1- OS CAMIÑOS

INVENTARIO DOS CAMIÑOS DÁ PARROQUIA…

Na nosa parroquia temos varios tipos de camiños e estradas, fai moitos anos, na época que os romanos pasaron pola nosa terra construíndo a vía romana XIX, ésta planificouse directamente desde Roma, era de suma importancia estratéxicamente, a súa pavimentación e o seu mantemento eran mantidas polo Estado, coa colaboración dos propietarios dos terreos que atravesaban.
Para a xestión deste tipo de calzada había un funcionario do Estado que era o encargado da execución da obra, ademáis de ter a responsabilidade da conservación e reparación.
A súa experiencia era primordial, deseñaba a vía atendendo a un aspecto vital : a pendente lonxitudinal, tiña primeramente en conta que os vehículos que ían desprazarse por ela eran de tracción animal, unha excesiva pendente sería desastrosa para o correcto desprazamento das cargas, así que sempre tiña en conta respectar que as pendentes non fosen máis do 8% , en casos puntuais non había máis remedio que superar esa máxima, pero procurábase que fosen tramos curtos, sempre se trataba onde se podía a realización de desmontes do terreo para rebaixar pendentes.
A súa técnica de construción consistía primeiro en determinar o trazado da ruta, encargábanse diso os mensores romanos, o que hoxe en día coñecemos como topógrafos, logo de tomar as medicións pertinentes, sinalaban a ruta por medio dos fitos (milenarios), de seguido comezábase a construción preparando o trazado tallando as árbores que podían entorpecer o camiño.

Na nosa parroquia temos moitos camiños realizados exclusivamente polos veciños e outros coa axuda das autoridades.
Cada un deles tiñan un motivo de porqué realizalo, para comunicarse entre as aldeas, para ir ao monte, á cidade ou a outras parroquias etc.

Non estaría mal señalizar pola parroquia os antigos camiños da parroquia, indicando a utilidade que tiñan.

Calzada romana por Liborei

Os camiños facíanse seguindo a configuración do terreo, debido a elo a poboación e as vías de comunicación establecéronse principalmente sobre dous eixes : Sur-Norte, case paralelos.

Decidin facer un inventario dos camiños, de momento teño recollido os seguintes camiños, busquéi os máis antigos dos que encontréi referencias :

1.- CAMIÑO DA VÍA ROMANA :

Iba seguindo a vella vía romana que bordeaba o lado Oeste da parroquia por Pidre , S. Caetano , Liborei e Castrado , para seguir cara á Portela.

2.- CAMIÑO VELLO DE PONTEVEDRA :

Que iba desde A Ermida, pasando por Tilve e a Bouza , cruzaba Meán e O Bravo para bifurcarse logo cara a Castelo e Casaldorado.

3.-UN CAMIÑO REAL :

Que comenzaba en Ponte Beán ata a feligresía de San Mamede de Silva da Portela ( sesenta ferrados).

4.-CAMIÑO

Que iba desde a Igrexa de Cerponzóns ata a Igrexa de Peñaflor, feligresía de Sta. María de Perdecanai (cincuenta é catro ferrados).

5.-CAMIÑO

Que iba desde a Igrexa de Cerponzóns ata a feligresía de S. Martín de Berducido (sesenta é catro ferrados).

6.- CAMIÑO FRANCÉS

Que iba por Ponte Beán, Liborei…

7.- UN CAMIÑO REAL

Que iba desde a Fonte de Meán ata o Salgueiral.

8.- CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Pasaba por Cerponzóns ata Moraña.

9.- CAMIÑO DA FEIRA

Coñocido tamén por pasar polo Campo dos Bois.

10.- O CAMIÑO REAL

Forma parte do que se coñocía como Camiño Real Transversal de Santiago a Pontevedra, donde o tramo desde Ponte Valga a Pontevedra foi construído por mediación do Arzobispo Malvar, realizándose entre os anos 1776/1804.

Éste camiño é o que coñocemos agora pola carretera N 550, pasando desde A Ermida ata Pidre.

NOTA : Agradecería axuda para correxir, aportar e completar éste traballo, para incluir tanto os mais antigos coma os actúais.

Camiño Real e a Ponte Malvar no lugar de A Rons.

11- CAMIÑO…

Camiño desde A Ermida ata o lugar de O Gabián ( Verducido)

OS RIOS DA PARROQUIA.

Son tres os ríos que bañan coas súas augas a parroquia de Cerponzóns: Río Rons, Río Gándara e Río Costa. O Furtivismo, a contaminación, o pouco caudal, os depredadores…con este panorama atopámosnos actualmente, si non se toman medidas, en pouco tempo os nosos ríos mórrense.
RIO RONS

Coñocido tamén en documentos antigos coma ARROIO ARROUS , CAEIRO, ELBA/ELVA, VEAM/BEAM, GÁNDARA e RIO DAS CABRAS, dependendo o lugar por donde pasa.

Cando se xunta co Rio Gándara da paso a coñocerse coma RIO ALBA. Tamén nos archivos antigos aparece coma Rio Elba, Rio Vean ou Rio de las Cabras, dependendo o lugar de paso.

HISTORIA:

O principal río que pasa pola nosa parroquia é o denominado Río Rons, a súa formación sitúase na parroquia de Moraña, no Monte Acibal, onde forma o embalse da cidade de Pontevedra, coñecido como Pontillón de Castro, a súa lonxitude é de uns 6 km. Tamén no embalse desemboca o Rego das Cortes ( que nace no lugar de Bordel/Verducido). Desemboca o Rons no Río Lérez, na zona denominada As Correntes, lugar onde se xuntan as correntes do Río Lérez e o Río Rons coas augas da Ría de Pontevedra.

O seu percorrido  pasa polas parroquias de Verducido, Cerponzóns, Campañó e Alba, desembocando na parte norte da cidade de Pontevedra, onde está situada a Xunqueira de Alba.

No lugar de San Caetano xuntase co Río Gándara, unidos éstos no arrabal da Moureira co Río Lérez, dan orixen a Ria de Pontevedra.

É cruzado polas estradas PO-224 e a N-550. Conta ao longo do seu curso con numerosos restos de muiños.

NOVAS RELACIONADAS CO RIO RONS :

Uns palistas encontran un tiburón no Río Rons : https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/hallan-tiburon-rio-rons/201912141004421065070.html

Con motivo da Senda de San Caetano, realizan unha limpeza no Río Rons : https://www.farodevigo.es/pontevedra/2020/10/01/arranca-limpieza-rio-rons-14773228.html

A Asc. de Veciños O Chedeiro fixo a petición a Augas de Galicia : https://pontevedraviva.com/xeral/51175/contorna-ponte-malvar-imaxe-tres-dias-traballos-limpeza/?lang=es

A Asc. de Veciños O Chedeiro denuncia o escaso caudal do Rio Rons : https://www.farodevigo.es/pontevedra/2018/01/24/vecinos-cerponzons-advierten-escaso-caudal-16103256.html

O 8 de DECEMBRO 2018 falamos das nutrias no Rons :

Hai unhas nutrias polo Río Rons que o está deixando sen troitas !!!

Desde fai un tempo a Asociación de Veciños O Chedeiro dispón dun colaborador que nos vai informando do que acontece polos ríos da parroquia.

Hai unhas nutrias polo Rons que está deixandonos sen troitas, díxonos fai unhas horas.

O seu coñecemento dos ríos é amplo, son moitos os anos que ten como pescador, coñece todo os seus percorridos, desde o inicio ata o final, coñece cada recuncho de cada un deles.

As nutrias non só están acabando coas troitas, senón con calquera outra especie que estean por estes ríos, sempre buscan as especies máis sabrosas, coméntanos o noso colaborador, porque algún outro peixe de pouco valor nutritivo nin o toca, están localizadas entre dous puntos, abundan desde a Ponte das Correntes e chegan ata a Ponte Malvar, de aí non pasan.

Normalmente adoitan aparecer á noitiña, sábese que cazan ou ben pola mañá ben cedo e tamén á tarde, pero estas que hai polo Rons son máis ben nocturnas.

Pero ás veces descobren que teñen máis facilidade de atopar comida durante o día que á noite e poden variar o seu horario, vanse adaptando o medio.

Non só son as nutrias, aínda que son as que maior dano están causando, senón que tamén algunha garza anda as troitas, están localizadas nas inmediacions da Ponte por onde pasa o tren, preto de San Caetano.

Pero tamén algún personaxe, porque non se lle pode chamar pescador, dedícase a pescar calquera troita, sen importarlle o tamaño que teña, este tipo de irresponsables que habitan nos nosos ríos xunto coas nutrias en pouco tempo do Rio Rons van a facer un río sin vida.

XANEIRO 2022

O Rio Rons sufre unha vez mais un atentado ecolóxico, apareceu completamente de cor branco, estivo así un día enteiro.

RÍO GÁNDARA

O segundo río en importancia que pasa pola parroquia. A formación do río comeza na unión do Rego Pozo Negro (nace no lugar de A Ermida/Cerponzóns) e dous máis, o Rego de Caste é o Rego dás Cachadas (que nacen no Concello de Barro), máis adiante únese ao Río Gándara o Rego do Castrado (do lugar do mesmo nome), e desde o lugar de Moldes (Campañó) as augas do Rego do Bispo xúntanse con Gándara para atoparse un pouco máis adiante co Río Rons no lugar de San Caetano, as súas augas recollen tamén o Río de Cons (procedente tamén do lugar de Moldes), para que finalmente únase tamén o Río Costa ( que nace no lugar do mesmo nome, na parroquia de Cerponzóns).

RÍO COSTA

O Río Costa é o mais curto é o de menos caudal dos tres, nace no lugar denominado A Costa (Cerponzóns), o seu percorrido discorre por esta parroquia é a de Alba, onde desemboca no Río Gándara.

O peixe máis común que se atopa nestes ríos é a troita, fai anos era ríos onde se daban moito as anguías, hoxe en día prácticamente desaparecidas. A finalización dos tres ríos que pasan pola nosa parroquia remata no Parque Natural dá Xunqueira de Alba, un espazo que abarca 67 hectáreas, sendo o principal humedal do municipio. A súa importancia fixo que se declarase no ano 2012 Espazo Natural de Interese Local de Galicia (ENIL). Neste espazo chegáronse a catalogar máis de 160 especies vegetales diferentes, 130 de aves, 14 de libélulas, 40 de bolboretas, 10 especies de anfibios e 13 especies de mamíferos.

REFERENCIA NO BLOG DE VELLA A BELLA

Xosé Álvarez escribiu un artigo titulado “O que nos contan os nomes das xunqueiras “, recollo unha parte do escrito donde fai referência ao Rio Rons :

As referencias ao Alba están relacionadas co río que a atravesa (tamén chamado Elba/Elva, Veam/Beam, Rons, río da Gándara e “río das Cabras”).

A “Xunqueira de Campañó” denomina a parte oeste e o límite con Lérez marcábao a canle do río (hoxe desviado). A “Xunqueira do Vao” refírese á parte sur e o nome vén do latín vadus (paso), porque esa zona era lugar de paso entre Pontevedra e as terras de Poio e Campañó, xa que antigamente non existían as pontes da Barca nin das Correntes. Este paso era impracticable parte do ano polo que había que recorrer á ponte situada no norte (onde está a fábrica da CROS) e chamada Ponte das Cabras. Algúns eruditos pontevedreses facían referencia a que o Lérez e o Alba correspondía aos Illerh e Elva que o historiador árabe Ben Adzari sinalaba como que foran cruzados pola expedición deAlmanzor cando se dirixía cara Compostela.

2- DEHESA DE PRADENAS Y LAREI.

Fai anos no Catastro do Marqués da Ensenada referíanse aos montes comunais como “Baldíos”, é dicir, terreos considerados incultos, onde dada a súa pouca calidade para producir, aproveitábase para recoller “toxo” ou ben para pastoreo.

