AS PARTIDAS DE CARTAS.

Vagamente lembro as partidas de cartas que se celebraron na Taberna de Maruja alá polos anos sesenta, eu era moi pequeno e practicamente todo aquilo que podo lembrar é grazas a que conto coa colaboración daqueles veciños que me levan uns cuantos anos.

A taberna de Maruja tiña un pequeno espazo onde, tanto novos como maiores, pasaban o seu tempo de lecer xogando ás cartas, practicamente outra cousa non había, excepto aqueles que tamén lle daban ao dominó, pero a brisca, o tute, o subastado ou a escoba eran os xogos de cartas con máis adeptos.

A clientela de calquera taberna que había na parroquia acudía para pasar a tarde/noite entre viños e partidas, sen saber a que hora finalizaban.

Recordo como eu quería durmirme e escoitaba o barullo que seguían montando ás tantas da madrugada, os homes aínda seguía xogando é eu non dormía.

Uns anos despois, cando xa estabamos instalados na taberna da Rons, nos días que non tiña que ir ao colexio, eu era un máis vendo aquelas partidas de cartas.

A estampa familiar era curiosa, a miña avoa na cociña, a miña nai na barra do bar, realizando varias tarefas á vez: servindo viños, cervexas, cubalibres…facendo de relacións públicas e finalizaba día si e día tamén moderando as discusións ou subidas de ton entre os que xogaban a partida ou os que se poñían a discutir na barra.

Aínda así a taberna non era sempre lugar de discusión, o ir tomar un viño, participar nunha partida de cartas, estar a ver a televisión (algúns aínda non a tiñan nas súas casas) xeraba momentos de encontro, a taberna era o lugar propicio para que a un escoitáseno e puidésese chegar a resolver diferentes temas que alí se expoñían.

Algunha vez dábase a circunstancia que había partidas despois de comer, sucedía cando a miña nai tiña obreiros, eran madeireiros, canteiros, albaneis etc. procedentes doutras parroquias e que se lles daba tempo, tomando o café e o seu chupito de augardente, xogaban un par de partidas, curiosamente, moitos deles, xogaban ao truco, cousa que os veciños da parroquia non o facían, porque a maioría non sabían como se xogaba.

Na taberna entrábase con ánimo de conversar, era moi necesario, xurdise unha historia ou outra, un acontecemento ou un suceso, decatábasche de se había unha esquela, ou se colocaran un cartel dalgunha festa das parroquias dos arredores,

mentres tanto os grolos de viño ían baixando, e se un comezaba a sentirse mal, só había que pedir un optalidon ou unha aspirina, xa que sempre había de todo un pouco nas estanterías que se utilizaban para ter colocados os produtos de alimentación, bebidas, droguería e paquetería. Debido a iso, ás veces, os que viñan a simplemente xogar a partida e tomarse uns viños, marchábanse ás tantas da mañá con algún produto daqueles, recordo que teño visto algún home cunha folla de bacallau ao ombreiro, non sei se a levaba por aquilo de levar compañía ou para que a muller, ao chegar a casa, non lle botase a bronca jajaja.

AS PARTIDA DE CARTAS.

A calquera das tabernas que foses da parroquia, era habitual ver sempre aos mesmos homes xogando a partida, por exemplo, nas partidas de brisca de seis compoñentes, tres contra tres, estaba o que se colocaba no centro, levando o mando do xogo, con dous compañeiros en cada esquina da mesa. No caso de que algún fallase, sempre había algún suplente.

Eu, mentres servía as consumicións, trataba de ir aprendendo como se xogaba, máis ben, como se daban as señas, o xogo é sinxelo, pero o importante era dar as señas das cartas que tiñas e tentar avisar ao teu mando das cartas que tivese o contrario…aí estaba un tanto por cento moi grande de gañar a partida.

Comezaba a partida e comezaba o espectáculo, alí descubrías a personalidade de cada un daqueles homes, moitos xogaban para pasar un momento de lecer, sen importarlle moito se perdían ou gañaban, pero en cambio outros, querían gañar si ou si. Algún deles tiñan certas habilidades para dar as señas e que ninguén fose capaz de collerllas, cunha enorme serenidade, un pequeno xesto e xa estaba dada a carta que tiña, sen darse de conta o contrário.

Dábase o caso de que ao mesmo tempo en que se daban as señas de cada un, falábase de tal maneira que as frases que se dicían levaban unha clave e non lograbas entender o que se dicían, e partida tras partida, viño tras viño, pitillo tras pitillo, ía pasando a noite.

As partidas sempre daban lugar a discusións, na maioría das veces non pasaban de simples discusións pero había algunha vez que por unha pequena trampa ou porque tiñan un bo día e víñanlles todas, algún daqueles compoñentes da partida era dun xenio mal curado e amoláballe perder partida tras partida e cabreabase, vaia que sí.

Xogar e gañar ou xogar e perder era o que tiña que pasar, non había máis, pagabas a túa consumición e a do contrario e punto.

Ao finalizar as partidas, habitualmente ás tantas da mañá, coa taberna invadida de fume impregnado nas roupas, nas paredes, na tetilla e nos arenques, podíase dar o caso en que había quen non era o suficientemente educado para admitir a perda da partida e sacaba a relucir algunha rencilla que tiña con algún do equipo contrario e as discusións en moitas ocasións chegaban ás mans.

E mentres se montaba a marimorena, sempre había algún, que arrimado á barra da taberna, estaba a controlar todo o que alí sucedía e coa súa socarronería gardábase todo o que se dicían para que ao seguinte día rirse de todos falando do sucedido nas tabernas por donde paraba.

Hai uns días lin un relato que tiña relación coas partidas de cartas, comentaba o escritor que hoxe en día aquelas partidas de cartas van quedando atrás, cada vez hai menos veciños e menos tabernas, e é verdade.

Non dubido que daqueles veciños que participaban naquelas partidas, están a botalas de menos, como aqueles momentos de algarabía e paixón que moitos deles poñíanlle.

Neste relato non quixen poñer nomes daqueles veciños que viñan á taberna para xogar a partida, non quería deixar ningún atrás, quizais teña outro momento para poñer os seus nomes.

1- O ENTROIDO

FEBREIRO DO 2022

Este ano celebrouse o Entroido na parroquia cun gran acontecemento, uns días antes anunciouse a chegada do trasatlántico FUCHIÑOS.
A súa chegada foi festexada ao grande, pois nel chegaban paisanos e paisanas da nosa parroquia, que levaban anos nas Américas.
O atraque do trasatlántico estaba previsto para as 17:30 horas, pero debido ao pouco espazo de entrada que había tiveron que reclamar a presenza duns chimpins remolcadores para poder chegar ao porto de
MOUDIN, coma puderon foron levandoo, seica hubo algunha que outra discusión, pois había quen tiña intencións de remolcalo costa abaixo en dirección ao Rio Rons e atracar no Caeiro...outros eran partidários de levar o trasatlántico O SALGUEIRAL, outros A GALIANA, había quen opinaba que mellor nas CASTIÑEIRAS ou no TALLON DO RIO…o final imperou a cordura, entraron polo lugar de A PEZA e atracou en MOUDIN.
Non faltou ninguén ! Alí estaban esperando as autoridades competentes polos seus familiares e veciños, enorme os abrazos e os bicos que se deron, entremezclados con bágoas de emoción e tenrura. Mexaron de ledicia por eles mesmos.
Máis tarde, na zona VIP do Centro Social foron obsequiados con filloas, orellas, flan, tarta de pasas, bizcoito, patacas fritidas de bolsa, champán, sidra, ata lles ofreceron kiwis ! Non faltou de nada !

Un día despois apareceu pola parroquia o único supervivente da Santa Compaña, a única asociacion milenaria que temos en Cerponzóns e que tamén se viu mermada debido ao puñetero Covid19, un único compoñente quedou en pé.
Segundo algúns comentarios, houbo veciños que o viron pasar por Liborei, Tilve, Pidre, Meán…parece ser que buscando adeptos para formar parte da SANTA COMPAÑA SERPENTIONENSE.
Espero que haxa quen se some a esta petición, pois non debemos deixar morrer as tradicións e menos esta!

O ENTROIDO

Pouco sabemos de como se viviu o Entroido na nosa parroquia antes da Guerra Civil, o que si recordamos os máis maiores é que logo da Guerra Civil os Entroidos prohibíronse en todo o Estado debido á crítica social e política que se adoitaba facer, en Galicia foi unha das poucas rexións que se seguiron celebrando, e onde máis se festexaba era naquelas zonas peor comunicadas, dado que estaban afastadas das autoridades. Despois sobre os anos sesenta foi cando comezaron nas cidades os bailes de disfraces e bailes infantís, cun control moi exhaustivo, dado que non se podían celebrar na rúa, só nas sociedades e teatros estaban permitidos. A partir dos anos setenta foise retirando a prohibición e xa nos oitenta foi o momento máis álxido ao celebrarse nas rúas e os Concellos ser parte importante na organización dos carnavais.

A finais dos anos sesenta, principios dos setenta, Lito, o seu irmán Manolo e máis eu celebrabamos o Entroido ao noso xeito e como podiamos, o mesmo ocorría cos demais nenos e nenas da Parroquia. Nosos disfraces eran sempre moi simples, unhas vellas roupas das nosas avóas e de careta unha caixa de zapatos cunha goma, con estas caixas non é que quixésemos imitar ás “pantallas” de Xinzo, dado que cunhas pinturas faciamos unhas caras en grao sumo tenebrosas, o que sucedía era que non tiñamos medios para ir a Pontevedra, a mercar caretas ao Gran Garaje, lugar situado na rúa Benito Corbal, onde era un referente naqueles anos para mercar caretas, xoguetes, petardos e un sinfín de artigos de bromas.

A nosa intención era meternos cos veciños, asustalos cos nosos disfraces, pero a maioría das veces eran os veciños os que nos metían eles o medo no corpo jajaja.

A primeira hora da tarde xuntabámonos no alboio que tiña a señora Sara, avóa de Lito e Manolo, alí disfrazabámonos e seguidamente iamos polos lugares da Parroquia, normalmente dada a nosa idade non nos deixaban ir moi lonxe debido a que os nosos maiores advertíannos do perigo dos coches.

