9- AS TROPAS FRANCESAS PASARON POR CERPONZÓNS 

O PASO DAS TROPAS DE NAPOLEÓN POR CERPONZÓNS 

Foron só seis meses os que estiveron as tropas francesas en Galicia, o motivo deste pouco tempo era que ao ser unha rexión periférica non era estratéxicamente de interese para o emperador Napoleón.

O seu paso por esta rexión era dirixirse cara a Portugal, este país si que era un obxectivo primordial e así sufriu desde a nosa terra unha gran embestida.

É no mes de Xaneiro de 1809 cando os franceses diríxense dirección Portugal comandados polo Mariscal Soult ( Nicolas Jean de Dieu Soult (1769-1851), entraron por Astorga, de aí chegaron a Lugo o 9 de Xaneiro, despois dirixíronse a Santiago, Caldas e Pontevedra, era o 20 de Xaneiro cando pasaron por Cerponzóns, seguramente encontraron o Camiño Real no seu esplendor, dado que se rematou no 1804.

Foi neste día do patrón da cidade, cando os veciños de Cerponzóns viron pasar aos soldados da cabalería francesa, procedían de Caldas, a súa función era unha misión de observación.

Eran anos en que a Igrexa e os grandes señores tiñan o control das aldeas, pobos e vilas, foron os que encabezaron de facerlle frente as tropas inimigas, fai un tempo atopei unha referencia nun libro que falaba do Camiño dos Franceses o seu paso por Cerponzóns, poida que teña que ver co paso do Mariscal Soult e as súas tropas.

Que pasaría na nosa parroquia cando pasaron por ela os soldados de Soult ?

Cantos dos nosos veciños sufrirían saqueos ?

Sábese que en moitos libros parroquiales están cheos de testemuños de terror, de mulleres violadas, de homes destripados, casas incendiadas, esnaquizaban as viñas, os hórreos e os alpendres eran saqueados, as plantacions desfeitas…por onde pasaban as tropas francesas non deixaban nin un gran, ata se levaban as olas que utilizaban os nosos paisanos para facer a comida.

Eran miles de soldados os que acompañaban a Soult e tamén ao outro Mariscal, de nome Ney, moitos dos soldados estaban doentes,feridos, incapacitados…pero intentaban que ao seu paso a xente non se decatasen, para non dar síntomas de debilidade, aínda así eran muitísimos os que estaban sans, eran os que ían facendo unha horrorosa matanza e carnicería polos pobos e aldeas de Galicia o seu paso en dirección a Portugal, non é de estrañar que ao pasar polo noso Camiño Real, casa que houbese preto do camiño, casa que sufriría todas estas atrocidades.

Os escritos que fan referencia, como dixen antes, do paso das tropas francesas indícannos que foi o 20 de Xaneiro cando se viron por primeira vez aos franceses, foi unha partida de cabalería que procedía de Santiago, a súa  función era explorar o estado de Pontevedra, no mesmo día volven de novo para o punto de onde partiran.


Despois foi a principios de Febreiro cando pasa o Mariscal Soult con todas as súas tropas camiño de Portugal, ao chegar a Pontevedra deixa na vila unha forte guarnición composta por cabalería e infantería.

Con leste despregue aseguraba a súa comunicación cos outros lugares onde estaban situados os seus homes, Coruña, Santiago e Ferrol.

As guarnicions que quedaron en Pontevedra distribuíronse en columnas con tropas de cabalería e infantería, fóron ocupando todas as parroquias e pobos próximos. Situados nestes lugares obrigaban aos paisanos a que lles entregasen de todo, a gandería , os grans, forraxes… ata diñeiro, deixáronos sen nada.

O día 3 de Febreiro as tropas francesas instalaran un reximento  de dragons imperiales no convento de San Francisco, como se lle había morto un cabalo, decidiron facerlle unhas sacrílegas exequias no mesmo templo.

Para iso valéronse das imaxes que representaban a última cea e algunha outra máis do altar maior, esparciron  os refugallos do animal sobre elas. Para acompañar o festexo os gabachos habían saqueado a bodega dos monxes, cincuenta moyos de viño, outros tantos xamons, touciños e demais viandas que atoparon.

Non deixaban nada en pé, arrasaban por onde ían.