No Interrogatorio do Marqués da Ensenada (1752), aparece o seguinte :PREGUNTA : 40.- Si el rey tiene en el término o pueblo alguna finca o renta que no corresponda a las generales ni a las provinciales que deben extinguirse: cuales son, cómo se administran y cuanto producen:

RESPOSTA : A la cuadragésima dijeron que no saben halla en dichas feligresías y sus términos cada de lo que contiene la pregunta más que las dehesas reales que pertenecen a su Majestad, en daca una de las cuales tienen dado razón en las listas que formaron y presentaron los vecinos y límites y otras cosas a que se remiten y que estas no dan otra utilidad las que se sigue a su Magestad cuando manda cortarlas y servirse de ellas y responden.

DEHESAS DE SU MAGESTAD :

Una llamada de PRADENAS Y LAREI (ciento cincuenta ferrados), situada al levante con el Río Acibal, por el poniente con Chan do Monte y Lousadoiro, al norte Monte de Santarandán sur.

( Hoxe en día o lugar a que se refire coñocemolo por PARREI).

Vou intentar comentar a historia desta ”Dehesa” que durante o século XVIII estivo baixo a xurisdición da Mariña, representada polo intendente do Departamento de Ferrol, os veciños Andrés da Hermida é Benito Blanco seguramente fosen mordomos en algúns daqueles anos, tiñan que estar o coidado deste monte próximo ao mar, situado a menos de 25 leguas da costa (uns 138 km).


Documéntanse en Galicia naqueles anos ata 729 Dehesas é Coutos Reais.

Decir que os nosos veciños como mordomos pedáneos tiñan a obriga de mantemento e conservación da Dehesa, por exemplo, o de plantar novas árbores, evitar que naide fose a cortar madeira, ter pechado o terreo, arranxar os camiños, cuidar as fontes é as pontes é tamén temas de orde civil.

Recollemos información donde dice que dende principios do século XVIII, este plantío, de cento cincuenta ferrados, permaneceu acoutado e baixo unha administración especial. A Mariña mercaba, a precio tasado previamente, madeira para a construción naval, da venta das árbores unha terceira parte destinábase a repoboación e outra parte beneficiaba economicamente á propia veciñanza.

Esta política forestal dos Borbóns, iniciada en 1716 por Felipe V, encamiñouse ao fomento da plantación e conservación de carballos e pinos en montes comúns e baldíos, incluso en terreos privados de xeito forzoso, e tiña como obxectivo o subministro de madeira en beneficio da Mariña.

No ano 1752, dos cento cincuenta ferrados que ocupaba a Dehesa, setenta ferrados estaban poblados de carballos, a mitade de 1ª categoría é a outra mitade de 2ª, o resto da dehesa estaba ainda sin poblar.

No artigo “Montes públicos y Desamortización en Galicia”, realizado por Doña Aurora Artiaga Rego, doutora en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, comenta que un dos primeiros ataques que sufriron os montes comunais/veciñais remóntase a mediados do século XVIII, por canto a política forestal dos Borbóns estaba dirixida á conservación e fomento dos montes madeirables para a construción naval. Así, con obxecto de satisfacer as necesidades de madeira para tal construción, o Ministerio de Mariña establecía o acotamiento de porcións de monte comunal para a plantación de arbolado, que son as que se viñeron a denominar “Dehesas Reales”.
Os veciños non tiñan máis remedio que aceptar a implantación das dehesas, ás veces eran acoutadas nun lugar e podía ser de novo ao cabo dun tempo buscar outro lugar para realizar novas plantaciones. En contraprestación deixábaselles entrar os veciños na dehesa para aproveitar leña, bellotas, pasto etc.

DEHESA DA FONTE DE PARADELLAS.

O cabo de uns anos, reseñar que no 1788, Benito de Pidre era o mordomo pedáneo da Dehesa denominada ¨Fonte de Paradellas¨, limitando polo norte co Monte alto é pedragoso, nomeado ¨das Pedreiras¨e unha loma de monte que segue ao poñente e polo leste co Camiño Real é polo levante cunha loma do monte ¨Outeiriño do Castiñeiriño¨, é co muiño de Matheo García.

Sabemos que un pouco antes da Desamortización do S. XIX son moitas as dehesas que son abandonadas polo Estado e foron reintegrándose ao monte veciñal, si poñémosnos a buscar nos terreos que conformaban a dehesa, seguro que atopariamos algún mojón cunha “R” gravada, tamén se podía chegar a visualizar algún muro de pedra ou de terra que se construíron para aproveitar de forma individual esas terras, chegando a coñecerse como “tomadas” ou “quiñón”.

Seguiréi buscando máis información.

Zona por donde estaba localizada a Dehesa.

Nota : Información de Salomé y Ana Molina L. Cisneros, Aurora Artiaga, Interrogatorio do Marqués da Ensenada.

5- O CAMIÑO PORTUGUÉS O SEU PASO POR CERPONZÓNS

Con motivo do próximo Ano Santo, desde a parroquia milenaria de Cerponzóns invito a coñocer o percorrido do Camiño Portugués ao seu paso por ela. Hai moitos datos onde se da a coñocer que a peregrinación a Santiago lévase facendo desde o S. XII, aínda así, xa hai indicios que existía tal costume desde a época altomedieval.

O peregrino que fai o Camiño Portugués por Galicia atópase con multitude de antigos camiños, desde os cales o peregrino irá atopando ao seu paso  tramos de bosques autóctonos, observará en momentos determinados como as xentes traballan as terras de labor, pasará polas aldeas que conteñen un enorme patrimonio, igrexas, capelas, casas retorais, cruceiros, hórreos, palomares…ríos cos seus pasales e pontes de trazas medievais…unha sensación máxica será na que se atope o peregrino logo de abandoar a cidade chea de edificios, os coches e os tramos de estrada co perigo correspondente, precisamente unha das aldeas que son parte do Camiño Portugués e Cerponzóns. Un pouco antes de comezar o Camiño pola nosa parroquia atopámosnos coa parroquia de Alba,  queremos ir relatando o Camiño a partir de nosa veciña parroquia, e ten un porqué interesantísimo…

Comezamos o noso percorrido na igrexa de Santa María de Alba, foi construída en 1595 baixo a dirección de Mateo López, e herdeira do templo consagrado polo século XII por Diego Gelmírez para reconvertela en diócesis, máis tarde no S. XVIII foi reformada e aproveitouse ese momento para construír a casa rectoral.

Podíamos nomear muitos peregrinos mui relevantes que fixeron o Camiño, precisamente un dos que merece saber do seu peregrinaxe foi Diego Gelmírez: https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/12/12/o-paso-de-diego-gelmirez-por-guxilde-alba-e-cerponzons/

Ás portas da casa podemos observar unha estatua de granito en recordo a un cura que tiveron os feligreses de Alba e que como mostra de gratitude quixeron reflectir dese xeito, uns metros máis adiante unha cabaza de granito cun bordón, fai que moitos peregrinos párense a fotografarse con ela, remata o lugar da igrexa cun cruceiro que hai un pouco máis adiante, seguimos o noso camiñar en dirección a San Caetano

Poucos metros máis o Camiño afronta un tramo un pouco complicado, hai que dicir que nestes momentos comezaron as obras que permitirán corrixir os perigos que axexan ao peregrino e por suposto tamén aos veciños do lugar de San Caetano. Ao pasar por baixo da ponte do ferrocarril, atopámosnos coas obras que realiza a Xunta de Galicia para mellorar a senda peonil, e precisamente neste lugar o motivo polo cal comezamos a relatar desde Alba…

Nos primeiros días do mes de Setembro varios membros da Asociación de Veciños estivemos visitando o lugar das obras da senda peonil , tiñamos varios motivos polos cales queriamos estar en contacto cos enxeñeiros e encargados das obras que alí se estaban levando a cabo.

Si nos situamos debaixo da ponte do ferrocarril e ímosnos en dirección á capela de San Caetano, a poucos metros da devandita ponte  atopamos a un operario que estaba realizando unha limpeza e tomando nota de paso da CALZADA ROMANA, coñecida como VÍA XIX.

A sorpresa foi maiúscula, a nosa curiosidade fixo que nos achegásemos ao operario e preguntásemoslle que intencións tiñan con aquel descubrimento, a súa contestación foi categórica: tómase nota do atopado e ao momento vólvese a tapar. A nosa reacción foi de incredulidade, pero non se podía deixar algo da VÍA XIX á vista dos peregrinos ? Volveu contestarnos o operario : Mellor que quede tapada, pois podían facer dano nela, xa sabedes…

Antes de irnos do lugar puidemos realizar un par de fotografías, foi un pouco antes de ocultar de novo a Calzada Romana :

CALZADA ROMANA VÍA XIX, LUGAR DE GUXILDE

Unha verdadeira magoa que non quedase un pouco da Calzada Romana ao descuberto, pois queda aos pés do peregrino, na seguinte fotografía pódese observar por onde vai a senda peonil, parte da Calzada Romana queda debaixo de dita senda, a outra parte queda á esquerda do peregrino totalmente libre.

Esto é como está quedando :

Senda peonil, debaixo, enterrada, a VÍA XIX

Con tristeza por non poder observar a Calzada Romana, seguimos dirección á Capela de San Caetano, situada nuns dos lugares máis importantes de Cerponzóns, Alba e demais parroquias, podemos dicir, sen lugar a equivocarnos, grazas ao investigador Xosé M. Pereira, que este lugar era o Km. 0 de Pontevedra a Santiago. 

En San Caetano de Alba, onde se atopa a capela homónima do XVIII, atópanse os límites das parroquias de Alba e Cerponzóns : o Río Rons e a Ponte de San Caetano (antiguamente coñecido por Ponte Beán).

Debemos pararnos neste sitio para saber da súa historia, recomendámosvos entrar nesta ligazón : https://roquecerponzons.wordpress.com/2019/12/17/ponte-bean-por-xose-manuel-pereira-fernandez/

Debido ás obras que se realizan ímonos a atopar no contorno da capela unha nova pavimentación a base de losa de granito e a senda compartida. Tamén se colocará unha barreira de seguridade, que substitúe a anterior, a idea era colocar un murete de pedra, pero non pode ser executado debido a que contraven as normas de seguridade vial.

Si queres saber máis sobre a capela : https://roquecerponzons.wordpress.com/2020/10/07/a-capela-de-san-caetano-parte-da-nosa-historia/
En fronte á capela e debido á estreiteza da Ponte Beán, realízase unha pasarela que irá paralela a devandita ponte, os materiais serán a base de formigón e aceiro. A súa separación da Ponte Beán será duns dous a tres metros, o que fará que non se poida observar debidamente os seus tres arcos.

E logo desa pasarela está situado o lavadoiro, enfrente mismo, pero xa en terreos de Cerponzóns atopámosnos cun elemento patrimonial que a Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns estivo reclamando que se tivese en conta :

A FONTE DE PONTE BEÁN.

FONTE DE PONTE BEÁN       

Hai testemuños onde recordan que de toda a vida a Fonte de Ponte Beán nunca quedara seca, unha fonte que algún veciño ten curado coas infusiones realizadas con varios tipos de herbas e con auga de varias fontes que nunca se secasen, entre elas a que estamos referenciado.

Como exemplo aconsellámosvos entrar no seguinte enlace : https://roquecerponzons.wordpress.com/2019/01/30/as-fontes-milagreiras-cerponzons-1000-anos-de-historia/

Logo da fonte atopámosnos coa nova senda peonil realizado ao retranquear o muro de pedra alí existente, ademáis para iso tiveron que cortar un nogal que había á beira mesmo de devandito muro, contaba cun feixe de anos.

