9- O CORO DA PARROQUIA 

O CORO DE CERPONZONS.

Con motivo do 25 aniversario da creación do Coro Parroquial reuninme con José Ángel Cancela, fundador do Coro no ano 1994.

Tiñas ganas de volver ver de novo ao meu afillado, unha das razóns por querer ver a José Ángel é que se celebra neste mes de Agosto (según me comenta Mercedes, exactamente foi o día 20/08/94) o 25 aniversario da creación do Coro Parroquial, púxenme en contacto con él fai uns meses para ver si podiamos vernos e falar sobre os seus recordos no Coro, debido a que estaba destinado nunha misión coa Brigada Galicia, que lle fixo estar seis meses fóra da súa casa, pois estivo en Mali (Líbano), tiven que esperar un pouco a que regresase do seu destino.

Un destino cunha misión que foi moi esixente e moi dura e que ao final todo acabou ben, e tanto él como os seus compañeiros puideron volver de novo no mes de Xuño xunto aos seus.

Logo da súa chegada e de ter uns días dedicados exclusivamente á súa familia, púxenme en contacto con José Ángel, e puxemos un día para vernos e charlar.
Así foi e aos poucos días vímonos xuntos de novo, facía máis de dous anos que non nos viamos.

Saudámosnos e falamos un pouco das nosas vidas, a saúde, o traballo, as nosas familias etc., como é costume cando levas un tempo sen verche.

Comezamos a falar do Coro, eu íalle dicindo que foi no mes de Agosto do ano 94 cando se empezou a crear o Coro, José Ángel comentábame que en canto a datas non se acordaba con exactitude, pero ao ver as publicacións dos medios informativos que eu lle ía mostrando comezaba a recordar esa época….

Recordo que por aquel entón eu tería 15 anos (empeza a comentarme José Ángel), eu estaba no Conservatorio de Pontevedra estudando piano, un día ocurriuseme ir falar con D. Manuel, propúxenlle crear un coro para a Parroquia.

Comenteille a D. Manuel que nese momento eu estaba estudando piano no Conservatorio e que me xurdira unha idea, díxenlle o de crear un Coro con veciños da Parroquia, que eu, aproveitando os meus estudos de piano, podía tocar o órgano da Igrexa, ademais que personalmente poñeríame a buscar uns cantos veciños e veciñas de Cerponzóns para formar un grupo……D. Manuel quedoume mirando e esbozou un sorriso, miroume fixamente e díxome : adiante José Ángel, conta comigo para o que necesites, xa se me está ocorrendo unha idea….

José Ángel ao recordarme os inicios emociónase, pasaron moitos anos e é normal que un se emocione.

Segue dicíndome José Ángel: o primeiro que fixen foi empezar a percorrer os lugares da parroquia, fun porta por porta, Tilve, Leborei, A Meán, Pidre…por todos os lugares, tamén por Reiriz, ía con moita ilusión, esperando cun sorriso a que me abrisen a porta e ao dicirlle que estaba preparando un Coro para cantar na Igrexa, respondésenme afirmativamente que sí, que lle parecía boa idea.

Así, aos poucos, fun conseguindo reunir un grupo de veciños e veciñas, tanto adultos como nenos, aínda hoxe en día algúns destes primeiros integrantes seguen estando no Coro !

Os días de misa D. Manuel tamén aproveitaba para comentarllo á xente, e tanto antes de entrar a misa, como logo de saír ía comentándolle aos que se animaban a pertencer ao Coro, a idea que me xurdiu.

Así foi que ao pouco tempo e xa cun bo número de veciños comezamos os ensaios, levamos así unha boa tempada, ensaiando no noso local de ensaios, que era na tribuna da mesma Igrexa, ata que chegou o día do debut….polo mes de Octubre creo recordar.

Foi un día de moitos nervios, todos estabamos tremendo de pensar como ía saír ! Os maiores dábannos esa tranquilidade que os máis novos non tiñamos e só pensabamos no que dirán……..pero todo saíu xenial ! Nunca esquecerei ese día ! Ao finalizar de cantar os asistentes á misa viráronse cara á tribuna onde estabamos e puxéronse a aplaudir ! Ese momento non o esquecerei nunca !

