4- CARMEN da RONS , A TABERNEIRA.

CARMEN RECAREY COCHÓN

Filla de Jesus e de Ramona

(24 de Agosto do 1932 /8 de Xuño do 2002 )

Mamá, sigo pensando en ti, sigo estrañándoche

necesítoche, como cando era un neno…

Sei que estás aí, sabes onde estou, onde atoparme

Estás ao meu lado, collendo a miña man, bicándome

abrazándome, protexéndome….

Sigo chorando a túa ausencia, sigo roto por dentro.

Á miña ADORABLE NAI QUE XA NON ESTA CONMIGO :

Todo vai ben menos a túa distancia, eu manteño nos meus pensamentos o calor da túa adorada persoa cando che din o abrazo de despedida. O teu corazón tiña dons especiais que fun descubrindo nos momentos máis importantes da miña vida, sentíame protexido, amado, querido e consentido por ti. Sempre sacabas forzas para darme agarimo, amor, afecto, palabras de alento, de tenrura…..nunca me faltaron.

A ti nai, que sufrías de día e ao descansar de noite soñabas pensando no meu mañá, no meu destino, no que será del, sen dicir nunca nada.

A ti nai, que tantas veces cargáchesme nos teus brazos, sufrindo en carne viva os meus tropezos e alegrándoche dos meus logros, a ti que desde pequeno impregnáchesme de aromas para que sorrise e fose feliz .

A ti nai teño que dicirche, que te amo. Grazas, grazas infinitas por todo o que me deches.

Vinte anos xa, nai

Que che fuches do meu lado

En silencio foi a túa partida

Que a sinto día a día.

No teu ventre tivéchesme

No teu colo crieime

Cando me morra, nai

Que me enterren á túa beira !

Que che volto en falta nai !
Que me faltan as miñas raíces !

Que recordo daquela tarde !

Que me fixo romper a alma .

RECORDOS

Os meus recordos sobre a miña nai sempre os teño presente, para min foi unha muller excepcional como nai e como veciña, que mantiña unha relación moi estreita cunha gran maioría de veciños e veciñas da parroquia.

Era unha muller que baixo o meu punto de vista era moi querida polos seus veciños e respetada por todos os seus clientes que durante anos e anos paraban na taberna, tanto nos seus inicios ( na taberna situada enfronte ao colexio que había na casa da señora Hermosinda ) como na Rons.

A taberna de Carmen foi tamén durante muitos anos un ultramarinos, onde aínda recordo coma se fose hoxe, despachábase o aceite a granel, ou como se vendía un cuartillo de viño, uns cordóns para zapatos, ou medio quilo de salvados. A miña nai era a cabeza visible de levar as rendas do negocio, aínda que miña irmá e máis tarde eu botámoslle unha man, ela era a xefa.


Naquela taberna- ultramarinos pasamos parte da nosa vida a miña irmá Carmen e máis eu, os dous fillos que tivo o matrimonio composto por Juan e Carmen .

Porque te fuches, nai ?

Vinte anos levo sen ti,

As raíces da miña vida e do meu sangue

fóronseme contigo, nai

Vinte anos que non te abrazo, nai

Vinte anos menos me quedan,

para abrazarche e bicarche, nai

Na terra que ti abonas

algo meu acompáñache .

O teu carón quero estar

cando me chegue o momento

volverei contigo, nai

volverei o teu regazo

a darche o meu abrazo.

Carmen era unha muller que practicamente nunca a verías enfadada, rara a vez que se vise de morros con algún cliente.

Sempre foi unha muller de facer favores se estaba nas súas mans, de axudar no que podía aos máis necesitados, de dar consellos e tratar de poñer paz nas disputas que a veces acontecían cando os homes que por a taberna paraban a tomar a chiquita empezaban a discutir, cousa que sucedía con frecuencia.

Cantos secretos se levaría con ela ? Cantas historias de problemas familiares, en todos os aspectos, sóubose gardar para ela e tratar de interceder e así poder arranxar as cousas entre matrimonios ou de fillos cos seus pais etc.

Carmen sabia falarlle, trataba de convencer, poñía como referencia á familia, ao respectar ao seu cónxuxe, aos seus fillos …

Eu tiven a ocasión durante anos de ser testemuña diso, e podo asegurar que a miña nai fixo un labor encomiable.

Como non acordarme, por poñer un par de exemplos, daquela veciña que se dedicaba a beber e non facía outra cousa, a de veces que a miña nai animáballe a irse para a súa casa, que alí estaban a lle esperar os seus fillos, que tiña que facerlle a comida, ás veces era a miña nai a que lle daba algo xa preparado para que ao chegar a casa tivesen algo para levar á boca os pobres rapaces.

