O MESTRE JOAQUIN GONZÁLEZ GARCÍA

O día 13 de Novembro de 2023, no Diario de Pontevedra publicouse na contraportada do xornal un artigo de David Acevedo, dispúxenme a lelo dado que se refería a un deportista da nosa cidade, titulábase:

EL CAMPEÓN QUE CORTABA LEÑA, seguía o titular dicindo: Joaquín González García fue la primera gran leyenda del atletismo gallego al dominar durante una década el lanzamiento de peso y de disco en España. La Guerra Civil truncó su vida.

Por mor desta noticia, na cal se comentaba a vida deportiva de Joaquín González e que era o pai de Nené (Leonor Sara González Prieto, Vigo 1933) chamoume a atención dita publicación debido a que facía referencia na que dicía que Joaquín fora mestre na parroquia de Cerponzóns.

Debido a sorpresa que levei, decidín chamar a Nené para que me contase algún recordo que tivese do seu pai e que eu puidese publicar.

Un par de días despois tiven a oportunidade de poder estar con Nené, coñecía a esta muller, chea de vitalidade e optimismo, por medio dos medios informativos e de vela nalgún acto reivindicativo en que participávamos os dous, onde os nosos comentarios e pareceres estiveron sempre relacionados co acto do momento, sen chegar a ter unha relación máis persoal na que dese lugar para falar da nosa vida persoal e familiar, e mira por onde, co artigo de David, chegou o momento de poder falar con Nené e así coñecernos mellor.

Quedamos de vernos nunha cafetería, cando cheguei xa estaba esperarando por min, veume entrar e preguntoume: eres ti?

-Si son eu, Esperón.

– É que queres de min?

-Que me fales do teu pai, decateime que foi mestre na miña parroquia de Cerponzóns.

Sentamos, Nené pediu un té, eu un café con leite.

E Nené comenzou a contarme…

O meu pai era asturiano, naceu no ano 1903, en Arriondas, un pobo situado aos pés do Sueve, e franqueado polos rios Sella e Piloña, chegou a Pontevedra no 1923 cos seus curmáns Ramón e Alberto e o seu tío Joaquín, que era enxeñeiro de camiños. O seu tío quería que o meu pai seguise os seus pasos, pero el fíxose mestre e ademais foi un magnífico atleta, lanzador de peso, disco, martelo e xavelina, sendo o primeiro galego en ser internacional.

Hubo unha época que vivíamos no Parador de Turismo, na planta superior, un lugar frio, sin calefacción, a situación era a qué había, non cabía outra cousa, na primeira planta do Parador estaba a Graduada Álvarez Limeses, miña nai era a directora da parte femenina.

Na época en que viviron no Parador, Joaquín trouxo a vivir coa súa familia a unha muller asturiana, Keti, que tiña ao seu marido no cárcere que había en Figueirido.
Na Pontevedra daqueles tempos, había moitos asturianos, nunha reunión que adoitaban facer de cando en vez, Joaquín decatouse do mal que o pasaba Keti para poder visitar ao seu marido, do custoso que era poder vir desde Asturias a Pontevedra e por ese motivo, Joaquín ofreceulle a súa casa. Así era o meu pai, comentábame Nené.

Meu pai compartía espazos con apelidos como os Rei, os Adrio ou os Poza, coñecidos en Pontevedra pola súa ideoloxía de esquerdas, debido a iso e seguramente tamén o pertencer en Asturias a movementos obreiros, o réxime castigouno enviándoo a exercer a praza de mestre a un dos lugares máis afastados de Pontevedra, ao lugar de O Pazo, situado en Barcia de Mera, Concello de Covelo, mui preto de Mondariz.

E alá tívose que ir, para non estar só levoume con él, quedándose miña nai en Pontevedra coas miñas dúas irmás.

Estando en Barcia de Mera, enchinme de piollos, tiveron que cortarme o pelo a cero, a min coñecíanme por O Homiño do Mestre.

Ao meu pai sempre lle gustou pescar, era a súa debilidade e o atletismo a súa paixón, naquel lugar tiña dificultades para poder adestrar, xa que as leiras que había polos arredores eran pequenas, para manterse en forma, ía polas casas e cortáballes a leña.

