34- RITUAIS DE MAXIA NEGRA.

O sal é un elemento usado para absorber as malas enerxías, pero empregado de maneira malévola, pode provocar dano.
Está relacionado co mal de ollo e considérase un ritual negro porque se usa para ocasionar que unha persoa non teña éxito ou mesmo, cousas peores como accidentes.

Pois si, isto que acabo de escribir ven relacionado co que algunha xente que visita o noso cemiterio parroquial dedícase a realizar no Camposanto, e non é a primeira vez.

Nada máis e nada menos que rituais de “maxia negra”, e lévao facendo nun recuncho do Camposanto desde fai un tempo, debido a como se encontraba.
Fai uns días, cando fun ao cemiterio para dar unha volta e colocar uns avisos para advertir do consumo da auga, atopeime coa desagradable sorpresa de que nun dos panteóns estaba a realizarse “maxia negra”.
Cal era o propósito que a persoa que puxo iso naquel lugar ? Pois vai ti a saber…
Estes tipos de feitizos teñen moitas finalidades, por exemplo, utilízanse para atraer desgrazas á persoa que representa o boneco, como o que atopei estendido encima dunha capa de sal.
Polo que se conta nos mundos dos rituais, o boneco atopado utilízase para controlar a outra persoa coa que se tivo algún tipo de problema e dicen que pode provocar moito dano, inestabilidade psicolóxica, entre outras doenzas corporais.
Habitualmente, o tipo de persoas que recorren a este medio é para causar dano na distancia para que a persoa á que se lle desexa o mal, non saiba nada do porqué do que lle sucede.

Conforme puden, dei o oportuno aviso e inmediatamente foron a retirar o boneco.

18- OS SÍMBOLOS DOS PANTEONS DA PARROQUIA.

Si damos unha volta polo noso cemiterio podemos observar que algúns dos panteons teñen diversos símbolos na parte alta dos panteóns.
Seguramente moitos de nós non nos paramos a pensar o porqué nun panteón colocáronlle un estilo de cruz, a outros anxos, santos noutros etc.

A morte para a relixión cristiá significa o fin e principio, falecemento e vida, esperanza, mellor vida…é por iso que sempre están presentes as flores, adornarmos os nosos panteons con flores de diferentes variedades e de diferentes significados. Recordades os cipreses que había á entrada do cemiterio ? O seu nome, ciprés ( cupressus sempervirens- sempre verde,vivo).
O ciprés é o símbolo máis significativo nos cemiterios católicos, debido a súa lonxevidade e perennidade, cun tronco e follaxe alto, ascendente cara ao ceo : nexo de unión entre o ceo e a terra : afunde as súas raíces verticais na terra e elévase cara ao ceo.
Intentarei explicar ao meu xeito o significado dos símbolos que nos encontramos ao entrar no cemiterio…


CRUCES : É o máis universal de todos os símbolos e que se asocia directamente coa relixión cristiá. Nos nosos cemiterios a cruz que mais atopamos é a latina, cun só travesaño, pero temos alguns estilos mais, encontramos os seguintes :

CRUZ LATINA :dous brazos perpendiculares, dos cales o transversal é máis curto que o longitudinal.

CRUZ GREGA : formada por catro brazos de igual tamaño que se cruzan en ángulo recto.

CRUZ CELTA : A cruz celta está conformada por unha cruz convencional cristiá e un círculo rodeando o seu intercesión, esta data desde os tempos do cristianismo en Irlanda.

CRUZ DA VITORIA : é unha xoia do prerrománico asturiano, convertida en símbolo do Principado de Asturias.

ANXOS : representan aos mensaxeiros entre Deus e o home. Os anxos son os intermediarios entre a terra e o ceo: protectores do soño eterno, implorantes, acompañantes cara ao ceo. Seres alados, pois as ás significan espiritualidade. Do mesmo xeito que na terra os reis rodéanse dunha corte, os anxos son a corte do reino celestial. Máis, tamén son os mensaxeiros do Xuízo Final, anunciado a golpe de trompetas.

