento e tiñan que chamar a ambulancia.
Así foi a súa vida durante 26 amargados anos con esa tortura ata que falleceu.
Así viviu Digna a súa nenez desde os 15 anos , marcada por esta situación que lle afectou moitísimo anímicamente.

Enviamoslle unha forte aperta a Digna .

3- AS CENCERRADAS.

AS CENCERRADAS

ESPERÁBASE QUE AS VIÚVAS QUEDARÁN RECLUÍDAS NA CASA , CULTIVANDO A MEMORIA DO DEFUNTO , E SE NON , REPUDIÁBALLAS SE DECIDÍAN CASAR POR SEGUNDA VEZ.

ESCOITAME EN RADIO EME :

AS CENCERRADAS de Juan Jose Esperon Recarey #np en #SoundCloud

https://soundcloud.com/juan-jose-esperon-recarey/as-cencerradas-1

Hoxe gustaríame lembrar convosco , un ritual nupcial que estivo moi arraigado noutros tempos , hoxe en día practicamente atópase case esquecida. Esta constume sería actualmente impensable hoxe en dia, poida que nalgún pobo remoto póidase dar algunha mostra.

Estoume a  referir á Cencerrada, un fenómeno social para defender a moral tradicional en aqueles tempos.

Convén saber a que nos referimos cando falamos de Cencerrada :

Ruído desagradable que se fai con cencerros , cornos e outras cousas para burlarse dos viud@s as primeiras noites das súas vodas .

A Cencerrada segundo estudos realizados vén lembrándose xa desde o século XVIII , e aparece ligada ao matrimonio .

Podíase realizar unha cencerrada a aqueles noivos que celebran a súa voda e non convidan os seus familiares , amigos e veciños a unha comida festiva , co seu baile , facendo festa , é dicir se non facían partícipes aos seus achegados á súa voda , estes montábanlle unha Cencerrada.

Pero quizáis a que máis lembramos nós é aquelas cencerradas que se lle realizaban aos viud@s que casaban de novo , antes considerábanse ” ilegais ” e a cencerrada convertíase nunha ridiculizacion agresiva contra esa unión que transgredía algunha norma que daquela non estaba ben vista.

Resultaba aínda máis susceptible cando a cencerrada producíase cando os noivos había unha diferenza de idade considerable, especialmente si o noivo era un rico viúvo entrado en anos que se unía cunha muller xoven.

Na peza teatral de Castelao : OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, alúdese as cencerradas cando un vello casa con unha muller xoven :

¡ Ela casouse cun vello, non sei qué estaba pensando ! O vello, funga que funga, toda a noite está fungando.

Dime casadiña nova, cómo che vai de casada, o teu home está mui vello, non che sirve para nada. Aunque te vexo casada, eu non che perdo o cariño, que vas a quedar viuda e podo casar contigo.

DIARIO DE AVISOS DE LA CORUÑA

9/02/1890

En la parroquia de Cerponzones inmediata a Pontevedra, se ha verificado el lunes la boda de un sexagenario con una joven de 20 años.

Los vecinos celebraron este acontecimiento con una cencerrada, a la cual puso término la presencia de una pareja de la Guardia Civil.

NOTICIA EN UN XORNAL DO ANO 1894

El Correo de España, 18 Noviembre 1894

¡QUÉ BOLADA ! En Cerponzones (Pontevedra) se han casado una viuda de 70 años y un soltero de 34.

Ante estes casos algúns veciños reuníanse á noitiña , achegábanse á casa dos noivos e provistos de cencerros , cornetas , cazos , cacerolas , tixolas, latas , potas , testos, sachos, eixadas, fouces e gadañas….e todo aquilo que servise para facer ruído. Así comezaba durante varias noites o que coñecemos por Cencerrada.

As que peor o pasaban eran as mulleres viúvas , a oposición social á reincidencia matrimonial das viúvas  (sobre todo en lugares pequenos , como a nosa parroquia), parecía que elas tivesen que pagar a culpa pola morte do seu marido (con anos de loito e sen poder asistir a festas).

Doutra banda estaba a Igrexa, que non vía con bos ollos unhas segundas nupcias, pois as denominaban HONESTAM FORNICATIONEM e SPECIOSUM ADULTERIUM. Lembrarvos que estas cencerradas non eran exclusivas da nosa contorna , senón que en moitos países europeos realizábase algo similar.

Os amores de vellos con mozas, ou de vellas con mozos, nunca estiveron ben vistos na nosa sociedade tradicional galega, moi conservadora como ben sabemos. As murmuracions contra este tipo de relacións estaban á orde do día, estas relacións que estaban fóra dos límites razoables do típico matrimonio ían dirixidas as cencerradas, queríase dar deste xeito que había que preservar as normas morais de convivencia, así que aqueles viudos e viudas que volvían contraer segundas nupcias ou aquelas parellas que a diferenza de idade era considerable eran o principal branco das críticas dos mozos do pobo, que se facían como unha especie de policía gardiá dos bos costumes da nosa parroquia.