Así que íamos ata Liborei e Tilve, e ao final terminábamos na taberna da Rons.

En Liborei sempre acabábamos fuxindo como raios cando nos atopabamos coa muda, parábase ante nós e comezaba a “falar” e non paraba, o seu xeito de xesticular e as súas formas de intentar querer saber quen eramos facíanos escapar de medo por si decatábase de quen eramos e fose co conto aos nosos pais a dicirlles que nos meteramos con ela, é que a muda tiña o seu xenio, vaia que si tiña….

Despois collíamos dirección Tilve, normalmente parabamos nas casas dos veciños con quen tiñamos máis confianza e faciámoslles nosas trastadas, cantando e xesticulando, ademáis de imitar coas nosas voces a outras persoas e así dar lugar á confusión, que risas cos veciños que intentaban querer saber quen podiamos ser, empezaban a dicir en voz alta  quen serán estas mascaritas? que si eramos tal ou cal fillo de fulano ou mengano, que si éramos unhas nenas…..jajajaja

Sempre tiñamos fixo uns cantos lugares onde non podiamos deixar de ir, un deles era o achegarnos ao muiño do señor José, O Jaxe, e claro, como sempre faciamoslle as mil e unha ! Mira que tiña paciencia connosco ! Porque o señor José si que sabía quen eramos, á primeira ! Era visto, sempre eramos os mesmos de sempre que andabamoslle facendo trastadas jajajaja, tras facéndolle a trastada correspondente saíamos a fume de carozo en dirección a casa da señora Hermosinda.

A visita á señora Hermosinda sempre a deixabamos para o final, porque ela recibíanos cun sorriso e cunha invitación, invitábanos á súa cociña, onde sempre me chamaba a atención aquel pozo de auga frente a cociña de ferro.

Alí tíñanos preparada unha tortilla de pan e de beber unhas gaseosas, que ben nos sabía !

Mentres comiamos a tortilla iámoslle contando todas as trastadas que fixeramos e non parábamos de rir cando comentabamos que non nos recoñocían, Hermosinda ríase das nosas travesuras e terminaba dicíndonos que fósemos para casa con coidado, que era xa de noite e podía atropelarnos un coche.

A nosa seguinte parada era na taberna da Rons, alí chegabamos todos satisfeitos polo ben que o habíamos pasado, e contabamos de novo a nosa xornada de Entroido, mentres tanto os clientes do bar ríanse connosco e comentaban algún disfraz que viran nos bailes, un deles  fóra moi falado en todala parroquia, foi un disfraz realizado a base de follas de eucalipto, cosidas unha a unha entre si , imaxinarvos que traballo ! A paciencia que tivo que ter para realizar ese disfraz ! Co paso dos anos non recordo exactamente quen dos irmáns Casás o confeccionara, ou Juan ou Canducho, un dos dous foi.

Pero fai pouco foi Juan quen me sacou da duda, fun eu o que fixo o disfraz ! E fun con él pola Parroquia e despois estiven no baile da Cañota, levaba unha carpeta atada con unha bimbia con uns papeis dentro que lle leía a xente.

Tamén a quen lle gustaba moito disfrazarse era aos irmáns Antonio e Angel, quen non recorda as súas andanzas !

Estaban en todas ! E por suposto nos carnavales non podían faltar nos bailes cos seus disfraces, que gratos recordos deixáronnos Antonio e Angel ! Como tamén Manolo !

Antonio, Manolo e Angel

 

Pero non só eramos nós tres os que nos disfrazabámonos, a todos os nenos e nenas gustáballes disfrazarse, e iso quedou demostrado cando en Pontevedra os carnavais saen á rúa, un grupo deses nenos e nenas deciden volver recordar aqueles tempos de disfrazarse sendo raparigos e non tardan moito en xuntarse un bo grupo deles para organizarse e desfilar por Pontevedra.

O lugar escolleito para ir preparando todo foi na Fontairiña, e o resultado foi o que podedes observar nas fotografías que lles fixen eu aquel día, estaban moi ben caracterizados e pasáronllo xenial !

1- NADAL DO 68

Nadal, Nadal,doce Nadal, a alegría deste día hai que celebrar…….

Outro ano podre, de novo non imos poder celebrar os días das comidas e ceas de empresa, as dos compañeiros de colexio e instituto, as dos grupos de Wasap, as de familia…..ademáis todas estas celebracións aderezadas cos agasallos de o amigo invisible, do Apalpador, do Papá Noel, dos Reis…..
Cando era un neno e chegaban as datas do Nadal poñiame de mala milk, o motivo era que non podía comer o bocadillo de chourizo, iba a catequesis e decíanme que nos primeiros tempos a Igrexa era contraria á celebración gastronómica que ten lugar nestas datas señaladas do Nadal, había que absterse de comer carne, ainda que cos tempos de miseria que corrían poucos veciños tiñan a posibilidade de comela, polo menos na miña época de nenez era o que eu notaba no meu entorno máis achegado, tanto familiares coma veciños, así que fora por un motivo ou por outro, de comer chourizo tiña que olvidarme, ainda que teño que confesar que as agachadas algún pecado cometin e o chourizo papei.

Corrían os anos sesenta, uns anos en que a alimentación da maioría de nós estaba formada por cereais, patacas e legumes, en xeral pouco ou nada se comía en canto a verduras, froitas ou peixe, e cando se aumentou a produción das hortalizas, a froita ou a do aceite de oliva, por poñer un exemplo, priorizouse a súa exportación, así que ata os anos oitenta non se puido en xeral gozar destes alimentos como era conveniente e necesario.

O exemplo do aceite de oliva aínda o temos moi presente, a súa alta produción nos anos oitenta fixo que entrasen moitas divisas, a cambio tiñámonos que conformar cos aceites de soja e de girasol, mentras nos medios informativos nos decían que o aceite de oliva era dañino.

Pois como non se podía comer carne, estábamos en vixilia, filloxe costume comer peixe, así que se puxo de moda o bacallao, o motivo era que como estaba salgado e curadiño podía chegar a calquer recuncho do país por mui lexos que estivera do mar. Na miña casa e na dos veciños esas datas bótavase a casa pola fiestra, daquela coma tiñamos ultramarinos na taberna facíase un gran pedido dos productos típicos a Ultramarinos Moldes, con almacen situado na Parda, cerca de donde están hoxe en día os xuzgados .

As estanterías quedaban repletas, eu encargabame de colocar todas aquelas bebidas e productos de alimentación que durante o ano non se mercaban asiduamente, quedaba un escaparate do máis fermoso, todo adornado con cintas e bolas de Nadal. Os coñacs Fundador, 501,Soberano, Terry e o Ponche Cuesta eran os preferidos, algúns tamén eran de levar a Xenebra Focking ou a Larios, de paso tamén collían uns rollos do “suave papel” Elefante …

E entre os coñacs , xenebras e sidras tamén tiñan o seu sitio o Cola Cao, as galletas María, o chocolate Chaparro, as gaseosas  La Pitusa, La Casera ou Revoltosa, e unha gran variedade de polvorons, figos, uvas pasas ou os arenques que viñan perfectamente apilados naquela caixa de madeira, recordo  que miraba con asombro como era costume polas mañás que moitos dos clientes almorzaban cun par deles e unha copa de sol e sombra …

Logo de ter todo colocado nas estanterías era o momento de preparar un pequeno paquete de agasallo para aqueles mellores clientes do ultramarinos e da taberna, miña nai con todo agarimo preparaba a súa demostración de gratitud a todos aqueles que eran asiduos todo o ano, non facía distincións, todos levaban o mesmo, a botella de champán, unha tableta de turrón, figos, uvas pasas e noces, tanto ricos coma pobres levaban o mismo. Todo iso envolvíase nas follas do xornal e atábase cun cordel, o importante era o agarimo con que ía ese agasallo, non a súa presentación.

Cuando chegaba o día, a miña avóa e miña nai eran as que organizaban a cea, chegada a noite facían o bacallao cocido con coliflor e uns ovos cocidos, todo regado con aceite en crú, bueno tamén meu pai tiña a manía de botarlle azucre o bacallao, confeso que eu tamén o facía, son cousas que se heredan….


Hai quen tamén en vez de bacallao era máis de ollomol o forno, pero o menú máis tradicional en toda Galicia era o bacallao, acompañado con viño da casa é un Fis-Fas para o pequeno da casa, e de postre os amendoados, as torradas borrachas, os figos e as uvas pasas, tamén por soposto o turrón, o duro de roer, o que había que tronzar con martelo , había que vernos comer aquel turrón El Lobo, jasusdiormio non dabas terminado de roer o cacho que che tocaba…todo regado coa mellor sidra do mundo mundial “El Gaitero”.

Antes do bacallao non faltaba un pouquiño de marisco, daquela ao alcance da man, ademais a súa presenza nestas datas seguramente debémoslla á Igrexa, ao prohibir a carne, os máis vellos aínda seguro que recordan como polos anos 50 ninguén quería o marisco e nas zonas de costa usábase para abonar as leiras, como cambiou o conto….

Recordo que había a costume de cando se acababa de cear, a mesa non se recollía, deixaban as bandexas coas sobras, eu pensaba que miña avóa e miña nai estaban cansas de tanta faena e que xa recollerían o día seguinte. Anos mais tarde supen que o motivo era que se tiña por costume deixalas para que ceasen os difuntos da casa……

Vén este recordo e comentario sobre a alimentación daqueles anos en relación ás festas do Nadal e a súa evolución, baixo o meu punto de vista unha evolución que nunca me convenceu, unha evolución en xeral que non nos leva a bo porto.
Recordemos uns datos :

* Nos anos 50, o empobrecimiento da sociedade facía primar o ambiente e a celebración sobre o obsequio material.

* Nos anos 60 e 70 só había unha festa con agasallos, a noite de reis, que apenas chegaba aos maiores da casa.

* Nos 80 iníciase a mercantilización dos Nadais.

* Na década dos 90 duplícanse as festas con agasallos, aos Reis sumase Papa Noel.

A situación coñecémola todos, non somos felices co que temos, cada vez queremos máis, e iso xera un cambio profundo no consumo.