CAVEIRA E OSOS : simboliza a fugacidad da vida terrenal e critica a vanidad humana; así mesmo, fálanos da igualdade de todos ante a morte. A caveira con ás ou con ósos simboliza a alma que abandonou o corpo e diríxese cara á outra vida. É, en suma, o triunfo da morte e que tamén enlaza co concepto de Memento mori.

COROA : simboliza a vitoria sobre a morte e tamén o recordo permanente. Ligada á cruz, é símbolo de autoridade. A típica coroa de flores coa que se rende homenaxe e recordo aos defuntos, e adorna, esculpida, multitude de lápidas. Pero ben pode vir explicado polo círculo, a eternidade. Símbolo, tamén, do tempo: movemento sen principio nin fin, sucesión continua de instantes: recordo permanente. Cristo é o alfa e o omega: principio e fin de todas as cousas. O círculo, figura xeométrica perfecta, sen principio nin fin. Unidade con Cristo tanto na vida como logo da morte. Máis a coroa tamén é o nexo entre a realidade humana e o máis aló: o ser coroado relaciónase coa orde superior como premio, pois é un símbolo de carácter sagrado, vindo da orixe divina do poder.

OS LAURELES : simbolizan a gloria.

AS CRUCES DO NOSO CEMITERIO…Sen dúbida a cruz, espida ou con sudario, é o símbolo por antonomasia do cemiterio. A súa orixe é anterior ao cristianismo, pero claro é que cobra total relevancia na relixión a raíz da crucifixión de Cristo: glorificación do alma, perdón dos pecados, a salvación a través do símbolo do Redentor. A cruz é a intersección entre o horizontal e o vertical, o que a converte nun símbolo totalizador. A súa presenza está en todas as culturas, máis no cristianismo cobra a forza da unión do ceo e a terra, a reconciliación do Creador coa súa creación: o centro do mundo.

SIMBOLOXÍA CELTA. Tamén temos representación de símbolos basados nos celtas, algunha cruz e varios círculos, que o canteiro de turno doulle a súa forma.
A maioría dos pobos celtas mantiveron un contacto estreito co imperio romano. Isto fixo que moitos deles acabasen abandonando o seu orixen e convertésense ao cristianismo.

Tamén temos en moitos panteóns simboloxía relacionada con Cristo, a Virxe, as Santas e Santos…seguramente o dono do panteón mandou colocar por devoción.

PROPOSTA DE ESTUDO DE PROXECTO DE ESTATUTOS E REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DO CEMITERIO…

TÍTULO 1 : DISPOSICIÓNS XERAIS

Artículo 1.- Estés Estatutos rexen os servicios e elementos comúns, funcionamento e conservación do cemiterio de____________________________, no término municipal de ____________, cun réxime análogo ó da copropiedade ordinaria regulada nos artigos 396 e concordantes do Código Civil, ou da lei de Asociacións regulada na Lei 1/2002 de 22 de marzo, que serán aplicables sempre con carácter supletorio das presentes ordenanzas, en canto non se opoñan as disposicións do Dereito Canónico e das Normas Diocesanas, atendendo a que o Cemiterio é de titularidade da Igrexa Católica.

Artículo 2.- É unha Asociación sen ánimo de lucro que para o adecuado sostemento dos servizos, tributos, cargas e responsabilidades que non correspondan individamente ós nichos, panteóns ou sepulturas, atribúense as seguintes cotas de participación.

A titularidade dun nicho equivalente a unha unidade de participación.

A dun panteón vira determinada polo número de nichos que conteña. O porcentaxe ou cota de participación vira determinada polo cociente resultante de dividir as unidades de cada titular polo total de unidades existentes na ampliación do cemiterio.

Esta cota de participación servirá de módulo para a distribución de cargas e beneficios, así como a efectos do cómputo de votacións. 

Establécese unha cota de ______€ por nicho e ano máis o incremento anual.

Artigo 3.- Son servicios e elementos comúns, os seguintes :

-Os xardíns e viais.

-O alumeado público existente no cemiterio e instalacións complementarias como conduccións, farolas, etc.

