15- CONVERSAS CON XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO

HAI ALGUNHA FOSA COMÚN NA CHAN DO MONTE ?

Hai tempo chegou aos meus oídos un tema relacionado con uns feitos sucedidos na época máis negra da nosa historia, estou seguro que daríamos o que fose para que non chegasen a suceder esos feitos que marcaron para sempre a moita xente, por suposto a moitos dos nosos veciños e tamén seguramente a familiares nosos.

Agora co traslado dos restos do dictador veume á memoria uns comentarios que escoitei fai un tempo pola parroquia, os que o comentaron facíano en voz baixa e como que non querían falar do tema nin que se soubese quen o dicía, o medo aínda pervive en moitas mentes.

Entón decidín falar cunha persoa que é un estudioso do tema, quería preguntarlle si sabía de algo, si estaba documentado nalgún lado que en Cerponzóns había algunha fosa, ou ben si sábese si chegaron a matar na nosa parroquia a algún preso.

Fai uns días tiven unha nova conversa, esta vez co historiador Xose Álvarez Castro ( Pontevedra, 1953).

Xosé Álvarez Castro, mestre, licenciado en Xeografía e Historia. Master en Educación Ambiental.

30 de Outubro 2019.

Café Moderno, un café con leite é un descafeinado.
Pepe Álvarez e un home que participa activamente no asociacionismo cultural (Cedofeita), e na recuperación da Memoria Histórica, entre outras muitas máis cousas, ademáis por poñer aigún exemplo, e autor de numerosos artigos sobre historia e medio ambiente, como tamén autor do blog ” Pontevedra nos anos do medo”
Dime Pepe, cómo sucedían os “paseos” ?

Os represores manexaban unhas listas que en ocasións eran modificadas, tanto para engadir nomes como para eliminar outros, debido a vinganzas persoais, relacións de amizade ou recomendaciones e sobornos a determinados elementos das milicias cívico-falangistas. Outras veces, os represaliados eran detidos nas súas casas ou nos seus refuxios, xeneralmente nos montes dos alrededores, aos que fuxiran como medida de precaución ante o cariz que tomaban as cousas.

Na maioría dos casos, os detidos eran torturados antes de ser asasinados e os seus cadáveres depositábanse nas cunetas das estradas de acceso á cidade, proximidades de cemiterios, ou en lugares transitados, para que o sucedido tivese un valor exemplarizante. O cemiterio de San Mauro, a curva de O Couto en Tenorio, os malecons da estrada cara a Monte Porreiro, o monte da Caeira, o lugar de Carabelos….son sitios de triste memoria en Pontevedra.

Polo que me conta Pepe a estrada nacional 550 foi tamén un lugar por onde se chegaron a realizar moitos casos destes, un dos lugares próximos á nosa parroquia onde hai recolleitos datos é a parroquia de Alba, exactamente por onde estaba o cruce hacia San Caetano que había fronte ao Restaurante Corinto.

Tamén o máis seguro que en algún lugar de Cerponzóns sucedesen casos, un dos lugares seguramente fose no límite co Concello de Barro, e tamén outro sitio na zona do Chan do Monte……
Hai de quén dixo fai tempo que algún veciño da Parroquia cando era un neno había visto polo Chan do Monte que andaban a matar nos homes, polo que hai escrito en libros, artigos e documentales de cómo facían “os paseos” aos que mataban nunca eran da Parroquia donde sucedían os feitos, poida que este relato que poño a continuación teña que ver con aquel fatídico día, o cal viviron algúns veciños, entre eles o neno que muitos anos despóis volveu a recordar aquel feito, donde él tamén estaba nese momento tan desgraciado polo Chan do Monte …..
En un dos libros do historiador Dionisio Pereira conta o seguinte :

…. a partir da data fatídica do 11 de Agosto, todo mudou.

Os falanxistas cerdedenses habían recibido unha notificación da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra para que baixaran seis veciños daqueles máis destacados das esquerdas.

A condición que lle poñían era que tiñan que chegar mortos á capital da provincia.

Os elixidos foron Severino Bugallo, Manuel Garrido, José Torres, José Cortizo, xunto cos souteláns Jose Maria Taberneiro, alcumado “O Rolo de Vilapouca”, e Jesús González.

Non se chegou a saber si foi grazas a intervención de Vicente Bugallo, irmán de Severino e Xefe da Falange de Soutelo de Montes, á instancias da súa cuñada Jovita, ou polo prurito de non asasinar ” in situ” aos conveciños, o caso é que os falanxistas cerdedenses decidiron baixar os reos a Pontevedra pero vivos, e alí decidir qué facer.

De novo a intromisión de Vicente Bugallo, que intercedeu polo seu irmán e conseguiu que alguén o reclamara da Comandancia e o metera nunha fonda, frustrou parcialmente os seus plans; sen embargo, ao día seguinte, catro corpos nos primeiros kilómetros da estrada de Pontevedra a Santiago. Faltaba o de Manuel Garrido, alcumado ” O Negro”, que foi dado por morto cun tiro no peito na altura dos Milagres de Amil e puido zafar mercé algunha persoa solidaria que lle axudou a voltar ao seu domicilio, onde a muller agachóuno e procedeu a curarlle as feridas. Dende aquela, a Garrido chamóuselle tamén “O Resucitado”.

