IN MEMORIAM, ALADINA FUENTES

De nome Aladina Fuentes Fuentes, en Cerponzons a coñocían por “Dina da Rons”, faleceu con 92 anos, ata fai pouco contou de unha gran lucidez, era un pozo de sabiduría.

Nai solteira, exemplo de muller traballadora, a súa vida foi dura, de sacrifício diario. Muller bondadosa, de fermosos ollos, na súa vida sólo tivo un propósito, sacar adiante a súa familia, os seus fillos Lito e Manolo e a súa nai, a señora Sara.

As mañáns vendendo polas feiras as sementes, polas tardes traballando na veiga, indo ao estrume e facendo todo aquilo que había que facer na casa.

Parte da miña infancia paséina na casa de Dina, sentinnme coma un fillo mais, a última vez que estiven con ela foi unha tarde enteira, canto falamos! Cantas cousas me contaba cada vez que estaba con ela! Hoxe estou triste, outra parte do meu corazón marchou con ela, pero a vez estou contento, sei que a partir de agora Dina estará xunto a miña nai, a súa amiga de toda a vida.

Dina simboliza o sacrificio de muitas mulleres galegas traballadoras que superon sair adiante.

Que a terra che sexa leve.

D.E.P.