XA TEMOS LOCUTÓRIO EN CERPONZÓNS.

Lembrades o primeiro teléfono na vosa casa?

A primeira liña telefónica máis próxima a nós, instalouse en Vigo, corría o ano 1886, polo ano 1916 publicábase o primeiro listín telefónico, Telefónica constituíase como sociedade anónima o día 19 de abril de 1924, no ano 1928 se realizou a primeira comunicación entre España e América, onde se estableceu a primeira conversación telefónica con Buenos Aires, e posteriormente con Montevideo, aquilo foi unha proeza, é que, por exemplo, o circuíto Madrid-Buenos Aires-Montevideo tiña unha lonxitude de 9.800 quilómetros.

O mundo do teléfono viviu unha época de sacudida pola Guerra Civil e a posguerra que freou o seu crecemento. Tras uns anos complicados, Telefónica retomou o camiño de crecemento, e en 1953 chegou ao millón de teléfonos instalados.

E foron pasando os anos, e chegou o día que na parroquia tivemos tamén teléfono, aquel primeiro locutorio público, no que estaba atendido, alén do teléfono, por mulleres, as cales tiñan un gran labor, primeiro a de conectar coa persoa que queriamos falar e a segunda, gardar extrema discreción, pois elas coñecían o contido de todo o que se falaba.

Cantas anécdotas hai relacionadas cos teléfonos daquela, os locutorios, os primeiros teléfonos en casa ( que ás veces os nosos pais chegáronlle a poñer candados para evitar facturas de moitas pesetas), as cabinas telefónicas etc. ata chegar ao día de hoxe cos teléfonos móbiles.

Comparto a noticia de fai hoxe 55 anos, o teléfono chegaba a Cerponzóns…

18 JULIO 1968. EL PUEBLO GALLEGO.

DESDE AYER, SERVICIO TELEFÓNICO AUTOMÁTICO DE PONTEVEDRA Y VIGO CON SANTIAGO Y FERROL.

Serán inaugurados hoy once locutorios públicos en el rural de la provincia.

Uno de los más expresivos datos para valorar el crecimiento de una nación, está en los listines telefonicos. A mayor número de teléfonos, más alto grado de desarrollo.

En esta España nuestra, que sabe mirar al futuro con serenidad, pero sin pausa; que sigue los caminos del desarrollo sin aspavientos, se están dando grandes pasos -zancadas, diriamos- hacia esas anheladas metas del bienestar colectivo. Y el teléfono puede ser un buen reflejo de este avance.

Nuestra Compañia Telefonica se ha situado en muy pocos años en un puesto destacado. Hemos llegado a un teléfono por cada 10 habitantes, y hay medio millón de solicitudes pendientes.

Pero se aspira a mucho más, y el camino está siendo andado a buena marcha. En Vigo sabemos de muy recientes mejoras en el servicio, a las que ahora se incorporan otras no menos importantes. Desde las 12 de la noche de ayer, por ejemplo, podemos comunicarnos automáticamente con los abonados de El Ferrol del Caudillo y Santiago de Compostela, y lo mismo se puede hacer desde Pontevedra. Basta ya con marcar el prefijo 981, y a continuación el número del abonado correspondiente para establecer la comunicación.

Queda así completadas las comunicaciones directas entre las redes automáticas de las provincias de Pontevedra y Vigo. Y para completar un programa dinámico, hoy, a la una de la tarde, quedarán inaugurados en el rural de la provincia los siguientes locutorios públicos: Arco (parroquia de San Salvador de Lérez); Cabaleiro (Campaño): Covadasperas (Berducido); Corbal (Bora); Iglesias (Santa Marina de Geve); Lusquiños (Tomeza): Pazo (Mourente); Ruibal (Salcedo); Sobral (San Andrés de Geve): Tilve y Bouza (Cerponzones), y Touceda (Alba).

Será esta una jornada importante en cuanto a mejora de las comunicaciones, que es hacer más fácil el entendimiento.

M.

A MINA DE PIDRE É A SEÑORA MANUELA, A LARACHA.

Moitas minas de auga que hai o longo da parroquia fóronse buscando ou facendo debido á necesidade de auga que tiña a xente, tanto para traballar as leiras como para uso doméstico.