N550, pola zona do Chan do Monte

Outros comentarios de veciños  da parroquia dicían sobre este feito que había unha fosa polo lugar do Chan do Monte, e que alí os enterraban e ata algún aínda estaba vivo cando estaban botándolle terra encima.

Estes comentarios nunca foron lidos en documentación algunha polos historiadores, polo cal a dúbida de que exista unha fosa común na Chan do Monte seguirá existindo.

Sigo preguntando aos veciños por si recordan oír este suceso, unha veciña comentábame fai uns días de escoitar que pola Tilleira sucedera ese feito, pero non recorda máis.

Outro veciño coméntame de que uns nenos atoparan fai anos uns ósos, que debido ao tamaño que tiñan parecían de humanos, pero non quixeron dicir nada porque por medo a que lles dixesen algo volveron a enterralos.

Outra veciña é máis explícita ao contar este feito :Recorda que foron seis homes os que aquel fatídico día ían darlle o tiro de graza, polas inmediacions do Chan do Monte, conta que ao chegar ao lugar baixáronos do camión e dispararon a todos, cinco deles morreron no acto e un gravemente ferido escapouse, chegou a Moraña desangrado, unha veciña do lugar socorreuno e tívoo escondido na súa casa durante uns días ata que avisaron á súa muller que veu a por el, polo que soubo despóis de un tempo este home era de natural de Campolameiro.

NOTA :

Con Xosé decateime que un dos peores asasinos máis coñocido daquela época que houbo en Pontevedra non o querían nin ver na Falange, imaxinarvos como sería, eu ata ese momento estaba convencido que era falangista, pero hai documentación donde se dí claramente o rechazo que había hacía él, ata na súa familia no podían ver. 

Este enlace e sobre o noso vecino Juan Magdalena :

https://anosdomedo.blogspot.com/2019/11/contra-o-esquecemento-juan-magdalena.html

15- OS ANOS DO MEDO, A REPRESIÓN FRANQUISTA

Este texto sobre  a familia Magdalena foi extraído da publicación : A represión franquista en Lérez , unha parroquia adiantada ao seu tempo.
A REPRESIÓN FRANQUISTA EN LÉREZ

A FAMILIA MAGDALENA

O exilio arxentino foi tamén o destino elixido por varios membros da familia Magdalena para fuxir do terror franquista que lle custara a vida a Juan Magdalena García  ( foto n 11 ), destacado dirixente de Federacion Comarcal Agraria . Juan foi asasinado o 10 de setembro de 1936 e deixou viúva e descendencia. Tivera a Dolores , Juan e Canducho coa súa muller Dolores Castro Ruibal , quen ademais achegaba ao matrimonio tres criaturas : Manoliño , xa falecido no momento do asasinato de Juan , Rosa , que o igual que seu irmán maior sufría unha discapacidade psíquica, e Lola.


A memoria do pobo gardou a especial saña empregada no crime. Que fora arrastrado con cabalos , que o seu cadáver presentaba cortes nos brazos e resina de pino nas mans , como se intentara suxeitarse ás árbores. Que lle cortaran os xenitais e metéranllos na boca e que estaba tan desfigurado que o recoñoceron polas botas .

Dixénralle que fuxira pero sabía que non fixera mal ningún e como tantos outros confiou en que ninguén llo faría a el :
         ” Os meus pais contaban que cando lle decían de fuxir , o meu avó dicía :

             -E por qué vou marchar se teño fillos e eu non fixen nada a ninguén ? Non teño porqué marchar….”

Juan Alvite , neto de Juan Magdalena
Si fuxiron da barbarie os seus irmáns , Severino e Ángel Magdalena García acompañados polo home da súa irmá Mercedes , Constante Estévez Casalderrey , Mercedes Magdalena García reuniríase con eles ao ano seguinte, acompañada das dúas fillas e fillo que tivera con Constante . En Lérez quedou outra irmá , Josefina Magdalena García ( foto n 13 ) De alcume As Recachas , ambas rexentaban senllas tabernas que sufriron as requisas dos golpistas , segundo explica o mestre e dirixente da agrupación cultural Cedofeita , Xaime Iglesias :
    ” Josefina tiña a taberna no barrio de Casaldorado e facíanlle requisas. Viña o camión do exército e collíanlle cousas , como tamén lle teñen requisado a Mercedes no Castelo antes de marchar ”
Xaime Iglesias , mestre e directivo de Cedofeita.
Nun artigo que Xaime Iglesias e Isidoro González Paz publicaron na revista que edita a propia Cedofeita seguindo a estela ilustrada da parroquia na II República , a veciña de Lérez Carmen Blanco Rodríguez, Carme a Perucha , explicaba como o seu curmán axudou a Mercedes a eludir a extorsión franquista :


        ” Non coñezo a ninguén que axudase aos fuxidos pero meu primo Pepe , cando viu pasar o camión que lle ía requisar a taberna de Mercedes a Recacha, atallou polo medio das fincas e escondeu no medio do millo toda a mercancía que puido ”
Carme Blanco , a Perucha para Cedofeita.
Nese mesmo artigo , Carme conta que ao seu pai , Joaquín Blanco Roque , déronlle unha tunda para que delatase aos fuxidos que se agachaban polo monte. Ademais , os falanxistas ofrecéronlle ao seu irmán Manolo , que era un cativo , ata un peso por calquera pista sobre o seu paradójico.