No ano 1930 foi un ano especial para él, e para o atletismo galego, converteuse no primeiro atleta galego en ser internacional, chegando a ser campión de España de xavelina, disco, peso e martelo. Ademáis, estivo de forma activa na orixe de entidades emblemáticas como a Sociedade Ximnástica, a SD Teucro ou o Club de Pesca da nosa cidade de Pontevedra.

Con todo nunca lle deron a oportunidade de ter escola na cidade de Pontevedra. As súas ideas políticas cernaron esa posibilidade.

Joaquín González estivo tamén de mestre en Cerponzóns, seguro que tamén estivo polo Río Rons pescando é quizáis tamén cortando leña polas casas adiante da parroquia.

Na revista Galicia Atlética, Alfonso Pousada, que seguiu minuciosamente a súa traxectoria, contabilízalle un total de 15 medallas (4 de ouro, 5 de prata e 6 de bronce) en campionatos nacionais desde 1930 a 1940.

Nunha descrición biográfica aparecida en 1951 no boletín da Federación Catalá de Atletismo, consideráseselle como “un dos lanzadores máis relevantes que xamais existisen nos anais do atletismo nacional”.

ANÉCDOTA.

El periodista David Acevedo publicó un hermoso texto donde sale a relucir la sensibilidad y bonhomía de este gallego de adopción que fue Joaquín González. El texto dice así: “Un día a finales de agosto de 1955 tres jóvenes se personaron en su casa cuando ya se encontraba gravemente enfermo (falleció pocas semanas después). Pese a ello, los recibió con cariño y los saludó atentamente, como en él era habitual. Le explicaron que habían sido alumnos suyos en Barcia de Mera (un pequeño lugar en los confines de la provincia de Pontevedra a donde había sido destinado tras la Guerra Civil por sus pensamientos de izquierda), donde les había enseñado a plantar árboles y a cuidarlos. Habían acudido a él para entregarle un sobre con una parte del dinero que habían recaudado por la venta de la madera de aquellos árboles que habían “sembrado” años atrás. A pesar de que la situación económica de su familia no era excelente, lo rechazó pidiendo que lo destinasen a comprar árboles para que los jóvenes de ese lugar pudieran seguir plantándolos. Esta historia resume la calidad humana de alguien a quien sus vecinos llamaban el ‘maestro tolo’ por los ejercicios físicos que hacía (ya estaba retirado de las competiciones) y porque una vez le pidió a sus vecinos que le dejasen ir casa por casa a cortarles la leña porque así le valía de entrenamiento”.

Nota: Decir en relación a ésta anécdota que naquel momento a familia atopábase pasando un mal momento económico, Joaquín González tiña un tumor cerebral, a medicina era totalmente privada e non había cartos. A muller de Joaquin o ver aqueles mozos cun sobre cheo de billetes mirou a luz, pero o seu marido non o aceptou.

Di o artigo de David Acevedo, do día 13 de novembro, que o xesto que tiveron os antigos alumnos co seu mestre, de querer entregarlle aqueles cartos, demostrou o respecto e admiración que sentían por el.

Seguro que os meus veciños de Cerponzóns que tiveron a sorte de ter un mestre como Joaquín, tamén sentiron o mesmo que os rapaces de Barcia de Mera.

Joaquín González faleceu no ano 1955, estando de mestre na parroquia de Lérez, seguramente como consecuencia dun <itus> que lle deu na propia escola, as súas cinzas, xunto coas da súa dona, están depositadas no cemitério de San Mauro.

Tras o seu falecemento, exactamente o 17 de setembro de 1955 pensouse en darlle o seu nome ao estadio de atletismo que se proxectaba na Xunqueira, así como unha rúa que accedía ao mesmo. “Decidiuse nun pleno do Concello por unanimidade”, coméntame a súa filla Nené. “Pero iso nunca levou a efecto. Desapareceu a documentación relativa a aquel pleno”. Aínda así, Pontevedra rendelle admiración á súa figura cunha rúa nos arredores do Campo de Fútbol de Pasarón.