Examinábase detidamente o sitio donde un tivera unha leira ou fogar, e cando se observaba algún punto onde houbese moitas plantas, xuncos etc. que necesitaban bastante auga para subsistir, alí comezaban a cavar, ás veces tiña que pasar varios días cavando, normalmente a medida que se ía rebaixando a terra, ía aparecendo máis humidade…e de súpeto un fío de auga que se ía agrandando cada vez máis e chegaba a converterse nun caño considerable de auga para servizo de varias leiras.

Non soamente usábanse as minas para dar servizo ás leiras, son unhas cantas casas da parroquia que a auga da súa casa procede dalgunha das minas existentes hoxe en día.

MINA DE PIDRE.

A MINA de PIDRE está situada ao carón da carretera nacional 550, entre á nave de Carro e o chalet, está situada nunha leira que era propiedade de Pepe O Peneiras e que lle vendeu a Constante o de Pidre fai xa anos.

Non é a única mina de auga que hai polo lugar, mui preto desta mina hai outras dúas máis, pero voume a referir a ésta debido o desbroce que se fixo nestes días e volvese a ver mellor donde está a Mina de Pidre.

Por certo, non sei si recordades, que polos años setenta, donde está o chalet (con ese muro tan alto), fora un lugar que se había proposto para facer unha gasolinera, pero non pudo chegar a facerse debido a que non contaba con todas as autorizacións e permisos necesarios.

Antigamente a mina servía auga através de unha canalización que vai por baixo da carretera a un lavadoiro que había situado enfrente, debaixo dos cipreses que se cortaron éstos días, a mina é mui grande, antigamente había quen entraba dentro dela si ter que agocharse.

Según os vellos do lugar, a auga da mina salía sempre morna, era criadeira, ademáis nunca secaba, todo o ano tiña auga e sigue sendo así.

No lugar donde estaba o lavadoiro, hai unhas fincas que viñan sendo propiedade do Barragáns de Pidre, outra de Charito de San Caetano e outra da señora Manuela A Laracha (sogra de Constante).

A SEÑORA MANUELA, A LARACHA.

Éstos días, tras a corta que fixeron os da empresa Tragsa, apareceu de novo a nosa vista a Mina de Pidre e falando con uns veciños, contaronme que a mina sigue tendo auga, que fai uns días un veciño desatascou o cano que hai donde estaba o lavadoiro e saliu auga…é tamén me contaron algo sobre a señora Manuela, A Laracha.

Contaronme que a señora Manuela tiña a finca sempre chea de hortalizas, verduras e legumes, cultivaba xudias, pementos,cenorias, tomates, leitugas, repolos, patacas fabas, etc., a auga da mina era mui boa para cultivar todo o que plantaba, seica ós mais vellos do lugar, era un auga criadeira…

A señora Manuela tiña un posto na Praza de Abastos, na planta darriba, tiña ademáis muitos clientes fixos, de toda a vida, clientes que estaban encantados con todo o que poñía a venda naquelas bancadas de pedra.

A señora Manuela era unha profesional adiantada aqueles tempos, sólo había que mirar para as outras bancadas, os productos non tiñan punto de comparación os da señora Manuela, os dela estaban todos frescos, limpos, mui ben colocados na bancada, solo mirar como trataba os alimentos, xa che daban ganas de mercarlle de todo un pouco. Mentras que nas outras bancadas mirabas que non tiñan xeito ningún a hora de colocar os productos, ata algúns viñan con terra e outros xa estaban pasados.

A señora Manuela era mui cuidadosa, tanto que ela mismo cuidaba muito a súa presenza, sempre a mirabas limpa, ben peiteada, coa súa cara blanca, as suas mans limpas…é sempre co seu mandil posto, mismo a lazada de dito mandil estaba feito a perfección.

Sabemos que hai mais minas pola parroquia, por exemplo hai dúas que están preto das casas do lugar de A Bouza e outra por Parrei, dúas máis en Pidre, en Mean, en A Costa, no Vigario…xa habrá tempo para numerar cantas hai pola parroquia, pero hoxe quixen recordar a de Pidre e sobretudo a señora Manuela, unha gran muller que vendia na Praza de Pontevedra productos do campo de Cerponzóns, unha muller que fixo parroquia.