Así é que empezamos a buscar a felicidade nas grandes comidas, coa combinación de bebidas alcohólicas e graxas, Nadal tras Nadal fóronse asociando e cada ano superando, e ahí seguimos…..

OS XOGUETES 


A sensación é a mesma, agasallos e máis agasallos apíñanse na árbore, afacemos a que se “alcoholicen de agasallos” desde ben pequenos os nosos fillos, ímoslle inxectando un consumismo que evite que se sintan inferiores aos seus amigos, eles non poden ser menos cos demáis !

Claro, no fondo os pais estamos mui presionados debido á carta enviada aos Reis Magos, deben, están obrigados a traer todo aquilo que se lle pide, o neno non debe verse afectado no máis mínimo, temos que facelos “felices”, Deus nos libre de que colla un trauma xa de pequerrechos.
A miña infancia, a dos anos sesenta, como a moitos de vós, foi completamente diferente, eu non pedía nada, máis ben rezaba para que os Reis acordásense de vir pola miña parroquia de Cerponzons e achegásense cos seus enormes camellos á miña fiestra para deixarme algún xoguete, quizáis un camión con bombonas de butano, ou uns soldados e uns cuantos indios de plástico, pero si non era posible, conformábame cunha simple pelota ou unhas canicas….a veces conformábamos miña irmán e máis eu xogar coas súas monecas de outros Reis que se portaran mellor o pasar pola casa dos seus padriños.

Outras veces chegaban de Francia os meus Reis preferidos, uns veciños de Tilve, Marcelino e Visita, cando viñan de vacacions sempre me traían algún xoguete, como non tiñan fillos , eu era para eles o seu fillo desexado…


Moitos anos sucedía que normalmente os agasallos que che podían traer buscaban o ser útiles e que respondesen ás necesidades daquel momento, un xersei groso que abrigase aqueles duros días de inverno, un pantalón de pana ou uns zocos, de suma necesidade para ir andando polas corredoiras que che levaban ao colexio do leite en pó.

Falando do leite en pó, cantas  veces teño recordado cos meus compañeiros de colexio de Meán aqueles recreos en que nos daban dese leite, o mestre quitaba de perola é o recipiente de leite que tiña nun dos cuartos dispoñibles para gardar as súas cousas. Algúns dos meus amigos téñenme comentado que teñen collido un puñado de pó e metelo na boca, logo de seguido un grolo de auga, era tal a pastosidad que che quedaba no interior da boca que non había xeito de que se disolvese, nin metendo os dedos en plan desatascador jajajaja.

Volvendo os xoguetes, agora non só é a noite de Reis para agasallar, agora acompáñanos Papá Noel, temos Amigos Invisibles …..triplicamos esa ansiedade, hai que conseguir por todos os medios cumprir as expectativas de nenos e maiores.

E que sucede si non somos capaces de responder a estas necesidades ?

E que sucede si non somos capaces de responder aos índices de consumo marcados hoxe en día ? 

INVADENOS A FRUSTRACION !

Cantas familias tiveron que reestruturar os seus hábitos sociais, familiares e solidarios para poder facer fronte a este consumismo ? Así foi como se foi xerando uns Nadais menos tradicionais, menos familiares e menos solidarios, todo a cambio de facerse máis individualistas.

Quen lle da a volta agora ? Quen volve a aqueles tempos donde os nosos antepasados se xuntaban arredor da lareira, alí toda a familia contaban historias e lendas, alí acompañados de un “tizón de Nadal” que duraba áta a noite de Reis cos avós protagonistas narrando as historias e os netos oíntes interesados en todo o que contaba, un exemplo do que digo é o spot de unha empresa mui coñocida donde se produce unha situación onde a familia non sabe, non coñoce, non pregunta, en resumen non convive en familia.

O MEU NADAL DO 68

-Mamá, déixasme ir ata A Bouza ? Quero comezar a preparar o Belén e alí é onde mellor musgo hai, esperaba con ansiedade o consentimento da miña nai…

-Mira, vaite, pero ten coidado por onde te metes, é espera que che acompaño cruzar a estrada, cando veñas de volta chámame para axudarche a cruzar de novo. Mira que como non me obedezas non volves máis ! 

Alá ía eu pegando brincos en busca do musgo e tamén da árbore, eu encárgame de todo, non é que fose unha árbore engalanado a moreas, nin un Belén con pozo, lavandeiras  e luces, pero estaba provisto do mellor que un neno pode ter : ILUSIÓN !


E despois a esperar eses días especiais, esas noites máxicas onde os Reis traeríanche a ti, só a ti un agasallo, daquela os maiores non recibían nada, non lles tocaba, era a noite dos nenos.

Pero non todo era alegría, aquel Nadal do 68 marcoume especialmente.

Estabamos ceando a familia no salón da taberna, as portas pecháronse ao público, todolos homes que estaban na taberna (Moncho o da Rons, Evaristo o Carrapuzo, tamén  Joaquín e Tino, Manolo o Labaradas…), xa se habían marchado para súas casas, era o único día en que se pechaba cedo, o día fora de chover sin parar e pola noite aínda máis, parecia coma se os tronos quixesen participar tamén ese día na cea de noiteboa, mentres ceabamos a televisión española emitía a súa programación especial de Nadal, por alí estaba Joaquin Prat e Laura Valenzuela coas Galas do sábado e tamén as series americanas, eses días de progamacion especial finalizaban cando en fin de ano esperabas ás campanadas, tralas uvas quedábasche a ver as tradicionais macrogalas musicais, coa actuación dos mellores artistas nacionais e internacionais daqueles momentos….

…pero nesa noite de súpeto chamaron á porta, uns golpes duros e insistentes sobre ela fixo que quedásemos en silencio preguntándonos quen sería a esas horas.

O meu pai levantouse da mesa a ver quen era o que interrompía a cea, seguramente alguén con ganas de tomarse unha cervexa e que non tiña présa por irse para a súa casa, adoitaba suceder con algúns dos clientes habituais.

Eu seguín os pasos do meu pai, púxenme detrás del é ao abrir a porta o susto foi mayúsculo, o meu pai lanzou un exabrupto, mentras eu non puiden evitar o lanzar un grito. Atopámonos de fronte cun veciño pedindo auxilio, a súa cara era todo sangue, apreciábase como no lado esquerdo da cara, á altura da orella tiña dúas coiteladas polo menos. Estaba completamente mollado, as súas mans cheas de sangue, a súa roupa, pedíanos axuda, choraba de dor e de rabia, non era a primeira vez que sufría maltrato.

O meu pai fíxoo pasar para dentro, voz en alto chamaba á miña nai para que lle viñese a botar unha man e facerlle unhas primeiras curas, levárono á beira da cociña de ferro, alí sentárono e á vez que o curaban secábase da molladura que tiña o pobre home, pouco despois contábanos o sucedido, ahí rematou a cea, foi a noiteboa máis amarga da miña infancia.

OS MEUS DESEXOS PARA TODOS VOS :

Mentres tanto esperamos estes días, pásovos unha receita que a atopei fai uns anos, a cal intento levar a cabo cada novo ano coa miña familia é as miñas amizades….

RECEITA DE NADAL :

– 1 kg. de recordos infantís.

– 2 cuncas de sorrisos.

– 2 Kg. de esperanza.

– 5 latas de agarimo.

– 4 paquetes de alegría 

– 1 chisco de tolemia.

-6 Kg. de amor.

– 4 Kg. de paciencia.
Primeiro de todo, limpa os recordos: saca a parte que non sirva. 

Engade unha a unha os sorrisos ata facer unha pasta suave.

Engade a esperanza e deixa repousar ata que dobre o seu tamaño.

Engade a alegria e mistura todo o amor que atopes 

Incorpora a paciencia, a tolemia e a tenrura e reservalo a parte.

Dilúe o amor e cubrelo coa mestura anterior.

Fornea durante toda a vida dentro do teu corazón.

UN CONSELLO !

Podes engadirlle dúas culleradas de comprensión e 300 gramos de comunicación para que dure eternamente. — 

     

CANCIÓNS DE XUVENTUDE.

AS CANCIÓNS QUE LEVO SEMPRE CONMIGO, TEMAS QUE ME MARCARON NA VIDA.

O tren que me leva pola beira do Miño, me leva e me leva polo meu camiño.

O tren vai andando pasiño a pasiño, e vaime levando cara o meu destiño…

ANDRÉS DO BARRO.

22/12/1989

Tal día coma hoxe fai 33 que nos deixaba Andrés do Barro…


Andrés Lapique do Barro (Ferrol, 1 de outubro de 1947 )(Madrid, 22 de decembro de 1989) Cantautor.


O meu recordo de niñez lévame a aqueles días onde sendo un cativo, nos momentos que tiña libres despois do colexio, dedicaba esas horas en axudar aos meus pais na faena do campo ou na tenda ultramarinos que tiñamos .

Un dos traballos encomendados era a de levar a nosa vaca a pastar polas corredoiras ou nas leiras da Rons ou do Cañoto.

E alí ía eu co meu pequeno transistor escoitando aquela música que retransmitía Radio Pontevedra, onde soaba dia si e día tamén o noso Andrés Dobarro, corría o ano 1969 cando quedoume grabado un tema para sempre…..

Non sei si saberedes que Andrés do Barro e o único cantante que alcanzou o número 1 en España cunha canción escrita en galego.


Os temas de Andrés interpretados en galego foron de gran axuda para que o meu agarimo polo noso idioma fose cada vez a máis, o meu paso por diferentes colexios, tanto no rural como na cidade non nos deixaban que falásemos a nosa lingua galega.


Aínda a miña memoria retén as risas dalgúns mestres e compañeiros que se metían conmigo porque falaba en galego, en moitas das ocasións o mestre de quenda chamábame a atención e castigaba con escribir duascentas veces unha frase : En clase se habla y escribe en castellano.