Para saber mais dos logros atléticos de Joaquín González, éste é o enlace de Vida Atlética : https://vidaatleticadegalicia.org/joaquin-gonzalez/

NO DÍA MUNDIAL DA TELEVISIÓN

A chegada dos electrodomésticos aos nosos fogares nos princípios dos anos sesenta do pasado século era un luxo que non todos nos podiamos permitir, aos poucos, a base de moitos esforzos, nas nosas casas foi chegando a neveira, a cociña de butano, a catalítica etc. pero ningún aparello foi capaz de crear tanta conmoción como foi a televisión. Considerada como “a oitava marabilla” o papel da televisión tivo e ten moito que ver no desenvolvemento social, político e económico nas nosas vidas, desde a Asamblea Xeral da ONU, recoñeceuse que a televisión é unha ferramenta importante para informar, canalizar e afectar á opinión pública, así que decidiuse nomear o 21 de novembro DIA MUNDIAL DA TELEVISION, non para celebrar o obxecto en si, senón o símbolo da comunicación e a globalización no mundo contemporáneo que representa.

Para celebrar éste día, ocorréuseme a idea de celébrao preguntando aos colaboradores habituais, que lembran da televisión dos anos 60/70/80, que programas ou séries gustábanlle etc.

Éstas foron às suas respostas:

1- Eu daquela non tiñamos televisión na casa.

2- Os dibuxos animados: HEIDI e MARCO, tamén ÉRASE UNA VEZ EL HOMBRE, UN, DOS, TRES. APLAUSO, EL HOMBRE Y LA TIERRA. Agora AQUÍ LA TIERRA na Primeira e EL INTERMEDIO na Sexta, antes vía PÁGINA DOS, na Segunda.

3-Yo nací en el año 1972 y sólo había la Primera y la Segunda. No se veía tanto la tele como se ve ahora, al menos yo. Me gustaba BARRIO SÉSAMO.

4-La primera que vi la televisión fue en la tienda del señor Ramón O LAPARUZAS, na nosa casa non tiñamos televisión.

5- Lembrome de muitas cousas, o cine da Segunda cadena é as Obras de Teatro, con grandes actores, despois a Zarzuela é a Ópera, as séries non me gustaban muito, non son de series, sonme cansinas, longas e repetitivas, pero o qué mais me gustaban eran aquelas películas en branco e negro e o que máis me gustaba ver un programa do WYOMING, de cando era mui xoven e salía na Segunda cadea co programa SILÊNCIO SE JUEGA, ah! Tamén me gustaba ver as ralliñas que poñían ao rematar a emisión as doce da noite e os rombiños jajaja.

6- Eu creo que o que mais se vía na casa eran as noticias e o fútbol.

Anos despois os debuxos animados, eu era pequecha, HEIDI e como non, LOS ÁNGELES DE CHARLIE, VACACIONES EN EL MAR, COLOMBO…

Pero as NOTICIAS sempre foi algo sagrado que había que ver.

7- Nos anos 70 eu miraba os PAIASOS, nacin no 68, daquela moita tele non vin.

Na adolescencia e xuventude tiña tanto que facer que pouca tele vin.

Gustábame LOS ÁNGELES DE CHARLIE, tamén vía unha serie de dous rombos de medo. Agora que o penso como podía velo co medo que pasaba, non recordo en que cadea era.

8- Eu recordo que me gustaba ver EL CALIFORNIANO, SUPERAGENTE 86, LOS Chiripitifláuticos con VALENTINA, EL CONDE DRÁCULA, UN, DOS , TRES.

9- Pouco me acordo, o que si recordo perfectamente a primeira vez que vin a televisión, foi en Pontevedra, en un bar que había na esquina da Peregrina, era eu mui pequeniña, poñíamonos na porta do bar e desde a porta mirábamos o que estaban botando, despois xa tivemos televisión na casa, a min sempre me gustou muito o cine. O que máis miraba eran as séries, non recordo mui ben os nomes, pero había unha que me gustaba, era a de MAZINGER Z, a que decía puños fuera.