Da vida no exilio dos Magdalena temos datos grazas ás entrevistas realizadas polo propio Xaime Iglesias e pola historiadora Bárbara Ortuño á filla de Mercedes , Mercedes Estévez Magdalena. Por ela sabemos que o seu pai e os seus tíos fuxiron por Portugal o mesmo día que mataron a Juan e foron recibidos en Bos Aires por outro irmán Magdalena García, Alfredo , que emigrara alá con trece anos. Coa súa axuda mercaron un bar e puxénrose a traballar , reagrupándose as familias en 1937. Co tempo , os seus pais puxeron un negocio propio , un ” almacen ” como se chama alá ás tabernas con tenda de alimentación similares á que Mercedes herdara dos seus pais e pechara tras a irrupción fascistas na súa vida.
      ” A miña nai traballaba moito , no negocio , na casa , cos fillos(…) ela ocupábase de todo , o meu pai tamén pero…pero ela tiña máis traballo, mamá ocupábase dos fillos , da roupa , de pasar o ferro, de todo ! Pero era moi forte , era moi traballadora a miña nai , tiña moita enerxía para traballar , para loitar “.
Mercedes Estévez Magdalena a Bárbara Ortuño.

Biografía : http://www.dogrisaovioleta.gal/biografia/represaliadas-e-resistentes/dolores-castro/

Desde o blog de Xose Alvarez  Castro fun recopilando o que ten relación con Cerponzons :

Pontevedra nos anos do medo: Epistolario (IV): Cartas a Gómez Corbacho.

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2016/11/epistolario-iv-cartas-gomez-corbacho.html

Epistolario (IV): Cartas a Gómez Corbacho.
Antonio Villaverde Hermida era un chofer veciño de Cerponzóns (Pontevedra) detido en agosto de 1936. Acusábano de conducir un camión con xente armada dende Bueu a Pontevedra; dito camión fora detido e obrigado a dar a volta por tropas do Polígono Janer de Marín. A policía considérao partícipe de actividades revolucionarias e cualifícao de comunista, aporta como proba da súa militancia a correspondencia que mantivera con Juan Manuel Gómez Corbacho. A Guardia Civil de Bueu informou que desempeñaba o posto de vogal de propaganda das Juventudes Socialistas e que era moi coñecido polas súas ideas extremistas. Juan Manuel Gómez Corbacho estaba fuxido naquelas datas e acabaría asasinado en Salcedo. Antonio Villaverde foi fusilado, tras un consello de guerra, o 28 de novembro de 1936 no quilómetro un da carreteira de Campañó (A Caeira).

Neste “Epistolario” damos a coñecer o contido das dúas cartas. Respectamos a redacción e ortografía orixinais.

Estimado camarada en mi poder tu carta del 16 del corriente veo que estas vien yo de momento vien.

Camarada tengo que decirte que el dia 14 del corriente hubo en Pontevedra un mitin de afirmación republicana en el que ablaron republicanos, socialistas, comunistas y galeguistas todos ablaron vien pero el delegado del P.C. estubo formidable cuando ablaba nuestro delegado o sea ablaba el P.C. el delegado del governador hubo de llamarle al orden alguna vez pero el publico puesto en pie y con el puño en el alto gritaba energicamente, entonces el delegado del governador quiso suspender el acto, pero no lo suspendió porque el publico protestó y Tafal le echó las manos entoces seguio ablando nuestro camarada pero tubo que limitar su discurso.

Despues del acto se celebró una impresionante manifestacion que desde el teatro fueron acia el govierno civil, en donde prorrumpieron con vivas a Rusia y a Asturias; así que ya ves la emocion que abia ese dia en Pontevedra y asi fue en todo.

Respecto a lo que me dices del P.C. si tiene mucho progreso pues mira desde Octubre se arreforzado bastante mas; aunque digan lo contrario nuestro P.C. se ba reforzando bastante, no te puedo ser más amplio en esto. […] Un saludo a tu manera para todos los camaradas que te acompañan en esa infernal prisión. Salud.

Camarada me diras si te entregan las conservas que te mande o que acen con ellas […]

A referencia ao acto de afirmación republicana permite datar a carta no mes de abril de 1935; tivo lugar o día 14 dese mes, no teatro Coliseum e patrocinado polas organizacións obreiras e agrarias e os partidos de esquerda. As dúas peticións máis destacadas foron a amnistía xeral e o restablecemento das garantías constitucionais. Do texto da carta tamén se desprende claramente a certeza da militancia comunista de Antonio e Corbacho.

A continuación ofrecemos outra carta de data posterior:

Estimado camarada: Salud. Recibi tu ultima carta y veo que aun te sientes mal pues lo siento de corazon, yo lo que te pido es que procures estar tranquilo pues a hora es el mopmento que ay que tener mas fuerza. […] Y siento no poder desde aquí constituirme en un Doctor y mandarte un medicamento para que tu no sufrieras nada; por lo menos mientras estuvieses a hi.

Me perdonarás por no averte escrito antes pues como se aproxima el dia de las elecciones me fue imposible acerlo antes; por eso no lo heché en holbido.

