16- AS FESTAS DÁ PEREGRINA, RECORDOS DE XUVENTUDE.

Agora que remataron as Festas da Peregrina 2022, quería compartir con todos vós os recordos que teño da miña mocidade relacionados coas devanditas festas.

Tamén contei coa colaboración duns cuantos veciños e veciñas que me contaron os seus entrañables recordos, cheos de nostalxias e sentimentos.

Os meus primeiros recordos que teño son de moi pequerrecho, era chegar as Festas da Peregrina era dicir que chegaban as corridas de touros, si, meu pai era un gran afeccionado aos touros, desde mui xoven.

Na taberna da Rons había un grupo de veciños mui aficionados aos touros, tiñan unha “peña taurina” de andar pola casa coma quen di, reuníanse conforme sabían quen viña a tourear ese ano, falaban do coste das entradas, é entre chiquita e chiquita recordaban anécdotas do ano anterior, tanto dentro coma fora de praza, tamén o que había sucedido con algún dos “peñistas “ etc.

Que eu recorde estaba Juan o da Rons, Moncho o da Rons, Manolo Riveiro, Joaquín o Carrapuzo, Manuel Campos, Camilo Ucha e algún mais que agora non me lembro.

Durante uns días, a tardiña, chegaban a taberna e iban poñendo os cartos das entradas, un deles era o encargado de ir a mercar as entradas para todolos fextexos, non faltaban a ningún, unha das corridas que máis recordo foi na que veu Manuel Benítez, O Cordobés, aquel ano chegoulle a dar dous billetes de mil pesetas a Antonio e a Ángel, os dous irmáns que vivían en Pidre e que ían todolos anos cos peñistas. Recordo tamén que meu pai tiña predilección polo toureiro Ángel Teruel e non sei como un día a señora Teresa, a carteira, tróuxolle unha postal enviada polo toureiro dirixida ao meu pai, Juan da Rons non cabía dentro del jajaja.

Antonio e Ángel.
Antonio e Ángel, cos billetes de mil pesetas que lle dou O Cordobés.

Non lembro que idade tería eu cando fun por primeira vez aos touros, na miña mente reteño o recordo de que meu pai levábame ao caballito e tamén recordo da calor que se pasaba nas bancadas de sol, daquela a praza estaba sen cubrir e xa vos podedes imaxinar.

(Un dos anos que fomos aos touros de novo meu pai levounos á miña irmá e a min, resulta que despois de acabar a corrida, os maiores decidiron ir a pasalo ben (entre eles tiñan unha palabra clave, dicían que ían a Francia, a comer non sei qué).
Coma miña irmán é mais eu molestábamos, meu pai meteunos no trole e tivemos que ir desde o Mirador de Alba ata a Rons andando sós
).

Falando de touros, collinlle afección e tiven unha época que fun asiduo a algunha corrida, agora teño outras preferencias e xa fai tempo que non vou. O recordo que teño do tema touros, como anécdota, é o ano aquel (creo que foi a finais dos setenta) que non houbo touradas, a empresa organizadora había determinado non realizar festexo taurino no coso de San Roque, montouse unha boa, organizouse unha manifestación a favor das touradas que ocupaba todo Montero Ríos, hoxe en día moitos dos fillos daqueles que nos manifestamos a favor das touradas, maniféstanse en contra das mesmas, así é a vida e é moi respectable a súa posición, como os que deciden ir á praza.

Aquela etapa de neno que ía co meu pai ás Peregrinas resúmese brevemente, levarme aos touros, despois á saída da praza, parada nun bar que facía esquina finalizando o Paseo de Colón, enfronte á Alameda e para finalizar o día das festas comprábame uns churros e de volta a casa.

Cando contaba catorce anos xa baixaba cos veciños no trole, o regreso era case sempre andando, se perdiamos o trole “con horario especial” que había eses días de festas.

Cando chegabas á Alameda parecía que estabas noutro mundo, aquel ambiente dábase unha vez ao ano e poder baixar a gozar polo menos as fins de semana era o premio que tiña por portarme ben.

