9- ARTE- VICTOR OTERO

VÍCTOR OTERO, PINTOR


Coñecín a Otero alá polos anos oitenta, sempre o vía co seu cartafol de traballo debaixo do brazo, no seu interior unhas cantas obras a plumilla, a súa técnica preferida, paseando de arriba abaixo buscando un posible comprador, algunhas veces viña ata o meu posto de traballo situado na Praza de Curros Enríquez. Co seu eterno sorriso ofrecíame algunha obra “a un prezo especial para min “, Otero era moi popular na nosa Pontevedra, un home educado, con gran cultura e que gustaba de ir sempre ben vestido.


Nunca souben muito da súa vida privada, non era home de comentar aquilo que non quería que se soubese, e si ás veces preguntáballe algo persoal  sempre che contestaba con algo relacionado coas súas obras, parece que foi onte, nestes días de chuvias vénme ao recordo velo co seu gabán, o seu inseparable pitillo nunha man e o seu cartafol na outra.

Normalmente adoitaba estar nalgunha cafetería da nosa cidade, entre café e copa era habitual velo no Carabela creando algún traballo, unha eira , un paisaxe….tamén frecuentaba estar no Bar Paris, xogando unha partida de cartas, alí solía velo e quedábamos de negociar no meu choio o precio da obra que me ofrecía, o mediodía era habitual velo tomando unha cunca no Parvadas….ou a hora de comer na rua da Virxen do Camiño, na casa de comidas Durán, máis coñocido como A Porcona.

Otero cos seus amigos do Bar Paris, nunha entrega de trofeos do Cto. de Tute


Preguntando estes días ás miñas amizades que tamén coñeceron a Otero fun recollendo o pouco que sabemos da súa vida, algúns me din que era natural de Padrón, en cambio outros de Vilagarcia, eu inclínome polos comentarios de algúns coñocidos meus que dixeron que era natural de VILAGARCIA, tamén comentando sobre él todos opinamos o mismo do pouco que falaba da súa familia, e do pouco que falaba algunha vez era sobre a súa nai, tíñalle tal o agarimo que a tiña nun pedestal, tamén recordo que me dixera un día que tiña un fillo, pero pouco máis me falou sobre él.

Otero con Carlos Vidal, da cristalería Vidal, donde Otero enmarcaba muitas das súas obras.

 

Algunhas das súas obras chegaron a estar expostas en galerías de arte, unha delas a Galería Grife Escoda en Barcelona. A súa achega foron tres obras fechadas entre os anos 84/86, unha a plumilla, outra carboncillo e unha sanguina, as tres relacionadas con temas galegos.

Son varias as amizades que me enviaron fotografías dalgunha das obras de Otero , aquí vou expoñéndoas grazas á colaboración das miñas amizades que mas enviaron.

Obra de Otero, que ten a súa historia….
Esta obra de Otero ten a súa historia, unha tarde Otero veu a visitarme, gustaba de ollar ás últimas modas que chegaran a nosa tenda, de paso sempre intentaba venderme algunha plumilla.

Pero esta vez a Otero gustoille unha chaqueta a cadros de cores azuis turquesas, a min gustoume a pintura das mulleres, e chegamos a un acordo……..
Aínda que non sei moito da súa vida, nin son crítico de arte permítome en comentar que a maioría das obras de Otero foron a través do debuxo a tinta utilizando para iso a plumilla, con ela, Otero era un artista consagrado, o seu estudo sobre os trazos que obtiña nas súas obras quedaron reflectidas en todas as súas pinturas que moitos pontevedreses temos nas nosas casas.


FOI POLO ANO 1999 CANDO LLE PEDIN QUE MI FIXÉSE UN TRABALLO ” ESPECIAL”, QUERÍA QUE ME FIXERA A PLUMILLA A IGREXA DE CERPONZONS :


Gran ensayista no que se refire á combinación de trazos, obtendo tramas que creaban uns efectos precisos de sombras e “grises”.

Tamén Otero era un maestro na pintura o óleo, esta obra gardoa con muito agarimo, era unha das miñas preferidas, a primeira vez que a vin tiña exposta no seu salón do piso de Campolongo donde vivíu durante uns anos, este cadro que terminei por mercar a Otero e un paisaxe do lugar de Moreda (Asturias) :


Os seus últimos anos foron ” grises”, quizais a necesidade fíxolle realizar algunha “mala obra”, pero quédome con todo o bo, que foi moito.

A última vez que souben de Otero é que estaba no Asilo e ao pouco tempo decateime do seu falecemento, del quedáronme as súas obras e o seu eterno sorriso.