Gustábame as películas de MARISOL e ROCIO DÚRCAL, unha serie de PUMUKI, tamén PIPI CALZASLARGAS, EL LIBRO GORDO DE PETETE, en TVG unha série que había de un bicho largo jajaja, agora non recordo os nomes de algunhas delas.

10- Me gustaba aquel programa titulado CESTA y PUNTOS, programa concurso en el que se enfrentaban los integrantes de dos escuelas de bachillerato.

11- Cando era pequeno sólo podía ver a televisión os domingos, na casa do cura, íbamos todos os rapaces a ver BONANZA, na nosa casa non había televisión.

12- Eu era de estar xogando polas corredoiras, pero sempre estaba pendiente de non perderme a HERTA FRANKEL e as súas marionetas, con a súa cadela MARILÍN e a ratita VIOLETA.

13- A min sempre me enviaban para cama cando salía a familia TELERÍN, salían seis nenas e nenos, de maior a menor cantando aquelo que decía: ya va siendo hora de que los peques nos vayamos a la cama, ale…vamos a la cama que hay que descansar, para que mañana podamos madrugar…ainda Hoxe é o día que de cando en vez a cantamos na casa jajaja.

14- Buenas noches de los 60/70 era muy pequeña tenía cuatro años. Después lo que más me gustaba era los dibujos animados de HEIDI, MARCO ,LA ABEJA MAYA, SANDOKAN, LA CASA DE LA PRADERA, PIPÍ CALZASLARGAS.. .Las películas españolas de MARISOL, serie DALLAS, UN, DOS, TRES. Las películas de SARA MONTIEL, me encantaban ella eran tan guapa y sexual que cuando acababan yo quería ser como ella y ésos vestidos, que tiempos.

15- Eu teño recordos do delfin FLIPPER, do cabalo FURIA e do can RIN TIN TIN, Gustábame ver as películas que saliran animáis.

16- Me acuerdo con cariño del UN, DOS, TRES. Era genial los viernes. La película de vaqueros del sábado por la tarde y la peli de la noche que sí tenía dos 🔷🔷 para cama. Me encantaba DALLAS. Los dibujos animados de las tres y media después del telediario cómo HEIDI. LOS MOSQUEPERROS, MARCO. Ahora me viene a la mente los dibujos de PATO LUCAS. El gallo CLAUDIO PIOLIN SILVESTRE y PIXIE DIXIE. Luego entró la gallega con NOTICIAS y la serie A ESCRAVA ISAURA. Cuando entraron las nuevas EL COCHE FANTÁSTICO, MELROUSE PLACE, SENSACIÓN DE VIVIR… Del principio LOS PAYASOS DE LA TELE, LOS CONCURSOS, ESTUDIO ESTADIO, BARRIO SÉSAMO, UN GLOBO, DOS GLOBOS, TRES GLOBOS…Bueno y mucho más.

17- Eu teño un recordo relacionado coa televisión con motivo da chegada das televisións privadas.

Na parroquia había unha señora maior que vivía soa, non tiña televisión, nunca a tivera. O seu fillo, pensou en comprarlle un televisor á súa nai para que estivese entretida e non anduvese ata as tantas polas leiras. Así que foi a un comercio e comproulle unha e levoulla á súa casa.

Ese mesmo día en que lla puxo a funcionar emitían un programa de entretemento en TELE 5, era un programa que estaba a ter moi boa audiencia, denominado TUTTI FRUTTI, así que o fillo da señora, decidiu poñerlle a nova canle de televisión, o programa era onde saían as MAMA CHICHO…

A señora quedou soa en casa vendo o televisor e parece ser que ao principio estaba entretida co que estaba a ver, pero cando saíron a escena as MAMA CHICHO…a señora ao ver saír na pantalla a aquelas mulleres con tan pouca roupa, púxose toda histérica, comezou a gritar e a chamarlles de todo menos bonito a aquelas pecadoras.