A música das atraccións, o cheiro dos churros, das améndoas garrapiñadas, o ver aquelas mazás con caramelo (que as comías coa vista, pero despois cando me poñía a comela non me gustaban nada), os caballitos, os coches de choque…e aquel caixón que se desprazaba dun lado a outro, lembrades? Non é que fose gran cousa, pero tiña un perigo, o día que ti decidías ir nel e de súpeto subíase tamén Finoca a de Marin, aquilo era un “acojone”, porque cando Finoca colocábase nun lado e ti estabas no outro, sabías que no momento que o caixón subía e ti quedabas no fondo…Finoca deixábase ir e de súpeto caíase encima de todos os que estabamos na parte contraria jajaja, así toda a viaxe…

Finoca, bailando con un veciño de Cerponzóns.
Finoca, bailando con un veciño de Cerponzons.

Unha atracción que tamén repetía todos os anos e que ía vela sempre, era aquela que era en forma de cubo e dentro colocábanse dous motoristas, a súa habilidade era tal que facían filigranas por aquelas paredes, a toda velocidade subían e baixaban, cruzábanse entre eles etc. era extraordinaria a súa actuación.

A atracción que máis respecto dábame, por non dicir medo, era aquela que entrabas nun cuarto e víase unha cabeza de muller con corpo de araña, o altofalante da atracción atraíache comentando que era unha especie que se atopou en Sudamérica, paréceme que en Guatemala, todos os que íamos vela e pasabamos o tempo de duración do espectáculo buscando o truco, pero non había forma.

As barracas de tiro tamén as visitaba, nas tómbolas parábame a ver, non era de comprar rifas, tampouco tiña diñeiro suficiente e tiña que cinguirme ao que había no peto para ir en tres ou catro atraccións. Sempre me fixo graza ver aqueles afortunados que lle tocaba premio na tómbola, e o que máis se repartían eran as torres de tarteiras amontoadas de maior a menor, jajaja, moitos andaban toda a noite coas tarteiras dun lado para outro jajaja.

O que si non faltaba era a miña visita para tomarme un chato de Viño de Aragón, era ineludible, co seu barquillo. Era un Cariñena que ao tomalo transmitíache unha serie de emocións que se vivían naquel ambiente, centos de litros de felicidade despachábanse durante aqueles días, quen non pasou por ese posto ?

Pero a min o que máis me chamaba eran as verbenas que había enfronte á Deputación, boas orquestras e cantidade de mozas ás que ías pedir de bailar, ás veces pasabas case toda a canción pedindo de bailar e cando chegabas a unha moza que che dicía que si, remataba a canción.

Por Montero Ríos e pola Alameda pululaba un home que era moi coñecido, as festas non serían o mesmo sen unha serie de personaxes habituais naqueles días, como Finoca, Ino, Neno, Ismael co seu acordeón etc. e o home que vos comentaba anteriormente, aquel que cada ano tiña unha novidade, que sí un ano traía un tronco de madeira e tiñas que cravar un cravo, como moito en tres marteladas, sen que se dobrase, a cambio se o lograbas levabas un paquete de Winston (era no mes de Xaneiro, nas festas do patrón de Cerponzons que xa coñeciamos a súa proposta, a súa forma de vender o produto era dicindo en voz alta por todo o atrio : ESTA NOCHE A CLAVAR ! Outras veces colocaba dous paquetes separados ao ancho dun balón e tiñas que darlle unha patada ao devandito balón e tirar os dous paquetes á vez, premio de Winston…pero o máis soado foi cando apareceu con Amparito, tratábase dun taboleiro onde debuxara unha figura de muller, na súa entrepierna fixéralle un buraco e por onde había que meter a pelota, xa vos podedes imaxinar…

Recordo tamén que nunha barraca da Alameda había unha proposta que me aborreceu de tal forma que non me achegaba a ela nin por todo o ouro do mundo, a da ratita, aquel altofalante non deixaba de repetir unha e outra vez a ratita, machucando o paisano coa dichosa ratita, a pobre soltábana nun círculo con moitas casetas, o público apostaba por determinada caseta e se a ratita entraba nela, levabas o premio, uf ! Que pesadez, non o aguantaba escoitar seguido : ya está la rata debajo de la lataaaa, mira la ratitaaaa, la ratitaaa…

Pero o recordo que máis agradable teño da miña mocidade foi coa fanfarria Los Politos.

Houbo uns anos que trouxeron a unha fanfarria para que andasen tocando polo centro da cidade, tanto á mañá, como á noitiña.