Para iso, estes mozos practicaban a censura destes casamentos satirizando e burlándose por medio das cencerradas, que dependendo dos lugares da nosa GALICIA tamén eran coñecidas como Chocallas ou Cornetadas.

Aínda teño recordos daquel ruído infernal que por medio de cornos, tixolas vellas, caldeiros, cencerros e diversos obxectos similares escoitaba polas noites preto da miña casa, un día tras outro e así durante un meses….jajaja, hoxe en día hai quen protesta porque tocan as campás, canta o galo ou entra pola fiestra o cheiro a abono, jajaja, quería velos eu estar escoitando noite tras noite a cencerrada o carón da súa casa, jajaja.

E ademáis do ruido, escoitar tamén aquelas coplas mordaces e alusivas cara aos recentemente casados que de cando en vez lle cantaban.

Segundo as miñas investigacións xa se aludía á celebración de cencerradas contra os que se casaban sendo vellos alá polo ano 1690 e no século XIX estaban aínda moi arraigadas por todo o noso territorio galego, chegando ata as décadas dos 60, isto era debido a que a sociedade galega daquelas épocas tiña unha moi mala consideración cara a estes matrimonios, sobre todo cando se trataba de mulleres. Por conseguinte o que se esperaba naquela sociedade era que as mulleres viudas quedasen recluídas en casa, recordando a memoria do defunto marido e si non era así, repudiábase si chegaban a casarse ou xuntarse por segunda vez.

Que dicir dos códigos penais españois, sobre os anos que van do 1850 ao 1900 sinalaban, cando se celebraba este tipo de matrimonios, un prazo preceptivo para que unha muller que quedaba viuda puidese volver casarse, que de contravenir os códigos, seria sancionada severamente. Non era así para os homes viudos, o propio código penal gardaba un silencio significativo.

Dentro destes matrimonios, onde as relacións de vellos con mulleres moito máis novas, sucedían en ocasións claros intereses socioeconómicos, aquelas mulleres que por diferentes motivos non conseguían acceder ao matrimonio e tamén as viudas, non dubidaban en ter relacións con homes de maior idade, normalmente cunha boa posición económica, para así garantirse a subsistencia, incluso buscando o xeito de procurarse un fillo que puidese no día de mañá sostelas e coidalas cando se achegase a última etapa da súa vida, isto era comprensible nunha época onde tiñas poucas posibilidades de supervivencia ao chegar a maior soa. Pero a sociedade galega tradicional nunca vía ben estes matrimonios, así que non lle quedaba máis remedio que ser o branco de sátiras e de burlas a través das cencerradas.

Unha das cousa que máis alporizaba aos veciños era cando unha parella levaba a súa relación en segredo, a que se montaba cando se descubría que habían casado ! A Cencerrada iba ser soada !

Unha de tantas que tivo lugar na parroquia foi cando ó enviuvar casou unha muller co irmán do difunto ! Durante uns dias varios veciños encargaronse de estudar o lugar donde vivían, preparando todo a conciencia, organizándose e distribuíndose as tarefas de cada un, cando chegou o dia, cada veciño sabía donde colocarse, uns detrás dos penedos, outros detrás das árbores ou nas polas…foi soada !

As reaccións dos afectados dependía do carácter de cada un, había quén pechaba a porta e as fiestras a cal e canto, e ter paciencia, muita paciencia…

Había outros que dado o seu temperamento non aguantaba e salian coa escopeta, outros tomaban a decisón de marchar por uns dias para a casa dos seus parientes e deixar que fora a cousa esquecendo, pero en algúns casos cando volvían de novo a súa casa o barullo estaba montado de novo…

Tamén en algúns momentos os perxudicados ou veciños que non podían dormir debido a tanta Cencerrada, chamaban a Garda Civil, sempre había no grupo un veciño encargado de dar aviso da chegada da autoridade, un exemplo que encontrei nun artigo sobre as Cencerradas, escrito por Xabier Castro e Maite Bouza, unha copla que se empregaba para avisar da chegada : Ay, amigos, compañeiros, tede moito coidado, que veñan pola carretera, os do gorro atravesado…

5- HISTORIAS DOS NOSOS VECIÑOS EMIGRADOS

RECORDOS…..


Recibo de bo grado a historia da familia de Lidia R. Diaz , unha muller arxentina con raíces na nosa parroquia de Cerponzons.
Coñecín a Lidia grazas ao blogue da nosa veciña Ana : http://serpenties.blogspot.com.es/ , en éste blog Lidia empezóu a querer saber e a facer preguntas , como no caso da nosa querida Marisa , tamén quería saber das súas raíces , das orixes dos seus antepasados.

E así foi como tamén contactei con ela , cada certo tempo escribiámonos e comentabamos algunha cousa relacionada coa nosa parroquia.

