ALCUMES DOS VECIÑOS DE CERPONZÓNS.

NOVAS RELACIONADAS COS ALCUMES DOS SERPENTIONENSES :

Fai uns días mantiven unha reunión co Concelleiro Alberto Oubiña, mostreille o traballo relacionado coa recolleita de alcumes da Parroquia de Cerponzóns.

Comenteille como cheguei a reunir os 571 alcumes, a maioría deles coa colaboración de moitos veciños e veciñas da Parroquia, outros alcumes funos atopando tras un labor de horas de investigación en varios documentos que fun atopando en diversos organismos.

Logo da explicación pedinlle axuda económica para poder facer copias suficientes para que os socios da Asc. De Veciños O Chedeiro de Cerponzóns dispoña dun exemplar dos Alcumes.

Aínda que o orzamento para facer unhas copias non era moi elevado tivo que pasar a petición polos conductos reglamentarios e aprobar dita petición.

Acaban de informarme que foi aceptada a miña petición, así que en breve comezarán a editar os exemplares e comenzar co reparto en canto poidamos.

ALCUMES  ( relacionados por diversos motivos)…290 

ALCUMES (relacionados cos lugares da parroquia)…57 

ALCUMES (relacionados cos lugares de procedencia)…12 

ALCUMES (relacionados cos oficios)…41

ALCUMES (relacionados procedencia de apellidos)…78

ALCUME XERAL DOS HABITANTES DA PARROQUIA…1

HIPOCORÍSTICOS …92

TOTAL …571

Logo de varios meses traballando na recolleita dos alcumes da miña parroquia de Cerponzóns, dou por finalizado este traballo que fai un tempo tiña en mente de levalo a cabo.

Un traballo de investigación que me levou a buscar en diversas fontes de información, a máis importante a dos veciños e veciñas da parroquia que colaboraron comigo para poder realizar este recompilatorio de alcumes.

A recopilación comezou pedíndolle aos meus veciños e veciñas que fixesen memoria daqueles alcumes que eran habituais na súa contorna, do seu propio, e dos veciños máis próximos, rematando en xeral de xente da parroquia.

Aos poucos días de pedir a colaboración, fóronme chegando a través do wasap, coma se fose unha cascada, unha gran cantidade de alcumes, foi algo impresionante.

Outras veces foi quedando cos veciños, fomos desgranando lugar por lugar, casa por casa, todos aqueles alcumes que ían recordando. Outros alcumes funos atopando no arquivo, en bibliotecas, en documentacion varia etc.

Os alcumes que aparecen están divididos en varias partes, son en total 571.

Púxenme a redactar o alcume de cada un tomando varias circunstancias, por exemplo,  un sobrenome que se puxo polo oficio, ou por un defecto físico,  por un defecto na fala, polo lugar onde vive, polo súa procedencia, polo apelido…

Tamén hai un grupo denominado hipocorístico, que aínda que non son propiamente alcumes, tamén se agregaron por ter relación dado as súas variacións con respecto ao nome propio da persoa.

Espero que sexa do agrado de todos, polo menos da maioría.

Quero agradecer de corazón a todos os veciños que me axudaron, sin a súa colaboración non podería chegar a facelo, grazas tamén ao mestre Luís Losada, quen foi o que supervisou e corrixiu as posibles faltas de ortografía.

Grazas a todos.

ALCUMES DE CERPONZÓNS.

OS SERPENTIONENSES

JUAN JOSÉ ESPERÓN RECAREY (O ROQUE DA RONS)

AÑO 2020

Este traballo realízoo coa intención de recordar polo seu alcume a unha parte dos veciños que viviron ou viven na nosa parroquia ao longo dos anos.

Co seu alcume deixaron un recordo, un detalle, un xesto, un bo ou mal carácter, formando desde ese momento parte do noso Patrimonio Cultural. Os alcumes hérdanse de pais a fillos, netos e bisnetos e de ahí pra diante, en muitas ocasions os alcumes cóllense de cando nenos, e duran toda a vida, quedando de herdanza ós descendentes, de xeneración en xeneración (V. Risco).

Desculpo a todos aqueles veciños que tomen a mal que o seu alcume apareza nesta lista, ao final comprenderán que todos temos algún e por moito que non queiramos, témolo, uns máis bonitos que outros seguramente, ata eu que teño un par deles “oficialmente” e algún máis terei por aí rodando que non sexan precisamente dos máis bonitos…..

Un alcume é o nome que adoitamos poñer a unha persoa tomando diversos motivos, ben o seu apelido, o lugar de onde vive, un defecto físico ou algunha outra circunstancia. O alcume aínda segue usándose no mundo rural, en cambio nas cidades está prácticamente desaparecido. Non é a primeira vez que me pregunta unha persoa maior da miña parroquia: E ti de quen eres ? ao que eu respondo sempre : “Son Juan, o fillo de Juan o dá Rons”, ao que esa mesma persoa respondíame ” Ah, o neto de Jesus O Roque”.

Non debemos deixar que se vaia perdendo este xeito de coñecernos, aúnque cada vez úsase menos, pero aínda así é un patrimonio cultural que debemos conservar.

Sabemos que algúns alcumes non son do gusto de quen os leva, a outros, ao contrario, gústanlle que o recoñezan por el, mentres que hai quen lle dá igual, e moitos xa nin saben que é isto dos alcumes.

Iréi poñendo cada un deles, e si sei de donde procede irei poñendo a descripción do alcume, que, o ben me deron os que levan o alcume, o ben de fontes que vou encontrando, coma tamén a procedencia de  algúns apelidos.

COMENZAMOS…..OLLO ! EN COR AZUL AS ÚLTIMAS ALTAS

ALCUMES

ADONIÑOS…Reciben este alcume debido a que o seu pai tiña por nome Adonis.

AMORA (De)

ANGELITO O DAS AGUAS… Este alcume recibiuno o señor Angel ” O Palomita ” pero desde que empezou o seu traballo que consistia en controlar as aguas de Verducido , Lérez e Cerponzóns  o seu alcume cambiou , , donde cada certo tempo tiña que pasar un parte  a un funcionario do Concello .

Asi  foi como de ser O Palomita pasou a ser coñocido por Angelito das Aguas.

ARAÑA DO CU VERDE (A)…

ARREDOR…O seu oficio era o de varredor, e sempre andaba coa vasoira arredor del,  non se movía do sitio.

BABECA (A)..Este alcume pode ser referente a unha persoa que ten ou manifesta no seu comportamento pouca ou ningunha intelixencia.

BANDURRIA (A)

BARALLÓ …Persoa que embarulla todo cando fala de tal maneira que non se lle entende o que quere dicir (de Barallocas).

BARRABI (O)…Hai referencias de ser un apelido.

BARRUEZAS

BECHO (O)..Poida que signifique a unha persoa que ten cara aos demais a brutalidade dun bicho. Ou tamén ten un significado de ser un órgano xenital masculino ou feminino.

BICHINA (A)…

BICHINAS (As)…Eran malas coma bichos.

BICHO (O)….ídem Becho

BIMBO (O)…

BIRI BIRI…Nome de un xogador de fútbol que se lle puxo a un veciño polo seu parecido.

BIUBIO…Seica significa guindar algo cara arriba, sen pretender atinar con ningún obxetivo determinado.

BLANQUIÑO (O)…A nai era de pel mui branca.