A mocidade estaba encantada coa idea, e maioritariamente cando era a sesión de noite, poñíase detrás da fanfarria e seguíanos por todo o percorrido. Lembro un ano que os compoñentes dos Politos estaban a rematar o seu percorrido e dirixíanse ao lugar onde estaban instalados, a Residencia de Estudiantes, situada na Avenida de Vigo.

Cando me dei conta que tomaban dirección á Residencia, funme para a cabeza da fanfarria, alí ía un compoñente dos Politos levando o seu estandarte, achegueime a él e díxenlle que o vía moi canso e que se quería leváballe eu o estandarte, o paisano agradeceume o detalle e pasoume o estandarte…pero a miña intención non era ir en dirección á Residencia, a miña intención era seguir coa música da fanfarria máis tempo, así que cando puiden virar en dirección contraria así o fixen e a carallada seguiu bastante tempo máis por varias rúas da cidade, ata que Los Politos non podían con eles jajaja.

RECORDOS DE XUVENTUDE DOS VECIÑOS.

Como de costume, contactei cuns cuantos veciños e veciñas, pregunteille polos seus recordos de mocidade, isto foi o que me contestaron :

Buenos días …pues yo subí un día con algunas de mis hermanas y sobrinas en el toro mecánico, yo era la que más aguanté encima y a ellas les dio rabia, una sobrina se me agarró tanto que me dejó sin botones de la camisa y quedé en sujetador todo el mundo mirándome jajaja.

Y también recuerdo un día en la noria, iba con Lis y con mi padre. Lis se quería bajar cuando estábamos parados arriba y mi padre estaba blanco no, lo siguiente …y yo atacando a Lis jajaja, cuando bajamos mi padre pobre vomitando con todas jajajaja.

En este momento es lo único que me acuerdo, pero a mi me gustaban todas ..jijiji

——

Las recuerdo en las Palmeras y en la Alameda. Era fiesta todos los días 💃🏽💃🏽💃🏽Te ponías las mejores galas, para ir con tus padres a dar el paseito mañanero, Íbamos con mis padres tendríamos 10 años más o menos, hasta los dieciséis años, después ya fui con mis amigas y amigos. Cuando era más pequeña me gustaban los carruseles, caballitos y el algodón de azúcar.

Las atracciones no me daban miedo, me gustaba la noria y el barco vikingo. De lambonadas lo que más me gustaban eran las almendras garrapiñadas.

Las verbenas y la batalla de flores también era muy bonita.

Otra cosa que me gustaba eran los coches de choque, porque siempre te llevaba el chiquito que te gustaba 🤪

Y las cadenas de los carruseles, porque te daban vueltas y siempre te las daba el chico del carrusel y solía ser guapito 😱

Salias con tu pandilla y lo pasábamos muy bien. Recuerdo que íbamos por la zona antigua de vinos , había mucho ambiente…Tomabas las tapitas y jugabas por aquellas calles con niños que estaban de veraneo…

Pero estabas deseando que llegase la noche, jijijiji

Fotos no tengo, la verdad vivías el momento que era lo más importante.

Me olvidaba de los cabezudos, Me gustaban, pero le tenías un poco de respeto, eran tan grandes…

—–

Bos días, os meus recordos das peregrinas están relacionados co meu pai, era cita obligada a noria, recordo que sempre nos montabamos e cando estábamos arriba de todo el movía o aparato, decía que para que lle perdera o medo as alturas. Inda e hoxe o día que cando vexo a noria me acordo del.

Xa de mais moza era adicta o saltamontes, non paraba de montar nel…..

O que máis me gustaba eran os coches eléctricos,as tómbolas e o tiro pichón e cando mozo as escaleira da diputación mirando as orquestras, que de bailar pouco e de pequeno os fogos na beira do rio que iba cos meus pais e algún veciño cos fillos (o palomita) é despois dos fogos a alameda a tomar os churros e as cañas.

—-

Hola,nos gustaba las almendras acarameladas,de las atracciones las lanchas de madera,por parejas contra la otra pareja,tirábamos con fuerza de la cuerda para subir lo más alto y ganar a la otra pareja,si te ponías de pié para impulsar con más fuerza, el dueño te avisaba y té ponía a parir🤣fotos no tengo 👍

Dos recordos que me veñen agora a memoria o que mais medo me daba a montaña rusa e a noria, o que mais me gustaba os coches eléctricos.

Referente as lambonadas o que mais me gustaba eran os churros e os xelados.