Inmediatamente baixou á leira e colleu unhas cantas pedras que colocou no seu mandil, subiu as escaleiras e ao chegar á habitación onde tiña instalada a televisión, comezou a tirar pedras contra aquelas desvergonzadas, ata que o televisor apagouse.

Na súa casa non quería fulanas espidas, ensinando as súas vergoñas, seica iso foi o que lle dixo ao seu fillo.

18- Yo veía LOS CHIPIRITIFLAUTICOS, LOS OSOS MONTAÑEROS, LOS PICAPIEDRA, EL OSO YOGUI, LINDO PULGOSO, LA HORMIGA ATÓMICA, EL LAGARTO JUANCHO, PIPÍ CALZASLARGAS, VERANO AZUL…

19- Bufff pola tarde VALENTINA con o CAPITÁN TAN e LOCOMOTORO, pero non lembro como se chamaba o programa. BONANZA, era unha serie que tamén me tiña entretenida e xa máis cara aos 70 un programa infantil de tarde pode que fora UN GLOBO, DOS GLOBOS, TRES GLOBOS…
O 1, 2, 3 con KIKO LEDGARD e unha de misterio que botaban un día á semana pola noite e que a vía escondida detrás do sofá que era de CHICHO IBAÑEZ SERRADOR.

20- La primera serie-novela que ví en TV fue “EL CONDE DE MONTECRISTO”. La ponían en TV1 a finales de 1969.
Luego, recuerdo en la TV2, que se veía fatal la sincronización, “EL GRAN CHAPARRAL”. Estaba doblada en mexicano.
Recuerdo también “GALAS DEL SÁBADO “con Joaquín Prat y Laura Valenzuela.
Xa choveu, Juan. 😂😂😂

AS PARTIDAS DE CARTAS.

Vagamente lembro as partidas de cartas que se celebraron na Taberna de Maruja alá polos anos sesenta, eu era moi pequeno e practicamente todo aquilo que podo lembrar é grazas a que conto coa colaboración daqueles veciños que me levan uns cuantos anos.

A taberna de Maruja tiña un pequeno espazo onde, tanto novos como maiores, pasaban o seu tempo de lecer xogando ás cartas, practicamente outra cousa non había, excepto aqueles que tamén lle daban ao dominó, pero a brisca, o tute, o subastado ou a escoba eran os xogos de cartas con máis adeptos.

A clientela de calquera taberna que había na parroquia acudía para pasar a tarde/noite entre viños e partidas, sen saber a que hora finalizaban.

Recordo como eu quería durmirme e escoitaba o barullo que seguían montando ás tantas da madrugada, os homes aínda seguía xogando é eu non dormía.

Uns anos despois, cando xa estabamos instalados na taberna da Rons, nos días que non tiña que ir ao colexio, eu era un máis vendo aquelas partidas de cartas.

A estampa familiar era curiosa, a miña avoa na cociña, a miña nai na barra do bar, realizando varias tarefas á vez: servindo viños, cervexas, cubalibres…facendo de relacións públicas e finalizaba día si e día tamén moderando as discusións ou subidas de ton entre os que xogaban a partida ou os que se poñían a discutir na barra.

Aínda así a taberna non era sempre lugar de discusión, o ir tomar un viño, participar nunha partida de cartas, estar a ver a televisión (algúns aínda non a tiñan nas súas casas) xeraba momentos de encontro, a taberna era o lugar propicio para que a un escoitáseno e puidésese chegar a resolver diferentes temas que alí se expoñían.

Algunha vez dábase a circunstancia que había partidas despois de comer, sucedía cando a miña nai tiña obreiros, eran madeireiros, canteiros, albaneis etc. procedentes doutras parroquias e que se lles daba tempo, tomando o café e o seu chupito de augardente, xogaban un par de partidas, curiosamente, moitos deles, xogaban ao truco, cousa que os veciños da parroquia non o facían, porque a maioría non sabían como se xogaba.

