2- DEHESA DE PRADENAS Y LAREI.

Fai anos no Catastro do Marqués da Ensenada referíanse aos montes comunais como “Baldíos”, é dicir, terreos considerados incultos, onde dada a súa pouca calidade para producir, aproveitábase para recoller “toxo” ou ben para pastoreo.

No Interrogatorio do Marqués da Ensenada (1752), aparece o seguinte :PREGUNTA : 40.- Si el rey tiene en el término o pueblo alguna finca o renta que no corresponda a las generales ni a las provinciales que deben extinguirse: cuales son, cómo se administran y cuanto producen:

RESPOSTA : A la cuadragésima dijeron que no saben halla en dichas feligresías y sus términos cada de lo que contiene la pregunta más que las dehesas reales que pertenecen a su Majestad, en daca una de las cuales tienen dado razón en las listas que formaron y presentaron los vecinos y límites y otras cosas a que se remiten y que estas no dan otra utilidad las que se sigue a su Magestad cuando manda cortarlas y servirse de ellas y responden.

DEHESAS DE SU MAGESTAD :

Una llamada de PRADENAS Y LAREI (ciento cincuenta ferrados), situada al levante con el Río Acibal, por el poniente con Chan do Monte y Lousadoiro, al norte Monte de Santarandán sur.

( Hoxe en día o lugar a que se refire coñocemolo por PARREI).

Vou intentar comentar a historia desta ”Dehesa” que durante o século XVIII estivo baixo a xurisdición da Mariña, representada polo intendente do Departamento de Ferrol, os veciños Andrés da Hermida é Benito Blanco seguramente fosen mordomos en algúns daqueles anos, tiñan que estar o coidado deste monte próximo ao mar, situado a menos de 25 leguas da costa (uns 138 km).


Documéntanse en Galicia naqueles anos ata 729 Dehesas é Coutos Reais.

Decir que os nosos veciños como mordomos pedáneos tiñan a obriga de mantemento e conservación da Dehesa, por exemplo, o de plantar novas árbores, evitar que naide fose a cortar madeira, ter pechado o terreo, arranxar os camiños, cuidar as fontes é as pontes é tamén temas de orde civil.

Recollemos información donde dice que dende principios do século XVIII, este plantío, de cento cincuenta ferrados, permaneceu acoutado e baixo unha administración especial. A Mariña mercaba, a precio tasado previamente, madeira para a construción naval, da venta das árbores unha terceira parte destinábase a repoboación e outra parte beneficiaba economicamente á propia veciñanza.

Esta política forestal dos Borbóns, iniciada en 1716 por Felipe V, encamiñouse ao fomento da plantación e conservación de carballos e pinos en montes comúns e baldíos, incluso en terreos privados de xeito forzoso, e tiña como obxectivo o subministro de madeira en beneficio da Mariña.

No ano 1752, dos cento cincuenta ferrados que ocupaba a Dehesa, setenta ferrados estaban poblados de carballos, a mitade de 1ª categoría é a outra mitade de 2ª, o resto da dehesa estaba ainda sin poblar.

No artigo “Montes públicos y Desamortización en Galicia”, realizado por Doña Aurora Artiaga Rego, doutora en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, comenta que un dos primeiros ataques que sufriron os montes comunais/veciñais remóntase a mediados do século XVIII, por canto a política forestal dos Borbóns estaba dirixida á conservación e fomento dos montes madeirables para a construción naval. Así, con obxecto de satisfacer as necesidades de madeira para tal construción, o Ministerio de Mariña establecía o acotamiento de porcións de monte comunal para a plantación de arbolado, que son as que se viñeron a denominar “Dehesas Reales”.
Os veciños non tiñan máis remedio que aceptar a implantación das dehesas, ás veces eran acoutadas nun lugar e podía ser de novo ao cabo dun tempo buscar outro lugar para realizar novas plantaciones. En contraprestación deixábaselles entrar os veciños na dehesa para aproveitar leña, bellotas, pasto etc.

DEHESA DA FONTE DE PARADELLAS.

O cabo de uns anos, reseñar que no 1788, Benito de Pidre era o mordomo pedáneo da Dehesa denominada ¨Fonte de Paradellas¨, limitando polo norte co Monte alto é pedragoso, nomeado ¨das Pedreiras¨e unha loma de monte que segue ao poñente e polo leste co Camiño Real é polo levante cunha loma do monte ¨Outeiriño do Castiñeiriño¨, é co muiño de Matheo García.

Sabemos que un pouco antes da Desamortización do S. XIX son moitas as dehesas que son abandonadas polo Estado e foron reintegrándose ao monte veciñal, si poñémosnos a buscar nos terreos que conformaban a dehesa, seguro que atopariamos algún mojón cunha “R” gravada, tamén se podía chegar a visualizar algún muro de pedra ou de terra que se construíron para aproveitar de forma individual esas terras, chegando a coñecerse como “tomadas” ou “quiñón”.

Seguiréi buscando máis información.

Zona por donde estaba localizada a Dehesa.

Nota : Información de Salomé y Ana Molina L. Cisneros, Aurora Artiaga, Interrogatorio do Marqués da Ensenada.