BOCA (O da)….á beira dunha fonte coñecida pola Boca no lugar de Sabaris (Campañó) vivía unha familia que se lle foi coñecendo por este alcume : Os da Boca

BORRACHA (A)

BOUXELO (O)…Quizáis veña de Boucelo (Crebadura, fenda ou concavidade que pola súa forma recorda unha dentada)

BUÑUELO (O)

CACHARULA (A)..Persoa pequena e robusta, particularmente si e nova.

CACHARULO (O)…Persoa pequena e robusta, particularmente si e nova.

CACHUCHA (O)…Tiña a queixada mui longa.

CACHUCHÍA (A)….

CACHUCHIÑA (O)…

CACHUCHO (O)...

CAJA NA MAN (O)….

CAJA NA SAÍA…

CAJÓN (O)…

CAJOULA (A)…

CAJARRIEIRO (O)…

CALDERILLAS (O)…Fai uns cantos anos vivía na parroquia un veciño que o seu oficio era o de tratante de gando, un día atopábase con outro veciño tomando unhas chiquitas de viño na taberna.

Á hora de pagar o tratante sacou do seu peto un feixe de billetes ( sempre andaba con gran cantidade de diñeiro dado que en calquera momento podía comprar un becerro, vaca etc.) mentres que o outro veciño sacaba unhas moedas do seu peto….

Entón o tratante díxolle : pago eu, que ti só tes calderilla…..

CALLAGO….

CALLAJA…

CAMBONA (A)…

CAMBÓN (O)...Referido o pau en forma de gallo, situado na parte dianteira do carro, entre o chedeiro e a cabezalla (Puxeron o cambón e empezaron a cargar o toxo). Lanza de madeira que vai unida ao xugo por un dos extremos e polo outro leva un gancho no que se prende a grade, un apeiro similar ou unha segunda xugada ( Engancha a sachadora no cambón). Ferramenta de labranza semellante a un angazo ( Apañaban as algas cun cambón. Leva o cambón para estender o esterco).

CANTINERA (A)…..

CANTAMAÑANAS…

CAÑARDÓ (A)…Alcume que se lle puxo a unha veciña do lugar da Ermida Esta veciña desprazábase nunha bicicleta desde onde vivía ata Pontevedra, ía sempre de pantalóns e a xente púxolle alcumouna con CAÑARDÓ, ciclista moi famoso naquel entón, nacera en Olite, e entre os anos 1926 e 1943 gañou máis de 100 carreiras.

CAPIROTE (O)….Quizais este alcume víngalle de usar durante o inverno dunha capa ó capote.

CAPITANA (LA)

CARBALLAS (Os )….

CARNEIXA (A)

CARQUEIXA (A)

CARQUEIXO (O)…Tiña a queixada longa.

CARRAPUZO (O)….de pouca estatura.

CARRANCHAS (As)…carranchapernas

CARRANCHO (O)…Seguramente procede de unha persoa  que ten as pernas tortas ou arqueadas.

CARREXA (O)…..Acción, efecto de carrexar.

CALLEJA (A)

CAMPANERAS…Nos anos sesenta foi mui soado un neno de nome Joselito, a súa canción Campanera foi mui famosa, seguramente o alcume puxeronllo por estar cantando seguido este tema.

CANCELA (O da)…

CANDIDAS (As)

CASCA EUCALIPTOS

CASEIRO (Os do)…coñocense os que vivían na casa que hai pegada a Rectoral, traballaban as fincas do cura.

CATANGA (O)….seguidor do Celta

CAYEROS (O de)...No Catastro do Marqués de la Ensenada aparece como apelido

CAZOLAS (O)…Di a RAG : Recipiente redondo con asas pequenas, de barro ou metal e cun diámetro moito mallor ca a altura. ( seguramente a quen se lle puxo o alcume foi por ser baixo e mui gordiño).

CICHO (O)…Di a RAG : nome de un xoguete consistente nun canudo de madeira provisto dun émbolo, que se emprega para cichar

CIROLAS (O)…Especie de calzón amplo de roupa interior, seguramentenanquen lle puxeron este alcume foi porque usabao coma pantalón (andaba en cirolas)

COCHE FANTASTICO

COCHONA (A)….Procede do apelido Cochón

CONEXA (A)

CONEXO (O)

CONEXOS (Os)…..Coñécese con este alcume a unha familia procedente de Campañó

COULA (A)

CHACIRES (O)… A CHACINA e unha carne magra de porco e doutros animais, salgada e curada, o alcume puxeronllo porque este veciño sempre andaba a decir : marcho que teño que ir a chacinar.

CHAMPA NA CONA…Puxeronllo a un veciño que era mui agarrado, cutre…

CHANTÓN (O)…O significado de chantón e o de unha lousa ou pedra grande de pouco grosor, que se adoitaba utilizar para facer cercas chantándoa no chan, tamén o de un cravo grande do carro e tamén se denominaba a unha estaca que se cravaba na terra, había a aquelas mulleres que eran mui delgadas que decían delas : E delgada coma un chantón.

CHANTONA (A)…Idem Chantón.

CHAPARRITA (A)

CHAPÍN…Alcume que tiña un veciño procedente de Cuntis, toda a súa familia coñocese por este alcume, que seguramente procedía de un lugar ou de un tipo de calzado que usaban antigamente as mulleres.

CHELA (A)…Idem Os Chelos.

CHELO (O)…Idem Os Chelos.

CHELOS ( Os)…Referente a varias chairas ou terreos chans de pequenas dimensións.(Chenlos)

CHINCHILLA (O)…Este alcume quizáis puxeronllo tendo como relación un mamifero roedor, que ten a pel clara e ollos grandes, ourellas arredondadas e extremidades desproporcionadas.

CHIPI (O)…Anda co Chimpín de un lado para outro.

CHISPA (O)

CHISTOSOS (Os)

CHOSCA (A)…Non ve ben dun ollo

CHOUZA (A)…

CHUÍVA (O)…Idem Os Chuívas

CHUÍVAS (Os)…Alcume que problavemente veña de andar pingados todolos dias.

CHURRERA (A)…procedente da dedicación a facer churros.

CHUVÍE (O)…

CHUVÍES (Os)…

COARENTA (O)

CRECHA (A)…Idem O Crecho

CRECHO (O)…Ter o pelo rizado e formando remuíños (Ten o cabelo crecho). Cheo de orgullo e fachenda ( Ía todo crecho). Trenza de pelo (Peiteouna e fíxolle dúas crechas).

CRIADO (O)…Traballaba na casa de un veciño.

CRISTO (Do)…Tiña unha cruz na porta da entrada a casa

CUCARACHA (A)….

CURA (A do)…

CURRETA (O)……..Procede este alcume dunha antepasada que era natural dá parroquia de Curro

DIOS ( De)….

DOMIÑAS (Das)….Xa aparece en documentos dos anos 1600

DOS RIZOS (A)

EL SOMBRERO

ENANOS (Os)…Referente a uns irmáns que tiñán un trastorno denominado acondroplasia, causandolle unha estatura baixa.

ENXACA (A)…Referente a estar molestando (Enxangar con cousas de pouca importancia).

ESCULÇA (A)

FAGUIALLO (O)

FALCONETI (O)

FANCHIQUITO (O)…noutra parroquia din da persoa con pouca formalidade, que presume do que non é ou do que non ten, cando vale moito menos do que aparenta ou do que trata de aparentar.