Anos máis tarde, xa no Instituto Sánchez Canton foron Fuxan Os Ventos, os que tamén me deron folgos suficientes para seguir amando a nosa fala, non esquezo áquel día no paraninfo a súa actuacion.
Dábame igual o que me dixesen, paríronme así, falando galego e escoitándoo desde o mesmo momento que vin a luz, na miña casa os meus pais e os meus avós criáronme é educáronme en galego.
Por iso antes de entrar e logo de saír do colexio a miña canción favorita durante muito tempo era esta que hoxe quero compartir con todos vos, un tema que me acompañaba a todas partes, coma cando ía a coller o vello trolebús que me levaba coma o tren de Andrés…..

https://youtu.be/94s3mBmoghc

Entrevista en Disco Expres, 11/01/1970 :

ANO 1971 :

ANO 1971, TEATRO MALVAR DE PONTEVEDRA

Fai pouco saiu á venda o disco de Andres Do Barro “Su Disco Perdido y Todas las Grabaciones en Belter (1973-1975). Un disco que recolle as cancións espalladas por recopilatorios de Belter que son moi difíciles de atopar, e o máis importante: 5 cancións inéditas procedentes do disco perdido gravado por Andrés a comezos dos 80.

Cancións como “Que lonxe fun” ou “O meu país” que son algunhas das mellores composicións que fixo Andrés nunca. 
Non deixedes de facervos co este traballo de gran valor.

O noso amigo GOGUE tamén participou nun evento relacionado con Andrés:

Entrevista no Diario de Pontevedra a JUAN PARDO (1973)

Juan Pardo, en clave de fu y fa

“La culpa de lo que pasa en el mundo musical español, la tiene los “sobres”

“Y la Prensa especializada que los recibe❞

A ANDRES DO BARRO SE LO CARGARON LOS ESPECIALISTAS”

Juan el de los Vandalos, el de los Pekenikes de los cuatro muleros”, el de los Brincos de capa española y cascabeles, el de Juan y Junior. Juan Pardo, uno de los hombres claves en la historia de la música pop española. “Yo tenia veinte años cuando empecé con una guitarra. Entonces se pedia otra serie de cosas, que eran más sencillas, por razón de las grabaciones. Las grabaciones, las técnicas y las canciones avanzan, y entonces se quedan más los que han empezado con la época. Digamos que la veterania juega una baza muy importante. Ahora tengo treinta años. Asusta un poco tener treinta años, porque ya entras en una decena que no te hace ninguna gracia: dejas “los veinte”, confesaba no hace mucho a Iñigo.

Han pasado casi dos años desde nuestra primera charla en el Pabellón de los Deportes de Vigo. Sigue igual: con su imagen triste: meloso para la pop-fan quinceañera; educado y nada sospechoso para los papás y las mamás; sencillo, con su cruz al cuello y sus músicos elegantemente uniformados para las actuaciones; su amabilidad con los periodistas… No tienes más que sugerirle un tema, y antes de que termines la pregunta ya está contestando, muy suave, bajito; habla y divaga; y es tarde; y no debes cortarle y concretar, bombardearlo casi con ese montón de preguntas que se te antojan; no es la ocasión, el mejor momento, después de la actuación de tarde, en su habitación del hotel, porque el “manager” quiere cenar y esperan los compañeros de la radio…

DE LA EXCITACION DE LAS “GALAS” Y DEL PUBLICO QUE MANDA

-Efectivamente, yo dejé las “galas” el pasado mes de octubre. Y hace escasamente un par de meses aún no pensaba en volver. Pero ml representante Lasso de la Vega, que es un tio estupendo, aunque está medio loco, me dijo que tenia que trabajar y que ya estaba todo el verano firmado, así que me convenció. Voy a actuar solamente los tres meses de verano. Más que nada, para no anquilosarme, para no perder el contacto con el público. Naturalmente que estaría mucho mejor en casa, con mi mujer y mi hija, que recorriendo toda España en coche; pero es que el contacto con la gente es muy importante. De todas formas, como te dije, el dia 16 de octubre paro… Sl. claro, en parte estas actuaciones vienen motivadas por mi nuevo LP “My Guitar”, para respaldar el disco. Si te soy sincero, me encuentro muy bien. He preparado un grupo sensacional, todos estupendos músicos, y tenemos montadas tantas cosas que yo no sé que presentar… Tenemos el LP “My Guitar” completo, tenemos de David Bowie. Claro, la gente te fuerza un poco a que le cantes las canciones que ya conocen y eso me desespera: te entra la culpabilidad de que estás haciendo siempre lo mismo. Pero es lógico que el público te pida lo más conocido de tu repertorio. Yo estoy buscando la medida ideal. Y en estos momentos creo que lo ideal es: cuatro o cinco canciones nuevas, nuevisimas, que a ti te interesa presentar; y otras cuatro o cinco variables por diversos motivos… Precisamente el otro día hablaba yo con Juan Manuel Serrat sobre esto. Me contaba que en su reciente presentación, nueva presentación, en Cataluña, había cantado todas sus nuevas canciones. Y él se quejaba: “Siempre me piden lo mismo!”. Es que no nos damos cuenta que la gente nos vé, normalmente, una vez al año; entonces lógicamente desea que le cantemos lo más conocido, aunque suponga para nosotros, dia a dia repetir siempre lo mismo. Sin darse cuenta, pierdes la medida muy fácilmente, por eso yo creo que me vino bien el parón. Así tienes tlempo de reflexionar un poco, “peinar” las canciones, las mismas canciones, de diferentes maneras y eso.

-Tienes un verano completo de “galas” por delante. ¿Qué es lo que más te apetece y lo que menos del “programa”?

-No lo sé. Quizás esa especie de excitación que tiene el presentarse de nuevo, el superar actuaciones pasadas, el ver como acoje el público tus nuevas canciones …. ¿Qué no tengo ya nada que superar en España? Bueno, para mi es una separación brutal el mantenerte; sobre todo, en este país. Si, creo que aquí somos más exigentes que en el extranjero, mucho más. Yo he visto como a gente española muy importante el público se le ponía en contra porque no habían hecho una nueva pirueta. Esto es terrible, te entra un sudor frio…. Y lo que me horroriza de las actuaciones es no poder estar en casa. Soy un tío muy casero. Los viajes, los aviones, eso es lo que no me gusta. Cada vez le tengo más miedo al avión. Ya he vivido no se cuántas situaciones de emergencia y supongo que algún día, las cosas no iran tan bien como las otras veces.

-Tu siempre has tenido detrás, acompañandote, conjuntos muy buenos. Concre- tamente, me acuerdo mucho del último que tuviste. ¿Como es el actual?

-Bueno, todos necesitamos renovarnos. Con el grupo anterior, que era muy bueno como tú dices, pasaban dos cosas, una buena y otra mala. La buena era que estábamos muy compenetrados y en cualquier momento surgia la Improvisación: pero al mismo tiempo, esa compenetración conducta a la rutina… Los que tengo ahora, de cuatro, tres eran prácticamente desconocidos. El guitarra y el bajo estaban en el mismo grupo, en Valencia, y hacían música de baile. Otro, el organista, recorrió casi todo el mundo en el “Cabo San Roque”. Y el único conocido es el batería, Alberto. que estuvo con “Los Canarios”, un bateria muy reconocido… Solamente hemos tenido dos semanas de ensayos, no seguidas, porque, en medio, preparamos un programa de televisión “en directo”. Debutamos en Valencia. Y Pontevedra ha sido nuestra segunda actuación.

-¿Te presentarás en Madrid a finales de verano con este grupo?

-A mi, las presentaciones en Madrid me tienen sin cuidado. Parece que tienen que ser concretamente para la Prensa especializada. y yo no estoy de acuerdo con eso. Cuando yo trabajo lo hago para presentarme ante el público en general. Ante los especialistas me estoy presentando continuamente desde el momento que grabo discos y actúo por toda España. ¿Que cuándo acaba la etapa romántica de nuestra música pop y empieza el profesionalismo o pseudoprofesionalismo? No lo sé, no me lo he preguntado nunca… ¿Con Los Brincos? Si, si, seguramente fue con Los Brincos, porque aparecieron detrás de nosotros, a la sombra, una serie de gente, managers, secretarios, etc., que nos abrieron los ojos al dinero. De todas formas, ya te digo que nunca me habia parado a pensar esto.

-Bien, Juan, ¿cómo está el mundillo musical español en estos momentos?

-Yo, de verdad, lo veo muy confuso. Creo que está un poco “desmadrado” todo. Por culpa de los “sobres”. Vamos hacia el mundo del toreo. Unos discos se escuchan una burrada, mientras que otros apenas si se escuchan. La culpa es de las casas de discos por ofrecer los “sobres”: y también, claro, de la Prensa especializada que los recibe, ya que nadie la obliga a aceptarlos. Es que resulta increible. Caemos en los extremismos de manera inaudita. Se ataca a las “canciones del verano” y, al mismo tiempo, se las programa muchisimo. Y de esto se pasa, por ejemplo, a programar el último corte de la cara B del LP de “Yes”. ¿Peculiaridades de nuestro mundillo, dices? El descontrol, un poquitin de despiste, muchos “sobres” demasiados intereses creados que, además, no están bien orientados. Y en otros mercados no pasan estas cosas, o al menos, no se dan de la forma que se dan aqui. Inglaterra, por ejemplo: valores comerciales: “The Sweet”. Pues es un grupo sensacional. Harán música chicle o como quieras llamarla, pero caray!, no se pueden comparar con “Fórmula V”. porque se los comen a trozos… -Hacia dónde camina la música a escala mundial? -Yo no soy un brujo para saberlo… ¿El “gay power”? A mi, más que musical, el “gay power” me parece digamos un movimiento “fisico” es la liberación del hombre, que se acerca o iguala a la mujer. La coquetería masculina había estado hasta ahora un poco escondida. Daba vergüenza decir, por ejemplo: “Qué hombre tan guapo”. Pero se han ido sacudiendo de ella. Y resulta que parece ser había un montón de “tios” que estaban locos por ponerse pestañas postizas y eso… Ello no quiere decir que sean “maricas”. A lo mejor, son unos “tios” normales y corrientes, que sólo estaban deseando sentirse más guapos.

DE CAMILO SESTO, MANOLO GALVAN, CRISTINA Y QUEIMADA.

-Hablemos, si te parece, de tus producciones. Empecemos por Camilo Sesto, que está ya muy bien situado, ¿Hasta que punto necesita de ti ahora?