Camarada estamos trabajando mucho para la propaganda electoral, y además tenemos el triunfo seguro, nadie podrá detener el Blóque Punpular anti fazcista ho mejor dicho el Bloque Obrero. […]

Hoy estuve con tu compañera y con las niñas y estan bastante vien eso constituye una gran alegría para mi y para todos nosotros. Me dices en tu carta las molestias que nos causa atender con todo respecto a tu compañera y alas niñas, pues e de decirte por mi parte que no hay molestias posibles en cuanto atender a un acto humanitario y a de más es un dever de todo buen compañero en defender y ayudar con todas sus fuerzas a una familia de un hombre que caído en las manos de …autoritario de un poder que no es digno de …por defender un hideal. Por buscar una Sociedad mas sana. […]

Interesante a referencia á compañeira de Corbacho, Elvira Lodeiro (fusilada en decembro do 36) e ás dúas fillas, atendidas pola solidariedade de Antonio e resto de camaradas; felizmente e dentro do traballo do proxecto A Memoria das Mulleres, a compañeira Montse Fajardo púxolle imaxe e biografía á nai e ás fillas.

Publicado por Xosé Álvarez Castro en 19:37 

REFERENCIA AO CONSELLO DE GUERRA E SENTENCIA:

17 NOVIEMBRE 1936. EL PROGRESO.

CONSEJO DE GUERRA.

Hoy se celebrarán en esta capital los siguientes Consejos de guerra sumarísimos:

A las diez, contra el paisano Antonio Peleteiro Suárez.

A las doce, contra Antonio Villaverde Hermida.

A las cuatro de la tarde; contra Manuel Puente Iglesias y otros.

En el primero actuará de defensor el capitán de Infantería don Ricardo Martínez y Martínez, en el segundo, el capitán de Artillería don Rafael Reyes, y en el tercero, el comandante de Infantería don Eladio Becerril y el capitán de Artillería don Luis Gómez Pontijas.

28 NOVIEMBRE 1936. EL PROGRESO.

CUMPLIMIENTO DE SENTENCIA.

Esta mañana ha sido fusilado en la carretera de Campañó, Antonio Villaverde Hermida, chófer de profesión y natural de la inmediata parroquia de San Vicente de Cerponzones.

En uno de los Consejos de Guerra últimamente celebrados, se le condenara a muerte por haber tomado activa parte en los sucesos de julio.

El reo rehusó los auxilios espirituales.

Pontevedra nos anos do medo: A morte de Alberto Martínez.

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2013/12/a-morte-de-alberto-martinez.html

A morte de Alberto Martínez.
Nas eleccións do 12 de febreiro de 1931 presentárase como candidato monárquico polo distrito de Mourente aínda que cando tomou posesión fíxoo como agrario; ao longo do período republicano parece que foi evolucionando ata as filas do centrismo de Portela Valladares. Avogado, funcionario, secretario da Beneficiencia Provincial, casado coa mestra Vicenta Hevia Marinas, irmá do alcalde, nas ditaduras de Primo de Rivera e Franco, Remigio Hevia. Nos días posteriores ao golpe aparece como doador nunha das colectas patrióticas.

A súa desaparición, nos primeiros días de setembro do 36, conmocionou á sociedade pontevedresa, tanto pola personalidade do desaparecido como polos rumores sobre as circunstancias nas que se producira. As dilixencias xudiciais abertas, anos despois, polo xulgado militar da praza de Vigo, sobre esta morte son unha fonte de información moi importante acerca do mecanismo empregado nos “paseos” e tamén sobre quen os decidía e executaba.

Todo empeza cando o 12 de xullo de 1939, o seu irmán Félix, militante destacado de Acción Popular en Pontevedra, garda cívico nos primeiros momentos, “persona de intachable conducta moral, pública y privada; de filiación derechista, afecto a la Causa Nacional” e que desempeñaba o cargo de delegado da Caja Regional Gallega de Previsión Social y Subsidios familiares, presenta unha denuncia ante o gobernador civil. Nesta denuncia, moi emotiva, dá conta dos rumores estendidos pola cidade sobre a desaparición do seu irmán e apunta a determinadas persoas como indutoras do crime.

Se resistió en los primeros momentos a salir de casa, teniendo en cuenta lo avanzado de la hora, pues pasaba de las once de la noche, pero al darse cuenta que en el grupo que lo requería se encontraba la Guardia Civil, que era para él, como lo es para todos los españoles honrados, el máximo prestigio de seguridad personal, abandonó su domicilio para acompañarlos. […] Y desde aquella noche de desgracia para mi y para los suyos, no volví a saber más de mi hermano.-Puse mi empeño en saber su paradero, y lo supe cuando personado en la Comandancia de la Guardia Civil, el Sr. Velarde y Velarde, Jefe de esta Comandancia, me manifestó que “no buscase a mi hermano, pués tal vez no dejase rastro”.- Pero se equivocó el Sr. Velarde.- Los ayes y gemidos de los que atados y sin estar totalmente muertos fueron arrojados al mar, entre los que se encontraba mi pobre hermano fueron los encargados de decir cual había sido su triste suerte.- Las playas de Bueu y sus vecinos con una minuciosa investigación pudieran acaso patentizar esta dolorosa manifestación.- Y ni siquiera se le permitió el cumplir como todo cristiano ansía, cuando la muerte le llama al mundo de la verdad.- Ni un confesor para absolverle sus faltas cometidas con Dios.- Y despueś de esta tragedia marchan voluntarios dos de sus hijos a luchar por Dios y su Patria.