Hai pouco que me foi dicindo o que ía lembrando dos seus avós e os fillos destes , este relato é o que eu fun recollendo de Lidia :


Coméntame Lidia que os seus recordos remóntanse á súa avoa por parte de pai , chamábase Esclavitud Ruibal , natural de San Vicente de Cerponzons .

 Esclavitud tivo nove fillos , Eulogio, Joaquín, Benito, Ramón, Manuel, Dolores (Lola), Josefa e Rogelia e o pai de Lidia , de nome José Díaz Ruibal , o menor da familia , nacido en Marin.

Foi no ano 1920 cando Esclavitud xunto co seu fillo menor José , con tan só cinco anos , marcháronse para a Arxentina , o marido da nosa veciña ,Joaquín Díaz , de orixe portuguesa habíase ido anos antes cos demais fillos para este gran país.


O avó de Lidia e os seus fillos embarcaron no Vapor Infanta Isabel de Borbón , un gran buque correo transatlántico español da Compañía Transatlántica Española , con destinos a América do Sur , Uruguai e Arxentina , onde emigraban fundamentalmente españois e italianos.


Todos eles traballaron moi duro para saír adiante e así poder prosperar , o tío Eulogio foise dirección á Patagonia , na cidade de Zapala , onde viviu toda a súa vida , debido a que esta cidade fúndase no ano 1913 e comeza a crecer coa chegada do Ferrocarril Gral.Roca en 1914 as expectativas de traballo eran as adecuadas e así foi como Eulogio escolleu esta cidade para desempeñar a súa vida laboral no sector do comercio.


Os demais irmáns tamén se dedicaron ao comercio , ou a distintos traballos que xurdían naqueles anos , todos na cidade de Buenos Aires , e a todos eles foilles ben e co seu sacrificio e loita puideron dar aos seus fillos unha excelente educación , que nalgúns casos foi universitaria.

José Díaz , o pai de Lidia , foi un dos fillos máis estudiosos , á temprana idade de catorce anos comezou a traballar e simultaneamente estudaba , cunhas magníficas cualificacións ía aprobando todas as asignaturas , chegando a recibir no Secundario de Comercio a Medalla de Ouro.

A maior parte da súa vida laboral desempeñouna na industria gráfica, en particular nunha imprenta moi famosa que tiña de clientes ás máis grandes editoriais de Arxentina e tamén varias de Latinoamérica.

José dedicábase especialmente en realizar os cálculos de custos das edicións de libros , por tal motivo trataba habitualmente con coñecidos escritores , pintores , etc. tanto arxentinos como estranxeiros , por exemplo moitos españois que se refuxiaron en Arxentina durante a Guerra Civil española.

A menor das irmás de José , a tía Rogelia , casou cun señor de orixe surafricana , radicado desde moito tempo na Arxentina , cuxa familia tiña enormes campos de cultivo.

O tío Eulogio casou cunha criolla , e o resto dos irmáns casaron con coterráneos de Galicia.

José Díaz casou con unha linda muller de procedencia francesa e italiana , estiveron xuntos toda a vida , desta unión naceu Lidia , foron mui felices , sempre xuntos apoiandose un en outro en todo , ata que desgraciadamente José faleceu inesperadamente debido a un infarto , contaba 61 anos de idade , unha idade moi nova , con muito por diante que tiña ainda pensado en facer.

Unha das cousas pendentes que lle quedaron foi cando ocorreu o falecemento de José , era cando estaba a planear coa súa esposa a viaxe a España , pois el nunca máis puidera volver.

José traballou toda a súa vida para dar o mellor á súa familia , darlle estudos nas mellores escolas e Universidade á súa filla Lida , que hoxe en día é unha prestixiosa avogada en Buenos Aires , o viaxe a nosa terra tiñao en mente , pero para mais adiante , primeiro era o posicionamiento da sua familia e logo xa vendrían os viaxes de pracer.

Non pudo ser , José foise sin poder voltar a súa querida terra.

Unha preciosa historia que me contou Lidia , que me lembra a vez que viaxou a Galicia , hai un ano e medio aproximadamente, visitou a nosa terra e quixo coñecer Cerponzons.

Nun anterior correo que mantiven con Lida explicábame o seguinte :

Traté de averiguar algo más escribiéndole al párroco de Cerponzons y en mi visita a Galicia en Setiembre del año pasado, con muy poca suerte. El párroco no me contestó y mi visita a Cerponzons se vió frustrada por una circunstancia fortuita: le pedimos al chofer del autobús que nos avisara para bajar en Cerponzons y se olvidó.-Cuando nos dimos cuenta ya estábamos lejos y si bien recorrimos un poco alrededor de la ruta ya no teníamos tiempo ni posibilidad de llegar a Cerponzons. Una pena, lamenté no haber tomado un taxi pero nunca imaginé que el conductor fuese olvidadizo.-Cordiales saludos.-

Lidia R.Díaz