—-

Mis mejores recuerdos de juventud relacionados con las fiestas era cuando iba en la noria, los laberintos de terror y los tiros al pichón, también me gustaba ir a las verbenas, a los toros tengo también buenos recuerdos, mi padre me sentaba al lado de la banda de música y me encantaba escucharla cuando comenzaban con los pasodobles.

En relación a las chuches, me gustaban las patatas fritas de Galiano, en la vida comí patatas como aquellas, también los churros, pero las patatas me chiflaban.

——

De las fiestas de la Peregrina tengo pocos recuerdos porque mi padre apenas nos llevaba. Pero veía los fuegos de la ventana de la cocina. Algún año tenemos ido a San Roque y mi tío tenía una cada allí donde mis tres primos y yo bailamos desde la terraza que tenía la casa bueno aún la tiene. Tenemos bajado e ir a tomar los churros por aquel entonces mi prima estaba casada con Nacho y nos daba churros y patatas fritas. Recuerdo coger las típicas rosquillas. Pasear viendo todos los puestos. Yo siempre tuve vértigo y me dan miedo esas atracciones pero iba en los coches de choque con mi hermano o también había una tómbola que siempre te tocaba porque tirabas de una cuerda y te tocaba un peluche u otra trapallada pero que ilusión me hacía. Ya venía contenta para casa. Dónde toda la duración de las fiestas escuchaba la música de las tómbolas. Recuerdo la muñeca chochona. El de que alegría que alboroto le ha tocado el perrito piloto que quedabas de él hasta… La tómbola del jamón. Decía y otro jamón y otro jamón. Jamón pan y vino para mi tío Marcelino. Pan vino y jamón para mi tío Ramón y Vino jamón y pan para mi tío Juan.

Que tiempos aquellos cuando iba ya con las amigas y estabas bailando en la verbena esperando que el chico que te gustaba viniese a sacarte a bailar. Enseguida pasaba el tiempo y había que estar en casa a la hora sino venía el viejo a buscarte y podía arder Troya. Mis amigas aunque pasase de la hora no le decían nada pero a mí…. Tiene venido la madre de mi amiga que era una vecina para parar el golpe pero sin nada no quedabas. Pero bueno los ratos que lo pasabas genial eran grandiosos sobre todo si estrenabas ropa y llevabas dinero para coger alguna chuche y el taxi de vuelta. Bajar bajábamos andando de día. Recuerdo los castillos de San Roque que me encantaban y los echaban temprano. La típica noria a la que no subía ni trompa de coca cola jajaja.

—-

Todos no noso tenpo os coches eléctricos era un medio de lije, salias dalí con tres fichas e moza asegurada jajajaja.

E anécdota mais grande foi cando tiña 15 anos, fixeronme unha roda toda a festa, eu estaba bailando con una rapaza unhas rancheras, que era a musica da miña época e toda a xente aplaudindo, e nos como artistas, foi unha pasada.

Despois cando iba pola rua, a xente decía : este é o rapaz que baila tan ben.

—-

Para min o millor das festas eran os títeres, que se montaban detrás do edificio da Deputación e tamén batalla flores.

O pior a “charlotada” que se facía na praza de touros cos enanos vestidos de toureiros. Levábame a veciña Lola e Benjamin, pero para min era mui triste velos.

As lambonadas que non me gustaban nada eran as mazás caramelizadas pinchadas nun pao, eran vermellas por fora, tampouco me gustaban as rosquillas, o que si me gustaba eran as bolsas de pica pica.

Tamén había un Chupa Chups en forma de asubío que lle chamaban “pitagol”. E os carameliños “Nata”, de un patacón cada un. Os mellores para min eran os que tiñan calcomanías.

—-

A min encantábanme os carruseis, os caballitos principalmente, pero tería eu uns catorce anos cando fun nas cadeas, un dos mozos que traballaban no carrusel comezou a darme voltas e voltas, coa velocidade a que ía o carrusel e ao mesmo tempo as cadeas virando sobre min, mareeime e ao baixar vomitei, desde aquel momento nunca máis subín a un carrusel, foi unha experiencia moi desagradable.
En relación ao que comía nas festas, o que máis me gustaban eran as améndoas garrapiñadas e as mazás de caramelo.
Gardo un grato recordo da época das charlotadas na praza de touros, iamos toda a familia, a miña avoa, os meus pais e os sete irmáns que eramos, recordo que á miña avoa encantáballe, non se perdía ningún ano en ir.
Para ir á praza os meus pais ían en taxi coa miña avoa e como non colliamos todos, nós iamos andando jajaja.