Isto deunos moita enerxía e provocou que nos ensaios désemos o mellor de cada un e cada vez tiñamos máis ganas de facelo en cada actuación mellor que a anterior.
O Coro comezou a coller fama, tiñamos muitísimas actuacións, non só na Parroquia, si non que tamén nos desprazabamos a Verducido, Xeve…as nosas intervencións estaban en boca de todo o mundo, e cada vez viñan máis veciños para querer integrarse no Coro, chegamos a ser uns 40, si mal non recordo.

Uníanse ao grupo xente que cantaba moi ben e tamén se sumaba unha excelente organista : Ana Campos.

Acórdome de todos aqueles integrantes ! Neste momento véñenme á memoria nomees como Facorro, Constante, Juan José, Mercedes, Roberto ( naquela época era un neno, agora é un gran avogado), e así podía seguir nomeándoche a todos os que compartiron comigo eses anos, todos eles cheos de ideas e de ilusións, grazas a eles fixeron posible o CORO DA PARROQUIA DE CERPONZÓNS !

A José Ángel se lle nublan os ollos ao recordar aqueles tempos, pregúntolle si ten algo máis que dicirme….

Si, gustaríame facer unha mención especial a dúas persoas, por unha banda a Don Manuel, sempre nos deu o seu apoio incondicional, él foi quen nos guiou como ningún, cunha dedicación absoluta para co Coro.

E tamén o meu agradecimiento e agarimo cara con Milagros, no meu recordo está o seu sorriso permanente e a súa ilusión que contaxiaba a todos os demais, seguro que seguirá igual que sempre.

José Ángel finaliza esta conversación dicíndome que esa época sempre a levará no seu corazón e malia que xa pasaron moitos anos sempre será o seu CORO.


DATOS SOBRE O CORO QUE FUN ENCONTRANDO :

Foi polo mes de Agosto de 1994 cando de mans de Jose A.Cancela fúndase o coro da nosa parroquia . Un grupo de 30 veciños conformaban de inicio o Coro Parroquial.

Cantouse por primeira vez o 30 de Outubro de 1994 . Desde entón tiveron moitísimas actuacións , variando os seus compoñentes co paso dos anos por diversas circunstancias , pero seguen ao pé do cañón .

SÁBADO, 22 DE NOVEMBRO DO 2003

Se dice que a través del canto oral se expresa musicalmente la alegría, el dolor y el sentir popular de las gentes, además de su religiosidad como es el caso de los coros de las parroquias nacidos entre los feligreses con el fin de dirigirse a Dios cantando en nombre de toda la comunidad parroquial.

Este es el caso del Coro Parroquial de San Vicente de Cerponzóns, que tras nueve años de existencia se ha hecho merecedor de los mejores elogios y es pieza indispensable en todos cuantos acontecimientos religiosos se celebran en la parroquia.

Al menos este es el fin que el joven José Angel Cancela perseguía cuando lo fundó en 1994 reuniendo por iniciativa propia a una treintena de personas con las que formó el coro, cuya primera actuación tuvo lugar el 30 de octubre de 1994.

Desde entonces trabajo no le ha faltado al Coro Parroquial de San Vicente de Cerponzóns ya que entre 70 y 80 actuaciones de media son las que se puede contabilizar por año y aunque no sea su finalidad también han actuado fuera de la parroquia en alguna ocasión.

Dirigido por el párroco D. Manuel Miguez su repertorio es altamente “exquisito” formado por más de 200 piezas sacras, como ” exquisito” es el acompañamiento musical de las dos organistas que forman parte del Coro, que han escrito la música de muchos de los cantos que no tenían partitura.

A lo largo de estos nueve años los componentes del coro ha recibido toda clase de felicitaciones por mantener ” viva” la agrupación con el sacrificio que ello supone y si hubiese que hacer una definición de su estilo habría que decir que ” este coro se aparte de la espectacularidad que otras agrupaciones pudieran desprender en sus actuaciones, ya que no tienen grandes pretensiones, son modestos y sencillos, a la vez que prestan un gran servicio a la parroquia, estando abiertos a todos cuantos cerponcenses quiera formar parte del mismo”.