FARIÑA ( O)….Po que se obtén ao moer os grans de certos cereais, quitándolles o farelo ou relón.

Son coñecidos uns veciños con este alcume porque tamén os seus antepasados tiñan Fariña como apelido.

FAVORITA (O)….de entre varios, é o que se prefire, o que máis gusta ou se quere.

FERMINAS (As)….Este alcume puxéronllo porque o seu pai e o seu avó chamábanse Fermín.

FILLA DA TETILLEIRA (A)

FOLLA BLANDA

FOJÓN (O)…Este alcume puxéronllo sendo neno, andaba sempre correndo como un tolo, coma se faltáselle unha fervura…

FORMIGUEIRO (O)

FLORITO (O)…Referente a FLORITA

FOFITO…Relacionado cun famoso paíaso.

FREIJOO (Do)…Idem de Freixo

FREIXO (Do)…Relacionado cunha árbore de muita altura, ou co xugo feito de madeira do árbore.

FURANCHO (Os do)…Relacionado con unha familia que ten un establecemento debaixo da súa casa, donde serve comida co viño da súa colleita.

FUENTES MORA

GAXE (O)…Idem Os Gaxes

GAXES..un antepasado dos Gaxes estivera en Portugal, e referiase aos seus fillos como gaxos, e desde ese momento quedoulle o alcume, (en portugués a palabra gaxos significa jadeos)

GENTO… Estando na escola o profesor preguntoulle a un dos nenos porqué faltara a clase o día anterior….O neno contestoulle: Porque onte tiven que ir ao togo e ao gento ….(Toxo e Fento)

GRILO (O)... Di a RAG :Insecto da orde dos ortópteros, saltador, duns tres centímetros de tamaño e de cor negra, que se caracteriza porque o macho produce un son monótono ao fretar os élitros (Nas noites de verán cantan os grilos). Tamén e unha peza que vai no extremo inferior da vara do rodicio e que vira sobre a pía (O grilo vira sobre a xoga ou ra).

INJLÉS (O)…

JATO DA RONS (Os do)

JAXA (A)…

JIRASOL…Vai co pescozo medio xirado.

JR

JORDA (Os da)……Recibiu este alcume por ser unha muller bastante gorda.

JRILA (A)…Idem O Grilo

JRUAS (Os das)…Relacionado co seu traballo (Grúas)

JUANICA (A)…

JUANICOS (Os)….

JUANITA BANANA…Relacionado cunha canción de Luis Aguilé, e que se lle puxo a un home debido a súa orientación sexual.

LABARADAS (A)…Idem O Labaradas.

LABARADAS (O)..Tiña Peregrina a da Bouza un antepasado que era unha muller que na aquela época dedicabase coma a maioria das veciñas os traballos da casa , da labranza e de ir a feira de vez en cando . Esta muller era mui faladora, non paraba de falar en todo día , así era que os veciños decianlle: Cala a boca muller ! Que pareces unha Labarada ! E así foi como lle quedou o alcume de LABARADAS e por consiguinte a sua familia .

LACERO (O).…recollía os cans  abandoados.

LÁGRIMAS (O)…Estaba seguido  a Lagrimexar por nada.

LARACHA (A)…Procedente de O Laracho

LARACHO (O)….

LARETA (O)…..

LEUTA (A)….

LEUTO (O)….

LEITEIRA (Os da)….Familia da muller que se dedica a vender leite.

LEITEIROS (Os)...Familia da muller da casa, que mercaba e vendía leite.

LIALÍ (O)…Na RAG recolle Lía como unha soga de esparto trenzada, seguramente andaba líandoa todolos dias…….

LILLO (O)

LOBA (Doña)…Da época do Interrogatorio do Marqués da Ensenada.

LOBO (O).…Malencarado , solitario , noitébrego , escurridizo , nadie o quería nin él quería a ninguénMuda o lobo os dentes, pro non as mentes , solía decir a xente.Estealcume tiñao un veciño que tivemos na parroquia xa fai uns anos, eu recordome mui ben de este home , non sei o porque lle puxeron O Lobo exactamente, quizais por o peludo que era A foto teñoa dende fai mais de cuarenta anos , dixerame un día estando na taberna O Lobo que non anduvera a enséñala mentras el vivira , despois que lle daba o mismo.

LONGA (A)…Procede este alcume de unha veciña que fai anos na sua xuventude era muitisimo mais alta que todalas demáis veciñas , de ahí que lle quedou o alcume A Longa , o seu fillo entón xa foi coñocido para sempre por Ramiro da Longa.

LUCAS (A)…

LUCEIRA (A)…Idem de O Luceiro

LUCEIRO (O)…Destacaba na noite.

LULULLAS (O)…

LUNA (O da)…Referente a Sala de Festas.

MACHIÑO…Forma cariñosa coa cal nomeaba a un veciño.

MACICA (A)…

MACICO (O)…Di a RAG: Mazo pequeno de madeira.

MALETA (O)

MANCO (O)…estaba falto de unha man.

MANDILA (A)…mui mandona.

MANXELA (A)…Quizáis veña da palabra MANXAR, non paraba de comer.

MAREMA (A de)—Relacionado con un grupo músical.

MAREMA (O de)…Idem Marema (A de)

MARIA DEL MONTE

MARICAS ( As)...Para diferenciar doutras veciñas que se chamaban Marías, ao facer referencias dicíase: a casa da Marica.

MARIÑEIRAS (As)…

MARIQUETA (O da)…

MARIQUITA (O)… Relacionado con un veciño con características femeninas.

MARRALLO…

MARRANITO (O)…Que non se limpa, que non limpa o seu hábitat, ou que ensucia máis do normal e necesario

MARTACONA

MASUCOS (Os)…Recibiron este alcume os fillos de Masuca

MATRUCA (A)…

MATRUCO (O)…

MATRUCAS (Os)…

MAXUCA (A)….

MAXUCO (O)….

MAZICO (O)….

MEIRÁS (As de )….A entrada da súa casa parecia o Pazo de MEIRÁS

MEU REI…

MELÓN (Do)….

MELI FANDIÑO

MENINJITES…Polo seu aspecto de enfermizo.

MENXELAS….

MINEIRA….Persoa que traballa nunha mina.

MIRIJILDO (O)…Procede de Hermenegildo.

MIÑICAS (O)…Procede de miñocas

MOINANTA (A)…A RAG dí : Persoa desvergonzada e dada o ocio.

MOINANTAS (As)…Eran muitos na familia, e ninguén deles facía por ter algo.

MORENO (O)...Traballaba na construcción de carreteras, estaba queimado polo asfalto e por estar todo o día o sol.

MORIS

MORRÓN (O)…Parte da cara das persoas correspondente aos labios, particularmente cando estes son grosos ou avultados.

MOSQUITA (A)….

MOSQUITA (O)…

MOSQUITOS (Os)…

MOUCHA (A).…Di a RAG : popular….Cabeza  : Vas levar un golpe na moucha como sigas facendo iso!

MOUCHO (O)…Nalgúns lugares, o moucho é un paxaro de mal agoiro. Tamén significa Banco pequeno de tres pés e sen respaldo, no que se pode sentar unha persoa.

MOLETA (A)…Sin saber exactamente o significado real,  porque nadie de momento supomo decir , poida que o alcume de A MOLETA proceda de MOLEDA , referido a un montículo de terra.

