13- A CURVA FATÍDICA XUNTO A CASA DE VICENTE E ISAURA.

Era polos anos sesenta e pico, fora por esta época ( si a memoria non me falla), na aqueles días nas cunetas da carretera andaban un dilixente corpo de camiñeiros , traballadores do Ministerio de Obras Públicas, seguramente os que sodes máis maiores recordades aqueles peóns legoeiros que tiñan o seu alboio na Avenida do Uruguay, limpaban as cunetas con legons, a man, daquela non había maquinaria que fixera esa labor.

Recordo aquel día coma si fora hoxe, a noticia correu coma pólvora, un camión Barreiros, cargado de latas de conserva, iba baixando hacia Pontevedra e chegando a casa do señor Vicente e da señora Isaura pasou o que levaba sucedendo xa varias veces, empotrouse contra a casa chegando o camión ata os pes da cama.

Aquel Barreiros, coas cañizas de ferro fixo estragos, e a súa mercancía, creo recordar que a maioría das latas eran de mexilons e xardiñas, foron a parar pola carretera adiante e chegando a pista que vai a Leborei.

Accidente camión

Veciños de Tilve e de Leborei, que vivían cerca da casa do señor Vicente,  estaban muitos deles nese momento traballando nas suas fincas e o escoitar tal estourido do camión contra a casa comenzaron a acudir en grea até o lugar, os peons camiñeiros e tamén os conductores que pasaban naquel momento pararon os coches e baixaban para botar unha man no desgraciado accidente.

Eu estaba vivindo daquela na taberna que estaba situada enfrente o colexio situado no baixo da casa da señora Hermosinda, era época do aguardenteiro e meu pai estaba preparando o alboio para poñer a Pota.

Ben, pois os veciños comenzaron a pegar berros e todo mundo acudía o lugar, pronto chegou a Garda Civil motorizada para poñer orden, daquela a maioría das latas de mexilons e de sardiñas xa estaban a bo recaudo, miña nai gardou tempo en vender latas de conserva, as despensas estaban repletas por un tempo jajaja.
Cando cheguei con meu pai a ver o accidente encontramos polo camiño a Daniel o Cochón, acaba de chegar de mercar un pocho e levouno asiña a corte para voltar con nos o lugar do accidente e botar unha man.

Cabina do camión

O camión Barreiros fixera un destrozo de cuidado, aparte da casa, levou por diante un poste de Fenosa que había o carón da casa do señor Vicente. Xa naqueles tempos había frecuentes cortes de corriente, casi todolos días faltaba en algún momento a luz, para canto máis co destrozo do poste, a maioría das casas da parroquia quedaron sin luz.

A casa destrozada

Na taberna o quedar sin corriente non pudemos escoitar as noticias da radio, dado que neses anos era pouco frecuente ter televisores, quizáis dous ou tres coma muito podía haber na parroquia, un deles tiño o señor cura na sua casa, donde os domingos ibamos os nenos a ver a pelicula, non pudemos escoitar o parte para saber si falaban do accidente, daquela había un locutor que coñocin anos máis tarde, coñocido por Fuentes Mora.

Muita sona collera a casa do señor Vicente, era tal a cantidade de coches e camions que se empotraban na sua casa que hasta salía nas noticias.

Diario de Pontevedra
Diario de Pontevedra

Imaxinaros cómo vivirían nesa casa, co medo encima pensando en que calquer momento podía entrarlle de novo outro coche….

COMENTARIOS DE VECIÑOS  SOBRE ESTE ARTIGO :

Siiiiii, uno de muchos.

Yo era muy pequeña pero me acuerdo que cuando se oía un gran estruendo ya sabíamos de que se trataba, mi madre me daba la mano y decía ala, vamos para arriba que ya entró otro camión hasta la cocina. Por suerte aunque a veces Vicente e Isaura estaban dentro nunca sufrieron daños.También recuerdo que cuando me preguntaban en el colegio u otro sitio de donde era, decía de Cerponzóns, y a nadie le sonaba, luego aclarando, ctra de Santiago, la curva de los camiones, ahí sí que nos situaban.