E aquel home que cando o vías entrar pola porta, xa sabías que esa noite habería balbordo, cantas veces a miña nai deixaba de servirlle, e él insistía e insistía, pero a miña nai sabía ir convencéndoo e aos poucos trataba de que se fose para a súa casa.

Outras veces a cousa non acababa como un quería e terminaba rodando polo chan encerellado con algún veciño co que mantiña algunha pequena liorta, quizais por temas de marcos ou de horarios de auga de servidume.

E alí estaba sempre Carmen, tratando de tranquilizar as cousas, poñendo paz.

Nesta imaxen pódese observar a taberna da RONS :

Miña irmán Carmen,Evaristo, Manolo, Lito é máis eu, diante da taberna.

Mentres tanto, eu observaba, aprendía o oficio e escoitaba os consellos dos meus pais, e vía pasar os anos rodeado de moitos veciños, cada un deles ensinábame algo, bo ou malo, a taberna foi para min a Universidade á que nunca chegue a ir, e claro, alí estaba a miña nai para ir indicándome e corrixíndome o que aqueles veciños ensinábanme, alí estaba ela para puntualizar algunhas das cousas que eu oíra e observara e que como neno ás veces non comprendía.

Fun criado entre todos aqueles veciños e veciñas que ao longo da miña vida que pasei na taberna foron pasando por ela, con eles iámonos informándonos daqueles telexornais de branco e negro, entretidos coas películas de Bonanza, coas risas dos Chiripitiflauticos, as pelexas de Urtain ou as vitorias de Angel Nieto.


Carmen podía escribir un libro, foron moitos anos detrás da barra, atendendo desde as seis de mañá, aquel café de pota que ela servía inundaba desde primeiras horas da mañan o cheiro a instancia da taberna, era entrar os clientes e xa estaban pedindo o café recién feito, Carmen nunca quixo poñer cafetera, os seus clientes agradecianllo dicindolle que o seu café era o mellor que eles tomaban por ahí adiante.

Os seus primeiros clientes eran os veciños que traballaban de albañiles, na fábrica de gaseosas e nos serradoiros de Alba e do Burgo, os cales se desprazaban en bicicleta ou en velosolex.

Tamén eran clientes de primeira hora os camioneiros que viñan coa carga de madeira para Celulosas e Tafisa, ou aqueloutros que viñan cos tanques de aceite, e por suposto os das liñas de autobús, entre eles os de Garrido e La Estradense.

Alí estaba Carmen preparada para servirlle a todos eles o seu café de pota, e de paso, según as preferencias de cada cliente, iba servindo co cafe as copas de sol e sombra, o Ponche Cuesta ou aquelas copas de augardente de herbas ou branca .

Por aquela época xa estabamos instalados na taberna da RONS, recordo que a principios de irnos para este novo emprazamento colocaran de reclamo unha gran copa no exterior da fachada, era unha publicidade do coñac Soberano e víase a moita distancia, daquela, a iluminación pública era practicamente escasa por todo o lugar.

A partir de estar no novo local, Carmen comezou a preparar comidas e ceas, viñan comer os tractoristas, os canteiros …e as ceas normalmente eran para algunha peña que tiñamos na taberna, e moitos anos para as orquestras que viñan polo patrón e o Corpus ás festas da parroquia, recordo que tiven unha época que eu tiña polas paredes os póster das orquestas que pasaban pola parroquia.

Carmen era a que levaba todo, axudándolle a miña avoa ao principio e despois a miña irmá mentres non se foi para Barcelona, hasta por levar, era a que sempre daba o grito de auxilio de que na Ponte Malvar  hubera un accidente, normalmente os accidentes que había eran de noite, a peligrosa curva e a pouco visibilidade daba lugar a elo.

Miña nai, mentras os homes xogaban as cartas ou o dominó sempre aproveitaba para facer algo, ou ben subía a planta darriba, donde tiñamos as habitacions ou andaba a barrer por fora, ela era a que escoitaba o topetazo do coche, ou a que miraba que na ponte faltaballe as barandillas, indicativo de que había un coche no rio.
Tantos anos detrás dunha barra fixeron mella na súa saúde, as súas pernas cheas de varices e as súas mans inchadas eran o reflexo da súa delicada saúde, pero sempre estivo ao pé do cañón, inclusive cando caeu polas escaleiras de casa, uns días no hospital e ao pouco xa estaba de novo á fronte do negocio.

Tamén teño belos recordos sobre a miña infancia coa miña nai e a miña irmá daqueles anos de vacacións que gozamos no Carballiño e no seu balneario, non se me esqueceran nunca.