MORRONA (A)...Parte da cara das persoas correspondente aos labios, particularmente cando estes son grosos ou avultados.

MUDA (A)…Veciña que padecía dificultades para falar.

MURRA (A).…Tiña manchas encarnadas na pel por estar cerca do lume.

MUTILADA (A)…Sufrira unha mutilación.

NEGRITA (A)…

NEJRITOS (OS)…

NENAS (O)...Provén de que na familia as mulleres eran de pouca estatura, e fóronlles chamando as nenas.

Foron os sobriños os que recibiron este alcume.

NOBAS (De)…

OCAÑA

OPEIRA (A)…

PADRENUESTRO (O)

PAJARILLO (O)…

PALOMITA (O)…A familia dos Palomita xa ven de tempo atrás , aunque non recordan o motivo do alcume que teñen , nesta familia ,  un dos parientes recibiu un nove alcume debido o seu oficio , a veces ocurria que nunha misma familia iban poñendoñe un novo alcume por varios motivos como no caso este que estou contando

PANASCO (O)...Os poetas cantaron ao toxo porque teñen o don de mirar con agarimo aquilo que moitos ignoran. Non foi leste o caso dun veciño que vivía preto ao Chan do Monte. Dentro dos seus quefaceres do traballo do campo naqueles anos , el non lle cantaba ao toxo , senón que ía recollelo para o estrume das vacas e outras veces ía a apañar as herbas que hai naqueles prados de pouca auga onde nace unha herba que se lle coñece polo nome de Panasco. Un deses días que lle tocaba ir a apañar o Panasco atopouse cun coñecido que lle preguntou onde ía a aquelas horas e contestoulle que ía a apañar Panasco, desde ese momento quedóuselle de alcume o de Panasco, substituíndo ao que s lle conocia a el e á súa familia polos de Chan do Monte debido a que eran os que vivían á beira deste lugar.

PANTO (O)

PAN QUENTE…

PAPEL DE MALAMORTE…

PARADA (De)….

PARARDA…

PARRANDA (O).…poida que veña de Diversión animada, en especial a que consiste en recorrer distintos lugares donde se bebe o se baila.

PATA CHULA .…Cando bailaba tiña un gesto na perna mui peculiar.

PATA DE CABRA (O)…Andaba a saltar polos muros.

PATIOLAS (O)….Atopamos este alcume na jerga dos canteiros, quizais veña de aí, significa no latín dos canteiros: filloas.

PATOUXAS (AS)…

PEDRAS (O das)…Traballa na venta de pedras.

PEDRESA (A)

PEIRA (A)

PEIXEIRO (O)...Falaba muitísimo.

PEJA (O)

PELADOS (Os)…Tiñan pouco pelo.

PELEIRA (A)

PELEIRAS (O)…Procedente de Campaño veu casar a Cerponzons Juan O Peleiras , bisavo do o que hoxe coñocemos por José O Peleiras .Casou con unha da familia das Poitas de A Mean e xa era coñocido polo O Peleiras. A magoa e que José non chegou a coñocer a o seu bisavo e non pudo preguntarlle o porque do alcume que tiñan. Coñozo unha descripcion do que pode ser que lle puxeran este alcume , seguramente algún pariente en un momento determinado estaba mui enfermo e puxeronlle o de Peleira. Está moi débil, calquera peleira o tumba. Unha persoa que padecía a miúdo algunha doencia ou que padecía unha excitación colérica que chega a impedir o raciocinio , de ahí que lle puxeron o Peleiras.

PELO DE PORCO…Tiña o pelo duro, teso.

PENEIRAS (O)…alcume que seguramente se lle puxo a un home debido a súa maneira de andar, movía acentuadamente os ombreiros e as cadeiras ao camiñar.

PEQUEÑITO (O)….Idem de Os Pequeñitos.

PEQUEÑITOS (Os)…Por ser unha familia de estatura baixa.

PERELLAS (O)…Dice a RAG sobre o PERELLO : Ser imaxinativo e brincador, semellante o trasno.

PERRACHICA (A)….O alcume vénlle dunha moeda de cinco céntimos de peseta

PERROCHICO (O)…

PERILLÓN (O)…a RAG dice sobre o PERILLO que é un apéndice longo que teñen no pescozo algún animal, por exemplo as cabras.

PESQUELLO (O)…..

 PESQUELLA (A)…

PETA POUCO (O)…Seica ían facer unha trastada, e un facía ruido, entón dixolle un : Cala ! Non fagas ruido ! Peta pouco !

PETELO (O)…Según a RAG…Martelo lixeiro de pau, para abrir os ourizos e poder extraer as castañas.

PIARDA (A)…A piarda usase como engado, pode que se lle puxera porque sempre andaba a enganar.

PIARDEIRO (O)...Poida que proceda de : Arte de pesca semellante ao xeito pero de malla máis pequena, ou de enganar. 

PICAPIEDRA (O)…Relacionado co que traballa coa pedra.

PICULINA (A)…

PIJOCHA (A)…

PILLA CANS (O)…dedicado a recoller os cans abandoados.

PINCHA (A)….A RAG denomina a persoa que ten manchas na pel.

PINCHAS (AS)…Idem da Pincha.

PINCHO (O)...Pode ser que veña este alcume da arte de pesca, que consiste nunha corda longa, chamada madre, da que colgan as brazoladas Tamén da acción de pinchar (Subiu ao muro dun pincho), ou de ter manchas na pel.

PINGUEIRA (O)…Este alcume puxéronllo a un neno que na época de inverno estáballe seguido goteando o nariz, os seus curmáns ao velo así o bautizaron con este alcume.

PINTANTA (A)….

PIÑAS (Os das)...recollía o froito  das árbores coníferas, formado por unha especie de escamas unidas arredor dun eixe.

PIQUIÑO (O)…

PITÍS (O)…

PITÍSA (A)…

POITA (A)…

POITA (O)…

POITAS (Os)…

PORDIOSERO (O)…

PORRELO (O)…Pode que signifique andar en coiros, en outros lugares alcuñabannos como Perrelos, na nosa parroquia antigamente había un lugar que se denominaba Porrelo.

PORTALEIRO (O)…Espazo polo que se accede a unha finca rústica que está pechada por un valo de pedra.

PORTAS (De)…

POTRO (O)…O tio Manuel, cando ían a finca, dixolle o raparigo : Anda padiante, apura rapás, que parece que tes o cú dun potro.

POUQUIÑOS (Os)…

PREA …Por faltar a palabra, mentieira, non de fiar, pouco honesta, falsa…

QUIRICO (O)…Resulta que a muller era bastante máis alta que o marido, co cal era coñecido con este alcume.

QUEIRENTOS (Os)…

RAMALLA (A)…Procede de un apelido.

RAMONA (A de)…

RAMONÉ (A)

RATA (A).…tivo muitos fillos.

RAPEIRA (A)….

RAÑA (O)…seguramente ven de estarse a fretar coas uñas de modo máis ou menos forte unha zona do corpo onde se sente proído.

REDABULLA (O)

RECACHA (A)….Procedía de familia rica.

RECACHO (O)…Iden da Recacha.

REI (O)…

REIXELEIRA (A)…Xa aparece en documentos dos anos 1600

RELOJ PARADO……Recibiu este alcume un veciño que o seu traballo eran os negocios, e que no momento de pechar o trato quedábase parado, inmóbil.