-Camilo no necesita de mi para nada; pero tampoco necesitaba al principio. Yo no soy el Inventor de Camilo. Simplemente confié en él, le hice los discos y funcionó. Ahora todo es más fácil, tenemos mucho tiempo para hacer los discos, disponemos de más medios… ¿Que al no me pasará lo que con Do Barro? ¿A qué te refieres? Mira a Do Barro se lo cargaron los especialistas: le hablaron tanto de Juan Pardo, que

llegó a cogerle mania. “Y tú qué serias sin Juan Pardo:

Pues seria Andrés Do Barro! producido por otro! Es lo que hablábamos antes del “desmadre” español. La cosa con Do Barro no terminó como yo esperaba y eso me molestó mucho, porque éramos muy amigos. Yo le había dicho: “El dia que quieras ser libre, me lo dices”. Pero no se atrevió. Y pasó lo que pasó. Yo tenia dos caminos, uno, enfadarme, mandarle un abogado y hacerle valer el contrato; dos, mandarle el contrato y decirle: “Mételo donde te quepa”. Y opté por el segundo. Pero te juro que no me alegré de que las cosas le hayan salido mal.

-Manolo Galvan no acaba de “pegar”.

-Es cierto, sus canciones no funcionan aqui, y en sudamérica, sin embargo, ha tenido tres números unos. Esto es un misterio. Yo trabajo con Manolo porque creo que tiene fuerza y personalidad, que es lo que hace falta, pero… La respuesta del público

es un misterio. Yo me encuentro con gente que me dice: “Oye. Juan, a ti que te han funcionado las cosas con diez mil “tios” ¿funcionará éste?”.

Y yo que sé! No lo sabe nadle. Nadie sabe…música ?….Cristina sigue ácado la mejor voz femenina que hay en España con bastante diferencia. Y te lo digo con conocimiento de causa! que la he conocido en un estudio de grabación. El cambio a “señora – Importante que canta muy bien le está costando, pero entrando. Se va a seguir insistiendo porque si, porque no hay otra voz en España así.

-Juan, hay que hablar de “Queimada”, ya sabes…

-Yo tengo una espina clavada con “Queimada”; pero no por mi, porque te aseguro

que yo hice lo que pude, lo que sabia. Sin embargo “Queimada” no arrancó. Tuvimos la mala suerte de cambiar de compañía de discos! después los cambios en el grupo; la “mill”. A mi me parecen unos “tios” divinos que tenían que haber funcionado mucho más fuerte.

“Adonis” estaba bien. ¿Porque no funcionó? Dímelo tú, lo sabes?

Con Luis yo siempre me he entendido maravillosamente y les he dicho que cuando pasen por Madrid me llamen. Si, existen muchas posibilidades de que vuelva a producir: todas.

Ya: digo: era tarde y mis compañeros de la radio esperaban; y tenia que cenar y actuar otra vez. Estuvo bien. Cumplió. No más.

Rafael. L. Torre

12- AS INXECCIÓNS DE PEPE O DE DORA.

Como a maioría dos nenos da miña época fun criado a base de leite materna, coma tamén da leite que procedía do ordeño diario da vaca que tiñamos na casa, e para reforzar un pó de Pelargón , unha fariña lacteada, que apareceu no mercado español en 1944, o cal alimentou a unha gran maioría de nenos dos anos 50 e dos 60. A aqueles nenos chamáronselle a “xeración do Pelargón”.

Seica eu o nacer pesei  preto de cinco quilos, e durante uns anos con esta alimentación tan completa estaba feito un rixón.


O Pelargón era moi utilizado como complemento alimentario (contábamo a miña nai cando falabamos de que os meus fillos eran pouco comedores) , porque eu non recordo o Pelargón, do único que recordo de tan pequeno e do chupete que non quería soltar por nada do mundo, o que non sei é que quizáis non cheguei a probar o primeiro leite “doce” que a principios dos anos 60 lanzouse ao mercado coa marca NIDO (disto miña nai non chegou a decirme nunca nada) , seguramente porque en casa facíanse uns ricos bocadillos coa nata que se producía ao ferver o leite da nosa vaquiña Pinta, ou porque tamén me daba de vez en cando a probar daqueles botes de leite condensada da marca La Lechera, os cales recordo expostos pola estantería da taberna o carón da crema do calzado e das caixas dos mistos.

Pero deixaronme de dar Pelargón e comencei a flaquear….

As visitas a farmacia daqueles tempos, buscando vitaminas e outras medicinas…

Os anos 60/70 eran anos en que si acudías á botica non atopabas como hoxe en día a cantidade de produtos que hai nela, hoxe en día parecen case supermercados e pouco teñen que ver con aquelas dos meus anos de raparigo.

Quen non recorda aqueles cheiros característicos das farmacias ?

Entrabas e comezabas a respirar a dor e a enfermidade naquel habitáculo composto de multitude de estanterías cunha serie de botes que contiñan polvos para preparar  ungüentos, herbas etc. Cada un deses botes cos seus nomes por fóra, que eu non conseguía adiviñar que podía ser o que tiñan dentro dado que a denominación de moitos daqueles produtos éranme totalmente descoñecidos.

Non existían publicidade con dibuxos que chamasen a túa atencion, nin coloridos que fixesen máis atractivo o que alí se vendía, non, alí respirábase a alcohol e mercromina, e acudíamos para que nos deran algún medicamento para aliviar a dor.

Pero é que antes si ías a unha botica non era para nada agradable, ou ben se ía a pedir algunha vitamina para abrir o apetito (a miña nai empeñábase en que non comía e non facía máis que traerme aquel Calcio 20 e aquelas ampollas de ferro), que sabor máis raro tiñan ! Como o do aceite de bacalao ! Que amargo por Deus !

Co paso dos anos pasamos do neno non me come, ao neno non me estuda e suspéndeme todo, que cruz. Pola taberna escoitei unha vez que corría o rumor de que existían unhas pastillas máxicas coas que che pasabas a noite estudando, superconcentrado, coma se nada….Claro, era unhas pastillas de nome Centramina, unha anfetamina que che poñia a cen. Eu non cheguei a tomar ningunha, xuro.

Falando de boticas, eu fíxenme co paso dos anos moi cliente da de Adelaida Herreros, situada nunha esquina da Praza de Curros Enríquez, nos recreos que nos daban no  colexio de Buela aproveitabámolos para ir buscar o bocadillo de bonito con… a de Rios, e ás veces ía a recados  a buscar á de Herreros un produto ‘mata dores’ coñecido por linimento de Sloan. Aquel ungüento aplicábase para todo tipo de dor, eu levábao para cando iamos xogar ao fútbol ao Chan do Monte, logo de recibir unas cantas  ” caricias ” durante o partido, recorrías ao linimento, era man de santo.

Para aqueles que non probamos a Centramina, a veces tamén pasaba que de tanto estudiar entrábanos unha dor de cabeza insoportable, aí aparecía en escena unhas pastillas as de cor rosas que tiñan o nome de Optalidón, eran efectivas ao pouco tempo, cando se descubriu que contiña anfetamina retiráronas do mercado, dicían que non funcionaban, que non rendían igual…..jaaaa, daquela xa estábamos colocados dunha maneira ou de outra !


Tamén recordo que naquel botiquín de casa non faltaba a mercromina, durante anos era o antiséptico que o usabamos cada dous por tres, aínda que teño que dicir que moitas das veces que me facía unha ferida xogando cos amigos ao fútbol, ou ao ir buscar niños, ou meténdome por sitios que un saía sempre con algún rasguño, o meu primeiro antiséptico era un pouco de terra encima da ferida, ao pouco tempo xa paraba de sangrar….oes, cicatrizaba o momento.

Pero o que si me deixou marcado na miña niñez foron aquelas INXECCIONS!!!

Daquela era o máis socorrido, a mínima que te encontrabas mal, pinchazo que Deus te criou !

Só recordo a unha persoa poñermas, Pepe o de tía Dora, ainda que na parroquia había máis xente coma Digna a da Rons, Antonio Alvite é a señora Rosa de Tilve, pero Pepe era o que  máis reputación a hora de poñer as inxeccións.

Pepe toda a súa vida traballou de carpinteiro, e cando chegaba a súa casa poñiase preparado para pinchar os veciños  que anteriormente xa habían falado con él para quedar a unha hora axeitada, pois tamén a veces tiña que ir a casa de algún enfermo encamado. Muitos dos veciños que pasamos polas mans desta xente temos que estarlle agradecidos.

Cando non había máis remedio que recorrer ás inxeccións alí víasme ao meu pai e a min achegarnos a casa de Pepe, salíamos da taberna andando cara Pidre, que momentos de angustia pasaba, que mal iba ! Tiña a sensación de que iba para o matadeiro ! Que pesadelo ! Cando tiña que ir ao médico e me recetaba unhas cantas caixas de inxeccións xa me entraba o tembleque.

Daquela recorriamos a unha persoa de confianza para que nos puxese as inxeccións, e Pepe era bo profesional, estou pensando en cantos cus pincharia ? Sabe Dios ! Supoño que si algún dos que estades a leer esto pasantes polas súas mans….

Desde que che ías achegando ao portal da súa casa xa ías cagado, e non vos digo si escoitabas os gritos dalgún neno que estivese recibindo o pinchazo naquel momento de chegar eu ao portal ! Que nin dicir ten do que eu desde que saía da miña casa íalle dicindo ao meu pai, que si xa estaba mellor, que xa non quería pincharme, que cun optalidón xa me pasaba a dor….pero non había forma de convencelo, alá ibamos andando cara a casa do practicante…..mentres eu interiormente xuraba que nunca máis ía dicir que me doía algo.

Pero non había marcha atrás, o meu pai xa estaba chamando ao portal de Pepe, eu xa empezaba con unha sudoración por todo o corpo. Entrabas e mandábache pasar ao cuarto que tiña destinado para eses menesteres, mentres me mandaba baixar o pantalón Pepe marchábase un momento á cociña para ferver aquelas xeringuillas que antes pasaba por diante dos meus ollos como dicindo isto é o que che espera rapaz!!