Na taberna entrábase con ánimo de conversar, era moi necesario, xurdise unha historia ou outra, un acontecemento ou un suceso, decatábasche de se había unha esquela, ou se colocaran un cartel dalgunha festa das parroquias dos arredores,

mentres tanto os grolos de viño ían baixando, e se un comezaba a sentirse mal, só había que pedir un optalidon ou unha aspirina, xa que sempre había de todo un pouco nas estanterías que se utilizaban para ter colocados os produtos de alimentación, bebidas, droguería e paquetería. Debido a iso, ás veces, os que viñan a simplemente xogar a partida e tomarse uns viños, marchábanse ás tantas da mañá con algún produto daqueles, recordo que teño visto algún home cunha folla de bacallau ao ombreiro, non sei se a levaba por aquilo de levar compañía ou para que a muller, ao chegar a casa, non lle botase a bronca jajaja.

AS PARTIDA DE CARTAS.

A calquera das tabernas que foses da parroquia, era habitual ver sempre aos mesmos homes xogando a partida, por exemplo, nas partidas de brisca de seis compoñentes, tres contra tres, estaba o que se colocaba no centro, levando o mando do xogo, con dous compañeiros en cada esquina da mesa. No caso de que algún fallase, sempre había algún suplente.

Eu, mentres servía as consumicións, trataba de ir aprendendo como se xogaba, máis ben, como se daban as señas, o xogo é sinxelo, pero o importante era dar as señas das cartas que tiñas e tentar avisar ao teu mando das cartas que tivese o contrario…aí estaba un tanto por cento moi grande de gañar a partida.

Comezaba a partida e comezaba o espectáculo, alí descubrías a personalidade de cada un daqueles homes, moitos xogaban para pasar un momento de lecer, sen importarlle moito se perdían ou gañaban, pero en cambio outros, querían gañar si ou si. Algún deles tiñan certas habilidades para dar as señas e que ninguén fose capaz de collerllas, cunha enorme serenidade, un pequeno xesto e xa estaba dada a carta que tiña, sen darse de conta o contrário.

Dábase o caso de que ao mesmo tempo en que se daban as señas de cada un, falábase de tal maneira que as frases que se dicían levaban unha clave e non lograbas entender o que se dicían, e partida tras partida, viño tras viño, pitillo tras pitillo, ía pasando a noite.

As partidas sempre daban lugar a discusións, na maioría das veces non pasaban de simples discusións pero había algunha vez que por unha pequena trampa ou porque tiñan un bo día e víñanlles todas, algún daqueles compoñentes da partida era dun xenio mal curado e amoláballe perder partida tras partida e cabreabase, vaia que sí.

Xogar e gañar ou xogar e perder era o que tiña que pasar, non había máis, pagabas a túa consumición e a do contrario e punto.

Ao finalizar as partidas, habitualmente ás tantas da mañá, coa taberna invadida de fume impregnado nas roupas, nas paredes, na tetilla e nos arenques, podíase dar o caso en que había quen non era o suficientemente educado para admitir a perda da partida e sacaba a relucir algunha rencilla que tiña con algún do equipo contrario e as discusións en moitas ocasións chegaban ás mans.

E mentres se montaba a marimorena, sempre había algún, que arrimado á barra da taberna, estaba a controlar todo o que alí sucedía e coa súa socarronería gardábase todo o que se dicían para que ao seguinte día rirse de todos falando do sucedido nas tabernas por donde paraba.

Hai uns días lin un relato que tiña relación coas partidas de cartas, comentaba o escritor que hoxe en día aquelas partidas de cartas van quedando atrás, cada vez hai menos veciños e menos tabernas, e é verdade.

Non dubido que daqueles veciños que participaban naquelas partidas, están a botalas de menos, como aqueles momentos de algarabía e paixón que moitos deles poñíanlle.

Neste relato non quixen poñer nomes daqueles veciños que viñan á taberna para xogar a partida, non quería deixar ningún atrás, quizais teña outro momento para poñer os seus nomes.

MORTES QUE NON SE ESQUECEN.

Ao longo dos anos son moitas as mortes tráxicas as sucedidas na nosa parroquia, mortes que deixaron pegada, os nosos avós, os nosos pais, todos lembraron por un motivo ou por outro algunha morte que lles marcou para sempre.
A nós pasounos o mesmo.