Grandes bosques de piñeiros, carballos e tilos rodean ao balneario.

O Balneario está situado no corazón de Galicia, con mais de 195 anos de historia, donde muitas veces foi refuxio e lugar de descanso e inspiración de personaxes ilustres, como a escritora Dona Emilia Pardo Bazán, que o elixiu para escribir a obra O Cisne de Villamorta.

Está situado nunha bela paraxe da comarca do Orcellón, enmarcado polas serras de Martiña, Magdalena e os Montes de Suido e San Mamede.

Recordo que nos anos sesenta era quizáis o máis famoso de todos os que había por Ourense, o que máis mal levaba era a viaxe, naqueles autobuses que a velocidade que alcanzaban como moito sería 60 por hora, engadíndolle a dificultade da estrada, cun continuo traxecto desde Pontevedra cheo de curvas, e ademais daquela era moi estreita comparada á actualidade, moitas veces con problemas de paso ao cruzarse de fronte con algún camión ou autobús, que facía que o noso conductor tivésese que arrimarse o máximo posible á cuneta, onde se apreciaba o precipicio que había debaixo mesmo do teu asento, que medo teño pasado !.

Debido a que a miña nai tiña desde moi nova tivo problemas de saúde, de tipo dixestivo e de reuma, alguén debeu aconsellarlle o realizar unha visita a este balneario, e así foi como durante uns cuantos anos iamos pasar unhas pequenas vacacións e de paso a realizar o que hoxe se coñece como cura hidropínica, que consiste en tomarse un vaso daquela auga sulfurada que ten sabor a ovos chocos.

Fai pouco volvín ao balneario, practicamente está igual que aqueles anos da miña infancia, só falta o reloxo que había na entrada principal, onde ao dar as horas saía un cuco que me embelesaba de tal maneira que podía estar alí esperando outra media hora para que volvese saír para escoitar a súa cucú.


A estancia durante eses anos no balneario e máis tarde a súa viaxe á Arxentina alá polos anos oitenta, foron as vacacións que tivo a miña nai durante toda a súa vida.

Recordo que nuns dos últimos anos de estancia no balneario os meus pais decidiran levar aos meus avós de Campaño, foron uns días inesquecibles con eles, sempre tiven muito cariño os meus avos, os de Campaño eran mui cariñosos conmigo, cada mes durante anos iba a visítalos os sábados pola tarde, muitas conversacions mantiven con eles.

Meus pais na Arxentina pasárono xenial, o meu pai tiña ilusión por ver ás súas irmás e os fillos e fillas delas, e de volverse a atopar con xente coñecida da época que estuvo él emigrado en ese fermoso país, cando chegaron de volta do viaxe a Cerponzons non paraban de comentarme todo o ben que o pasaron naquelas terras.

O demais foi sempre traballar, moitas horas as que pasou detrás dese mostrador, que agora segue aí no mesmo lugar, sen practicamente uso, sen que derramen por el nin unha pinga de viño tinto, seguirá aí por moito tempo, como un recordo, como que se ao chegar a ese lugar tivese a esperanza de ver de novo a Carmen, coa xerra na man, servindo unha cunca e de paso unha tapa daquelas empanadillas de bacallau con pasas, que eran exclusiva dela, polo seu sabor e forma …. tal como as que facía ela non volvín a probar unha na vida.

Tamén lembro a época de repartir as roscas de Pascua, os meus pais chegaron a ter polo menos 16 afillados, aqueles días en que viña o panadeiro coas roscas invadía esta vez a taberna co seu cheiro característico e eu apresurábame a levalas a cada casa, era a miña nai a que me dicía como tiña que facer o percorrido e o lugar onde tiña que entregalas.


Unha das cousas que máis lle gustaba á miña nai era cando chegaba o Nadal, recordo que facía un pedido especial ao seu provedor dos produtos de ultramarinos, Victoriano Moldes.

Aqueles turróns duros, que habían que rompelos co martelo, os figos, a champaña, a sidra, e algunha golosa novidade para esa época. Ao chegar a mercadoría, ela indicábame os paquetes de agasallo que tiñamos que preparar , sempre tiña un detalle naquelas épocas cos seus clientes.

Era un agasallo sinxelo, unha botella de cava ou de sidra, uns figos, algún turrón e pouco máis, o envoltorio un papel do xornal e atado con cordel.

Sinxelo, sen adornos, pero con todo o agarimo do mundo cara aos seus veciños e clientes.