Encontro nun exemplar dedicado ás efemérides de pontevedra varias anotacións, entre elas unha do 15 de Febreiro onde os franceses envían desde Pontevedra uns cantos destacamentos, compostos cada un por vinte e cinco homes, a varias parroquias, a súa única misión era a de facer tropelías .

O 19 de Febreiro e unha data señalada, o convento estaba convertido nun hospital, debido ás guerrillas que viñan sufrindo os gabachos tiñan moitos efectivos malferidos, ademáis tamén trouxeran a peste con eles. Calcúlase que na horta do convento, situada entre as rúas que hoxe en día coñecemos por Aduana e Rúa do Naranxo, enterráronse uns oitocentos homes.

Os veciños estaban aterrorizados, metidos nas súas casas, pero chegou o momento en que decidiron pasar ao ataque, hai unha data sinalada, éste 19 de Febreiro, cando se arman e levántanse contra os franceses, na parroquia de S. Xurxo de Sacos estaban ocupando os franceses a casa do cura, alí comezan as guerrillas…

O método de loita de guerrillas foi mui eficaz, era unha fórmula mui efectiva para poder desgastar os franceses. Para levar a cabo esto constituíanse grupos de pouca xente, que coñocían mui ben o terreo que pisaban, así, hostigaban con rápidos golpes de man as tropas francesas, despois disolvíanse inmediatamente e desaparecían polos montes.

O día 20 son os franceses os que atacan, as guerrillas eran continuas, nos Baños de Cuntis, de Peñaflor i Coto de Amil os veciños por medio das campás e bocinas vanse agrupando e facéndolle a vida imposible aos homes de Soult.

Ese mesmo día en San Jorge de Sacos os paisanos pasan a coitelo aos franceses que estaban naquel lugar, sendo tirados ao río Lérez. En Tenorio e Borela, outro tanto do mesmo, só se salva un gabacho, pois pasou toda a noite nun palleiro, facendo o amor coa criada dun tal Juan Barros.

O 28 de Febreiro é un dos días con accións moi sanguentas, por unha banda os paisanos de Caldevergazo, Cotobade, Mourente, Marcón e Pontevedra, atacan na Porta de Trabancas, mentres que os veciños das parroquias que se atopan polo Camiño Real que leva a Santiago, xunto cos paisanos de Geve, Amil e Peñaflor, penetran pola Ponte do Burgo.

 Producese na ponte do Burgo un duro enfrontamento, onde os caudillos D. Jacobo Varela e D. Apolinar López estaban ao mando dun pequeno exército de homes, a maioría campesiños, por tres veces houbo ataques, onde o caudillo Varela cae mortalmente ferido na contenda, aproveitando dese feito, os franceses emprenden a súa saída da cidade e esténdense pola campiña, matando a todos os campesiños que foron atopando.

Plano de Pontesampaio

Tamén merece facer mención o que encontrei en outra Documentacion, foi o seguinte :

El 4 de Marzo pasó por Caldas un gran carruaje escoltado por 400 hombres de las tropas del mariscal Soult y dos partidas mandadas por el valiente Cadete Literario D. Benito Godoy y Araujo ( muerto después delante de Tuy) han hecho en el Puente-Varosa un terrible estrago al enemigo; a quien han muerto más de 30 hombres, y herido muchos. Todas estas ventajas eran nada para el Señor Brandaris, que deseaba otras de mayor consecuencia y se hubieran verificado si tuviese a sus ordenes 100 soldados de línea que las hiciesen respetar.


O día 7 de Marzo os franceses están tan asustados polos acontecementos,  deciden volver a Santiago en busca de reforzos. O 12 de Abril volven pasar pola nosa parroquia, esta vez veñen con tres mil homes. Por onde pasaban arrasaban, en Campolongo e Ponte Bolera os paisanos fixéronlles fronte, tendo moitas baixas, pero pouco despois os franceses vingáronse, sobretodo en Salcedo, onde saquearon as casas e despois queimáronas.