—-

Ola, recordos moitos, a atraccion que mais me gustaba, a peneira, iba miña nai, miña abuela, miñas irmans.

Flora a cachadavella iba nos caballitos comendo o bolo de pan que compraba na festa e con el devaixo do brazo, Pilara, Isabel, que bonito era todo, e esperar as 2 da mañan para vir no ultimo trole, e vir completo, e botar andar hasta casa, podria contar hasta mañan pero non e cousa de eso.

Boas tardes.
Referente as festas da Peregrina, teño moi bos recordos de siendo un neno de 5 ou 6 anos, ou asta os 10 anos iba as festas co meu tio Juan, en aquela época, él ainda estaba solteiro e levavanos a meu irman e tamén a min, as festas naqueles anos eran na Alameda e as atraccións eran menos sofisticadas que agora, gustaba moito ir no tren da bruxa, ainda qué as veces dabame algo de medo, tamén me daba impresión ir na noria, pero meu tio iba, tamén íbamos moito nos coches de choque acompañado de meu tio, e pasabamolo de maravilla, e tamén nas tómbolas, sobre todo o de disparar coa escopeta de balins, e sempre íbamos para casa cargados de peluches e outros xoguetes daquela época, ainda conservo un deles, que creo que debe ser unha medio reliquia porque e un Naranjito o representante do Mundial 82, tiraslle do cordel e dalle patadas a un balón, ainda funciona correctamente e está en perfecto estado.
Recordo que estás festas eran as que máis me gustaba ir, porque eran diferentes a todas as demais, e sempre antes de volver para casa, comprábamos un paquete de rosquillas e outro de almendras garrapiñadas, que estaban boisimas, polo menos naquela época na que non había tanto de todo como ahora.
Os anos pasaron e a afición polas atraccions, foi a menos, pero ainda acostumbro a ir a dar unha volta polas festas, para ver o que teñen, e tamen para ver os foguetes de luces.

—-

Eu teño mui bos recordos das Peregrinas porque era coma a festa grande a que ía toda a familia, menos o meu avó que non lle gustaban, íbamos meus pais, meu irmán e miña avoa.

Como non tiñamos coche íbamos a andar ou no trole é a volta viñamos non táxi os cinco, daqueles tempos ainda se podían facer esas cousas jajaja, ágora imposible.

As lembranzas que teño do que máis me gustaba eran os tío vivos, os cabaliños, o tren da bruxa, daquela xa me gustaban as meigas, agora xa me gustan máis, tamén a noria, iba nela despois de que botasen os fogos porque as voltas duraban mais tempo, gustabame muito, mais que nada polas vistas que tiñas cando estabas arriba de todo, tamén xogábamos en algunha tómbola, ainda que a maioria dos premios eran chuminadas, sempre tiñas aquela ilusión , no referente a o tiro coas escopetas de balins meu pai sempre acertaba e sempre había algún premio.

Non perdíamos os fogos de artifício, despois de seguido era ir a tomar os churriños e de bebida unha Mirinda jajaja, daquela ainda había Mirinda jajaja

Gratos recordos de estar todos xuntos, despois cando xa tiña unha edade de ir coas amigas as atraccions xa eran as do Barco Vikingo, as de meter medo ou calquera de estas obras de ser máis movidiñas, o que non solíamos facer era de quedar a verbena, pero sempre dábamos unha volta.

Co pasó dos anos tocoume á min de levar aos meus sobriños, é seguin a costume familiar, levalos nas atracciones , tomar os churriños pero non coa Mirinda porque xa non existían jajaja, si non co Kas jajaja, despois mirar os fogos e seguidamente marchar para casa, si que son recordos mui bonitos pola cousa aquela de ir todos xuntos en familia.

Decir que os churros antes eran nas Peregrinas cando os comías, en outra época do ano non, agora e máis factible, coma as garrapiñadas, que por certo a min sempre me gustaron máis as de cacahuete, mais que a de almendoa, eran momentos de pasar os pequenos placeres todos xuntos e pasar un rato agradable, donde todos nos divertíamos tanto os máis pequenos coma os máis maiores.