Desta forma entramos no tramo de San Caetano, que pertenece a nosa parroquia de Cerponzóns, onde o Camiño Portugués visita outros dous dos  lugares de Cerponzóns : Leborei e O Castrado, comezando a zona máis tranquila, fermosa e máxica á vez.

Nada máis deixar atrás a estrada PO225  penetrámonos nun vial que nos levará ao lugar de Leborei ou a seguir polo trazado do Camiño, antes quédanos a man esquerda unha Pontella sobre o Río Gandara, por certo, está pedindo a gritos unha limpeza e ademáis que deixen o paso aberto que hai desde sempre polo lugar.

Tamén cabe destacar a historia do Barón de Rosmithal, pasou en Leborei…https://roquecerponzons.wordpress.com/category/o-baron-leon-de-rosmithal-por-cerponzons/
A trescentos metros aproximadamente ímosnos atopar cunha pequena área de descanso, nela veredes unha réplica do Miliario de Magencio (doada pola Exc. Diputacion de Pontevedra), tendes un enlace relacionado con Miliario :

MILIARIO DE MAGNENCIO E A VIA XIX

Á beira mesmo do Miliario de Magencio colocouse un fito informativo, relacionado precisamente co Miliario, escrito en dous idiomas (castelán e inglés), a súa recente colocación foi grazas á colaboración da Concejalía de Promoción Económica e Turismo dependente do Concello de Pontevedra.

Máis información relacionada co fito : https://roquecerponzons.wordpress.com/2020/09/13/fito-conmemorativo/

Detrás do Miliario, ao fondo, atópase o muiño do cura, actualmente en ruínas e cuberto de maleza. Deixamos atrás o Miliario e dirixímosnos polo vial en dirección ao lugar de O Castrado, o primeiro que nos imos a atopar é cun fermoso hórreo de madeira. Na nosa parroquia, como na maioría de todas as de Galicia, contamos con multitudes de hórreos, unha construción típica da nosa terra e do noroeste peninsular.

Cando no século XVI coa chegada da pataca e o millo desde América, os hórreos teñen unha función determinante para que estos produtos sé sequen no seu interior, é ademáis estean resguardados da humidade como dos animais roedores.

Un hórreo é unha construción con xeito de silo, moi aireado e palafitíco, é dicir, que está elevado do chan por uns pés, cunha orientación de forma que as correntes de aire teñan a súa función no seu interior.

Pero segundo os últimos estudos os silos de estilo palafitíco xa eran habituais desde a Antigüidade en moitos lugares de Europa, especialmente nos lugares como é o caso noso, eran necesarios debido á humidade presente na nosa meteoroloxía.Fálase de que seguramente desde o Neolitico xa estarían presentes en diferentes formas coa función de gardar diferentes tipos de cereales.

Coa chegada do maíz, o hórreo galego convértese nunha tipoloxía arquitectónica propia e diferenciada.

Por iso que aínda que hoxe en día xa non se utilizan prácticamente para o que foron creados, seguimos manténdoos como un ben patrimonial que debemos de coidar e non deixar que se veñan abaixo.

Despois do horreos atopámosnos varias casas, nalgunha delas podemos observar algún hórreo de pedra, e un pouco antes de deixar dúas casas que compoñen este núcleo, atopamos a man esquerda un pequeno camiño que nos conduce a unha ponte que antigamente era utilizada para chegar á estrada de Vilagarcia, ou ben para ir as parroquias de Campañó, A Devesa

Un pouco máis adiante encontrouse o : AGRO DE DEUS (Necrópole romana)

No ano 2011, debido as obras do Ave, faise un estudo no contorno do Camiño Portugués, unha escavación arqueolóxica onde encontran fragmentos cerámicos, de ferro,  de oso, de vidrio e de bronce.

Os estudos realizados indicaron que se trataban de cerámicas da época tardorromana que se move entre os séculos IV E VII, hoxe en día están depositadas no Museo de Pontevedra.

Señalado con unha chincheta o lugar aproximado dónde encontraron o xacemento.

 

Estamos no paraíso… Vas andar entre piñeiros, carballos, castiñeiros…quizáis teñas a sorte de ver voar algún ave rapaz, como o falcón peregrino, ou poderás apreciar especies paseriformes que abundan ao longo desta paisaxe, mirlos, gorrions, urracas, pombas, estorninos…terás o pracer de escoitalos nalgún momento, xunto o son dos teus pasos e o correr das augas do riachuelo da Barbeita e do río Gandara.

Rematamos o noso percorrido polo Camiño no lugar coñocido por Pozo Negro…dónde de seguido comenza o Concello de Barro… NOTA : IREI APORTANDO MÁIS INFORMACIÓN RELACIONADA COAS OBRAS QUE ESTANSE ACOMETER EN SAN CAETANO. 

FITO CONMEMORATIVO

ASC. DE VECIÑOS O CHEDEIRO DE CERPONZÓNS.

11/09/2020

Dentro das poucas actividades, debido ao COVID 19, que se levan a cabo con motivo da celebración do 40 aniversario da creación da Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns , informámosvos que grazas á colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo acabase de inaugurar un cartel informativo no lugar de Leborei, á beira de onde está instalado desde fai uns meses o Miliario de Magencio.

Un cartel que dá a bienvenida aos peregrinos que fan o Camiño Portugués, indicándolles que están pasando pola parroquia milenaria de Cerponzóns, ademais que están pasando polas inmediacións da Vía Romana XIX. Tamén se lle indica no cartel a razón pola que está colocado o milenario de Magencio, finaliza o texto indicando os quilómetros que faltan desde este lugar ata Santiago e desexándolles bo camiño.

Agradecemos á Concellala Yoya Blanco a colaboración que tivemos desde a súa Concellería financiando este proxecto.

Bienvenidos a la parroquia

milenaria de Cerponzóns

Por estos parajes pasaba la Vía Romana XIX construida hace 2000 años.

En el año 350d.C. se colocó muy cerca de aquí un Miliario en honor al Emperador Magnencio. Los miliarios tenían la función de indicar las distancias entre ciudades o las referencias del Imperio Romano.

El Miliario original se conserva actualmente en el Museo de Pontevedra.

Los vecinos de Cerponzóns te desean buen camino.

Faltan 57,8 kms a Santiago

Welcome to the millenial parish

of Cerponzóns.

The Roman Route XIX that was built 2000 years ago goes through this parish. In 350 B.C. a milestone honouring the Emperor Magnentius was placed very close to this place.

The main purpose of the milestones was to inform about the distances between the cities or the Roman Empire references.

The original milestone is currently kept in the Pontevedra museum.

Cerponzon’s neighbours would like to wish you a pleasant way.

57,8 kms to Santiago
Diversos medios de comunicación fixeronse eco da nova :

«Bienvenidos a la parroquia milenaria de Cerponzóns. Por estos parajes pasaba la Vía Romana XIX construida hace 2000 años.

En el año 350 se colocó muy cerca de aquí un miliario en honor al emperador Magnencio. Los miliarios tenían la función de indicar las distancias entre ciudades o las referencias del Imperio Romano. El miliario original se conserva actualmente en el Museo de Pontevedra. Los vecinos de Cerponzóns te desean buen camino. Faltan 57,8 kilómetros a Santiago». Los peregrinos que hagan el Camino Portugués se encuentran desde ayer un hito que incluye una placa con esta inscripción, en castellano y en inglés, en el lugar de Leborei.

La concejala de Turismo, Yoya Blanco (PSOE), acompañó ayer a la presidenta y al secretario de la asociación O Chedeiro, Liliana Casás y Juan José Esperón, en la inauguración del hito kilométrico. «Os miliarios romanos -recordó Blanco- tiñan a función de indicar as distancias entre cidades, e esa é precisamente unha das funcións que cumpre este ‘miliario’ moderno que acabamos de instalar neste punto da Ruta Xacobea con tanto valor histórico, ademais de darlles a benvida aos peregrinos á milenaria parroquia de Cerponzóns e desexarlles que teñan bo Camiño».

La presidenta de O Chedeiro agradeció al Concello su apoyo para atender la petición vecinal que instalar este elemento de atracción turística, máxime «nestes tempos tan difíciles nos que resulta moi complicado facer cousas». Casás aprovechó para invitar a los pontevedreses, «os urbanitas e os veciños das demais parroquias, que veñan a coñecer Cerponzóns, que non se van arrepentir».

Cerponzóns celebró durante el año pasado con diversos actos, incluida la publicación de un libro y la edición de un documental audiovisual, los mil años desde la primera referencia de la existencia de la parroquia.



NOVAS FOTOGRAFÍAS INÉDITAS DA PONTE E O CRUCEIRO.

Ás veces a vida dáche sorpresas, esta que hoxe vouvos a contar é unha delas.Trátase dunha fotografía onde se ve a Ponte Malvar, máis coñecida por todos pola Ponte da Rons, onde tamén se aprecia o Cruceiro de Ánimas, e máis o fondo o muiño do señor José o da Rons, tamén coñocido polo Jaxe.

Fai un tempo publicouse unha foto onde se ve tamén éste lugar, o máis seguro que estas dúas imaxes sexan do mesmo fotógrafo, seguramente fixo varias instantáneas cando iba de paso pola nosa parroquia, nesta apreciase máis a Ponte, na outra foto centrase máis no Cruceiro.

A data en que se fixo unha das fotos creo que foi polo ano 1927.

A foto que hoxe dou a coñecer estaba relacionada con Vigo, si, na base da foto pódese ler : Alrededores de Vigo. Fía Ksado

Quizáis debido a eso, non había chegado antes a nos.

Pero, teño unha duda, penso que estás duas fotos non se fixeron no mismo día, e quizáis nin no mismo ano, espero que me axudedes, na foto donde se ve o Cruceiro cos raparigos podemos observar no fondo claramente a casa de Ricucho, tamén no Cruceiro vemos a terra.

Na nova fotografía encontrada non vexo a casa de Ricucho, e a base do Cruceiro vexo que está rodeada de herbas, non se aprecia a terra como na outra foto. 

FOTOGRAFÍA QUE ACABAMOS DE ENCONTRAR :

A PONTE MALVAR é O CRUCEIRO DE ÁNIMAS.

ANTERIORMENTE COÑOCÍAMOS ESTA OUTRA :

O Cruceiro de Ánimas, ao fondo a Ponte Malvar.
NOVAS APORTACIÓNS FOTOGRÁFICAS 

A raíz de estar falando con quen puxo a primeira foto da Ponte Malvar comezamos a conversar sobre ela.

Logo de aclarar que a fotografía en cuestión non estaba situada onde pon no seu pé de páxina (Alrededores de Vigo) apareceron unhas cantas fotos máis. Unha delas tamén cun erro na súa publicación, coloca o Cruceiro de Ánimas no lugar de Rande. Tamén se comentou a época en que se fixeron as fotografías.

Parece ser que a fotografía onde aparecen os nenos a pé do Cruceiro data do 20 de Setembro de 1923.

A conversa foi así:

Juan Jose Esperon Recarey

Así a primeira vista diría, pola primeira árbore que hai á dereita dirección Santiago, que as dúas fotos son de distintos anos. Esta sería máis antiga, creo eu, polo tamaño da árbore… (ou sexa, que a data de 1927 estaría mal, sería anterior a 20-09-1923 que é a data da outra).

Pero xuraría, polas sombras, que as dúas están feitas ou a finais de primavera ou principios de verán, é máis, esta realizouse a ultima hora da tarde (sobre as 21h) e a outra sobre as 17h…(quizais logo da sesta ?)

Así que creo que as dúas puidesen ter a data mal…

Cruceiro de Ánimas
Cruceiro de Ánimas é a Ponte Malvar ou Ponte da Rons.

Cruceiro de Ánimas, o fondo a casa de Ramona Cochón Ramos, anos máis tarde a Taberna da Rons.