Aínda que a morte é inevitable para todos nós, nalgún momento cando un ser querido ou un amigo morre repentinamente debido a un tráxico suceso, a unha enfermedade ou acidente quédanos grabado para toda a vida e sentimos muita tristeza. Pero ese dor non dura para sempre, todos pasamos por un proceso que ten un principio e un final e é normal que así sexa.

Ainda así, na nosa mente sempre estarán as mortes dos nosos seres queridos, familiares ou amigos, pero non soamente nos queda o recordo do seu falecemento, dos seus últimos momentos, senón que nos quedan todos os recordos vividos de toda unha vida.

Pero non sucede o mesmo con todos, con algúns os recordos que nos van quedando é a súa morte, debido o seu tráxico final, que fixo que nos quedase mais marcado que outras mortes.

Ao chegar o Día de Defuntos e de Todos os Santos, volvín comentar con algúns veciños e veciñas que colaboran comigo desde hai tempo, pedinlles que fixesen por lembrar algún feito que sucedese ao seu ao redor e que o teñen sempre presente.

Durante uns días foron chegando os recordos que hoxe compártoos con vostedes.

OS RECORDOS DA VECIÑANZA.

1-Recordo ver a Angelito, cando apareceu morto caído polas escaleiras, doume moita impresión velo naquel estado. Él había tido unha trombosis e tiña parálisis de un lado, o que lle provocaba deficiencia para andar.

2-Yo la muerte que más no olvidaré es la de mi querida madre, que se me fue con un ahogamiento de asma, porque ella era asmática de nacimiento, contaba 52 añitos y yo tenía 19. Todos los días me acuerdo de ella y lloro y son muchos años pero no lo olvido Juan, es muchísimo dolor que una madre se muera ahogada.

3-Recordo que, sendo eu unha nena, faleceu unha meniña de ano e medio dunha meninxite. Foi algo moi rápido e non houbo nada que poder facer por ela. Non é que eu tivese moita relación coa meniña, pero a sua nai era nosa veciña e o que me marcou foi ver a esa nai agarrada con terrible dor á pequena caixiña branca onde estaba a sua meniña. Ver todo ese sufrimento foi algo que me quedou marcado por moito tempo. Aínda a día de hoxe, cando paso pola sua casa, lembro esa imaxe do velorio na sala e tanta gente xunta alí nun día de verán con moitísima calor…

4-Eu lembro a morte dun veciño que apareceu morto na súa casa, nunca se puido esclarecer quen o matou. Foi moi forte, na parroquia non se lembraba unha cousa así, durante uns días houbo rumores de que se sospeitaba de quen puidera ser, pero ao final todo quedou en nada.

5-A min a morte que me deu máis pena foi a dunha veciña de Meán, aínda era nova, contaba con 33 anos, estaba solteira e xa tiña cinco fillos, os pobres quedaron orfos e un deles era amigo meu, iamos xuntos á escola de Meán, desgraciadamente, ao cabo duns anos él faleceu en accidente.

6-Eu lembro unha morte que durante moitos anos soñéi co tráxico suceso. Foi un accidente de automóbil, un coche chocou coa varanda do Puente dá Rons e caeu de morros a beira do río. Uns cuantos homes fomos a socorrer aos ocupantes do coche e tal como estaba o coche tivemos que movelo para poder rescatalos, ao empuxar o coche hacía atrás, nese momento saíu unha cabeza ensanguentada pola xanela onde eu estaba, que susto me levei, quedoume gravado para sempre, moitas noites soñéi con aquel momento.

7-O recordo mais forte foi cando vivíamos na Bouza e morrera Señor Faustino, mentres Eusebia foi a botarlle palla a vaca, plantoulle lume na caixa, caera unha vela e pegou lume nas sábanas que estaban colgadas arrededor do difunto, empezou a salir fume, e meu irman Manolo empezou a gritos chamando por miña nai, e todos a correr apagamos todo, ainda así ardeu un pouco a caixa, cousas que pasaban daquela.

8– Doume muita pena miña sobriña, luchou dous anos coa enfermedade e nunca lle faltou unha sonrisa, co paso dos anos de novo estou pasando polo mismo.