RESPET (O)…

RIZOS (Os do )…Unha familia que tiñan o pelo rizo.

RODABOUXO (O)...Este era o alcume que tiña un veciño da parroquia,  que procedía de Lerez , o chegar a Cerponzons non se tiña por costume nomealo por Rodabouxo , pois na nosa parroquia non sabían do dito alcume,  entón cando nos referíamos a él usábamos o seu nome , o señor Enrique , e no caso do fillo conocíamolo polo seu apelido , O Magdalena.

ROMPEPERNAS (O)

ROQUE (O)...O meu alcume segundo cóntame a miña irmá procede por parte da miña bisavoa, nai do meu avó Jesus , o seu apelido era Roca e de aí foron chamando aos seus fillos , os fillos de Roca , variando a Roque como se denominaba ao meu avó Jesus e aos seus irmáns.

SANTIÑOS…O seu avó chamábase Santos, de aí o alcume que recibiu.

SECA (A)…Seica era mui tacaña

SEÑORITA (A)…

SERPENTINA (A)

SETEANAS…Cando lle preguntaban os anos, sempre decía que sete.

SETE CÚS…

SOMBRERITOS

SONSA (A)…

SOUTO (Do)….

SUCA (A)…

SUCA (O)…

TACHAS (AS)

TAMEIRA…

TARAMELA…

TELLA ROTA

TORRE (Da)…

TATÁ…por poñerlle TUTÚ o veciño, a él puxolle TATÁ.

TOLÓN

TOLONA (A)…Facía cousas raras, extravagantes.

TOUPA (A)…

TOVALA (A)…relacionado co apelido.

TROITEIRO (O)…mui aficionado as troitas.

TROMPO (O)….Era baixiño e regordiño.

TUTÚ…alcume posto cando saliu o mercado unha marca de deterxente.

TREPIAS ( O)….pode ser que veña este alcume de pisar  moito unha cousa cos pés, ou de utensilio de ferro con tres pés sobre o que se poñen as tixolas. 

TOCO (O)…Faltaballe parte de un dedo, que non estába completo ou enteiro porque se lle amputou un anaco.

TORCEBOTAS (O)…

TORITOS (Os)…

TOUPA....A RAG di : Persoa que ve moi pouco.

VALADA (A)…Iden de Valado

VALADO (O)…Construción vertical non moi alta, de pedra, arame, terróns ou outro material coa que se cerra ou delimita un espaz (RAG).

VERXELO (O)…

VIEJO (El)

VIRXELA (A)….

VIROLLA (A)

VIQUEIRA (O)

VIUDA (A da)…

VOLVERÁS (O do)…

XA XA

XANJRANDE (O)…Era mui alto e delgado.

XEFE DE PRENSA (O)…Puxeronllo a un veciño que todolos dias andaba a publicar noticias.

XEMADAS (A)…Idem dos Xemados.

XEMADOS (Os)…Poida que veña de andar a podar antes de que as vides empeceran a botar as xemas….

XOUBEIRO (O)….quizáis proveña de xouba.

XONXA (A)

ZAMBURIÑO…o saber que era galego, a cubana da Tablada, así lle chamaba.

ZONCHA (A)…

ZICHO (O)…

29/30…Coxeaba

O LOBO
O ROQUE

ALCUMES DERIVADOS DOS LUGARES DONDE VIVES

Aparte de que cada veciño podía ter o seu alcume personal , tense por costumbre denominar a xente co seu nome e despois o lugar donde vive.

POR EXEMPLO : Juan o da Rons, Maricarmen a filla de Juan da Rons ……Marimar , a neta de Carmen a da Rons…

Ademáis todos temos un alcume en común : SERPENTIONENSES.

ABELLEIRA  (O da)…lugar. É un derivado de abella, que correspondería á voz latina APICULARIA, colectivo ou abundancial do devandito insecto.

BALÉ (O da)…lugar.

BASCUAS (O de)

BIGAIXO (O de)…lugar, aparece documentos dos anos 1600

BOUZA (O da)...lugar. Seguramente ven de Bouzas (palabra de orixe prerromana, aplicada a terreos incultos cheos de vexetación  de toxos, xestas etc.)

BRAVO (O do)

CACHADAVELLA (A da)… O seu significado indica o de un monte que se cava ou ao que se lle queima a broza para cultivalo, seguramente ven o alcume dado a unha persoa que vivía o carón do monte.

CACHADIÑA (A da)

CAMPO (o do)…relacionado con un lugar. Os Campos, do latín CAMPU *campo, chaira*, refíerese a varios lugares.

CAÑOTA (O da).…O Diccionario enciclopédico de Eladio Rodriguez rexistrao así : *castaño secular cuyo tronco está hueco o carcomido en gran parte*. Os diccionarios galegos falan de Cañoteira, lugar cuberto de cañotos.

CASAL DE REI (O de)

CASANOVA (Os de)…Lugar de Leborei

CASÁS (Os de)…Lugar de Meán

CASTAÑO (A do)…

CASTELO ( O do)…Lugar de Cerponzóns

CASTRADO (A do)

CERNADELO (O de)…Referente a un lugar convertido en cinzas, queimado, referente a un lugar donde se facía unha queima agricola dunha terra co fin de preparar para cultivar trigo ou centeo.

CHAN DO MONTE (Os do)

CIMBELO ( O do)

COSTA (Os da)… Procede do latin CÔSTA, en alusión a unha costa ou terreo en pendente ou un tramo de camiño con esas condicións.

CRUCIÑA (A da)…Lugar de Ponte Beán

CUNCHIDO (O do)

ERMIDA (A da)

EIRAS ( A de)

FONTE (Da)

FONTEIRIÑA (A da)

IGLESIA (De la)

IGREXA (O da)

LAXE (O de)

LEBOREI (O de)

MEÁN (O de)

MENDO (O de)

MOGOS (o de)

MONTES (De)

MOUCHOS (O de)…Lugar de Meán

MUIÑO (O do)

PEDRAS (Das)

PERRE (O de)

PIDRE (A de)

PORTA DO VAL (O da)

PORTE (Da)

PORRELO (O de)

POZO (Os do)…Lugar de Meán

PUENTE BEÁN (O de)

QUIATÁN (A de)

RIO DE LA BARCA (O do)

ROMAY (De)

RONS (O da)

SAN CAETANO (O de)

SOUTELO (A de)…Lugar de O Bravo

SOUTELO DE MEÁN (O de)

SOUTO (Do)

TABERNA (O da)

TABERNA NOVA (O da)

TARAL ( A do)

TILVE ( O de)

TORRE (Da)

VIGARIO (O do)

ALCUMES DOS LUGARES DE PROCEDENCIA

AMERICANO (O)

ANDALUCES (Os)

ARZÚA (De)

ASTURIANO (O)

CORUÑA (O)

FONTANS (O de)

LARJO DE XEVE (O)

PORTUGUÉS (O)…Na época da construción da vía do tren, moitos traballadores eran de orixe portuguesa, algúns deles quedáronse a vivir na nosa terra, por diversas parroquias, en Cerponzóns quedaron uns cantos e coñecíanselles por este alcume.