OFICIOS DOS VECIÑOS (IX) MODISTA/COSTUREIRA 

MODISTA/COSTUREIRA

Di a RAG:

Muller que fai pezas de roupa ou as amaña.

Muller que fai ou arranxa pezas de roupa.

Tanto as costureiras como as modistas foron uns dous oficios máis populares no que vai desde o século XIX ata ben pasado a metade do século XX. Eran oficios pouco considerados socialmente, e ademáis diso, eran moi duros, con moitas dificultades para desempeñalos e por encima, moi mal pagos. Para diferenciar estes dous oficios podemos dicir que as modistas eran aquelas mulleres que cosían na súa casa para a demais xente, é dicir, que dispoñía dun taller propio para realizar o seu oficio, normalmente eran poucas as que dispoñían de un local, a maioría das que o tiñan estaban nas Vilas. Pola contra, as costureiras afacían traballar en casa da xente que solicitaban o seu servizo, ao non posuír taller propio, tiñan que desprazarse de casa en casa.

Polo que fun escoitando de varios colaboradores, é que as mulleres que realizaban estes oficios cantaban todas en xeral moi ben, normalmente cando estaban traballando adoitaban estar en moitas ocasións cantando.

Volvendo ás costureiras, estas dedicábanse a coser e a repasar, normalmente era a roupa interior de toda a familia, desde o máis pequeno da casa ata o máis maior. Tamén se dedicaban a realizar toda clase de roupa feminina, tanto interior como exterior. Os seus utensilios eran un par de tesoiras, agullas, alfinetes, dedais, fíos…e tamén tiñan consigo unha fita negra, á cal lle facían unhas marcas con puntadas brancas para tomar as medidas necesarias. Co paso do tempo a sociedade comeza a ver nas costureiras doutra forma, son mulleres xentiles, que posúen tranquilidade, onde o seu aspecto destaca pola súa fermosura, e a súa finura, tamén ven nelas como unhas mulleres faladoras, que levaban as noticias dunha casa a outra, que ademáis sabían de contos e cantigas… As costureiras comezaban a ser envexadas polas mozas que estaban traballando no campo, eran anos onde se apreciaba máis á xente de pel branca. Eran as costureras mulleres, que por traballar á sombra, destacaban pola súa blancura, na cara, brazos, é dicir, en xeral todo o seu corpo estaba branco como a leite.

Así era que aquelas mozas que estaban dándolle ao legón e que tiñan as mans cheas de callos e durezas, tiñan unha gran envexa das costureiras.E é que a maioría das costureiras tiñan un bo porte, un señorío que lles permitía unha certa distinción e por iso eran admiradas polos homes. Sempre estaban fermosas, limpas, sen suciedad na súa vestimenta, cousa que as outras mulleres que traballan no campo andaban con manchas propias dos labores do campo ou da cociña. As costureiras arranxaban a súa roupa, ao seu gusto, sempre á última moda, mentres que as demáis mulleres labregas non tiñan aquel garbo nin o porte das costureiras, debido precisamente ao seu duro traballo. Claro, que as costureiras como eran moi presumidas, recibían alcumes : Eran chamadas “señoritas de media tiseira “, foron tamén moitas as cantigas e refrans que fixéronse sobre elas, como aqueles que din :

A boa costureira, queira ou non queira, sempre ten algo de señoriteira. 

Ou aquela outra : Costureira sen dedal, cose pouco e faino mal.


AS MODISTAS E COSTUREIRAS DA PARROQUIA.

O dato máis antigo que temos ata o momento sobre este oficio é a un que data do  ano 1752. Atopamos a unha veciña de Puentebeán, que tiña como oficio de modista  na súa declaración do Inventario do Marqués da Ensenada, a Dominga de Cayeros.

Tamén sabemos de outra modista, Florentina Casás, facíalle muitos traxes as veciñas para estrear o día da festa. Sabemos que no ano 1905 contaba con 18 anos.

Despois atopamos no ano 1913 co oficio de modista a Manuela Eiras, ademáis tiña vivindo con ela a unha moza de nome Dolores, que tamén estaba aprendendo o oficio. Dolores fora recollida por Manuela do hospicio e nese ano de 1913 saltou ás páxinas dos xornais porque por un mal de amores tirouse da ponte Malvar, ou ponte dá Rons, como é máis coñecido.

Na nosa parroquia houbo moitas modistas e costureiras…

Supoño que haberá máis das que poño eiqui, vaia a miña sincera homenaxe a todas elas, de momento teño unha lista conformada por : Avelina a Muda, Hermosinda a da Rons, Dolores de San Caetano, Rita, Rosa a de Joaquín, Carmen González, Lola a Chuvíe, a Nena de Pidre, Teresa a Carteira, Lola a Calleja, Clara Solla, Vitoria a do Mineiro, Rosa a Peleira,  Clara a de Eulogio, Lucía a Carrancha, Rosita a Labaradas, Marisa a de Ramallo, Lola a Ligera, Carmen a Petapouca, Lina a do marinero, Irene…

Sobre os anos sesenta e setenta houbo unhas cantas modistas na parroquia que teño recordo delas, todas elas moi boas, dado ao muito traballo que tiveron, eran mulleres que comezaron moi novas o seu traballo e que souberon sacar adiante as súas familias co seu esforzo e sacrificio.

Cando comecei   este artigo (24/04/2020) falaba con Carmen, filla de Dolores Gómez, contabame que a súa naí estaba mui maliña, o seguinte día fallecía…

Unha destas mulleres chámase Dolores Gómez Varela (Lola), natural de Curro e casada con Herminio, do lugar de San Caetano de Cerponzóns. Comezou Dolores a unha idade moi temprana, tería catorce anos, tiña unha veciña que vivía pegada á súa casa, foi quen lle ensinou a coser e foi a súa xefa durante uns anos, ao principio cosían polas casas, ían con aquela máquina de coser na cabeza, daquela aínda non tiñan pé.

Carmen, a filla de Lola, recordábame fai un día que cando os seus pais eran noivos pois o seu pai acompañaba moitas veces a Dolores ata Currro, para levarlle a máquina de coser, pois ela ía traballar a aqueles lugares onde era reclamada, ás veces tiña que ir ata a Portela, outras veces a Pontevedra…

Dolores traballou moito, en Pontevedra chegou a estar traballando para o comercio de CLARITA, e seguía facendo vestidos, traxes, abrigos, pantalóns…para Asunción, Marité, Fina, para Isabel, a da tenda, para os de Laparuzas, tamén para A Cantinera, para muitos veciños e veciñas.

Normalmente cando ía a casa de alguén a traballar, podían ir a mantido, dábanlle un xornal  e tamén recibían o almorzo, o xantar e a merenda. Ou podían coser “a seco”, e decir na súa casa e claro, recebindo máis xornal.

Anos máis tarde foi deixando o seu oficio, xa non saía de casa, dedicábase a traballar nela e a mirar máis polas faenas do campo.

Os veciños que colaboran comigo fálanme de algunhas das modistas, por exemplo da Muda, unha señora que traballaba para casa de Sabina e Juanita de Pidre, recordan os enfados que adoitaban ter a miúdo A Muda con Sabina, eran cada dous por tres, nunca se daban posto de acordo no que unha lle pedía e a outra lle confeccionaba.

Tamén me comentan doutra das modistas que houbo na nosa parroquia, coñecida como Lina a do marinero, natural do lugar de O Castrado. Unha veciña da parroquia de nome Angelita tenlle comentado á súa neta de que Lina era unha modista moi boa no seu oficio, tivérona en varias ocasións na súa casa, facendo todo aquilo que lle pedían e todo o facía perfectamente, aínda que a saúde non lle acompañaba, Lina sempre tiña algunha doencia con ela encima, pobre muller.

Nesta foto están alumnas que recibiron clases de corte e confección en Pontevedra, alumnas de Lerez, Marcón, Verducido, Xeve…algunhas das nosas veciñas recibiron as clases de costura tamén nas súas propias casas, sei que varias veciñas da parroquia recibiron as clases a cargo dunha das mellores profesoras que había en Pontevedra, de nome Flora Teso Cobas, que tiña a academia de Corte e Confección TESO, na Praza do Teucro.

Conversa con Rosa:

Quixen tamén falar coa nosa veciña Rosa, unha muller que comezou moi nova, os 16 anos, aprendendo o oficio con Chicha, a Cantinera, máis tarde foi para Pontevedra, alí tivo de mestra a Elena Montes, casada con Angelito Vieitez. Naquela época Rosa traballaba facendo os arreglos que Elena lle mandaba, pero aínda non tiña soldo, para aforrar non ía a casa a comer, ás veces conformábase cun simple bocadillo, outras comía nalgunha casa de comidas, cando o seu pai dispoñía de cartos e dáballe para que comese quente.

Rosa estivo moitos anos traballando, foi unha gran profesional, na nosa Parroquia tiña moitos clientes, entre eles estaban a miña nai e a miña irmá, supoño que para min tamén fixo algo. Traballou en moitos lugares, en Casaldorado era tamén moi solicitada.

Sobre os anos oitenta tivo a oportunidade de comezar a traballar en Pontevedra, un veciño noso, Suso, o Carrexas, comentoulle dunha empresa que necesitaba de modistas contrastadas.

Naqueles anos comezaba a moda das cortinas, Pontevedra cidade primeiro e despois polas parroquias, cada vez eran máis e máis peticións de clientes que desexaban ter cortinas nas súas fiestras.

No primeiro aviso que tivo de parte de Suso, a Rosa esquecéuselle ir polo lugar que lle recomendou, máis tarde, logo de oito meses volveu, déronlle un anaco de tea e fixéronlle unha proba, mire Rosa, ten que facer con esta tea unha cortina, sabemos que é complicado, fágaa sen présa, o mellor posible.

Rosa foise para casa e con a vella máquina que tiña na casa, que era dos seus pais, fixo a cortina nun airiño, ao outro día cando a viron entrar pola porta e coa cortina feita quedaron moi sorprendidos, desde ese momento xa lle lle dixeron que comezaba a traballar para eles.

Rosa foi unha traballadora nata, a ela dábaselle todo, edredons, colchas, cortinas, estores…estaban encantados con ela, os traballos máis laboriosos e complicados dábanllos a ela, sabían que os faría á perfección, aínda hoxe é o día que por poñer un exemplo, no Hotel Louxo, teñen cortinas confeccionadas por Rosa.

A fama de Rosa íase estendendo, ao pouco tempo require os seus servizos unha empresa moi coñecida en Pontevedra, a Eléctrica Moderna, para a súa sección dedicada ao fogar, é que era ir pola rúa, coas bolsas da costura nas mans e en moitas ocasións os tapiceros estaban esperándoa para dicirlle si quería traballar para eles, daquela Rosa xa adquirira unha máquina de coser eléctrica e as horas non lle chegaban para tanto traballo que tiña.

Había días que era tal o traballo acumulado que non podía desprazarse a Pontevedra a levar os pedidos, é que ademais do seu traballo de costura, tiña os quefaceres da súa casa e unha plebe de fillos, ás veces cando non podía baixar a Pontevedra, era o seu fillo Luís, o que levaba os arranxos, dado que estudaba moi preto do lugar onde tiña que entregar o traballo da súa nai.
Hoxe en día Rosa xa está retirada, a súa saúde é delicada, eu non tiña todas comigo por si non lle apetecía comentarme as súas vivencias, pero fai uns días chamoume e estivemos falando, espero verche pronto en persoa e darche un forte abrazo e un bico, grazas Rosa.

Ubaldina :

Tamén tivemos na parroquia a unha muller de nome Ubaldina Rey Palacios, máis coñecida por Nena (viviu na Rons e despois en Pidre). A súa especialidade era bordar, tal é así, que a súa fama chegou moi lonxe. Nena confeccionoulle un mantel con 24 servizos para o embaixador de España en Francia.