Ao pouco tempo volvía Pepe coas xeringuillas e colocábaas nunha mesa, unha ampla representación por si algunha delas torcíase ao introducirma nas miñas nalgas, eu tremía como unha vara verde, mentres Pepe achegábase con aquel frío algodón que empapado en alcohol desinfectaba a zona onde me soltaba unha losqueada e seguidamente a punta da xeringuilla ! Uf que dor ! E non che digo nada si tocábanme aquelas inxeccións que dicían que eran de aceite ! Que tiña que ir introducindo o líquido moi lentamente co consiguiente dobre dor.

Juanito ! Xa está ! Hai que ser máis valente rapaz ! Xa está, mañá espéroche a estas horas outra vez !

Aínda recordo sendo xa máis maior que ía eu só a poñer algunha inxección desas de “aceite”, a volta a casa era eterna, ía completamente coxo, a perna onde me poñía a inxección paralizáballeme completamente.

Hoxe ainda é o día que vexo a Pepe o de Dora que cando nos encontramos véxolle para as mans, non vaia a ser que me queira poñer outra inxección !

4- A PRIMEIRA COMUÑÓN 

HOXE FAI CINCUENTA E CINCO ANOS DA MIÑA PRIMEIRA COMUÑÓN (16/06/1968)

Un dos meus recordatorios.

O ano 1968 para min, e supoño que para todos os que fixeron a comuñón comigo, foi un ano especial. Foi un ano no que sucederon feitos moi sinalados por todo o mundo, nese ano as noticias aínda chegaban a contagotas e ao xeito que querían os que gobernaban naquel entón. Un 1968 onde prácticamente case todos os meses deste ano as grandes potencias ensaiaban as súas bombas, as probas atómicas eran a demostración de mostrar quen era o máis poderoso. Tamén querían demostrar o seu poderío enviando á lúa os seus “aparatos supersónicos”, Estados Unidos lanzaba o seu Apolo V, meses despois a Unión Soviética facía o mesmo.

Nós eramos uns nenos, á maioría das noticias que nos chegaban non lles faciamos moito caso, pero algunhas eran habituais falar delas á hora de comer, na mesa, alí os nosos maiores comentaban a guerra do Vietnam, o asasinato de Robert F. Kennedy, o atentado de Eta…

Pero tamén foi un ano que nos deu alegrías, unha delas cando Massiel gaña o Festival da Canción de Eurovision, canto tempo pasamos cantando o La, la, la !!! Ou as cancións dos Beatles ! No seu esplendor !

E aqueles resumos dos XIX Xogos Olímpicos de México, os cales motivounos para que fixésemos competicións entre nós, de salto, lanzamento, carreira etc., eran tempos felices…pero o que máis felices fíxonos foi éste día, era o noso día , único e irrepetible, era nosa Primeira Comuñón…

O noso cura era D. Benito e a catequesis realizabámola logo da misa, todolos domingos.


Pero antes de entrar a misa todos os nenos reuniámonos ao redor dun balón e celebrabamos os partidos na leira que había por detrás da Igrexa, aproximadamente no lugar que se atopa o palco da música, antes deste palco existía un muro que dividía a Casa do Pobo e a Igrexa, nós tiñamos xa un paso feito para ir á leira, as nenas tamén acudían ao mesmo lugar, pero daquela non xogaban ao fútbol e entretíñanse xogando á goma ou con algún xogo que daquela estivese de moda, outras veces xogabamos todos xuntos, como por exemplo cando xogamos ao escondite.


Uns días antes da Comuñón compráronme a roupa, o típico traxe de mariñeiro, que me gustaba porque levaba incluído un silbato e era a miña maior ilusión ao saír da misa de empezar a tocalo jajaja.

Chegou o día e recordo que ao saír de casa case me caio debido aos zapatos de suela recentemente estreados, xa que non sabia andar con eles, a miña nai avisábame : ten coidado Juanciño, non vaias caer e manchar o traxe e pódesche lastimar ! Mira por onde vas !

Desde a Rons ata a Igrexa fun andando todo guapo e orgulloso co meu traxe e aqueles zapatos brancos, iso si con moitísimo tino para que non me escorregase por aquel camiño que comparado a como está hoxe non cambiou prácticamente nada no seu estado lamentable.


Desde o aparcadoiro da Taberna dá Rons ata a casa de Moncho o Jaxe, había unha elevación do terreo, era un muro de terra que usabamos de camiño para trasladarnos, anos despois os de estradas rebaixárono e puxérono ao mesmo nivel que a estrada, quedou desde aquel día igual a como está agora, un lugar que deixaron daquel xeito e parece non ter solución de que nolo arranxen dunha vez por todas.

Uns metros máis adiante tiñamos que cruzar a estrada, con moita atención ao que faciamos, pois o tráfico de coches naqueles anos era elevado, non existía a autopista e a circulación era sumamente alta.

Cruzabamos correndo á altura da antiga escola situada na casa da señora Hermosinda, subiamos polo camiño que leva á Igrexa, recordo aquel camiño todo enlosado de pedra, que precioso era, e como a modernidad enterrouno cunha capa de alquitrán encima e agora co alcantarillado están a levantar aquelas lousas que xa non volveu seguramente o seu lugar.

Aquel domingo ao chegar á Igrexa non había partido, as circunstancias eran evidentes, nin as nenas nin os nenos estabamos para empezar ás presas detrás dun balón ou empezar a saltar á goma.

Eu ía acompañado dos meus pais, avós e padriños, cando chegamos á igrexa, xá estaban a maioría dos meus amigos, guapísimos todos, entramos ao pouco intre o interior, daquela os nenos colocabámonos ao redor do cura, que inquietos estivemos, non puidemos parar en toda a misa e cando ía a comulgar por primeira vez fíxolleme un nudo no estómago, eu non sabía moi ben que significaba aquelo, por muito que nos explicou D. Benito, eramos moi cativos, pero gozamos do día todo o que puidemos.

A misa celebrouse con toda a normalidade do mundo e despois viñeron as fotos e o reparto das postais de recordo da Primeira Comuñón, aquí os meus recordos lévanme a un momento de incerteza, non recordo si fixemos unha foto en grupo, supoño que si, pois teño no meu poder fotografias de anos anteriores e posteriores da foto en grupo dos nenos e nenas que realizaron a Comuñón con D. Benito o cura, eu só teño tres, unha só, outra cos meus padriños e unha terceira cos meus pais e avós, esta foto realizada xa na Taberna da Rons.

Aquelas fotos, tanto as miñas como as demais que nos facían eran sen probas nin nada, naturais do todo, tal cal saían.

Logo de realizar as fotos dirixímosnos cada un á súa casa, onde tiñamos o banquete preparado, o día anterior a miña avóa e a miña nai afanáronse en ter unha comida especial para ese día para celebrar cos invitados que ía ter, a miña familia máis achegada, os de casa e os de Campañó.

Cando foron chegando a casa fóronme entregando os agasallos, un xogo de bolígrafos, un prato sopero, outro llano, unha cunca….un cuberto cun coitelo….todo gravado coa frase : Recuerdo de mi Primera Comunión . Tamén o meu primeiro reloxo ! Que luxo !


E así foi a miña Primeira Comuñón, como seguramente a da maioría dos nenos e nenas que a celebramos por aqueles anos, en grao sumo sinxela pero coa maior ilusión do mundo.

Faríame moita ilusión ter fotos dos que a fixestes no mismo día, tamén unha foto do grupo de nenos e nenas, na que aquel día celebramos xuntos a nosa Primeira Comuñón.

1- DE CANDO XOGABA AO FÚTBOL NO CHAN DO MONTE.

RECORDANDO OS AÑOS 60/70 CAMPO DO CHAN DO MONTE.

Non recordo ben cando subín por primeira vez ao Chan do Monte, quizais con seis ou sete anos, daquela época recordo aínda algúns veciños que xogaban ao fútbol e que para min era os meus ídolos, xunto cos xogadores do Pontevedra do Hai que Roelo.

Os irmáns Barragans, os Losada, os Iglesias e outros moitos máis eran para min os maiores do equipo, os que eu tiña como ídolos, aos poucos fun xogando con eles porque daquela non había tope de idade para xogar, eramos todos contra todos, non importaba a idade, chegabamos ao campo e os “capitáns” escollían o seu equipo favorito e así cada un ía escollendo os que vía mellores futbolistas, normalmente os que eramos malos ou máis pequenos quedabamos para o final, de recheo coma quen dí.

Cantos domingos xogamos no Chan do Monte ! 

Daquela o campo era unha parte de terra e outra de pedras, cos extremos ateigados de toxo e panascos, un camiño de carro cruzaba pola metade do campo, cousa que facía que as veces tiñamos que parar o partido porque pasaba o paisano coas súas vacas e o seu carro cargado de herba para a súa casa.

Cantos partidos xogamos con motivo das Festas do Patrón ! 

Cantos partidos de casados contra solteiros !

Contactábamos cos rapaces de Verducido, cos de Campaño, cos de Lérez…..acercabase o día do Patrón e había que xogar un partido especial con trofeo polo medio, comprabamos entre os xogadores da parroquia o trofeo, o cal unhas veces o trofeo quedaba na casa, e outras voaba para o equipo da parroquia que disputara connosco o encontro e resultou ganador.

Non nos gustaba nada perder e menos ter que entregar aquel trofeo en forma de copa que adoitabamos mercar na Joyería Suárez, cos cartos nosos que aforramos durante o ano, daquela non había ningunha empresa que patrocinase o trofeo.

No Chan do Monte non tiñamos de nada, absolutamente nada, tiñamos que mercar nós mesmos a equipaxe, o balón, ás veces repoñer as porterías …..nin tiñamos vestuarios, os únicos sitios para cambiarnos eran os piñeiros, si, debaixo dos piñeiros cambiabámonos, e no verán a nosa única ducha que tiñamos era o río Rons, despois do partido iamos camiño abaixo, a un lugar próximo onde había unha zona do río que está rodeada de rocas, parecía unha piscina, alí dabámonos uns chapuzons fantásticos.