-O resto dos servicios e instalacións que puideran ter o cemiterio e a finca na que se ubica, que non correspondan de forma individual a ningún titular, e os que no futuro puideran existir por acordo da Xunta Rectora.

-Os gastos que orixine ou salario que se abone a persoa encargada do coidado da limpeza do cemiterio, traballador por conta propia e ajena a asociación.

 Artículo 4.- Os gastos que ocasione o mantemento e administración destes elementos e servicios comúns serán sufragados conforme ó coeficiente ou cota de participación de cada titular de nicho ou panteón, según resulte do oportuno censo que se renovará con periocidade anual, e serán abonadas dentro dos dez días seguintes a súa emisión.

Requerido de pago o moroso e non verificado, poderáse esixir a obligación por vía xudicial, incluindo un interese do 20% anual dende a data do requerimiento.

Artículo 5.- A comunidade de propietarios de panteóns, nichos e sepulturas será dirixida por unha Xunta Rectora composta por un Presidente, Vicepresidente, un Secretario-Tesorero e dous vocais elixidos por sufraxio cada catro anos. Igualmente formará parte da mesma, en presentación da parroquia como entidade canónica o Cura Párroco de________________________________. A súa presencia e participación será institucional. O presidente pode delegar sempre que o estime necesario no vicepresidente.
Artículo 6.- A Xunta Rectora reuniráse cando así o estime o Presidente, ou, en caso de ausencia ou enfermedade, o Vocal de máis edade. Tamen podrá ser convocada directamente polos titulares de propiedade no cemiterio que sumen máis do 25% das cotas de participación.

Como mínimo celebraráse unha Xunta Xeral Ordinaria anual para a aprobación de contas, presupostos e revisión do censo. Esta xuntanza tera lugar nos tres primeiros meses de cada ano. Poderán celebrarse cantas Xuntas Extraordinarias fose menester.

Artículo 7.- A convocatoria da Xunta Xeral será sempre por escrito, indicando na orde do día o lugar e data da xuntanza, e cun mínimo de nove días de antelación para as xuntas ordinarias e cinco para as extraordinarias.

Na mesma citación faceráse constar a primeira e segunda convocatoria, cunha diferencia mínima de 30 minutos entre unha e outra. O lugar de celebración será sempre o término municipal da Parroquia o Local Social.

Artículo 8.- A xunta podrá celebrarse en primeira convocatoria cando estean presentes, polo menos, a mitade dos titulares que á súa vez sumen máis do 50% das cotas; en segunda convocatoria será suficiente a asistencia global do 25% dos titulares e cotas. No caso de non lograrse estas asistencias, non poderá celebrarse Xunta Xeral válida.

Artículo 9.- Será válido e eficaz o acordo adoptado pola mitade máis un dos titulares que concurriran á xuntanza e supoñan máis da mitade das cotas representadas polos presentes na mesma.

Artículo 10.- As actas que se levanten no libro dotado ó efecto levarán a sinatura do Secretario e do Presidente. As actas cos acordos que se adoptasen deberán remitirse ou entregarse copia delas a todo aquel titular que o solicitase e, en todo caso, publicaránse na porta da igrexa parroquial e outros tres lugares de uso público por prazo de vinte días. O prazo para impugnar os acordos será de tres meses dende a súa publicación, o que non impedirá a súa efectividade e executividade provisional.

Artículo 11.- O presidente de Xunta Rectora detentará a presentación da entidade en xuizos e fóra deles nos asuntos que afecten.

Artículo 12.- As obras de modificación que se leven a cabo e se verifiquen nas cousas ou elementos comúns, serán a cargo da comunidade e deberán verificarse co seu consentimento, por maioría simple dos asistentes a Asamblea Extraordinaria convocada ó efecto e co visto e prace do Arcebispo así como, se fose o caso, da Xunta de Galicia. Será a Xunta Rectora a que se encargará de realizar as obras acordadas. Non obstante, autorízarase o Presidente para ordenar aquelas intervencións nas que a necesidade fora inaplazable, dando conta xustificada a Comunidade na seguinte xunta de propietarios, sempre e cando non sexa necesaria unha aportación extra, pois neste caso será imprescindible a convocatoria dunha Xunta Xeral Extraordinaria.