Carmen González Alvite :

Costureira e modista.
Tiña un taller propio na casa da súa nai, chegou a ter oito operarias ao seu cargo. Cosía para moitos lugares da parroquia, de Pidre, Meán, tamén tiña moitos clientes en Lérez. Abrigos, traxes, vestidos, saias, blusas, cintos a xogo, calcetaba xerseis, gorros, luvas…inclusive cestos e bolsos de rafia.

Había días que as horas non chegaban, cando había moito apuro de traballo trabállase tamén pola noite, eran os anos sesenta.

Carmen Cochón:

A nosa veciña comezou a traballar tamén  moi xoven, aos quince anos acabou os seus estudos e grazas o seu mestre D. Pepe Carballo conseguiulle un traballo. D. Pepe era moi amigo de Ángel Bravo, un empresario que tiña en Pontevedra un local de fabricación de pezas de punto, e pediulle que lle dera traballo a súa alumna.

Carmen traballou quince anos na fábrica e despois dez anos máis na súa casa, o seu xefe púxolle duas maquinas remalladoras, era un home moi querido por todas as súas empregadas, a todas elas cando tiñan intención de comprarse un piso ou un coche, el ofrecíase a irlle de avalista. Carmen, como todas as súas compañeiras, só teñen palabras de agradecemento para o que foi o seu xefe durante tantos anos.

Contame Carmen que a fábrica de punto era unha das máis importantes de Pontevedra, as súas empregadas tiñan unha gran experiencia e profesionalidade, foron moitas empresas as que contrataron os servizos da fábrica de Bravo : El Corte Inglés, Roberto Verino, Adolfo Domínguez, Purificación García…

Clara Solla :

A Nosa veciña Clara estivo traballando con dezaseis anos nunha sastrería que había na entrada para o Teatro Malvar, logo duns meses alí foise para a rúa San Pedro Alcántara, onde estaba Talleres Alonso, neste taller estivo traballando ata que se casou, a súa función era a de traballar na remalladora, moitas chaquetas pasaron polas súas mans.

Tamén quero ter recordo especial para outra modista, a miña bisavóa Peregrina Ramos Barreiro.

Estas veciñas que nomeo foron modistas,costureiras, bordadoras, camiseiras, pantaloneras etc. etc., muitas delas mulleres que como outras tantas traballaron sin descanso horas e horas, unhas facíano polas noites para que polo día poder realizar as labores da casa e do campo. Cantas destas mulleres traballaron arreo para poder levar un cacho de pan a casa ? Mulleres que non figuraron coma traballadoras, sin ningún dereito, mentras que a conta delas había quen se estaba aproveitando da situación. Mulleres que de tantas horas e horas traballando foron estragando a súa saude, e seguiron dándolle o pedal daquela máquina, sei de algún fillo de estas traballadoras, que ainda ten o son da máquina metido na cabeza…

En algún lugar de Galicia.

31 MAIO 2023

Con motivo do peche do programa Maio, Mes da Lingua, comparto o 1º Premio do XIII CERTAME DE MICRORELATO, acadado por Mª Jesús Enguídanos Floreani

O SALÓN DA COSTUREIRA

Un día máis espertei co ruído da máquina de coser, as mans finas da miña nai xiraban a roda da vella “Refrey”. Xa tiña enfiado o fío na agulla e dáballe que lle daba ao pedal.

Namentres cosía, cantaba de maneira harmoniosa ao compás da máquina: “Costureira sen dedal, cose pouco e cose mal”.

Silenciosamente, entrei naquel espazo ao que adoitaban vir persoas distintas: dandis, meniñas coas súas nais… A miña nai arrodeaba o seu corpo coa cinta métrica e ía anotando: cintura…, peito…, brazo… Encantábame observar os fíos, as tesoiras, os alfinetes, as teas; unha verdadeira mercería de cores bailaba naquela habitación.

Unha paisaxe fermosa queda hoxe no meu pensamento e coido que non a esquecerei xamais.

OFICIOS DOS VECIÑOS (III) MUIÑEIRO

MUIÑEIRO: Persoa que traballa nun muiño. (RAG)

Seguramente os  homes que comenzaron neste oficio comezaron facendo o muiño tipo doméstico, para o seu servizo, máis adiante, co pago dunha cantidade (maquía) acordada comezaron a traballar pra xente dá fora.

Hoxe en día quen non añora aqueles tempos en que vías os muiños funcionando, aqueles muiños centenarios que hoxe en día soamente quedan restos deles ?

Quen recorda de ir ao muiño e atoparche coas mulleres lavando no río ? Aquelas mulleres que en pequenos grupos se arremoliñaban e falaban dos dimes e diretes do día ? Quen non recorda pasar pola vella pontella que soportaba o paso dos carros e das xentes camiño das leiras ?

Recordo ir ao moiño do Cañoto, sendo un neno co meu pai diante cargado co saco cos grans para moer, quizáis sería a principios dos anos setenta, días atrás uns cantos veciños arranxaran o vello muiño, puxérano de novo a funcionar, para min foi algo especial, estiven tamén axudándolles dentro das miñas posibilidades claro. Por iso que o día que se puxo en marcha foi para min unha festa. Sempre me gustaba ir o Cañoto, o meu pai botaba o gran e mentres se ía moendo aproveitaba para traballar a leira que temos a uns metros do muiño, cada certo tempo mandábame ir ver si estaba funcionando correctamente, e logo máis tarde baixaba él e no mesmo saco metía a fariña.

Cando baixaba da nosa leira a presa quedaba á miña esquerda, a corredoira levaba directo ao muiño e seguía máis adiante en dirección ao río Rons, dun lado a auga da presa baixaba con forza para mover os engranaxes e así facer virar a roda que molía, logo da súa función a auga volvía ao río onde estaba a zona destinada ás mulleres que ían lavar, un pouco máis abaixo os nenos tiñamos unha zona que utilizabamos daquela como piscina, algunhas veces a corrente tennos levado a roupa, unha vez a miña non fun capaz de atopala e tiven que ir para casa totalmente espido, jajaja, imaxinarvos a min, espido desde a casa de Digna ata a miña , tapándome coas mans as miñas partes máis íntimas jajajaja, mentres os coches que pasaban me pitaban, aínda para máis inri, que vergoña !


Aínda que aparentemente o oficio de muiñeiro era fácil, tiña os seus inconvenientes, tiñan que estar permanentemente en contacto co auga, todo o ano, vendo a presa, desatascando o saetillo, tanto no verán como no inverno. Tiña que estar metido nun habitáculo que en épocas de inverno había que idear para non pasar frío e ademáis respirando continuamente fariña, era un ambiente de humidade e con po, algún muiñeiro tivo a enfermidade de neumoconiosis, debido á inhalación das partículas do po. A Fariña segundo saía da roda, daba tres calidades: a que quedaba máis preto da maquinaria era o óleo que era a máis fina e branca, a que caía ao lado cara a fóra era a «míllara», que non era tan fina, e para rematar nos bordes saía o relón, que era a máis basta, como salvado, tamén ao cribar na peneira era o que quedaba nela.

O oficio, tradicionalmente pasa de pais a fillos, ou entre os familiares máis achegados, desde que nace, o fillo do muiñeiro  xa vai aprendendo o oficio, vai colaborando nas faenas que conleva a molienda.

Así é que habitualmente entre a familia tíñanse os coñecementos necesarios para solucionar calquera avería , excepto naqueles arranxos que había que recurrir aos canteiros cando había que seleccionar unha pedra adecuada ou para cando necesitaba un picado a pedra que se estaba usando na moenda.

A maioría dos muiños adoitaban ser dunha planta, aínda que algúns estaban pegados á casa do muiñeiro, outros tiñan cociña debido a que o dono pasaba moitas horas nel, pois había épocas do ano en que se utilizaban de vivenda temporal.


Encontramos documentos antigos donde aparecen nomes de veciños que tiñan coma oficio o de muiñeiro :

Año de 1691, Baltasar Melón 

Ano de 1752, Manuel Fernández, natural de PUENTEBEÁN 

Ano de 1752, Alexos de Parada, natural de PIDRE, ademáis era labrador.

Ano de 1752, Francisco Álvarez, natural de PIDRE, tamén era labrador.

Ano de 1752, Benito Melón, natural de PIDRE, tamén era labrador.

Ano de 1842, Domingo Piedras (59anos)

Ano de 1845, Juan González (52anos) do lugar de PIDRE, vive coas súas fillas Teresa (24 anos) e María Luz (22 anos), tamén eran molineras.

Año de 1880, Manuela Arcos Rodríguez vendelle a José Benito Gomez Solla, un MUIÑO no lugar de San Caetano.

NO INTERROGATORIO DO MARQUÉS DA ENSENADA, ( Según o Catastro do Marqués da Ensenada, entre 1750 e 1754 na parroquia de Cerponzóns atopábanse a pleno rendemento 18 muíños de auga ao longo das canles dos regatos de O Castrado e Acibal .) RECOLLEN OS DATOS SEGUINTES REFERENTES OS MUIÑOS :

MOLINOS QUE NO SON DE MAQUILA

Uno llamado ORZERA situado en el río que viene del Acibal propio de Francisco Falcón y de Ignacio Tilve de la misma vecindad es de piedra negra muele siete meses.

Otro del mismo nombre y en dicho río de una piedra negra propio del dicho Francisco Falcón, Alberto Gómez, Domingo de Castro, herederos de Juán Cancela, vecinos de Alba Juan Magdalena, Benito de Lores, Alberto Gomez Justo, y Tomás Alonso, Benito Blanco, Manuel Falcón de esta vecindad y Benito de Lores de la de Lerez, muele 7 meses.

Otro del mismo nombre y en el referido río piedra negra, muele siete meses propio de Nicolás do Freixo, Ignacio Toibal, gerónimo Rulibal, Antonio da Vila, Domingo de Castro, y Joshep Sartal vecinos de dicha feligresía.

Otro llamado Bouza del Rey situado en dicho río del Acibal piedra negra, muele siete meses propio de los herederos de Pedro Gomez, Domingo de Tilve y Miguel Gomez de esta dicha feligresía.

Otro en dicha Bouza del Rey y río Acibal piedra negra, muele siete meses propio de Francisco Gomez. Pedro Blanco, Antonio Perez, Ignacio Solla, Benito Gonzalez, Domingo Cancela, Pascual de Tilve, y Benito Bieites, vecinos de dicha feligresía.

Otro llamado Caeiro, sito en dicho río de piedra negra, propio de los herederos de Gregorio Fontecoba, los de Fernando de Souto, Benito de Castro vecinos de dicha feligresía, muele siete meses.
BATÁN; Uno en el río referido Acibal propio de Francisco Falcón de las misma vecindad.


MOLINOS DE MAQUILA


Uno llamado PIÓN, situado en el río de Acibal de una piedra negra y de maquila muele siete meses al año, propio de Juana Martínez, vecina de dicha feligresía.

Otro llamado A BALEA, sito en dicho río propio de Benito Melón vecino de la dicha feligresía y de una piedra negra y de maquila, muele lo mismo siete meses.

Otro del mismo nombre de A BALEA sito en dicho río, de piedra negra, propio de Francisco Alvarez, de la misma vecindad muele siete meses es de maquila.

Otros dos del referido nombre de A BALEA sito en dicho río cada uno de una piedra negra, maquileros propios de Casimiro Melón de la misma feligresía.

Otro del citado nombre, y en dicho río, de piedra negra, propio de Alexos Parada, Juana da ¨Fonte, Alberto Fontenla, vecinos de dicha feligresía y Patricio Cancela de la de Alba.

Otro llamado PUENTEBEÁN sito en la dicha feligresía y río de Acibal, de piedra negra, y maquila propio de Juan Fernandez de dicha feligresía muele dichos siete meses.