Canto che quixemos mamá, canto boto de menos non haberche dito máis veces o que che quería, canto daría por poder abrazarche de novo e dicirche que non che esquezo, que sigo estrañándoche, sempre que chego á Rons manteño no meu recordo cando saías a recibirme co teu sorriso e o teu amor de nai, eso non se esqueze na vida.

Carmen deixounos físicamente o 8 de Xuño do 2002 , pero ela sigue conmigo, no meu corazon.

QUÉROCHE NAI .

Nai miña, aínda estraño,

a túa tenrura e bondade,

a túa beleza e a túa verdade,

e o sacrificio que deches.

A túa paciencia e o amor

aos teus fillos e á vida,

sen que che vises vencida

de tristeza ou de dor.

Nai miña chea de vida,

asi recordarche,

e sempre che mantedrei

aberto ao meu corazon.

23- A TENDA ULTRAMARINOS DE MARUJA.

Quen de vos recorda a tenda ultramarinos e tamén Taberna de María Fuentes Fuentes  ?, situada no lugar de Tilve , o carón da carretera nacional 550 , para situaros mellor poñovos como referencia a antiga escola que había no baixo da casa da señora  Hermosinda , pois a Taberna estaba situada enfrente mismo , donde anos mais tarde viviu o señor Enrique Magdalena e familia.

 

16fc772b-49c9-4d66-ba6f-4963c889d7c7
En este baixo estivo a Tenda e Taberna de Maria Fuentes e despois de Juan Esperon e Carmen Recarey

Foi sobre o ano 1961 cando María Fuentes emigrou para Arxentina , e meus pais Juan e Carmen, alugaronlle a Tenda a María .

img_1771
Permiso do Gobernador Civil concedico no ano 1961 a Maria Fuentes .

Teño poucos recordos de esa etapa , pois estiven vivindo os primeiros anos da miña vida e poucas cousas quedaronme na memoria , ainda que algunhas teño para contar.

A Taberna conforme entrabas nela tiña de frente a barra , donde en un lateral tiña a máquina que expendía o aceite doméstico, donde as veciñas que viñan o ultramarinos mercaban normalmente un cuartillo de aceite puro de oliva , servido nunha botella de gaseosa Feijoó que traian da sua casa , no outro lateral a báscula para pesar os productos que se vendían a granel.

img_1739

Unhas estanterías de madeira colocadas na parte de atrás acollian os alimentos e bebidas que ali despachaba normalmente Carmen e despois coa axuda da sua filla Carmiña  que era a que xa lle levaba as contas e os pedidos que se iban facendo según as necesidades.

Ali estaban as estanterías coa exposicion dos  productos que empezaban a ter aceptación entre as veciñas mais xovenes  , uns botes de Cola-Cao , outros de Nocilla , latas de sardiñas , garbanzos , leite condensada , noces ,  fariña, e tamén as bebidas de aquel entonces, entre os que non faltaba o coñac Fundador ou 501 , o anís El Mono ou Viño Sansòn .
A Taberna era un lugar de encontro , donde veciños do lugar , xente de paso e trotamundos reunianse para falar das últimas novas , os rumores ou os chismes daquela época.

img_1738
O salón encontrabase entrando a ezquerda , servía de bodega e de zona de xogos , ali estaban os bocois de viño da cosecha e un par de mesas con uns taburetes para xogar as partidas de cartas mentras tomaban unhas chiquitas por un par de patacos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Hai que recoñocer que a taberna tamén estaba a veces coas actividades habituales de aquel entonces que lle daba vitalidade o lugar…….

Non faltaban a parte das partidas , as borracheiras seguidas das pelexas e combates que normalmente era cousa de entre dous , os motivos podían ir desde picarse pola partida de cartas ata por problemas de familia, por mover os marcos, por política, ou calquer outro tema que sempre salían a relucir no momento e daba paso a discusión.

Unha anécdota de tantas que pasaron na taberna, foi a que vou contar agora, fora mui soada.

OCURRIU NA TABERNA : A SANTA COMPAÑA EN CERPONZONS

Oe Joaquín imos á de Maruja a tomar uns viños ?

En canto acabe de xuntar estas ramas que estiven cortando na leira e guardalas para que non se mollen podemos ir tomar unhas cuncas , contestoulle Joaquin a Fontecoba , Fontecoba coñécese mais por O PELEIRAS , porque todos na parroquia tiñan motes , así como Joaquin Guiadanes que tamén ten o seu .

A taberna de Maruja desde que se fora para a Arxentina era rexentada polos anos sesenta por Juan Esperon e Carmen Recarey e estaba situada no baixo da casa do que despois durante moitos viviu nela Enrique Magdalena .