Un deses fillos, Alberto Martínez Hevia morreu na fronte de combate.

Nun escrito datado o 27-9-39, o xeneral xefe da rexión militar ordena ao xuíz militar da praza de Vigo que instrúa unha “breve información” para esclarecer o feito denunciado.

Meses máis tarde, Félix Martínez ratifícase na denuncia e amplía datos sobre quen podería ter máis información: o cívico Manuel Mirón, Avelino Fraga e o tenente coronel Velarde entre outros.

O xuíz instrutor toma declaración a diversas persoas e damos conta das máis significativas: Manuel Mirón “O Cheira”, ferreiro, garda cívico domiciliado en Mourente, nunha primeira declaración manifesta descoñecer o asunto, agás o feito da desaparición. Un mes despois, o 24 de novembro de 1939, logo de recibir garantías de protección polo xuíz, xa que tiña medo que o matasen, rectifica e manifesta que atopándose no cuartel da Guardia Civil, foi requirido polo daquela comandante Velarde, que estaba acompañado polo gobernador civil tte coronel Ricardo Macarrón e o ex-deputado Víctor Lis, quedando fóra do despacho outros destacados cívicos.

 Que el comandante Velarde le dijo “oye Mirón hay que ir a buscar con una pareja a Alberto Martínez y de este que no quede ni rastro porque sinó ya sabes lo que te pasa, te fusilo. […] Que cuando el dicente salía con la camioneta acompañado de dos guardias Civiles y Cívicos, D. Víctor Lis Quibén acercándose al dicente le dijo “ya has oído lo que ha dicho el comandante, que no quede rastro de Alberto Martínez y ten mucho cuidado con lo que dices y que nadie se entere de esto”. Que el coche-camión llegó por Marín a Bueu y que allí se presentaron en el cuartel de la Guardia Civil, incorporándose otros guardias y conduciendo a los detenidos a un monte, donde fueron fusilados, y después de haberlos ejecutado se volvieron a cargar la camioneta los cadáveres, siendo arrojados al mar muy retirados de la playa.

Preguntado polos motivos do asasinato afirma que Martínez Tiscar era un home coñecidísimo e que politicamente era acomodaticio, que derivara da monarquía ao socialismo pasando pola masonería da que debía ter secretos, toda vez que 

fué protegido del General de Artillería Sr. Iglesias, que era Masón al decir de las gentes y que debía saber que el Sr. Macarrón lo era también, según se decía y esto unido a que debía de tener conocimiento de muchas cosas serias relacionadas con los Masones estimando el dicente que esto, unido a rivalidades políticas fué determinante de la desaparición de Alberto Martínez.

 Preguntado se sabe que Víctor Lis cometera algunha outra clase de abuso de autoridade, di que o ignora, pero que as visitas frecuentes ao cuartel “las estima como determinantes de las determinaciones de los Sres. Macarrón y Velarde”.

A gravidade das acusacións e a importancia dos acusados, seguramente, influíron na decisión que toma o xuíz militar de oficiar á comandancia da Guardia Civil para que “protega (sic) y tenga bajo custodia de dependientes de su autoridad al testigo Manuel Mirón Vázquez, por si fuera objeto de algún atentado personal”.

O tenente coronel Velarde, nestes momentos xa estaba destinado en Tenerife, lembra a Martínez como “muñidor” de eleccións, pero non lembra os feitos polos que lle preguntan debido a que naqueles dias se efectuaran multitude detencións.

O capitań de complemento de sanidade Víctor Lis declara que “es voz popular y que está en la conciencia de todos” que fora detido por unha parella de gardas civís, xunto con outros individuos e que desapareceran sen ter novas deles. Non lembra a reunión citada por Mirón. Sobre Alberto Martínez, acúsao de irregularidades económicas na súa xestión, de manobrar nas eleccións para dar o trunfo á Fronte Popular e tamén de masón ao igual que se dicía de Macarrón, por último afirma que era de rumor público que estaba en intelixencia con Magdalena [Juan, dirixente agrario, paseado o 10-9-36)], de Cerponzóns, para facer voar unha ponte na carreteira de Santiago.

Manuel Bernal, capitán da Guardia Civil, logo de reiterar o carácter flutuante de Martínez Tiscar en asuntos políticos, afirma dunha manera rotunda y categórica que el triunfo de las izquierdas en esta provincia, se debe única y exclusivamente, a los manejos y falsedades cometidos por Alberto Martínez.

A comisaría remite un informe sobre Víctor Lis (15-1-1940) no que aparece un moi interesante parágrafo sobre as responsabilidades de Lis en relación coa actuación dos “cívicos”: 

En la intervención y detención de personas como asimismo en la desaparición de alguna de ellas, no consta en esta Comisaría sea el Sr. Lis responsable de las extralimitaciones que hayan podido cometer los Guardias Cívicos de esta Capital, ya que esta fuerza estaba controlada por la Guardia Civil, cuya jefatura ostentaba por aquel entonces el Sr. Velarde comandante de dicho Instituto.