O 15 de Abril parte das tropas retornan de novo a Santiago, viñan de Tui e o día anterior foran recibidos a base de disparos desde o máis alto de San Cibrán e ata chegar a Pontevedra, alí os franceses resgárdanse no campo de San José. Ao día seguinte marcháronse cedo, ían recollendo ás partidas que estaban apostadas nos lugares habituais, xa tiñan desde o amencer de novo detrás deles aos nosos paisanos, os gabachos largaban dirección Santiago, foron perseguidos ata Padrón, con Morillo á cabeza, sufrindo moitas baixas.

Nos documentos daquela época dicíase que desde a Ponte do Burgo víase moito sangue ao longo do Camiño Real en dirección a Santiago.

Máis tarde, no mes de Xuño, os días do 7 ao 9 de Xuño foi onde se determinou a gran derrota francesa.

Encontramos en unha revista especializada na guerra contra os franceses o seguinte :

24 de Febrero de 1809
Las acciones victoriosas de los maestros en todas las salidas que los franceses osaban hacer fuera de las murallas de la villa , promovieron , buscando una actuación más continuada y económica y la evitación de sorpresas , a la constitución de unas juntas organizadoras , con campañas y batallones estructurados , al mando jerarquizado de cabos , sargentos , oficiales y tres comandantes en cada alarma , uno principal y dos subalternos – ” comandante uno de tres ” , llámanles los papeles de la época -. También en cada una había un grupo de tiradores , que disponían de las pocas armas de fuego disponibles. El resto de los integrantes se contentaban con garrotes , hoces , guadañas y demás instrumentos susceptibles de inferir daño.

Esos eran los medios para contener la intrusión y para expulsar a los ejércitos que pasearan la victoria por toda Europa. Y – milagro de heroísmo- se logró. Con todas armas se formó cerco completo a la villa : por el Levante , desde la altura de Canicouba a la de Berducido y Portela ; por el poniente , desde la Barca de Poyo hasta las inmediaciones de Curro ; por mediodía, desde Marin de arriba a Campolongo. 

La posteridad debe conocer los nombres de los principales dirigentes locales . Don Gregorio García Cordero , alcalde mayor y juez merino , Don Francisco Antonio García , escribano y Don Hilario Martínez , en Cotobad; Don Domingo Suárez , Don Benito González, Don Manuel Fernández y el escribano Don Lucas do Val , en Caldevergazo ; Don Alonso de Soto Y Varela , Don Jacobo Miguez Vortes y Don Luis Camiña , en Montes ; Don Juan Juan Gago , ex-capitán corsario , Don Manuel Alarcon , en Morrazo , con cordones en Salcedo y Lourizan; Don Benito Varela , Juez de Geve ; en Peñaflor , y Coto de Amil ; Don Juan Alsor , abogado en Mourente y Marcon; el franciscano P.Pego en Baños de Cuntis; y DON JOSÉ BENITO ESPERON y el presbítero Don Domingo Freixo , en Campaño.

Ademáis de empuñar un arma, DON JOSÉ BENITO ESPERON, tamén fai unha extensa crónica :

5 de Octubre de 1809 EL IMPERIO NAPOLEÓNICO SE TAMBALEA !

Veciños de GEBE, BORA, TENORIO, SAN JORGE DE SACOS, CAMPAÑÓ, MOURENTE, MARÍN, CANGAS, MOAÑA, BARRO, MORAÑA, CERDEDO, COTOBAD, etc., promueven un

¡ LEVANTAMIENTO !

Contra el pérfido ejército francés !

Crónica en exclusiva del primer reportero de guerra de Galicia.
Carta escrita al redactor del periódico EL SEMANARIO! de A Coruña, y publicada el día 5 de Octubre de 1809, en que se detallan los primeros sucesos de armas de los habitantes de Pontevedra contra los franceses, por D. José Benito Esperón, vecino de Campañó ( Pontevedra ).

Por certo, seguro que todos oístes nalgún momento chamar a un can polo nome de nome Ney, pois foi debido ao mariscal francés. Para os paisanos galegos daquel tempo os franceses invasores eran cans.

Máis Informacion : 

http://www.patrimoniovilagarcia.com/relacion-circunstanciada-de-lo-acaecido-en-villagarcia-desde–el-dia-12-de-mayo-de-1808—periodico-compostelano—17-de-agosto-de-1809_ws190140.wsbl

Museo de Pontevedra

Revista El Centinela