Recordo que os meus pais non eran partidarios de que xogase ao fútbol, sempre estaban preocupados por si me iban romper unha perna, para que me deixasen ir xogar convencinos dicíndolle que como no campo non tiñamos nada de beber e nos intermedios de cada partido tiñamos sede podía subir na carreta dúas caixas de cervexas e venderllas aos que ían ao campo, tanto xogadores como os poucos espectadores que se achegaban ata o lugar, máis ben algún pai ou veciño que non lle chamaba o pegar patadas a un balón, pero para pasar a tarde do domingo viñannos ver xogar.Así estiven durante un bo tempo subindo caixas de cervexas, desde a Rons ata o Chan do Monte, eran máis de quinientos metros costa arriba, polo que cando chegaba estaba reventado, quizais radique o de poñerme porteiro para descansar do esforzo realizado.

E aínda teño en mente a primeira vez que ocupando a posición de porteiro gañamos o primeiro trofeo na miña etapa de futbolista, foi en Lérez, onde hoxe en día está situada a gran rotonda do Médico Ballina, había unha leira onde se disputaban os partidos, chegamos empatados aos penaltis e na tanda parei varios lanzamentos. Non recordo cantas paradas fixen, o que si recordo é que gañamos un pequeno trofeo que fomos a gardar na taberna do Nenas, alí era o noso lugar de reunión despois dos partidos.

Daquela cando tiñamos algún golpe ( entradas que se facían eran de tarxeta vermella directa ) sempre recorriamos ao linimento, non había outra cousa mellor.

Ás veces antes do partido aplicabámonolo e saíamos ao campo cunha calor impresionante e un cheiro que non había quen se puxese ao noso lado.


E así foi parte da miña infancia e de moitos veciños , inesquecibles eses anos no Chan do Monte, único lugar da parroquia onde tiñamos para pasar o día do domingo, a excepción do atrio da Igrexa que nos adaptabamos ao pouco terreo que alí había para xogar uns partidillos antes de entrar a misa.

Hoxe volvín ao terreo de xogo, xa non hai terra, nin pedras, nin toxos…..o que vin hoxe é un excelente campo, cos seus vestuarios e as súas gradas, o seu céspede, as porterías con rede….en fin, que non lle falta de nada.

Estando alí de novo, no remozado Chan do Monte viñéronme á mente os meus recordos daquela época, e tiven unha ilusión ao pisar o céspede, quería ser de novo aquel porteiro do Cerponzons, necesitaba sentir esa sensación de poñerme de novo debaixo da portería, para iso necesitaba dun voluntario que quixese tirarme un penalti, aproveitando a visita do Sr. Alcalde propúxenlle o reto, sen dubidalo nin un momento o Alcalde colleu de balón e foise cara ao punto de penalti, eu xa estaba camiño da portería desposuíndome polo campo adiante da parka, lentes, o móbil…..

Alí me fun á portería, a miña intención era a de lanzarme cara a onde a intuición de porteiro indicábame por onde me colocaría o disparo.


As imaxes dino todo, menos si puiden parar o tiro ou si en cambio meteume gol.

Só os que estaban presentes sábeno.


Hoxe tiven o honor de estrear o campo de fútbol co alcalde Lores.

Hoxe o neno que levo dentro sentiuse feliz e non lle pincharon os toxos.

15- ÁNGEL NIETO, ÍDOLO DA XUVENTUDE DE CERPONZONS

Fai dous anos falecía Ángel Nieto , en homenaxe a él poño uns cuantos recordos da miña mocidade ….

Nun sitio como este que adoito comentar case a maioría de temas relacionados coa parroquia preguntarédesvos o porqué publicar aquí algo sobre Angel Nieto.

A miña mocidade tivo unha serie de ídolos como a todos de nós pasounos , e os anos setenta estabamos necesitados de ídolos aos cales renderlle a nosa afección e a nosa admiración e de paso querer emulalos.

No boxeo destacaba entre unha serie de boxeadores Urtain , cantas noites na taberna da Rons os homes da parroquia esperaban á retransmisión do combate do ano , que maneira de gozar vendo como largaban uns guantazos de aquí espéroche o Urtain e compañía , os nosos pais e os nosos avós dalgúns dos que estades a ler isto tiñan os seus momentos de lecer en ir xogar ás cartas e ver un pouco a televisión , eran anos que os televisores na parroquia contábanse cos dedos da man.

E os máis novos que tamén adoitaban estar a ver a televisión íanse decantando polo boxeo , o tenis con Manolo Santana , por suposto o fútbol cos xogadores daquela época , a min persoalmente gustábame moito o porteiro do Ath.de Bilbao , Iribar , quizais porque nos meus tempos de cando xogaba co Cerponzons fíxeno case sempre de porteiro e despois durante anos seguín séndoo de fútbol sala .

Pero o que máis nos atraía naqueles tempos era un mozo nado en Zamora no ano 1947 , que comezou aos trece anos a súa traxectoria deportiva , a súa primeira moto oficial foi unha Ducati , despois una de márcaa Derbi onde comezou a cultivar triunfos e máis triunfos , despois tamén os obtivo con varias marcas máis de motos , como a Bultaco.


E claro estes triunfos íanse apoderando de nós e por suposto empezamos a ser fieis seguidores dos éxitos de Angel Nieto , e claro , tamén queriamos emular ao noso campión.

Así foi como en pouco tempo os mozos da parroquia que xa comezaban a traballar foron adquirindo as súas motocicletas , practicamente todas da mesma marca que usaba Ángel Nieto , a Derbi e a Bultaco foron unhas das máis adquiridas , as marcas naqueles tempos de Ángel , como tamén as italianas Morbidelli , Minarelli etc.

Daba a casualidade que na parroquia temos uns veciños de apelido Nieto , e ademais naquela época decidiron montar un taller de motos en Pontevedra , concretamente na rúa Rua Nova , un taller que despois de pechar á noite convertíase durante un tempo en local de ensaio dun grupo musical , bo isto xa o comentarei noutro momento.

E dada a cantidade de motos que houbo naqueles anos na parroquia chegaron a realizarse algunha que outra proba polo lugar da Rons , na estrada nacional 550 que daquela era a existente antes do novo trazado que temos actualmente.

Lembro chegar a contabilizar unhas vinte motos polo menos aparcadas na taberna dos meus pais, inclusive moitos dos pilotos eran de Campañó , cando as acendían todas á vez aquilo parecía que estabamos nun circuíto de carreiras , jajajaja, aínda me acordo da miña nai que se asustaba toda con tanto ruído ensordecedor.

Unha das probas que para min era máis espectacular era a que ía desde a casa do señor Magdalena ata o xardín onde estaba situado o cruceiro , despois de pasar a ponte Malvar .

Consistía en quen tomaba as curvas máis deitado ao asfalto , que sensación ver aqueles emuladores de Ángel Nieto, recordo que o que mellor o facía era Manolo o Lavaradas, tamén Tomás, veciño de Sabaris, non se quedaba atrás…..

E tamén eu teño a miña anécdota cunha desas motos , foi no campo de fútbol de Chan do Monte , antes de comezar o partido que era habitual todos os domingos , moitos daqueles mozos viñan coa súa moto , e eu tamén tiña as ganas en pilotar unha delas , achegueime a Adonis e pedinlle se ma deixaba un pouco , él consentiu e explícome un pouco as marchas e como acendela.

Ao pouco eu xa estaba montado na Derbi de Adonis , comecei a acelerar amodo e funme dirección ao camiño existente que levaba a casa de O Panasco , pero a metade de camiño quixen frear e non sabia onde estaba o freo , a situación era embarazosa , non sabia como parar a moto , así que me metín monte arriba entre os toxos ata que a moto parou por si soa , despois dei a volta como puiden e leveina andando ata o campo para evitar males maiores e que Adonis botáseme unha bronca .

Descanse en Paz Ángel Nieto , un dos meus ídolos de xuventude.

16- A GRANXA PORCINA DE JUAN O DA RONS

A mediados dos sesenta os meus pais establécense na Rons , alí recordo que comezaron cunha pequena taberna pero ademais o meu pai sempre lle gustou criar animais , lembro unha granxa de galiñas poñedeiras nun lateral da casa que ampliara ex proceso , despois tamén tivo un pequeno criadeiro de coellos , pero o que máis anos estivo dedicado en corpo e alma foi a crianza da raza porcina.
Corrían os anos setenta cando Juan Esperon comeza a construír unha granxa porcina no lugar da Rons ( Tilve ) , o seu oficio de albanel fixo posible que practicamente fixese el só a granxa , cando podía eu facíalle de pinche , as miñas funcións eran a de facer masa , carrexar ladrillos e bloques e buscar todo o que me ía pedindo necesario para a obra.

A GRANXA o fondo :


Esta fotografía Mostra a parte de atrás da taberna da RONS , dónde comenzou a cría de porcos.


Comezou cunhas pequenas cuadras no espazo que tiñamos como eira , alí construíu unhas oito cadras , e pouco máis tarde empezou coa granxa onde chegaron a estar uns 200 porcos , tamén construíra unha zona apartada da granxa para ter a aquelas porcas que estaban a piques de dar a luz , é dicir o paritorio, onde Juan habíase esmerado en acondicionar con todas as comodidades para a porca e as súas crías mentres estivesen alí , recordo que cada porca estaba no seu cuarto e este tiña un habitáculo para que as crías recentemente nadas tivesen a calor suficiente , unhas lámpadas especiais de moita voltaxe baixaban desde o teito e a poucos centimetros dos pequenos cochos daban calor nos días de máis frío .

Juan sempre foi un home de querer ter a mellor raza porcina na súa granxa , daquela as súas idas e vindas por granxas dedicadas á venda de porcos machos para cubrir e das mellores femias , para así ter os mellores exemplares , facía que percorrese por moitos lugares da provincia en busca do mellor produto.

Buscaba como mellorar a raza , para lograr un bo exemplar que desen un alto número de cochos por camada e que estes tivesen unha carne de boa calidade e en menor tempo posible para poder poñer á venda , de aí a importancia da realización durante anos de cruces entre aqueles animais seleccionados con todo rigor , cada un deles co seu historial para que non se fosen aparear entre especies que proviñesen da mesma familia.