No informe emitido polo xuíz instrutor atopamos un significativo parágrafo no que se recoñece a existencia de actuacións reprobables nos primeiros momentos tras o golpe: 

en sus albores la guerra, desatadas las pasiones y la necesidad de deslindar los campos, manteniendo segura la acción del Ejército, a no dudar se llegó al desafuero, que ahora, en los momentos actuales, victoriosas las banderas, hace salir los hechos de los límites de la figura que pudiéramos llamar racional, pero que, en aquellos momentos constituyó un medio de salir adelante, aún cuando el procedimiento haya sido poco edificante.

 Recoñece a imposibilidade de aclarar máis os feitos, dada a pasividade e silencio dos que puidera ter intervido, e cualifica a actuación de escabrosa.

Das distintas declaracións podemos deducir o sucedido: un grupo de cívicos e unha parella de gardas civís achéganse a casa de Alberto Martínez en Covelo (Poio), aseguran ter ordes de levalo diante do gobernador; a muller pide a un dos gardas cívicos que se identifique e este contéstalle que se chama “Perico de los Palotes”; con receo, pero confiando en que un garda civil lles manifestou que xuraba polo seu honor que non lle pasaría nada, no seu coche e acompañado pola súa muller e fillos diríxense a Pontevedra e, ao chegar á ponte da Barca, lévano detido non permitindo que o acompañe a súa dona. En compañía doutros detidos foi conducido cara Bueu, nun descampado son fusilados e embarcados nunha lancha para ser fondeados no mar; tempo despois aparece o cadáver nunha praia de Beluso (Bueu). Os participantes no “paseo” foron unha parella de gardas civís e un coñecido grupo de cívicos e falanxistas habituais neste tipo de sucesos: Mirón, José Estévez “O Raña”, Avelino Fraga “O Chalán” e falanxistas de Lalín e Vilaboa, entre outros.

Nun escrito datado a dez de xullo de 1940, o instrutor, logo de recoñecer que , sen xénero de dúbida, a desaparición obedeceu a “medio violento y a virtud de órdenes emanadas del Cuartel de la Guardia Civil”, afirma que 

tenidas en cuenta que las declaraciones prestadas por los supuestos inculpados responden a una negativa pertinaz en la que habilmente diluyen la responsabilidad que pudiera alcanzarles, el Juez Informante, aún estimados los hechos acusatorios no se siente en plena conciencia con elementos de juicio suficientes a definir tales responsabilidades.

 En consecuencia eleva o caso á superioridade. O auditor, logo de examinados os informes, emite un ditame cun interesantísimo considerando; debemos resaltar que hai unha primeira redacción mecanografada que transcribimos: 

CONSIDERANDO: Que no resulta debidamente justificada la perpetación (sic) de delito alguno no obstante haber apurado el Instructor la investigación sumarial para lograrlo.

 Unha serie de engadidos feitos á man e tachaduras, cámbianlle totalmente o sentido para quedar do seguinte xeito: 

CONSIDERANDO: Que aun cuando resulta debidamente justificada la perpetación (sic) del delito, no obstante haber apurado el Instructor la investigación sumarial para lograrlo, no puede concretarse responsabilidades a exijir (sic) contra persona determinada.

O capitán xeral ordena a elevación a causa e o sobresemento provisional.

A documentación citada procede do AIMN.

Pontevedra nos anos do medo: Claudio Magdalena González

Claudio Magdalena González
Adicada a Rogelio Torres pola súa xenerosidade.
Un oficio asinado polo comandante da Guardia Civil Joaquín Velarde acompañaba a posta a disposición da autoridade xudicial militar de Claudio Magdalena González, acusado de “ser uno de los cabecillas del movimiento iniciado contra el Ejército Español en el mes de julio último por los elementos obreros comunistas de Pontevedra y sus inmediaciones”

    Claudio Magdalena era natural de Vigo, traballara en Oviedo de electricista e establecérase en Pontevedra, onde, ademais de exercer o seu oficio, tiña unha taberna na rúa San Román; fora directivo do Partido Radical Socialista e, máis tarde, integraríase no partido Unión Republicana.

    O xornal Progreso do día 9 de setembro de 1936 daba conta da súa detención e afirmaba que a captura fora un tanto laboriosa, debido á boa situación estratéxica en que se atopaba o fuxitivo: un monte desde o se divisaba toda a comarca. Logo da saída dos militares á rúa, Magdalena e outros compañeiros buscaron refuxio nos montes de Lérez e no Acibal, durmían no monte ou en alboios das casas que non tiñan cans e consideraban seguras e, polo día, achegábanse a buscar comida ao lugar do Castelo. Pero as forzas represoras baixo o mando de Lis recibiran confidencias sobre os fuxidos e as batidas sucedíanse dia e noite, nunha delas, levada a cabo por un grupo de seis gardas civís e uns sesenta “cívicos”, lograron a detención de Claudio Magdalena o 8 de setembro.