Como un dos colexios que había naquela época en Cerponzons estaba en fronte mesmo da taberna , nos baixos da casa da señora Hermosinda podiamos dicir que aquela zona sempre estaba moi concorrida polos nenos do colexio ou ben cando todos os días logo das faenas do campo os homes achegábanse a tomar o seu viño e xogar a partida ás cartas.
Ao chegar á taberna Joaquin e Peleiras atopáronse con que alí estaban Daniel Cochon , O Pombo , José O Laracho …e comezaron a comentar como lles foi o día nos seus quefaceres , pero pronto se animou a cousa ao facer a súa entrada na taberna o señor Faustino, o MORRON .
Home señor Faustino que tal imos ? preguntoulle Joaquin ao entrar pola porta da taberna . Boas tardes teñan señores , ben ben grazas a Deus.
Tómese unha cunca connosco e fagamos unha partida de virisca que hoxe estamos preparados para gañarlle !

Ben mozos , como non vou xogala si o voso desexo é ese ! Van unhas cuncas ?
Feito SR. Faustino !

Sentáronse os seis e empezaron a baixar cuncas de viño mentres xogaban a partida , partida que o Sr. Faustino arrasaba coas mellores cartas e gañaba unha tras outra.
Xa entrada a noite Juan o taberneiro coméntoulles que era mellor que se fose acabando a partida porque se facia moi tarde e mañá seria outro día , como sempre empezaron a refunfuñar porque querían seguir xogando haber si dunha vez por todas o Sr.Faustino terminaba de perder, non foi así e tiveron que levantarse e retirarse.
Alá marcháronse Joaquin , Peleiras , Pombo …mentres na taberna Daniel Cochon comentaba con Faustino a sorte que había ter esa noite coas cartas.
Pero os que se marcharon empezaron a tramar de facerlle a Santa Compaña ao Sr.Faustino un home que era moi creyente desas cousas do mais alá .
O primeiro que fixeron foi chamar á porta da Sra. Hermosinda ! Ali conseguiron unhas sabanas , varias sartens vellas , uns cazos e varias velas , parte doutras cacharradas que ían atopando polo camiño polo cal ía pasar Faustino para a súa casa situada na Bouza, donde vivía coa sua dona Eusebia Alvite.
Desde a casa de Jesus Canoza en diante foron colocando as sabanas , as velas e escondéronse a esperar que chegase Faustino , O Peleiras era o que se encargaba de facer as voces , os seus gritos parecían almas en pena que estaban suspirando , Joaquin e Pombo empezaban a darlle ás sartens , cazos e botellas que tiñan ao seu lado , nese momento Faustino asustado daba marcha atrás pero pronto escoitaba ruídos tamén co cal atopábase rodeado dos seres do mais alá por todos os lados ! Nunha destas cando Faustino quixo dar a volta para dirixirse á taberna a pedir auxilio aparece en escena Juan o taberneiro que sabedor de que algo estaban tramando quería saber que pasaba , só ocorréuselle prender lume a un pitillo con aquel mechero de mecha e Faustino ao ver aquelas faíscas xa non aguantou mais e saíu correndo disparado cara á casa de Canoza , pegoulle unha patada ao portalón da entrada da casa que estaba gardada por dous cans enormes , pero nin os cans puideron facerlle fronte a un Faustino asustadizo e pedindo axuda ,pronto saíu na súa axuda Basilia que tratou de acougalo e acompañalo ata a súa casa.
Ao día seguinte Faustino empezoulle a darlle voltas á cabeza pensando quen puidera ser os que fixeran toda a trama da Santa Compaña , o primeiro que pensou foi en Joaquin Guiadanes e alá foise cun coitelo a casa do pai do raparigo , José Guiadanes cantos fillos tes ? Preguntou Faustino todo enfurecido , teño catro Faustino , porque mo preguntas ?
Porque a partir de hoxe conta cun menos ! E así foi polas casas dos demais preguntando e respondendo aos seus respectivos pais.

Durante uns días os da trastada trataban de non atoparse polos camiños con Faustino , ata que os veciños ían convencéndoo de que os deixase en paz , que eles non facían esas cousas , que eran de boas familias e non se lles ía a ocorrer semellante tal cousa.

Así Faustino foise convencendo e cando aos poucos días atopáballos por Cerponzons comentáballes : Seguiredes sendo amigos meus ! Porque xa sei quen me fixo iso : foron as almas do outro mundo.

GRAZAS a Joaquin Guiadanes ( Q.E.P.D. ), que me recordou esta historia , unha historia que Juan o taberneiro tema contado en vida fai muitos anos.
img_4319