Artículo 13.- Os titulares teñen a obligación de conservar os seus respectivos nichos ou panteóns en perfecto estado de limpeza e hixiéne, pode do ser prohibida a inhumación naqueles que se atopen manifestamente descoidados ou deteriorados. Esta prohibido facer algunha modificación ou obra nos panteons ou nichos. Igualmente, deberán comunicar o presidente as obras que se pretenda realizar no nicho ou panteón, a fin de comprobar que non afecten a elementos comúns, a estética ou aspecto Xeral das instalacións. No caso de que o presidente informase desfavorablemente das mesmas, a realización haberá de ser autorizada pola Xunta Xeral.

A realización de obras, reparacións ou modificacións verificadas sin cumplir os requesitos anteriores, determinará que o propietario infractor indemnice os custos da súa subsanación ou eliminación e os danos e perxuizos que diso se derivaran.

Artículo 14.- Todo o referente a tramitación dos títulos no Arcebispado será presentada polo sacerdote da freguesía. As denominadas “taxas parroquiais ou dereitos de fábrica” serán xestionados polo mesmo en beneficio do propio cemiterio e do templo parroquial. Os solicitantes do usufructo do solar farán a súa instancia mediante petición dirixida ó Excmo. Arcebispo de Santiago de Compostela.

TÍTULO II : REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR

Artículo 15.- 

As disposicions previstas no regulamento interno existente e ademais polo especificado nos artigos que a continuación se detallan.

Artículo 16.-

Todolos titulares deberán expoñer as súas queixas, suxerencias e observación a Xunta Rectora en orde a adoptar as decisións oportunas.

Artículo 17.-

Queda prohibido  utilizar os servicios é elementos comúns de forma contraria o seu destino.

Artículo 18.-

Queda prohibida calquera actividade que produzca ruidos ou molestias ós demáis titulares e visitantes, así como calquera actuación contraria o decoro e ó respeto que deba manterse en lugar de culto.

Artículo 19.-

Queda prohibido acceder con animais o recinto, así como pisar e pasar por lugares non previstos a tal fin, e especialmente polas zonas axardinadas; tirar obxetos fóra de lugares destinados a elo, introducir alimentos ou bebidas, arrancar flores, mancillar dalgún modo as instalacións con pinturas ou inscripcións alleas a tradición, etc.

Artículo 20.-

Sancións: A primeira infracción das normas da agrupación dará lugar a unha amonestación simple e multa de 15 euros.

A segunda falta supora unha segunda amonestación e multa de 25 euros, así como a advertencia que podera ser privado, na forma e tempo que se establezca, da utilización dos servicios ou elementos comúns.

Unha terceira falta e as sucesivas levaran aparellada multa de 50 euros e a privación de utilizar elementos e servicios comúns.

Artículo 21.-

Os presentes Estatutos complementaránse coas normas de Dereito Canónico que resulten de aplicación en tanto que se trata dun cemiterio parroquial adscrito a Igrexa Católica, e todo elo sen perxuizo do que dispoñen as normas e regulamentos de Policía Mortuoria e demáis videntes na materia.

DISPOSICION TRANSITORIA.-

Tanto os Estatutos como o Regulamento Interno poderán ser modificados por acordo da Xunta Xeral Extraordinaria, previa consulta o Arcebispado de Santiago de Compostela. Nembargantes este primeiro Regulamento de Réxime Interior da Comunidade de Propietarios de Nichos, Panteóns e Sepulturas do cemiterio parroquial de ______________________, aprobase inicialmente con carácter temporal co visto e prace do Arcebispado de Santiago de Compostela por un prazo de catro anos. Pasado este período habera que realizar unha avaliación.

DISPOSICIÓN FINAL.-

Ante calquera dúbida na actuación de propietarios ou da persoa que no futuro se encargue da limpeza e mantemento do cemiterio, observaránse estrictamente as disposicións vixentes de carácter xeral en materia de Policía Sanitaria, Decreto 134/98, de 3 de Abril, as cales prevalecerán sempre sobre os contidos do Regulamento Interno.