    As acusacións contra el son moi graves e efectúanas destacados membros da Guardia Cívica. Víctor Lis afirma que era un dos principais dirixentes do movimiento obrero contra el Ejército que continuamente estaba en contacto con el ex-Gobernador Civil al que parece servir de asesor o Secretario. Tamén asegura que era elemento de ideas moi avanzadas e disolventes e que o vira repartindo armas e organizando a xente o 20 de xullo na capital, así mesmo acúsao de dirixir, xunto con Alejandro Gama, o asalto aos almacéns de Melero e ao local de Acción Popular en febreiro do 36. Outro dos acusadores foi o sarxento do Batallón de Voluntarios Eduardo Rodríguez para quen Magdalena é comunista perigoso, corrobora o dito por Lis e engade que participara na organización do asasinato de Secundino Esperón, que era “policía particular del Frente Popular” e que “ha hecho siempre alarde de su poder e influencia comunista, cuyas ideas propagaba y ensalzaba en su establecimiento de bebidas al que concurrían el Gobernador Civil Señor Acosta…

    Claudio Magdalena deféndese asegurando que o día 19 foi ao goberno civil para curiosear e que permaneceu alí toda a noite saíndo só para buscar tabaco e cear algo na taberna de Urtaza; recoñece que o 20 acompañou aos que rexistraron a casa da marquesa de Leis, na que atoparon armas de carácter histórico, na do cura de Cerponzóns e noutras casas da zona.

    No consello de guerra o seu defensor, Jaime Aranda, minimiza a súa significación política:

 y Magdalena es un obrero de tantos, sin cultura como es natural, a quien se quiere hacer cabeza de turco cuando lo que el pretendía en estos tiempos era adquirir méritos para lograr la seguridad de un jornal alcanzando la plaza de electricista de la Diputación. […] No podría Magdalena ser el representante de las organizaciones obreras, desde el instante que no aparece con cargo sindical alguno.

    Pero a sentencia recolle nun dos considerandos:

Que el procesado paisano CLAUDIO MAGDALENA GONZÁLEZ, de significación comunista y que con anterioridad a los sucesos se distinguió interviniendo en atentados contra las casas y establecimientos de personas de significación derechista, al enterarse del Movimiento militar se persona en el salón de la Diputación de esta capital y con pistola en mano se le ve dando órdenes y repartir armas de fuego, distinguiéndose en las requisas de dichas armas de las casas de personas de significación derechista.

    Condenado a morte, entra en capela instalada no baixo do cuartel da Guardia Cívica e, xunto con outros compañeiros, é fusilado por un piquete de 40 gardas de asalto mandados polo tenente José Rodríguez ás sete da mañá do sábado 17 de abril de 1937; rexístrase a morte como causada por colapso cardíaco. Como estaba establecido, a documentación recolle a súa vestimenta: zapatos e calcetíns negros, camisa branca e pantalón escuro; a sepultura recibiuna en San Amaro, na fosa 34, zona segunda, fila 1ª, en terreos propiedade do concello.

Publicado por Xosé Álvarez Castro

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2012/12/claudio-magdalena-gonzalez.html
Pontevedra nos anos do medo: Paseados…

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2011/07/paseados.html

Paseados…

Este tipo de asasinatos, que algúns autores encadran dentro do concepto “represión paralegal”, son levados a cabo sobre todo nos primeiros meses tras o golpe militar. Estas accións, que poderían parecer incontroladas, estaban planificadas con anterioridade ao golpe militar e buscaban o sometemento do territorio no que este triunfa, mediante a eliminación dos cadros políticos, sindicais, agrarios, etc; os sublevados aseguraban así a quietude na retagarda coa paralización polo terror de calquera asomo de resistencia, ó tempo que impulsaban o achegamento ó novo réxime de importantes sectores da poboación, por medo ou pola defensa dos seus intereses e que colaboraban activamente coas novas autoridades integrándose en milicias paramilitares, denunciando e servindo de testemuñas contra os considerados inimigos ou, simplemente, mirando para outro lado.

 ( Entra no enlace para máis información)

Pontevedra nos anos do medo: A Caixa Rural de Lérez

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2011/02/caixa-rural-de-lerez.html
A Caixa Rural de Lérez


Consello de Administración da Caixa Rural de Lérez.
…la libertad política no puede existir sin previa libertad económica y que el caciquismo no es sino el efecto de la esclavización económica, de la miseria material del rus gallego. Si paralelamente a esa labor de fogueamiento espiritual se hubiesen creado en nuestro agro instituciones de carácter económico en cuyo seno el labrador encontrase solución a sus problemas permanentes, a estas horas el caciquismo sería un triste hecho en la Historia de Galicia, pero no una realidad actual […] El día pues que los labradores gallegos, organizados en potentes cooperativas sean ellos quienes dirijan las diversas funciones de su actividad económica (el crédito, la compra, la venta, la industrialización de sus productos, etc) ese día serán ellos también los dueños del destino político del país por ser ellos no solo los creadores sino también los rectores de la riqueza básica específica de la región.

El Pueblo Gallego, 20-8-1930
Sirva esta longa cita de Manolo Gama, cerebro e impulsor da entidade financeira lerezá, para encabezar esta entrada adicada á Caixa Rural de Lérez. Nos arquivos do Goberno Civil pontevedrés figura como data da súa creación o 11 de novembro de 1925. En xaneiro de 1926 compran os terreos para construír o local social, pois precisan maior amplitude da que dispuñan para acoller as distintas seccións: crédito agrícola, compra, venda, etc.

En 1927 acordan publicar unha revista de técnica e economía agraria denominada Vida Agraria, dirixida polo avogado e asesor xurídico da entidade, Joaquín Poza Juncal. No ano 1928 e debido á crise de vendas que sofren os viños do país pola entrada de viño doutras zonas, establecen na rúa S. Julián, nº 7 de Pontevedra, un Bodegón Cooperativo da Caixa Rural de Lérez para vender con “garantía absoluta de pureza” os máis exquisitos viños do país, tintos e brancos, das máis afamadas adegas lerezás.