—-

A meu pai gustáballe ir moito aos touros, o día da Peregrina era como os días das festas de Nadal, non habería para outra cousa, pero levábanos ás Peregrinas e levábanos en todo, nos caballitos, xogar ao tiro, nos coches eléctricos, bo, no que había antes, que antes non había tantas cousas como agora.
Para comer gustábanme os churros e as garrapiñadas, aínda é hoxe o día que me seguen gustando, cando vou dar unha volta e véxoas cómproas, encántanme as améndoas garrapiñadas.
Referente a anécdotas, recordo unha que iamos no trole para Pontevedra, cando viñamos de volta no “especial” había veces que xa non había sitio e despois non había outro, e como iamos en cuadrilla uns seguían bailando, outros andaban polos postos…ninguén se poñía de acordo, eu teño ata chorado, porque daquela había que estar a unha hora na casa porqué senón castigábanche, formábase a de Deus, nunca nos poñiamos de acordo en coller o trole toda a cuadrilla, que eramos moitos.
Os fogos é unha cousa que sempre nos encantaron.

—-

Desde muy pequeña siempre recuerdo ir a las Fiestas de la Peregrina, íbamos siempre. Quizás era debido a que estaban cerca de casa, mis padres nos llevaban a mi hermana y a mi todos los días.

El año que hice la comunión en San Vicente recuerdo que en la procesión de la Peregrina fui con el vestido de comunión.

Hablando de vestido, mi madre, como podía, nos hacía todos los años vestidos para estrenar el día de la Peregrina, debido a su trabajo siempre terminaba los vestidos el mismo día de la procesión, allá íbamos corriendo mi hermana y yo para la fiesta con los trajes recién hechos.

Siempre solíamos tomar las garrapiñadas de cacahuete, eran las que más me gustaban y también el dulce de azúcar. Hoy es el día que no como nada de eso jajaja.

Pero lo que no podían faltar son los churros, eso sí que no se perdonaba jajaja, estábamos esperando las Peregrinas para poder comer churros, pues durante el año no los probábamos.

La Noria, me gustaba mucho, pasaba un poco de miedo debido a las alturas, también me gustaban los coches de choque jajaja que risas pasábamos cuando íbamos en ellos jajaja.

Con mi abuela fuimos muchas veces a las charlotadas, a ella le encantaba y también era muy asidua a las corridas de toros, también mi padre era muy aficionado y yo durante años fui muchas veces.

En las tómbolas recuerdo las carreras de camellos jajaja una vez nos tocó un enorme bastón relleno de caramelos, mi abuelo tuvo la idea de colgarlo en el bar y cuando venían niños les daba caramelos del bastón, a ellos les encantaba, el dichoso bastón estuvo durante muchos años colgado en la pared del bar, mi abuelo se encargaba de ir rellenándolo conforme quedaba sin caramelos.

A las tómbolas no íbamos mucho, teníamos poca fe en que nos tocase algo de mérito.

Recuerdo también que cuando tenía unos catorce años teníamos la comodidad de que Chicha nos subía para casa en su coche.

En fin, tiempos maravillosos.

——

Os meus recordos lévanme aos anos cincuenta, sendo moi novo gozaba cos meus amigos nas festas da Peregrina dos tíos vivos, os coches eléctricos, tamén de ir ao Bar Pajariño, na rúa da Peregrina, onde tiña diversos xogos.
Como o meu pai era moi afeccionado as touradas non faltaba ano en que iamos, Antoñete, o Litri, Ordóñez, Ángel Teruel, o Cordobés, Ponce, o Juli, o Fandi…ata creo que cheguei a ver a Manolete.
Tamén iamos ver os rejoneadores, os irmáns Peralta dacabalo era do mellorciño.
Recordo que iamos ás festas cando era domingo e tamén os días festivos, a maioría das veces tanto de ida como de volta iamos andando, o trole custaba tres patacos, non é que fose moito, pero quen tiña tres patacos daquela ?
Sempre que rematan as festas acórdome do meu avó que dicía: Pasa a Peregrina, inverno encima.
Un ano foi terminar as festas e comezou a chover que non dou parado ata o mes de maio.
Este ano convidáronme aos touros, pero non fun porque tiña un compromiso anterior, agora un vai maior e xa non vou tanto ás festas.

NOTA : Fotografías do Faro de Vigo e da miña colección.