Otro en dicho PUENTEBEÁN y en referido río, de piedra negra, y de maquila, propio de Josepha López viuda de la misma vecindad, muele siete meses.
Otro en dicho río, de piedra negra, y de maquila, propio de Manuel y Lucas Fernandez de la misma vecindad, y muele dichos siete meses.

Estos son os muiñeiros qué máis están no noso recordo : O señor José Fuentes, o señor Francisco Louzao Sobral, o señor Eladio Sartal…..

Nestes días un grupo de veciñas e veciños reuníronse para tratar sobre a recuperación dun muiño da parroquia,  é unha magoa que un exemplo destacable da arquitectura popular como son os nosos muiños, téñanse totalmente abandonados e prácticamente en estado de ruínas así están a maioría dos que temos en Cerponzóns, oxalá se poida chegar a realizar a súa recuperación, os nosos antepasados alá onde estean agradeceránvolo.

9- AS TROPAS FRANCESAS PASARON POR CERPONZÓNS 

O PASO DAS TROPAS DE NAPOLEÓN POR CERPONZÓNS 

Foron só seis meses os que estiveron as tropas francesas en Galicia, o motivo deste pouco tempo era que ao ser unha rexión periférica non era estratéxicamente de interese para o emperador Napoleón.

O seu paso por esta rexión era dirixirse cara a Portugal, este país si que era un obxectivo primordial e así sufriu desde a nosa terra unha gran embestida.

É no mes de Xaneiro de 1809 cando os franceses diríxense dirección Portugal comandados polo Mariscal Soult ( Nicolas Jean de Dieu Soult (1769-1851), entraron por Astorga, de aí chegaron a Lugo o 9 de Xaneiro, despois dirixíronse a Santiago, Caldas e Pontevedra, era o 20 de Xaneiro cando pasaron por Cerponzóns, seguramente encontraron o Camiño Real no seu esplendor, dado que se rematou no 1804.

Foi neste día do patrón da cidade, cando os veciños de Cerponzóns viron pasar aos soldados da cabalería francesa, procedían de Caldas, a súa función era unha misión de observación.

Eran anos en que a Igrexa e os grandes señores tiñan o control das aldeas, pobos e vilas, foron os que encabezaron de facerlle frente as tropas inimigas, fai un tempo atopei unha referencia nun libro que falaba do Camiño dos Franceses o seu paso por Cerponzóns, poida que teña que ver co paso do Mariscal Soult e as súas tropas.

Que pasaría na nosa parroquia cando pasaron por ela os soldados de Soult ?

Cantos dos nosos veciños sufrirían saqueos ?

Sábese que en moitos libros parroquiales están cheos de testemuños de terror, de mulleres violadas, de homes destripados, casas incendiadas, esnaquizaban as viñas, os hórreos e os alpendres eran saqueados, as plantacions desfeitas…por onde pasaban as tropas francesas non deixaban nin un gran, ata se levaban as olas que utilizaban os nosos paisanos para facer a comida.

Eran miles de soldados os que acompañaban a Soult e tamén ao outro Mariscal, de nome Ney, moitos dos soldados estaban doentes,feridos, incapacitados…pero intentaban que ao seu paso a xente non se decatasen, para non dar síntomas de debilidade, aínda así eran muitísimos os que estaban sans, eran os que ían facendo unha horrorosa matanza e carnicería polos pobos e aldeas de Galicia o seu paso en dirección a Portugal, non é de estrañar que ao pasar polo noso Camiño Real, casa que houbese preto do camiño, casa que sufriría todas estas atrocidades.

Os escritos que fan referencia, como dixen antes, do paso das tropas francesas indícannos que foi o 20 de Xaneiro cando se viron por primeira vez aos franceses, foi unha partida de cabalería que procedía de Santiago, a súa  función era explorar o estado de Pontevedra, no mesmo día volven de novo para o punto de onde partiran.


Despois foi a principios de Febreiro cando pasa o Mariscal Soult con todas as súas tropas camiño de Portugal, ao chegar a Pontevedra deixa na vila unha forte guarnición composta por cabalería e infantería.

Con leste despregue aseguraba a súa comunicación cos outros lugares onde estaban situados os seus homes, Coruña, Santiago e Ferrol.

As guarnicions que quedaron en Pontevedra distribuíronse en columnas con tropas de cabalería e infantería, fóron ocupando todas as parroquias e pobos próximos. Situados nestes lugares obrigaban aos paisanos a que lles entregasen de todo, a gandería , os grans, forraxes… ata diñeiro, deixáronos sen nada.

O día 3 de Febreiro as tropas francesas instalaran un reximento  de dragons imperiales no convento de San Francisco, como se lle había morto un cabalo, decidiron facerlle unhas sacrílegas exequias no mesmo templo.

Para iso valéronse das imaxes que representaban a última cea e algunha outra máis do altar maior, esparciron  os refugallos do animal sobre elas. Para acompañar o festexo os gabachos habían saqueado a bodega dos monxes, cincuenta moyos de viño, outros tantos xamons, touciños e demais viandas que atoparon.

Non deixaban nada en pé, arrasaban por onde ían.

Encontro nun exemplar dedicado ás efemérides de pontevedra varias anotacións, entre elas unha do 15 de Febreiro onde os franceses envían desde Pontevedra uns cantos destacamentos, compostos cada un por vinte e cinco homes, a varias parroquias, a súa única misión era a de facer tropelías .

O 19 de Febreiro e unha data señalada, o convento estaba convertido nun hospital, debido ás guerrillas que viñan sufrindo os gabachos tiñan moitos efectivos malferidos, ademáis tamén trouxeran a peste con eles. Calcúlase que na horta do convento, situada entre as rúas que hoxe en día coñecemos por Aduana e Rúa do Naranxo, enterráronse uns oitocentos homes.

Os veciños estaban aterrorizados, metidos nas súas casas, pero chegou o momento en que decidiron pasar ao ataque, hai unha data sinalada, éste 19 de Febreiro, cando se arman e levántanse contra os franceses, na parroquia de S. Xurxo de Sacos estaban ocupando os franceses a casa do cura, alí comezan as guerrillas…

O método de loita de guerrillas foi mui eficaz, era unha fórmula mui efectiva para poder desgastar os franceses. Para levar a cabo esto constituíanse grupos de pouca xente, que coñocían mui ben o terreo que pisaban, así, hostigaban con rápidos golpes de man as tropas francesas, despois disolvíanse inmediatamente e desaparecían polos montes.

O día 20 son os franceses os que atacan, as guerrillas eran continuas, nos Baños de Cuntis, de Peñaflor i Coto de Amil os veciños por medio das campás e bocinas vanse agrupando e facéndolle a vida imposible aos homes de Soult.

Ese mesmo día en San Jorge de Sacos os paisanos pasan a coitelo aos franceses que estaban naquel lugar, sendo tirados ao río Lérez. En Tenorio e Borela, outro tanto do mesmo, só se salva un gabacho, pois pasou toda a noite nun palleiro, facendo o amor coa criada dun tal Juan Barros.

O 28 de Febreiro é un dos días con accións moi sanguentas, por unha banda os paisanos de Caldevergazo, Cotobade, Mourente, Marcón e Pontevedra, atacan na Porta de Trabancas, mentres que os veciños das parroquias que se atopan polo Camiño Real que leva a Santiago, xunto cos paisanos de Geve, Amil e Peñaflor, penetran pola Ponte do Burgo.

 Producese na ponte do Burgo un duro enfrontamento, onde os caudillos D. Jacobo Varela e D. Apolinar López estaban ao mando dun pequeno exército de homes, a maioría campesiños, por tres veces houbo ataques, onde o caudillo Varela cae mortalmente ferido na contenda, aproveitando dese feito, os franceses emprenden a súa saída da cidade e esténdense pola campiña, matando a todos os campesiños que foron atopando.

Plano de Pontesampaio

Tamén merece facer mención o que encontrei en outra Documentacion, foi o seguinte :

El 4 de Marzo pasó por Caldas un gran carruaje escoltado por 400 hombres de las tropas del mariscal Soult y dos partidas mandadas por el valiente Cadete Literario D. Benito Godoy y Araujo ( muerto después delante de Tuy) han hecho en el Puente-Varosa un terrible estrago al enemigo; a quien han muerto más de 30 hombres, y herido muchos. Todas estas ventajas eran nada para el Señor Brandaris, que deseaba otras de mayor consecuencia y se hubieran verificado si tuviese a sus ordenes 100 soldados de línea que las hiciesen respetar.


O día 7 de Marzo os franceses están tan asustados polos acontecementos,  deciden volver a Santiago en busca de reforzos. O 12 de Abril volven pasar pola nosa parroquia, esta vez veñen con tres mil homes. Por onde pasaban arrasaban, en Campolongo e Ponte Bolera os paisanos fixéronlles fronte, tendo moitas baixas, pero pouco despois os franceses vingáronse, sobretodo en Salcedo, onde saquearon as casas e despois queimáronas.

O 15 de Abril parte das tropas retornan de novo a Santiago, viñan de Tui e o día anterior foran recibidos a base de disparos desde o máis alto de San Cibrán e ata chegar a Pontevedra, alí os franceses resgárdanse no campo de San José. Ao día seguinte marcháronse cedo, ían recollendo ás partidas que estaban apostadas nos lugares habituais, xa tiñan desde o amencer de novo detrás deles aos nosos paisanos, os gabachos largaban dirección Santiago, foron perseguidos ata Padrón, con Morillo á cabeza, sufrindo moitas baixas.

Nos documentos daquela época dicíase que desde a Ponte do Burgo víase moito sangue ao longo do Camiño Real en dirección a Santiago.

Máis tarde, no mes de Xuño, os días do 7 ao 9 de Xuño foi onde se determinou a gran derrota francesa.

Encontramos en unha revista especializada na guerra contra os franceses o seguinte :

24 de Febrero de 1809
Las acciones victoriosas de los maestros en todas las salidas que los franceses osaban hacer fuera de las murallas de la villa , promovieron , buscando una actuación más continuada y económica y la evitación de sorpresas , a la constitución de unas juntas organizadoras , con campañas y batallones estructurados , al mando jerarquizado de cabos , sargentos , oficiales y tres comandantes en cada alarma , uno principal y dos subalternos – ” comandante uno de tres ” , llámanles los papeles de la época -. También en cada una había un grupo de tiradores , que disponían de las pocas armas de fuego disponibles. El resto de los integrantes se contentaban con garrotes , hoces , guadañas y demás instrumentos susceptibles de inferir daño.

Esos eran los medios para contener la intrusión y para expulsar a los ejércitos que pasearan la victoria por toda Europa. Y – milagro de heroísmo- se logró. Con todas armas se formó cerco completo a la villa : por el Levante , desde la altura de Canicouba a la de Berducido y Portela ; por el poniente , desde la Barca de Poyo hasta las inmediaciones de Curro ; por mediodía, desde Marin de arriba a Campolongo. 

La posteridad debe conocer los nombres de los principales dirigentes locales . Don Gregorio García Cordero , alcalde mayor y juez merino , Don Francisco Antonio García , escribano y Don Hilario Martínez , en Cotobad; Don Domingo Suárez , Don Benito González, Don Manuel Fernández y el escribano Don Lucas do Val , en Caldevergazo ; Don Alonso de Soto Y Varela , Don Jacobo Miguez Vortes y Don Luis Camiña , en Montes ; Don Juan Juan Gago , ex-capitán corsario , Don Manuel Alarcon , en Morrazo , con cordones en Salcedo y Lourizan; Don Benito Varela , Juez de Geve ; en Peñaflor , y Coto de Amil ; Don Juan Alsor , abogado en Mourente y Marcon; el franciscano P.Pego en Baños de Cuntis; y DON JOSÉ BENITO ESPERON y el presbítero Don Domingo Freixo , en Campaño.