Tamén organizan diversas conferencias sobre temas agrícolas sendo moi soada a que impartiu o catedrático de agricultura do Instituto pontevedrés, Bibiano Fernández Tafall:

Con gran sencillez y elegante estilo, explicó la composición de nuestros terrenos, de las semillas, manera de aplicar los abonos minerales y formas de cultivo, adornando su conferencia con la presentación de muestras que hicieron doblemente amena y práctica la disertación, que fué magistralmente dicha. 

El Pueblo, 20-4-1930.
En marzo de 1931, a caixa dou un paso máis na súa expansión converténdose en comarcal, co afán de ofrecer os seus servizos aos agricultores das parroquias circundantes: Alba, Campañó, Cerponzóns, Sª María e Sº André de Xeve e Verducido. Como consecuencia, constituíse un novo Consello de Administración integrado por Diego Montes Peón, de Lérez, como presidente; de vicepresidente Manuel Formoso, de Alba; e como vocais Manuel Portas (Campañó), Constante Fernández (Cerponzóns), Benito Rivas (Verducido), Benigno Torres (Sª María de Xeve) e Manuel Sanmartín (Sº André de Xeve). A continuación celebrouse un mitin no local da sociedade de agricultores, no que interviñeron o presidente da Caixa Rural, o avogado asesor Poza Juncal, o letrado lerezán Paz Andrade e o secretario-contador e “verdadero organizador de esta institución” Manolo Gama.

Pero a actividade da caixa non se limita aos agricultores pois varios sindicatos da Federación Obreira local, tamén depositan os seus fondos na entidade lerezá. Este feito foi aproveitado polo órgano periodístico dos socialistas, o xornal La Hora

(14-1-1932) para criticar duramente a Gama e aos comunistas:

Se nos asegura que los comunoides que mangonean en el Centro Obrero de esta capital, han vaciado las cajas de fondos de varias Secciones – entre éstas, Canteros y Metalúrgicos – en la Caja Rural de Lérez, que dirige Gama, a espaldas de los afiliados. No nos extrañaría la confirmación de esta noticia, pues sería un caso más de dictadura. Mientras tanto, los obreros sin trabajo y sin pan. ¡ Viva el comunerismo!
Eran anos nos que a loita entre comunistas e socialistas pontevedreses para controlar as organizacións sindicais e agrícolas estaba no seu punto álxido.

O novo edificio, obra do arquitecto Emilio Salgado, inaugurouse no ano 1933 e está situado no cruce da rúa Juan Bautista Andrade coa carreteira de Campo Lameiro. Aparte da ampliación das seccións existentes, habilitouse unha planta para a Cooperativa de Consumo, que dispuña de apartados do ramo de comercio, calzado, vestido, etc.

Manolo Gama ocupou o cargo de xerente ata 1934, ano no que cesa alegando motivos de saúde. A crise económica, as malas colleitas, a retirada de fondos das asociacións obreiras debido ás folgas e o custe do edificio, obrigaron aos socios cooperativistas a facer aportacións de diñeiro. O golpe militar de xullo do 36 dálle o tiro de gracia a esta iniciativa.

Segundo fontes orais, dous cívicos armados cominaron a Juan Pérez Piñeiro “O Calacú” , último presidente da mesma, a entregar as chaves do local. Falanxistas e cívicos apoderáronse de tódolos bens e nos xornais pontevedreses apareceu como donativo para a Guardia Cívica “recogidos en la Sociedad Cooperativa de Lérez” unha relación de variadas mercancías, entre elas 43 botellas de licores, latas de conservas, legóns, tesoiras, chourizos, etc.

O 29 de decembro de 1937, a Deputación acorda

Prestar el mayor apoyo moral por considerarla altamente patriótica e inspirada en los más cordiales sentimientos de caridad cristiana y protección humanitaria a la iniciativa que bellamente expuesta…

fai o cura D. Leandro del Río, que pretende crear un Hospitalillo con dez camas para enfermos da parroquia e con servizos gratuítos de dous médicos e varias mulleres como enfermeiras, o cura exercería de administrador. Algunha testemuña ve nesta proposta un intento de D. Leandro para que o local seguise dependendo de Lérez.

A iniciativa non tivo éxito e o xulgado de Vigo, con data de 21 de abril de 1938, concédelle a administración ou posesión interina á Caja de Ahorros de Vigo, como consecuencia da débeda de 15000 pesetas, máis os intereses acumulados. No ano 1963, o delegado de Facenda, en escrito dirixido ao Director Xeral de Patrimonio do Estado e co asunto de: “Bienes procedentes de Entidades Marxistas”, dá conta da situación do inmoble. A redacción do informe e algunha outra circunstancia, permiten albergar dúbidas sobre a escrupulosidade do procedemento seguido nalgunha das transmisións da propiedade.

Publicado por Xosé Álvarez Castro 

Pontevedra nos anos do medo: 2010
http://anosdomedo.blogspot.com.es/2010/

Pontevedra nos anos do medo: Víctor Moldes Carro ( I )

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2009/03/victor-moldes-carro-i.html