9– Teño varias mortes tráxicas na miña mente, unha de un pariente que morreu de accidente de moto en Alba, e outra foi o veciño que morreu de accidente de tren, éstos sucesos foron en un mes, eran dúas persoas mui especiáis para as súas nais.

10-Doume certa pena cando morreu o José O Toco, porque pasaba sempre andando pola miña casa e tiña falado moitas veces con él, faciame certa gracia porque parecía que sempre iba enfadado e doume pena que morrera atropelado por un coche daquel xeito tan solitario.

11-A mí me dio mucha pena, la muerte de Manolo el Chelo. Lo recuerdo trabajando en casa de mi abuela y después cuando se operará de las caderas venía de visita y estaba allí con nosotros. Era un hombre muy cariñoso y bueno.

12– Me diera mucha pena era el Sr. Adonis, que venía a junto mi abuelo y mi abuelo lo afeitaba y le quitaba las muelas, eran muy amigos. Era muy buen hombre.

13– Buenos días, sobre la pregunta que me hiciste te diré que la muerte siempre es dolorosa.Cuando murió mi padre era muy joven, iba a cumplir 16 años, y lo fui echando de menos cuánto más pasaba el tiempo y sobre todo cuando tuve a mis hijos que no tenían abuelo y lo felices que serían. Mi abuela era mayor y tenía que ser pero yo la quiero mucho. Aún escribiendo estás letras me emocionó. Pero una muerte que causó mucha pena y dolor en mí casa fue la de Victoriano el marido de mi madre. Al principio no lo queríamos pero luego con nosotros siempre fue muy bueno, con mis hijos y con Manuel lo adoraba fue tremendo cuando murió mi marido lo pasó muy mal .Le encantaba venir a comer a mí casa, yo siempre le hacía cosas ricas. Antes de morir vino a despedirse el sabía que le quedaba poco y nos dijo que nos quería fue terrible fue muy doloroso. Todos los años por difuntos desde que murió y mientras pueda voy al cementerio a Lerez a visitar la tumba. Gracias por hacerme recordar aunque esté llorando para escribir.

14– A min quedoume moi marcada a morte de Sara A Suca, tan nova e con cinco fillos, pobres, quedaron coa súa avoa e despois foron marchando para diversas familias, a súa avoa non tivo mais remédio que deixálos ir.

15-Cando chega o 1° de Novembro, sempre me lembro dunha morte, a de Fina A do Castaño.
Resulta que neste día tan sinalado, está a miña filla de cumpreanos , o mismo día en que morreu Finiña, ese ano non lle celebramos o terceiro cumpreanos á miña filla, tiñamos unha pena tan grande que non había ganas de celebrar nada.
Finiña era moi nova, contaba 28 anos, unha mala enfermidade levouna mui xoven, pobre, tan nova, recordo que estaba a facer a casa, é mentras tanto a facían chegaron a durmir nun alboio, correndolle a auga da chuvia por debaixo da cama donde durmían.
Fai disto uns 45 anos se mal non recordo.

16– Eu teño un recordo moi doloroso e de moita pena, foi de cando morreu Antonia A Suca. Recordo que Don Manuel, de cando en vez, leváballe comida a Antonia e un deses días que ía á súa casa, atopouna tirada no chan e asustouse, veu correndo á miña casa para pedir axuda e díxonos o que sucedera, estaba moi impresionado. Alí fomos con el, entramos naquela casa, bueno, máis ben era un cortelliño e atopámola no chan esterricada, morta, dígoche que aquilo daba moita pena, impresionoume moitísimo ver aquela muller así, a Don Manuel tamén, pero a min quedoume gravado para sempre.

17– Recordo unha morte de un veciño en accidente de tráfico, foi un accidente mui forte, seica quedara mui desfigurado.

18- A min deume moita pena a morte de Luisa A Lonja, que morte máis terrible, morreu na miséria, foi unha cousa horrible, mírala alí naquela casa, terrible, lembro moitas mortes, pero a de Luisa é a que teño mais presente.