Ademáis de empuñar un arma, DON JOSÉ BENITO ESPERON, tamén fai unha extensa crónica :

5 de Octubre de 1809 EL IMPERIO NAPOLEÓNICO SE TAMBALEA !

Veciños de GEBE, BORA, TENORIO, SAN JORGE DE SACOS, CAMPAÑÓ, MOURENTE, MARÍN, CANGAS, MOAÑA, BARRO, MORAÑA, CERDEDO, COTOBAD, etc., promueven un

¡ LEVANTAMIENTO !

Contra el pérfido ejército francés !

Crónica en exclusiva del primer reportero de guerra de Galicia.
Carta escrita al redactor del periódico EL SEMANARIO! de A Coruña, y publicada el día 5 de Octubre de 1809, en que se detallan los primeros sucesos de armas de los habitantes de Pontevedra contra los franceses, por D. José Benito Esperón, vecino de Campañó ( Pontevedra ).

Por certo, seguro que todos oístes nalgún momento chamar a un can polo nome de nome Ney, pois foi debido ao mariscal francés. Para os paisanos galegos daquel tempo os franceses invasores eran cans.

Máis Informacion : 

http://www.patrimoniovilagarcia.com/relacion-circunstanciada-de-lo-acaecido-en-villagarcia-desde–el-dia-12-de-mayo-de-1808—periodico-compostelano—17-de-agosto-de-1809_ws190140.wsbl

Museo de Pontevedra

Revista El Centinela

CONTOS NA LAREIRA (34) O TROLE

RECORDANDO O TROLEBÚS 

Imaxinádesvos o duro que sería ir andando cunha carga na cabeza desde a nosa parroquia ata o centro de Pontevedra ?

Imaxinádesvos ás nosas nais e avoas ir andando con choiva, vento, frío , calor etc…cargadas de cousas, tanto de ida coma de volta  ?

Naqueles anos unhas das necesidades que máis botaban en falta os nosos antepasados non cabe dúbida que era o medio de transporte, lograr que chegase o máis preto posible o tranvía , máis tarde o trolebús e despois o autobús sería sempre una das peticións máis demandadas…..
 Nos anos 20, os veciños de Cerponzóns reclamaban que o tranvía da época chegara máis cerca da nosa parroquia para que as comunicacións con Pontevedra fosen mais doadas, recordade que nesas datas non habia moitos coches particulares, e os nosos veciños cada vez que tiñan que ir a capital moitos deles iban andando, o cal supoñia perder todo o dia…

COPIA DO ARTÍCULO QUE SE REFIRE Ó TEMA:

ORZAN; AÑO XI Nº3226; 21 DE OCTUBRE  DE 1928

AMPLIACIÓN DEL TRANVÍA:

Firmada por los presidentes y secretarios de las Sociedades Agrarias de las parroquias de Campañó, Alba y Cerponzons, los curas párrocos de las mismas y los maestros de las dos últimas, se dirigió una instancia al presidente del Consejo de Administración de la Compañía “tranvías eléctricos de Pontevedra”, pidiendo se lleve hasta el empalme de la carretera de Santiago con la de Cambados,  la línea del tranvía eléctrico cuya concesión está hecha actualmente hasta el lugar de La Ferreira.

Se alega en la instancia que las importantes parroquias de San Pedro de Campañó, Sta. María de Alba ,  San Vicente de Cerponzóns, Curro, Portela…, etc, tiene en su afluencia a la capital, como punto de necesaria convergencia, el empalme citado y se considera que el nº de viajeros desde el referido punto a Pontevedra habría de ser considerado dado el crecido número de personas que diariamente circulan por el referido empalme ya descendentemente hacia la capital, ya ascendentemente hacia ferias tan importantes como las de Mosteiro, S. Antoniño etc.”

Anos máis tarde, xa funcionando o trolebús, e con parada en Alba, pídese por parte da Asc. De Veciños O Chedeiro unha ampliación de paradas que teñan como destino a parroquia de Cerponzons, o 30/12/1995 dase conta na Asamblea ordinaria de que desde as empresas CASTROMIL e GARRIDO opoñense a concesión de ampliación do percorrido Alba/Hermida, que se encargaba a empresa Autobuses de Pontevedra S.A.
Foi no mes de Marzo do 1996 cando a Asociación presenta un recurso ordinario na Conselleria de Obras Públicas contra a resolución denegatoría dos Autobuses de Pontevedra S.A. para poder ampliar o seu percorrido ata o lugar da Hermida.

Desde a Asociación hai un socio ( Ramón Iglesias Barreiro) que solicita que se acuda o Concello para que apoíe a iniciativa solicitada.

Encontrei varios artigos relacionados co trole  :

DIARIO DE PONTEVEDRA. 

Trolebús: Ómnibus de tracción eléctrica, sin carriles, que toma la corriente de un cable aéreo por medio de un trole doble. La definición de la RAE aparece un poco más detallada en la Wikipedia: también conocido como trolley o trole, no hace uso de vías especiales o rieles en la calzada, como el tranvía, por lo que es un sistema más flexible. 

Y los defensores de las energías verdes añaden que es «silencioso, cómodo, rentable, limpio y respetuoso con el medio ambiente».

El 15 de diciembre de 1943 se inauguró la línea de trolebuses entre Pontevedra y Marín, de ocho kilómetros de longitud. Habían instalado el tendido eléctrico los empleados de la empresa Lago de Vigo y el billete costaba 60 céntimos.

Acto de bendición, Decembro de 1943

Los seis primeros vehículos fueron adquiridos en Londres gracias a las gestiones realizadas por el duque de Alba, entonces embajador en la capital británica. Se trataba de unos Leyland de un solo piso que se conocían como ‘chinos’, porque su destino original era la ciudad oriental de Cantón.

El éxito de aquel sistema de transporte fue tal que una década después, en 1955, se puso en marcha una segunda línea entre el centro urbano y la parroquia de Lérez; dos años después se prolongó hasta A Ferreira y en 1962 Alba se convirtió en fin de trayecto.
Los ‘chinos’ se vieron reforzados en 1961 con una partida de ocho trolebuses de dos pisos (BUT, Q1), de segunda mano, aquiridos a la London Transport tras una operación no exenta de contratiempos de la que también se benefició la ciudad de Valencia.

Llegaron al puerto de Marín el 25 de febrero a bordo del buque alemán Ana Oldefor y tanto su desembarco como su posterior puesta en funcionamiento se convirtieron en todo un acontecimiento. Eran muy distintos a sus predecesores, más altos, más modernos, más molones…

Con el paso del tiempo, los troles acabaron convirtiéndose en un símbolo. No se entendía una visita a Pontevedra o Marín sin viajar en ellos e incluso se organizaban excursiones ex profeso desde ciudades limítrofes para admirarlos y disfrutarlos.

La compañía que explotaba las líneas de trolebuses, TEP, fue absorbida en 1977 por Transportes La Unión. Ese mismo año fueron comprados a Valencia 17 vehículos para sustituir a los ingleses de dos pisos.

EL ADIÓS 

Pero el material fue envejeciendo y el mantenimiento se redujo a la mínima expresión (la apuesta de futuro eran los autocares a gasoil) y en 1988 se suprime la línea plaza de Galicia-Lérez-Alba. Al año siguiente, el 31 de agosto de 1989 el trolebús número 102, modelo BUT-Macosas, entró en las cocheras de Mollavao y nadie volvió a saber de él. Fue el último trolebús de España.

Con él no acabó el servicio (empezaron a funcionar los autobuses) pero sí un recorrido sentimental de los últimos 46 años por Pontevedra, una ciudad que hizo del trole casi una seña de identidad para tres generaciones. El periodista Manuel Jabois recordaba en 2009, coincidiendo con el vigésimo aniversario del adiós, que en el trole «fue donde se hizo famoso el grandísimo John Balan, improvisando su espectáculo en la parte trasera del vehículo para deleite de un público entregado. Fue, su lenta desaparición, uno de los últimos resquicios de la Pontevedra de la posguerra que se conservaba entre postales de blanco y negro».

Héctor Poderoso García es un coruñés de 41 años apasionado por los trolebuses, hasta el punto de que a finales de los ochenta se desplazo a propósito hasta Pontevedra para fotografiarlos y viajar en ellos.

No siempre nos queda claro que para cambiar las cosas no es necesario perderlas. Algo así volvió a pasarle a los pontevedreses hace ahora 25 años, cuando el trolebús 102, azul con techo blanco, realizó su último viaje a las cocheras. Unos saludaron la extinción de lo que consideraban sinónimo de avería y tardanza. Los menos hasta participaron en una manifestación que encabezó el político Camilo Nogueira en defensa de un transporte colectivo ecológico, silencioso y rentable.
En los años ochenta Pontevedra era ya la última ciudad de España en contar con este sistema de transporte.

FARO DE VIGO :

Ya entonces, como recuerda el estudioso de los trolebuses Héctor Poderoso García, “había una conciencia entre la población a favor de la conservación del medio ambiente y en defensa de transporte que no produce contaminación acústica; a los pontevedreses no se les dio ninguna explicación de por qué fueron retirados”.

Más aún, el experto explica algo que debió hacerse público en su momento: unos meses antes de la supresión la empresa recibió una oferta que parecía irrechazable, “unos fabricantes extranjeros le propusieron renovar la flota de troles clásicos por trolebuses modernos y articulados con plataforma a nivel del suelo para el acceso de carritos de compra, de bebés, personas con movilidad reducida etc”, explica el investigador.

Esta más que generosa oferta se rechaza, sencillamente, por oscuros intereses económicos que alguien se encargará de probar algún día. Por el momento, los expertos indican que “lo que si está claro es que los políticos de la época se empeñaron en decir que estaban viejos, que eran muy antiguos, que exigían mucho mantenimiento”.

La disculpa final fue un cambio de sentido del tráfico en una calle… Y a la ciudadanía no se le contó jamás la oferta de los fabricantes extranjeros, que habría hecho que Pontevedra fuese hoy una de las cerca de 230 ciudades europeas que cuentan con este sistema de transporte.

¿Cómo sería hoy el trolebús capitalino? Un buen ejemplo son los 6 troles de diseño futurista que TVR Castellón acaba de encargar a la compañía checa Skoda Electric: vehículos de 12 metros con un frontal que evoca un tranvía, con nuevos estándares de confort interior y baterías de alimentación independiente para que puedan circular por trayectos sin tendido.

“En Europa se les conoce como trolebuses híbridos o bimodales”, destaca Héctor Poderoso, “son vehículos de última generación que llevan acopladas unas baterías por si acaso se avería el motor eléctrico o se va la luz puedan seguir funcionando convertidos en autobuses”.

Esta batería acaba precisamente con dos de los principales problemas del trole a los que aludían sus críticos: la necesidad de estar permanentemente conectado a la catenaria o la interrupción del servicio en caso de un parón del suministro.

O Trole visto dende a Cafeteria Las Torres.

Eran, conviene reconocerlo, episodios bastante frecuentes desde que el 15 de diciembre de 1943 se había inaugurado la línea 1, Pontevedra-Marín. 

La adquisición de los mismos no había sido fácil e intervino Francisco J. Sánchez Cantón ante el duque de Alba, entonces embajador de España en Londres, para cerrar la operación. “La dificultad procedía de que se consideraba que los chasis de los trolebuses eran material de guerra”, indicaba en 1994 el catedrático José Ángel Fernández Arruty, cuyo abuelo paterno, José Fernández Tafall, fue jefe de estación.

Finalmente, la Compañía de Tranvías Eléctricos de Pontevedra recibió los 6 primeros trolebuses, que eran de color blanco y se les apodó “chinos” porque en un principio estaban destinados a la ciudad de Cantón.