Su director, a la vez párroco de San Vicente refiriéndose a los fines y objetivos que mueve al coro dice “tenemos como fundamento básico mostrar nuestros sentimientos con el canto pues a veces no es suficiente con el hablar”.

Respecto a la calidad interpretativa hace la observación ” que lo importante no es que haya buenas o malas voces ya que estas se perfeccionan con el tiempo. En la Iglesia puede cantar cualquier persona aunque su voz no sea ninguna maravilla, puesto que el estilo de nuestras interpretaciones no son para el espectáculo o un concurso, sino para la oración.

De modo que si hay algún aficionado al canto, que sepa que el Coro Parroquial de San Vicente le recibirá con los brazos abiertos.

( Diario de Pontevedra, por Angel García Carragal)


Recordo tamén que era o ano 2007 e a prensa sacaba unha reportaxe das festas patronais , e indicaba que era o cura párroco Don Manuel Miguez  o que estaba a dirixir neses momentos a un grupo de mozas e alguns mozos  que compoñían o coro , no seu repertorio destacaban pezas clásicas do canto coral e ademais 200 cánticos sacros con música composta polos organistas do coro .Esta foto é dos integrantes do Coro Parroquial no ano 2007 , e serían os encargados de cantar nas misas solemnes con motivo da festividade do Santo Patrón San Vicente , San Antonio Abad e Santa Lucía.


Foi no ano 2009 que o Diario de Pontevedra facía de novo un especial sobre a nosa parroquia , nel falábase do noso coro e facíanlle unha serie de preguntas ao seu director Don Manuel Miguez.

Ademais de párroco , levaba un tempo xa dirixindo a este grupo de veciños , coñecedor das peculiaridades desta agrupación formada por veciños da parroquia e cun obxectivo claro , forzarse o máximo posible para que as súas voces soasen o mellor posible.Das súas voces o director di ” que temos de todo , hai voces normais , outras un pouco mellores , pero o importante son as ganas e o empeño que poñen todos os seus compoñentes “.

25 de Enero de 2009 ( por Ángel García Carragal) :

EL CORO CANTARÁ LA MISA DE SAN VICENTE

La agrupación músico-parroquial es dirigida por el propio párroco Manuel Miguez.

Las voces que componen la agrupación coral nacida en el seno de la feligresía cerponcense pondrán con su repertorio emotividad religiosa a la ceremonia a la que todos los años, en el cuarto domingo del mes de enero, acuden centenares de devotos del santo patrón de la parroquia.

El Coro Parroquial “San Vicente” surgió hace poco más de diez años de la mano del joven José Ángel Cancela después de exponer su iniciativa a un grupo de personas que acogieron con enorme satisfacción la idea de fundar el coro.

En la actualidad está compuesto por una veintena de personas dirigidas por el párroco titular Manuel Miguez, y entre sus piezas más cantadas con las que amenizan fervorosamente todas las actividades religiosas de la parroquia figuran mas de 200 cánticos sacros, cuya música la ponen dos organistas que forman parte del coro.

Intensa actividad.

La actividad del coro a lo largo de estos casi catorce años de existencia se ha visto incrementada de forma impensable en el momento de su creación pues, según sostiene su director, “aparte de los ensayos, que son una vez por semana, el coro canta en un centenar de actos religiosos al año : misa de los domingos, funerales, bodas….y otras muchas celebraciones religiosas”.

De nuevo, un año más, los vecinos de la parroquia de San Vicente de Cerponzóns disfrutarán de las voces de su coro que, al igual que en años anteriores, se hará merecedor del fuerte aplauso y las felicitaciones por el éxito alcanzado.



Destacaba don Manuel que algúns dos compoñentes que forman parte do Coro desde a súa fundación .

Comentaba tamén que soster o Coro era moi laborioso e quen o integraba facían un gran esforzo para compatibilizar o pertencer ao mesmo coas súas ocupacións e o seu traballo diario.Don Manuel lembraba ao xornalista que naquel momento xa tiñan gravados uns seiscentos cantos de temas orixinais aos que eran fieis , tanto no ritmo como en todas as demais características da peza para interpretar. Podemos cantar con mellor ou peor voz , pero tentamos respectar o espírito do canto, comentaba o señor cura.



FOTOGRAFIAS MAIS RECIENTES