PORTUGUESA (A)

ROMAI (O de)

VAO (O do)

VILA (Da)

XEVE (O de)

ALCUMES DERIVADOS POLO OFICIO

AGUADOR (O)

ALBÉITAR (O)

AJUARDIENTEIRO (O)

BARBEIRO (O)

BARRENDEIRO (O)

CAMAREIRO (O)

CAÑERO (O)

CARNICEIRA (A)

CARPINTEIRO (O)

CARTEIRA (A

CLERSA (O de)

CIRUJANO (O)

COSTUREIRA (A)

CRIADA (A)

CROSS (O da)

ELECTRICISTA (O)

ENTERRADOR (O)

ESCAIOLISTA (O)

FERREIRO (O)

FUNERARIA (Os da)

GARDARRÍOS (O)

GUARDIA (O)

MAIORDOMO (O)

MARINERO (O)

MODISTA (A)

MOLINERO (O)

MÚSICO (O)

NOTARIO (O)

PANADEIRA (A)

PELUQUERA (A)

PRESIDENTA (A)

SACRISTÁN (O)

SASTRE (O)

TABERNEIRA (A)

TABLAJERO (O)

TAXISTA (O)

TETILLEIRA (A)

TRANVIARIO (O)

TRATANTE (O)

XASTRE (O)

ZAPATEIRO (O)

ALCUMES DERIVADOS DOS APELIDOS E NOMES

Muitas veces chámase a algún veciño polo apelido, e en muitos casos vai pasando ás seguintes xeracións, dándose o caso que nos diriximos a membros dunha familia que xa non o portan :

ABILLEIRA (O)

ALBERTES (A dos)

ALVITE (O)

ANDRADE (Os de)

ARAUJO (O)

ARGIBAY (O)

BARCALA (O).…apelido. Procede de un nome de lugar ( Barcalla), o seu significado daba nome a depresións de terreo moi definidas polas que corren ríos.

Nun documento do ano 1032, publicado no Tumbo A da Catedral de Santiago xa aparece Barcala.

BARRAGANES (De)

BARRAGANS (O)

BIEITES (O)…Apelido patronímico procedente do nome Bieito, coas grafías Vieites e Viéitez.

BOTANA (A)

CALVETE (O)

CAMPOS (Os de)

CANOSA (O)

CANOZA (O)

CANOZA (A)

CANOZAS (Os)

CARBALLO (As de)

CARRERA (Os de)

CARRO (O de)

CASAS (O de)

CASIMIRO (Os de)

CASTRO (O de)...apelido.Proven do latin CASTRU, asentamento prehistórico.

CHARLIN (O)

COCHÓN (O)

CONS (O)

CORES (O)

DORA (O de)

ESPERON (O)

EVARISTO (Os de)…..Un alcume que procede do lugar do Cunchido , como se pode observar procede do nome de un antepasado que debia localizarse facilmente por ser o único Evaristo que vivia por ali.

FALCÓN (O)

FERMINS (Os)

FIGUEROA (De)

FLORITA (O de)

FONTANES (De)

FONTECOVA (O)....O topónimo Fontecova, de FÔNTE CÒVA, debe recoller o vocábulo do latin hispano *CÔVA ( en latin clásico CAVA) coa función de adxetivo, aplicado a unha fonte ou manancial situado nun lugar deprimido, covo ou profundo.

FREIXO ( O)

GALOS (Os de)

GALVÁN (O)

GANDO (Do)

GUIADANES (O)…Procede este alcume daqueles que o teñen como apelido, non se ten coñecemento de onde procede, aínda que segundo algún veciño da parroquia este apelido vén de Italia.

HERMENEGILDO (O)…Este alcume procede do lugar de Liborei , da familia dos UCHA , que procedian do lugar de Sabaris , este alcume procede do nome de un dos antepasados

HERMIDA (O)

IGLESIA ( De la)

JOSÉ RAMÓN (O de)

LELA

LIGERO (O)

LORES (De)

LOSADA (Os de)

MAGDALENA (O)

MONTENEGRO (Os)

NOBAS (De)

OSORIO (Os de)

OUTÓN ( Os de)

PACHECO (O)

PACHEQUIÑOS (Os)

PÉRES (O)

PÉREZ (O)

PIEDRAS (Os de)

POMBO (O)

PORTO (O)

PRADO (Os de)

RAMALLO (O)

RAPOSO (O)…Andaba as mozas coma o raposo as galiñas.Este alcume que ten un dos nosos veciños que coñocemos na parroquia por O Raposo non procede de andar as mozas precisamente, porque o alcume do noso veciño Pepe ven de sua avoa que casou co seu home que de apelido era Raposo.

RIBEIRO (O)

RUFINO (O)

RUIBAL (O)

SEDAN0 (O)…Apelido procedente de Italia, tense referencia del dende o ano 1219.

SEÑORÁNS (O)…apelido. Seguramente de orixe  * SENIORANES, en referencia á parentela ou descendencia familiar dunha persoa chamada Senior, ou ben tamén pode proceder de *SUNIARANES, designado a descendencia familiar de alguén chamado Suniarius. Hai documentos do ano 818, publicado na Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago, donde se cita unha persoa chamada Senior. Noutro documento do ano 1088 aparece o nome de Suniaranes, e no ano 1244, aparece o nome de Petrus Petri de Senoraes.

SERTAL (O)

SILVA (Da)

SOUTO (O)

TORRE (Da)

TOVAL (O)

UCHA (Os de)

VENTURA (O)

VILANOVA (Do)

VILLAVERDE (A do)

XAN (A de)

XANCIÑO (Os do)

HIPOCORÍSTICOS

( Son as variacións dos nomes das persoas. As veves varian muito, tanto que non se relacionan co orixinal.

Un exemplo é leste :

Nome en castelán : Antonio

Nome en galego : Antón

Nome familiar : Tucho

ADRI

AMALITA

ANGELITA

BELITA

CANDUCHO

CARMELA

CARMIÑA

CELINA

CESARITO

CILOCHA

CHICHA

CHICHO

CHOLA

CLARUCHA

DANIELITO

DINA

DINO

DORA

DUCHO

ELVI

FINA

FINIÑA

FINITA

FINUCHA

FRAN

GELUCHO

GINOCHA

JALVÁN

JERO

JOSELITO

JRINIA

JUANITO

JUVE

KIKE

LELA

LILI

LINOCHA

LIS

LITO

LUCHO

LUNLIA

MANEL

MANOLO

MARGA

MARIBEL

MARILÓ

MARITA

MARUJA

MARUXA

MARISA

MARITÉ

MERCHI

MERITA

MERUCHA

MILA

MONCHO

NACHO

NELO

NENA

NENÉ

NOE

NUCHO

NURITA

PACA

PACO

PATI

PEPE

PILARA

PILITA

QUICO

QUICUCHO

QUIQUE

RECUCHO

RICUCHO

ROBER

ROGER

RUÍ

SANTI

SEFA

SIDRO

SITA

SITO

SONCI

SUSO

TILA

TINO

TINUCHO

TUCHO

VALENTE

VIROCHA

VIRUCA

VIRUCHA

XAN DE SANQUIATÁN

YOLI

ZALO

O ALCUME NAS LÁPIDAS

Recórdanse aos defuntos as poucas veces que imos ao cemiterio e lemos na súa lápida o seu nome e apelidos, pero si, recordariámolo con agarimo e respecto si ademais do nome puxesen o seu alcume, sería máis fácil darse conta de quen era, creo que non sería mala idea, non sé cal será a vosa opinión…..