Cada 15 minutos salía un trole para Marín y tardaba en llegar a su destino 20 minutos, nada que ver con los tiempos cada vez más cortos que emplean los modernos trolebuses. 

Como ejemplo, recordar que la compañía alemana Siemens ha sido contratada para electrificar un tramo de 30 kilómetros de la autopista que comunica el puerto de Long Beach, en Los Ángeles, con la estación ferroviaria. La previsión es que esta lanzadera esté operativa en julio de 2015 y permitirá que 35.000 trolecamiones conectados a la red recorran a diario el tramo transportando mercancías.

Otra de las claves en la mejora de los tiempos en los trolebuses son los interiores más amplios y cómodos de los nuevos vehículos, que acortan los periodos de acceso y descargas, promoviendo un flujo de ocupación más ágil.

La segunda línea, hasta Lérez, se inauguró en 1955 y siete años después se extendió hasta Alba. Por lo que respecta a los vehículos, Héctor Poderoso detalla que “en 1957 tres nuevos trolebuses fueron carrozados en los talleres de la propia compañía TEP y en 1961 la empresa compra a Londres ocho troles de dos pisos, los BUT Q1, que llegaron al puerto de Marín el 25 de febrero de ese año”.

Tenían capacidad para 70 pasajeros sentados y 25 de pie.

Estos nuevos troles “llamaron enormemente la atención”, indica José Ángel Fernández Arruty, y fue tal el grado de aceptación del transporte que “incluso se especuló con la posibilidad de implantar los trolebuses entre Pontevedra y Sanxenxo”, aunque finalmente no llegó a concretarse el proyecto.

Reportajes de televisión, documentales, alguna película (caso de Botón de Ancla) y numerosas postales convirtieron a los troles en una de las imágenes más simbólicas de la ciudad.


Los trolebuses de doble planta desaparecieron en 1977. “Transportes La Unión estaba absorbiendo a Tranvías Eléctricos de Pontevedra”, indica a este respecto Héctor Poderoso, “y compra la recién clausurada red de Valencia, 17 troles que años antes ya habían funcionado en Barcelona”.

¿Cómo es que Pontevedra puede heredar troles tan antiguos? La explicación está en la mayor longevidad de estos vehículos: “El motor eléctrico tiene una vida media de 30 años”, explica el experto, “mientras que los autobuses al utilizar motores diesel de gasoil tienen una vida media de entre 10 y 12 años, además de emitir todo tipo de gases contaminantes, mientras que los trolebuses no contaminan absolutamente nada y son cómodos, silenciosos y más rentables que el autobús”.

Son precisamente los argumentos de la ciudad de Viena, con 227 kilómetros de tranvía y tendido eléctrico, para sumar 12 nuevos troles con capacidad para 40 personas, adquiridos al fabricante italiano Rampini. La tecnología de recarga más barata permitirá reducir en un 25% los costes de mantenimiento y combustible.

En el caso de Colonia, el objetivo de sus nuevos 8 troles de 18 metros es transmitir una visión futurista de la ciudad, un empeño que ha de conseguir la compañía UDL Bus & Coach con sus diseños.

Puertas amplias, imagen de vanguardia, indicadores que permiten que el viajero siempre tenga un listado actualizado de las rutas para darle opción a cambiar… Nada que ver con aquellos troles que hubo que tunear y modificar las puertas, dado que en Reino Unido se circula por la izquierda, o el pobrecito anciano que aparece en una foto de 1981 desvencijado, esforzándose por llegar silenciosamente a Marín. No debimos perderlos, no hacía falta para cambiar las cosas.


LA VOZ DE GALICIA

Comienza el año en Pontevedra con una subida del billete del trolebús a Marín y a Lérez de más del 12 %, paralelamente al incremento general de todos los transportes públicos. El precio del viaje de Pontevedra a Marín quedó establecido en 37 pesetas y el trayecto Pontevedra- Lérez en 31 pesetas.«La subida sorprendió a los usuarios de este medio de transporte interurbano que, lógicamente no la acogieron con agrado», publicaba La Voz el 11 de enero de aquel año. «Ya han comenzado a surgir las primeras opiniones que reclaman un mejora del servicio de forma que se mejoren las condiciones en las que actualmente se presta», continuaba la noticia.

Los trolebuses, cuya historia está plagada de anécdotas que se recuerdan en los anales de la historia pontevedresa con cierta nostalgia, lejos de ser considerados una reliquia del pasado se habían revalorizado como transporte libre y sostenible, hasta el punto de que por entonces ciudades como Madrid se planteaban su restablecimiento. En Pontevedra se habían implantado en 1943 y se suprimieron definitivamente en 1989.

Era o 03-01-1960 cando se publicaba unha critica pola falta de viseras nas paradas :

VISERAS DONDE RESGUARDARSE LOS USUARIOS DEL TROLE

Pontevedra.-A pesar de todo lo proyectado por la compañía de autobuses de Pontevedra continúan sin construirse “las viseras” donde puedan cobijarse los usuarios de los trolebuses a Marin.

Más de una vez hemos visto como, pese a la lluvia, los usuarios tienen que guardar cola de forma estoica para coger el “trole”. Y al día siguiente tienen que coger cama para curarse del resfriado o de la gripe.

Creemos sinceramente que el que paga tiene derecho a un mínimo de comodidades, y más teniendo en cuenta a las criaturas de pocos años y a los venerables ancianos. Al menos con la perra chica que han aumentado en los billetes debido a la desaparición oficial de los 2 céntimos, podrían construirse uña viseras que, aunque fuesen de lona, evitarían coger el ” trole” hecho un pingajo.

Fai uns anos varios veciños e veciñas comentamos os nos os recordos, estos son algúns:

1-Eu tamén iba no trole a Pontevedra, pero na outra línea porque eu son de Marín. Era un transporte mais ecolóxico que os actuais autobuses e viñan sempre puntuais, bueno, menos cando se lle soltaba o cable que os unia á linea eléctrica e tiña que baixar o conductor a recolocalo. Tiña o seu encanto este trole co seu revisor que che viña a pedir o ticket, pero o mellor do mellor era o que tuña dous pisos e cando eramos cativos sempre nos gustaba ir no piso de arriba

2-Eu sempre me alegraba cando viña un de dous pisos a línea de Alba , por soposto ia para o piso de arriba !

3-Tendrian que volver a ponerlo, que ahora es un asco 😕

4-O q mais me acordo son dos asientos de madeira

5-O que mais me lembro é do traballo que pasaba o conductor cando se lle saían as pértigas do cable, e de como pringaba as mans na graxa. De cando quedaba sen corriente e saías a correr cara ó instituto porque non chegabas a tempo. Son moitas lembranzas!!!!

6-Quen se lembra dun conductor que cando viña el xa sabíamos que chegariamos tarde ? Por certo un bo home , pero lento de carallo……

7-Eu recordo estar nel e marchar a luz e ter que esperar a que volvese para arrancar.

8-Eu recordo que non tiñan pesetas para dar a volta e dábanche un tique polo valor dela..jajaja

UNHA AMIGA DE CAMPAÑÓ ENVIOUME O SEGUINTE RECORDO:

Se fose a ben falar das persoas que tiveron relación co trolebús en Pontevedra, unha desas persoas é a miña avoa Jesusa Paz, nada en Pontevedra no ano 1916. Despois de enviuvar cunha filla de tres anos e outra en camiño tivo que sacar adiante á familia. Traballaba na casa de D. Fabelo, limpando e coidando a súa muller que estaba enferma. Foi este Señor o que a recomendou para entrar a traballar na limpeza das cocheiras en Mollabao. Limpaba as oficinas, os baños e se lle quedaba tempo aínda repasaba os troles. Os meus recordos son de ir e vir no trolebús con ela, día si e día non, sobre todo algunha mañá que ía a cobrar ou facer calquera tarefa porque o seu horario laboral cubría toda a tarde, desde as 15,30 até as 20,00. Mencionar tamén a figura do revisor que subía e baixaba nas paradas que cubrían o percorrido de Pontevedra a Marín pedindo o billete. Este feito sempre pareceume curioso porque o billete o vendía o condutor i eu cría que todo o mundo tiña que entrar pola porta de adiante; máis tarde descubrín que había xente que se colaba pola porta traseira para non pagar. Se tiñan a sorte de que nesa viaxe non viña ningún revisor aforraban o traxecto. Traballou moitos anos e ao finalizar a súa etapa tivo unha xubilación digna e ben recoñecida por todos os compañeiros e compañeiras. A verdade e que foi unha muller rodeada de homes e mantivo sempre a honradez e a honestidade por riba de todo. Tenme contado algún episodio que hoxe estaría considerado de acoso, pero ela sempre tivo a capacidade de manter aos homes a raía. 

Traballaba en horario de tarde porque polas mañás vendía empanadillas e boliños doces na estación de buses do Castromil e a Unión que daquela atopábase na rúa “General Mola”.

O seu día comezaba ben pronto amasando empanadillas e masa para os doces. Logo coa lata na cabeza levaba as viandas ao forno de Acuña na carreteira de Vigo. No tempo que cocían ela volvía a deitarse e aproveitaba para durmir. Recollía a fornada, organizaba a cesta de mimbre enorme que levaba na cabeza facendo un rodete de tea para poder soportar o peso. Regresaba ao mediodía cos cartos das vendas, comía e preparábase para as tarefas da tarde, que como xa ben dixen desenvolvíanse noutro espazo ben diferente. Iso si reservaba sempre as fines de semana para as tarefas de lavar roupa no río. 

Que tempos!. Traballábase derreo  e non sei como facían pero sempre quedaba tempo para saír a rúa, sentar nunha silla e falar, unhas veces do que pasaba no mundo e outras para sacarlle a pel aos veciños.

Enlaces relacionados : https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/la-ultima-parada-del-trole/201909282003501054093.html

No blog CARRIOLA DE MARIN  :

Con el recuerdo de los “troles” nos viene a la memoria muchos de sus operarios, conductores, cobradores y revisores. Graña, los hermanos Dapena, Blanco… eran los que iban al volante pisando por puntos el acelerador y teniendo mucho cuidado en las curvas que no se soltaran las pértigas de la corriente, o tendrían que salir al exterior, armarse de paciencia, y tirar de las cuerdas hasta conseguir conectar de nuevo a los cables paralelos que alimentaban la energía para mover los coches. Con ellos los cobradores e incluso las cobradoras que se incorporaron en los últimos años a aquel puesto de trabajo. Durante mucho tiempo los cobradores empezaban al principio del “trole” con una carterita en la mano e iban cobrando a los viajeros que permanecían sentados o de pie en las plataformas y el pasillo central aunque estaba prohibido. Cobraban por tramos, no como ahora que es igual ir a Pontevedra que a Cantodarea. Con el tiempo se les instaló una mesita con su asiento en la “popa” del coche y cobraban sin moverse del sitio a los viajeros que entraban por la puerta de atrás, y se iban moviendo hacia adelante con el recibo de su billete pagado en la mano. Y el revisor, aquel uniformado que, sorpresivamente, subía en cualquier parada del medio del recorrido y, con un aparatejo en la mano, iba picando los billetes de los presentes para comprobar que ninguno se había colado por la cara. Hoy, los mastodontes buses que los sustituyeron llevan un conductor que también es cobrador y hasta revisor, y los clientes entran por delante y se van moviendo hacia el centro y la parte trasera del vehículo. Todo al revés.

Prohibido hablar al conductor”. “Prohibido fumar y escupir en el vehículo” “ Prohibido cruzar por delante del trolebús, puede ser atropellado por otro vehículo que Vd. no ve” y junto a estos carteles de prohibición los anuncios de los comercios de Pontevedra y Marín animándote a que compraras sus productos incluso aquel que aconsejaba la visita a un determinado médico para que te consultara las almorranas.