O MESTRE AGAPITO PÉREZ DÍEZ

Agapito naceu nun pobo chamado La Nuez de Arriba, provincia de Burgos.
La Nuez de Arriba está situado nun pequeno val, rodeado dunha elevada costa por N.S. e Oeste.
Cando naceu Agapito o pobo estaba conformado por unhas 28 casas, contando o concello, tamén tiña unha escola e no centro do pobo unha fermosa fonte con auga de moi boa calidade.
La Nuez de Arriba era un lugar onde a xente traballaba a maioría no campo, daquela, polos anos en que naceu o profesor Agapito, predominaba a cosecha do trigo, a cebada e as patacas, tamén había gando lanar, vacuno e cabalar. Abundaban tamén en cantidade, as perdices, lebres, codornices e as chorlas e no río que cruza polo pobo, de nome Rio Urbel, adoitaba ter gran cantidade de troitas, anguías e cangrexos. Este encantador pobo tiña daquela uns 30 veciños.
Cando comezou a exercer de mestre, antes de chegar a Cerponzons, estivo destinado nun pobo de Guipúzcoa, chamado Antxuola e máis tarde noutro da comunidade de Cantabria denominado Colindres.


Alá polos anos 1932/34 chega destinado á nosa parroquia, onde exerce a súa profesión ata que falece no ano 1954.
O seu amor pola nosa parroquia é tal que ao morrer quere ser enterrado en terra no noso cemiterio (costume que había na súa terra de Castela), a súa tumba durante moitos anos estaba situada no lugar que fai anos ábriuse para realizar a primeira ampliación do cementerio, nese corredor que nos leva aos novos panteons estaba enterrado Agapito e ao seu carón unha filla.
Pasados os anos a comisión que propón a ampliación do cemiterio pídelle permiso á súa familia para retirar os restos do lugar por onde queren facer a entrada para o novo proxecto de ampliación, o neto de Agapito, José Luís, e quen leva a cabo todo o papeleo para obter o permiso de traslado, hoxe en día os restos de Agapito están, xunto cos doutros familiares, na parte nova do cemiterio, o panteón familiar pódese atopar ao fondo, á dereita, co nome de Familia Pérez Angulo, alí hoxe en día están os restos de Agapito, a súa muller é a súa filla Luisa.

Agapito vivía en fronte a Casa Falcón, unha casa que había pegada á estrada, máis tarde esa casa, co paso dos anos, derríbase e construín unha nova uns metros cara atrás, aquela casa era coñecida pola de CARBALLO e nela vivían e daban colexio na planta baixa.
Uns anos despois Agapito e a súa familia trasládanse para a casa da señora Hermosinda, o traslado do colexio foi coa axuda dun veciño da parroquia que chegou a ser Tenente de Alcalde no Concello de Pontevedra e creo que tamén chegou a ter un alto cargo na Exc. Diputacion, o seu nome José García Señoráns Ferreiros.
Un dos mellores amigos que tiña Agapito era Constante Falcón, a súa amizade foise acrecentándose día a día, unha vez Agapito, tomando un viño na taberna do seu amigo, insistía a Constante en que era unha pena que o seu fillo Tino non estudase, vía nel que tiña capacidade para os estudos, e así foi que insistindo un día tras outro, como convenceu a Constante para que lle dese estudos, con gran acerto, por certo.
Seguro que moitos dos que estades lendo isto recordarédesvos dos fillos de Agapito, Félix, Luisa, Pilar, Antonio e Margarita.
De Margarita e de Luisa teño recollido algo sobre elas :
Margarita foi Directora Escolar por oposición, estivo destinada en Lugo, Marin e Pontevedra, ademáis foi Concelleira na primeira corporacion democrática, sendo Alcalde Rivas Fontan, levando o seu cargo de Concellala a Delegación de Educación.

Mentras, a sua irmán Luisa desempeñou o cargo de enfermeira, traballou no lugar que hai enfrente a Capela de San Roque, daquela xa era garderia e centro de alimentación e vacinación infantil para nenos e nenas sin recursos, na nosa parroquia foi a que durante anos ía casa por casa a pinchar aos enfermos, eran anos que as infeccións estaban á orde do día, grazas a Luisa muitos veciños curaron das súas infeccións e feridas, por exemplo :
Maricarmen, a filla de Carmen a dá Rons, recórdame punto por punto algunhas feridas que Luisa curoulle…..
Sendo moi pequena Maricarmen atopábase coa súa nai e a súa avóa no Cañoto, unha leira situada a pouca distancia da súa casa, mentres a súa nai e a súa avóa estaban traballando a terra, ela entretíñase cun carneiro que levaran con elas, Maricarmen era moi travesa e estaba facendo rabear ao carneiro, intentaba por todos os medios que trucase, e nunha destas que o carneiro foise a por ela, Maricarmen botou a correr e pasou á beira de onde estaba a súa nai facendo surcos para plantar patacas, con tal mala sorte que co seu lejón doulle no xeonllo, facéndolle unha gran brecha, vendo aquilo comezaron a gritar e a avóa Ramona colleu o seu mandil e cortouno, cun anaco taponou a ferida e fóronse correndo á casa da señora Hermosinda, que era onde vivía Luisa, alí desinfectoulle a ferida e sen puntos que poder darlle, sóubolle curar aquel gran corte. Pero tamén recorda Maricarmen en que outra vez tivo a necesidade de que Luisa fixéselle outra cura de importancia, Maricarmen sinálame a súa outra perna e indícame o lugar en que debido a outro corte, tamén de gravidade, tivo que inxenialas Luisa para pechar aquela ferida, daquela non había un transporte que puidese levarche como agora ao hospital, así que cunhas canas, que fué partindo Luisa e logo de facer as curas para desinfectar o lugar da ferida, foinas colocando ao redor da ferida e suxeitándoas cunhas vendas, Maricarmen sinalándome de novo a perna dime : e fíxoo tan ben que non me quedou marca ningunha !
Son moitos os veciños que lle gardan moito agarimo a Luisa e tamén á súa irmá Margarita, profesora que impartiu clases a algúns dos nosos veciños.
O mestre Agapito tiña tamén gran amizade Co cura D. Jesús, era mui habitúal velos o longo da parroquia dando grandes camiñadas, tamén tiña amizade, mentras viviu, con D. Pepe Señoráns.
Era tal o cariño é o ben que se sentía en Cerponzóns, que Agapito estaba mui contento do lugar que o a colleu durante tantos anos, non precisaba de ir capital, tal era o seu cariño, que a non ser que tivera algúns casos excepcionais, non salía da parroquia.
SUCESORES DE AGAPITO :
No ano 1954 falece Agapito, é cando chega para ocupar o lugar de mestre, Rafael Lago Novás, quen chegou anos máis tarde a ser Alcalde de Campolameiro.
Máis tarde substitúeo Candido Carballo Escariz, casado cunha das fillas de Carballo, segundo téñenme comentado.