O MOTIVO QUE ME LEVOU A  REALIZAR ESTA RECOLECCIÓN:

Fai máis de 25 anos que o doutor Días Lema regálarame un traballo sobre os alcumes, unha separata que gardoa con moitísimo agarimo. Corrían os anos noventa, levaba xa uns cuantos tendo a amizade co entrañable doutor Días Lema, os nosos encontros eran cada certo tempo no comercio donde eu traballaba, no baixo número 5 da Praza de Curros Enríquez. Alí comentabamos temas relacionados coa vida local da nosa querida cidade, tanto culturais, deportivas, culinarias, etc.

Recordo que foi no ano 1994 cando o doutor Días Lema recolleu nunha separata publicada polo Museo Provincial un traballo en grao sumo interesante que trataba sobre os motes pontevedreses, onde aparecen personaxes que seguramente moitos deles recordarédelos. Comentoume que grazas a axuda de uns coñocidos foi recopilando muitisimos apodos que procedían de diversas actividades, referentes o deporte, comercio, dos toros etc.


Estos sobrenomes tiñan o seu orixe normalmente no cabeza de familia e transmitíase os demáis membros, aínda que con algunha excepción, porque había familias as cales tiñan un alcume xeral, pero algún membro da familia podía ter o seu específico. Mentras o doutor me estaba contando todo esto, eu xa tiña na mente os alcumes dos veciños da miña parroquia de Cerponzons, quería facer tamén unha recopilacion.

Daquela xa me entrou un interés por querer saber a procedencia de estos motes que cada un dos meus veciños teñen, eu incluido, e pouco a pouco ir recollendo os que eu recordo, e os que iréi preguntandolle os veciños que queiran colaborar, pois algún habrá que non lle guste o seu e non estén por a labor….

Nunha entrevista concedida no ano 2008 a Elena Larriba, comentaba o doutor que o alcume era o título co que a sabedoría popular designaba a certas persoas para diferencialas e definilas dun xeito enxeñoso, facendo a súa caricatura social, baseándose na súa orixe, na do seu oficio, nas súas actuacións ou nalgunhas peculiaridades persoais, tanto físicas como psíquicas. Polo xeral, aos inmigrantes xa os alcumaba o seu lugar de orixe: Maño, Monfortino, Asturiano, Portugués. Este último, era o pai do propio Días Lema, que tiña un taller de reparación e venda de bicicletas en García Camba.

Pero tamén cita o caso dun distinguido conveciño, ao que polo seu porte e actitudes xermánicas chamábanlle O Alemán. Tamén muitos tiñan por alcume o nome da empresa donde traballaba, como Cerra, Gales ou California, mismo a min hai quen me coñoce por Juanito o de Peral. Nesta entrevista comentaba Días Lema que o caso máis singular que se cita no libro de Motes Pontevedreses é o de Juanito Entra e Verás.

No relacionado o mundo do amor, contaba que nunha relación habíase faltado ao compromiso, e a sabedoría popular puxolle ao protagonista de alcume Alta Traición. E que decir os alcumes con referencia á virilidade, era mui frecuente escoitar os motes de algún coñocido que non lle gustaba nada que o coñocesen por :

Non a ten, Comeulla o porco ou Sete patacos.

O alcume Sete patacos xurdiu, ao parecer, como resultado dun concurso de lonxitude e o vencedor mediu sete patacos de cobre.

Tamén na separata do Museo fai referencia o doutor a uns alcumes mui curiosos, por exemplo o cabaleiro que sempre andaba paseando cunha fusta na man, quedoulle para sempre “Mi caballo murió “. Ou daquel gobernador civil que nunha ocasión dixo ” Tardo en obras, pero cuando lo hago, lo hago duro” , os veciños acabaron chamando o señor gobernador : El Estreñido.

Tamén hubo no mundo da política un alcalde que se caracterizaba pola súa inoperancia, era coñocido como “Reloj parado”.

No artigo de Elena falaba tamén dos carteristas, que eran coñocidos cómo ” Moinantes”, Días Lema tenme falado deles de vez en cando, dado que cando o doutor preguntaba qué tal andaba o meu xefe é como sabia que había nacido en Lérez pois salía a relucir o tema dos carteristas jajaja. Seica o máis coñocido era un tal don Adolfito, entre os seus alumnos máis destacados figuraban Cuatro Ojos e Gabechos, que eran capaces de quitar unha carteira aínda apercibindo a persoa qué tiñan diante, a cal non daba crédito de cómo podían facer.

Teño recordos tamén dos alcumes relacionados co mundo do mar. Aqueles mariñeiros que permanecían moito tempo en terra alcumábaselles “Cagotes”, e aos que non saían a pescar fora do porto chamábaselles “Os do caldo”, porque non querían deixar de comer o caldo na casa.

ARTIGO DE BENIGNO GARCÍA  RELACIONADO COS ALCUMES :

O alcume vén a ser unha especie de sobrenome co que se trata de establecer unha diferencia, connotación, etc. especial ou específica dun individuo ou familia. Tamén se denomina alcuño, nomeada, sobrenome e, por asimilación co castelán, apodo e mote. É un fenómeno social de case todas as culturas do mundo, sendo a súa función variadísima e o seu campo moi amplo.

Dun xeito ou doutro, a maioría dos grupos sociais teñen os seus alcumes.

Nas sociedades antigas, antes de se consolidar o sistema de apelidos, rexistros civís e demais, o alcume desempeñaba unha importantísima función de cara a establecer unha individualización de cada persoa ou familia. E mesmo moitos, co tempo, pasaron a ser apelidos e viceversa.

Case ninguén se libraba de ter o seu alcume, pois abarcaba a todas as clases sociais e mesmo reis e nobres non se salvaban de ter alcume, sendo este un feito moi usual na Idade Media.
Non se poden establecer normas ou teorías exactas sobre a orixe ou as causas polas que se poñen os alcumes, pois estas son múltiples e diversas, e responden, así mesmo, a unha variedade enorme de factores que fan imposible fixar unha regra exacta a tal fin. A pesar disto, o alcume obedece a unhas circunstancias ou factores que están sempre relacionados dalgún xeito coa persoa ou persoas obxecto del.

Todos estes factores pódense compendiar da seguinte forma:
– Hainos por razón de oficio ou profesión: Torneíros, Ferreiros, o Baldeiro, etc.
– Por caracteres físicos: o Chosco, a Coxa, o Manco, etc.
– Por vicios ou defectos na fala: o Tatexo, etc.

-Por adoptar actitudes ou comportamentos sociais mal fachendosos, que é quizais o factor que máis motes orixina:    Marchacucho, Soidebora, Peste, Bruxa, etc.

– Por razón do lugar de procedencia: Arajonesa, a Viguesa, Campañó, etc.
– Por mor da emigración: Americana, o Cubano, etc.
– Por reiterarse moito na repetición de algo: Chistosa, a Risueña, etc.
Tamén hai un xeito de alcume, aínda que non sexa tal, así é o caso dos que responden á fórmula “os de…” Por exemplo: os de Ucha, os de Ramiro, os de Estévez, etc. Outro aspecto é aquel de algúns apelidos ou nomes que funcionan como alcumes, porque noutro tempo foron apelidos ou nomes de antepasados deste, aínda que na actualidade o alcumado xa non teña relación directa co nome fin co apelido. Tal é o caso dos denominados Matías, Marselos, Garridos, etc.
En canto a fixar o momento en que se lle pon un alcume a alguén, pódese establecer con bastante aproximación que ten lugar durante a súa infancia ou xuventude e xa o acompañaba de por vida, transmitíndoo, se é o caso, ós seus descendentes co paso do tempo.
Outros aspectos do alcume poden ser que dentro dunha mesma familia con mote propio, exista unha persoa cun alcume específico, así é o caso do difunto de Juan Perdido, que pertencendo á familia dos Potros, tiña o seu propio mote, ou de Manolo o Tormenta, que recibe dito apelativo por ter nacido o día da famosa tormenta do 15 de setembro, e sen embargo forma parte da familia dos Cachuchas.
A aceptación social do alcume é moi diversa: uns acéptano de bo grao e a outros séntalles mal; está máis ligado ó mundo rural que ó urbano, predominado máis nas clases sociais baixas que nas altas, aínda que non é teoría exacta. Un aspecto especial dos alcumes é o do relacionado cos espectáculos e certos deportes. Así ternos que no mundo taurino, raro é o destro que non ten alcume, e no mundo do deporte, son o boxeo e o ciclismo as que máis acaparan este aspecto. O balompé tamén achega sempreun bo continxente, sobre todo se o xogador procede de Iberoamérica, tendo aquí unha forma curiosa de colocalo, pois vai case señipre entre o nome e o apelido.
O alcume permanece na casa, así sóese dicir a casa dos… ou de… Cando alguén casaba e ía vivir á casa do outro cónxuxe, tarde ou cedo, pasaba a ter o mote da casa onde residía, pero, se ó casar fundaba casa nova, levaba o mote con el ou con ela, dando lugar á circunstancia de que apareza o mesma mate en dous ou tres lugares distintos. Así podemos atopar Redabouxos na Gándara e na Piolla; Ramallos na Gándara, Ramallás e Casaldorado; Chinitos, na Torre e Ramallás; Miñocas, no Arco e na Gándara; Calacús, na Gándara e Castelo, etc.

Na nosa Galicia o alcume desempeña, amén doutras, dúas funcións fundamentais, tales coma son: a de saber a que persoa ou familia nos referimos, como a de situalos nun espacio xeográfico (lugar) concreto da parroquia.

Por poñer un exemplo, cando antigamente tanguían as campás a defunto, a xente comezaba a inquerir de quen se podería tratar. Quen o sabía respostaba, normalmente, dando a nome e a continuación o alcume. Deste xeito, as persoas identificaban ó finado ou á súa familia. Mesma hoxe en día, ande o ritmo social impón que os finados partan dun tanatorio para realizar a “derradeira viaxe”, faise ás veces complicado para moitas persoas saber de quén se trata ó ler as esquelas, pais estase a cometer un erro gravísimo ó facer figurar como casa mortuoria ou tanatorio, cando alí non morreu, e por riba omítese o lugar da parroquia onde residía, que de tela mencionado facilitaría moito a posible identificación do finado/a. Pero, aínda máis, se na esquela, baixo o nome do falecido figurase o seu mote ou alcume, moita xente establecería rápidamente unha relación familia-lugar e así poderían confirmar se se trata de quen pensan. Este costume aínda segue a manterse con bastante frecuencia na banda da mar.
En relación coa función de identificar e situar a unha persoa no espacio, vou citar unha anécdota que me contaron. Certo día un irmán de Luciano de Acevedo (o Miquiñas) que estaba no Brasil, envioulle por un veciño de Campo Lameiro un paquete. Este preguntou por Lérez adiante pola casa de Luciano e ninguén Ile sabía dar disquisición ata que alguén viu que debaixo do nome figuraba o seu alcume (Miquíñas) e ó momento xa Ile indicaron de quen se trataba.
Outra función do alcume é a de poder servir coma “carta de presentación” cando un chegaba a certas casas ou lugares onde un non era coñecido e tiña que responder á consabida pregunta de: -¿E ti… de quen vés sendo? O normal é que se respostase: -Pois veño sendo fillo de… (primeiro o nome do pai ou da nai e a continuación o alcume). Este feito téñoo constatado eu moitas veces, pois, segundo a zona da parroquia onde me atopase, mencionaba o mote de meu pai ou de miña nai. Así se ía á zona do norte, Verducido ou Xeve, dicía que era fillo da Andres Solla de Casal Novo, mentras que se me atopaba na zona sur, ou mesmo Alba ou Campañó, a resposta consistía en dicir que era fillo de Benigno o Marselo da Gándara; e se cadraba daba os dous. O feito era que o asunto funcionaba.
A pesar de todo isto, o alcume está actualmente en franca regresión, podendo incluso chegar a perderse tan pronto desaparezan as persoas maiores que na actualidade os ostentan, desaparecendo así un aspecto moi interesante da cultura galega.
( Artigo de Benigno García en Cedofeita )

ENCONTRADO NUNHA REVISTA ARXENTINA :



COLABORACIÓN EN EME RADIO :

https://soundcloud.com/juan-jose-esperon-recarey/alcumes-mp3

Entrevistas :

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/juan-rons-500-motes-cerponzons/202001131319291068835.html

 

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2020/02/04/juan-jose-esperon-zona-costera/2241565.html

 

Cómo se di ALCUME en :

En alemán: Spitzname

En castelán: Apodo, Mote

En catalán: Motiu, malnom

En euskera: Izengoiti

En francés: Sobriquet

En inglés: Nickname

En italiano: Sopranome

En portugués: Alcunha, Cognome

En brasileiro: Apelido

E TI DE QUEN VES SENDO ?

O ROQUE

Un alcume é unha especie de sobrenome co que se trata de establecer unha diferenza ou connotación, ben dun individuo, ben dunha familia, ben dun lugar ou parroquia. Tamén se denomina: alcuño, nomeada, sobrenome e, por asimilación co castelán, apodo ou mote.

Nas sociedades antigas, antes de que se consolidara o sistema de apelidos, rexistros civís e demais, xogaron una importante función na individualización de persoas e familias; mesmo, co tempo, moitos pasaron a ser apelidos e viceversa.

Os alcumes abranguen tódalas clases sociais, aínda que predominan máis nas clases sociais baixas que nas altas. Asemade, ocupan a maioría de espazos, aínda que se dan máis no mundo rural cá no urbano.

Factores relacionados coas persoas que fan aparecer os alcumes:

*  Oficios e profesións.

*  Carácteres físicos.

*  Vicios ou defectos na fala.

*  Comportamentos sociais non acaídos.

*  Por razón de procedencia.

*  Por mor da emigración.

*  Por reiteracións continuas de algo na fala.

*  Por identificacións deportivas, políticas, etc.

*  “Os de… Persoas que na liña xenealóxica marcaron á familia, por personalidade, centralidade ou outros aspectos, etc.

Aceptación individual do alcume.

*  Aceptación de bo grado.

*  Non lles dan importancia.

*  Séntalles mal.

O alcume permanece na casa.

* Así acostuma dicirse “A casa dos…. Cando alguén casaba e ía vivir á casa do outro conxugue, pasaba a ter o mote da casa onde ía residir.

Funcións que desempeñan.

* Cumpre tres funcións básicas: Saber a persoa da familia a que nos referimos; identificar a unha persoa nun espazo e servir como carta de presentación:

* Á pregunta “E ti…¿de quen ves sendo?” A resposta é “familia + alcume”.

( Autor Carlos Méndez )

 

CARLOS BLANCO E O ALCUME