Esta e unhas das porcas que eu axudei a parir , conforme puden deixar un momento de vixilala fun a pola miña camara de fotos e quixen ter un recordo :


Lembro a época en que os carniceiros da Praza de Pontevedra empezaron a vir á nosa granxa para querer comprarlle os cochos , foron dándose de conta que Juan tiña unhas boas camadas , un destes carniceiros foi un señor que procedente de Arzúa instalouse coa súa familia na parroquia de Lérez.

Antonio Orois chamábase este carniceiro que tantos e tantos anos estivo a levar da nosa granxa para o seu posto da Praza os fermosos porcos que se criaban na Rons.

O señor Orois e a súa familia foron para nós como da familia , a amizade foi tal que xa pasaba da simple comercial , recordo de bo grado pasar fins de semana na súa casa xunto ao seu fillo Toño , compañeiro de colexio e ao que me segue unindo unha gran amizade despois de máis de corenta anos.

A Juan o da  Rons moito sacrificio custoulle levar adiante a súa granxa , non existían os festivos , non había horas de descanso , a calquera hora podía parir unha porca , moitas noites de levantarnos á hora que fose para atendelas e coidar das súas crías , moitos sacos de penso tivemos que carrexar e moito cheiro que respirar .

Aquela granxa todos os días facíase limpeza xeral , os animais tiñan que estar limpos , con comida e auga sempre fresca e limpa , por iso é polo que desde o principio dispoñían de bebedoiros automáticos e o mellor pienso que hubiese no mercado.

Un traballo que seguro moitos veciños non coñecesen interiormente e que pasou desapercibido para unha gran maioría o traballoso que era este oficio .

Para min foi unha experiencia que hoxe en día a valoro moito máis que antes , cando eres un neno só ves o ter tempo para gozar do teu tempo libre e dos estudos , pero no meu caso foron moitas horas que estiven a lle axudar en todo o relacionado coa cría porcina.

Quizais o que máis me impresionaba era o momento do nacemento dos cochos, de como axudabas desde o primeiro momento no parto , moitas veces tiven que facer de comadrona , pois as miñas mans bastante máis pequenas que as do meu pai introducíanse con máis facilidade e así podía salvar a vida dalgunha cría  que viña do revés.

Podía contar tamén cando era a época de capar os machos , entre o meu pai e eu eramos capaces nun día de capar 100 ou algún máis , cunha maneira rudimentaria para capar , pero con total seguridade de facelo con todas as medidas hixiénicas que leva esta delicada operación .

Esta era a GRANXA , o fondo pódese ollar o antigo xardin  que había o carón da carretera :


Lembro unha anécdota que lle sucedeu alá polos anos setenta , o meu pai fora a comprar a unha granxa unha nova raza de porcas , ademais as que tiñamos para reproducir xa estaban entradas en anos e había que desfacerse delas .

Chegou a un acordo e quedou de ir buscalas ao cabo duns días , para iso tivo que ir contratar un transporte para ir buscar as porcas de raza branco belga.

En esta fotografía vemos a Juan e a Carmen , unha das veces que fomos a Silleda , encantaballe ir para ollar todas novedades e tamén os impresionantes toros , vacas e demais razas…

Na taberna sempre paraba un veciño da parroquia ( que aínda vive hoxe en día ) e dedicábase co seu furgón para realizar traballos de todo tipo , ás veces levaba sacos de pienso como bebida ou o que fose necesario .

Outras veces alugaba o seu furgón para as campañas electorais, daquela empezaba a democracia e era un bo negocio.

Recordo perfectamente que este veciño andaba eses días cun enorme cartel encima do seu furgón , era a fotografía de Adolfo Suárez e o seu partido UCD .

A cousa é que o meu pai chegou a un acordo con él  e alá fóronse os dous co furgón, a foto de Suárez pedindo o voto para UCD e un fajo de billetes de mil pesetas para pagar a mercadoría.

Chegaron ao momento de destino e pronto cargaron as vinte porcas no habitáculo destinado para iso , alá como puideron suxeitaron as portas traseiras do furgón cunhas cordas , xa que a fechadura non pechaba do todo ( o estado do vehículo non era moi aconsellable para transportar os animais…) .

O meu pai dubidaba de que a viaxe fose ser pracenteiro , tiña a mosca detrás da orella , e non facía máis que preguntarlle ao condutor se tiña seguridade plena en que aquelas portas non se abrirían a metade de camiño…

TRANQUILO JUAN , QUE SEI O QUE FAGO ! Espetoulle todo convencido, isto está todo controlado .

Nada máis foi pasar a Portela e xusto onde a estrada n 550 comeza a facer pendente sucede o inevitable, as porcas deslízanse todas hacía  a porta e as cordas que as suxeitaban rompen , xa vos podedes imaxinar o panorama….. todas as porcas pola estrada abaixo e polas leiras contiguas adiante.

Tardaron máis de dúas horas en poder recoller a todas , había que velos aos dous ! Rodaron polos chans unas cantas veces para poder ir pillándoas jajajaja 

Cando chegaron á Rons a cara do meu pai era vinagre puro , o condutor non sabia como esconderse porque sabía que lle podían caer unas cantas …e mentres tanto nós non sabiamos que sucedera.

Cando despois de meter nas cuadras ás estresadas porquiñas e puxémonos a comer foi cando o meu pai comentou todas as peripecias daquel día .

Non puidemos comer aquel día , cada vez que comentaba unha cousa as risas eran cada vez máis grandes , porque eu imaxinábame a imaxe dos porcos polas leiras adiante , eles dous tirados polos chans e a foto de Suárez pedindo o voto !

Unha anécdota que sempre me recordo do meu pai , desde que teño uso de razón o chegar o xoves e venres santo eses días meu pai non traballaba no campo, era os dous únicos días do ano que eu miraba que non tocaba a ferramenta.

17- JOSÉ O LARACHO LÉVANOS A PRAIA.

Na década dos setenta era mui complicado para muitos de nos ir a praia, a falta de transporte era o principal problema, e ademais aínda non se tiña por costume ir á praia como hoxe en día, recordo que a finais dos anos sesenta comentábase na taberna de que alguén da parroquia ía tomar baños ás praias de Marin por prescripción facultativa, pero só se ía por ese motivo, para poñerse moreno non facía falta ir ata as praias, soamente con ir uns días ás leiras collías un moreno en grao sumo intenso.

Eu só escoitaba falar das praias de Marin, parecía que non existisen outras, e algunha vez que outra saía a relucir a Lanzada, uf ! Esa praia quedaba lexísimos ! Comentábase que era enorme de longa e que algunha veciña había ido a ela a darse un baño porque as olas tiñan algo de especial para non sei que das mulleres (iso escoitábao cando viñan á tenda as veciñas e poñíanse a falar en voz baixa, para que eu non me decatase da conversación).

Daquela o de ir á praia e poñerse un bañador, aínda que vos pareza mentira, fai moi poucos anos era un pecado, aínda recordo o profesor de relixión e de todas as demais materias que tiñamos no colexio, situado onde hoxe en día é o Centro Social, aquel mestre tiña unha formación moi estrita, ademáis as súas clases tiñan sempre temas relixiosos polo medio, quizáis debido a que tamén era un dos que cantaban na Igrexa cando había un enterro, si mal non recordo viña un home para tocar o órgano e dous máis para cantar, este mestre impartía nos unhas clases do máis instructivas, aparte de poñernos contra a parede e cos brazos extendidos, cando viñan os días de festa chegaba a dicirnos que o baile agarrado era pecado.

Volvendo á praia, a miña nai era partidaria de que os nenos fósemos a darnos baños, tanto de sol como de auga.

Así foi como un día estando na taberna o señor José, O Laracho, a miña nai comentaba unha noticia que estaba saíndo na TVE, saían os turistas nas praias de Benidorm e o locutor comentaba os bens que proporcionaba o sol e os baños de auga.

Escoitaches José ? Van buscando darse baños de sol e de auga, van de todas partes de España e tamén do estranxeiro !

O señor José, O Laracho

Recordo a primeira vez que fun a praia, foi das que che quedan gravadas na memoria para sempre…..
Resulta que este veciño de Pidre , o señor José O Laracho tomando a cunca de viño na taberna, e despóis de escoitar a miña nai, marchou para casa, seguramente falou coa sua muller e deberon de decidir de ir un día cos seus fillos a praia.

O día seguinte chegou de novo a taberna, pediu un viño e de paso preguntoulles os meus pais se lles daban permiso para levar o seu fillo Juanito cuns cuantos rapaces máis á praia de Mogor , el encargábase de todo , nese intre na taberna había uns mozos que escoitaron o comentario e quixeron apuntarse para ir tamén , pidironlle si os levaban a praia, e o señor José asintiu , eso sí advertindolle ( movendo con a súa maneira particular aquela dentadura postiza ) que tiñan que saber comportarse e ter educación , sinon deixavaos en terra , e volvían andando, que emoción ! Íamos ir a Praia !

Así foi, chegou o domingo e naquela furgoneta que tiña José O Laracho para ir a vender as semillas as feiras,meteunos a todos dentro , ían os fillos do señor José , os seus sobriños Lito e Manolo , eu , e os tres mozos da parroquia que estaban na taberna ,eles eran máis maiores que os demais rapaces, que por certo ,estos tres mozos nunca viran unha praia como me pasaba a min tamén , era a primeira vez que teriamos esa experiencia .

Alá fomos, metidos na furgoneta , escoitando a música de Fórmula V é os Diablos , co tema Un Rayo de Sol , íbamos todos preparados, un bañador, unha toalla e os bocadillos de queixo con chorizo, dirección Mogor .

Os tres mozos que iban con nos traballaban de albañis , e practicamente a súa vida diaria pasabanna traballando na empresa dun contratista de apelido Esperon , un señor creo que de Poio , que dou muito choio a xente da parroquia .

Estos tres mozos , os días festivos que non traballaban na obra , tiñan as faenas do campo , non lles daban moitas opcións os seus pais de ir por ahí ,de golfería , a non ser a Chan do Monte a xogar a pelota os domingos pola tarde .

Para eles aquel domingo á tarde foi a súa primeira saida a praia e a súa ilusión por ir á ollar coma era e divertirse era tal que non lle cabía o pan no corpo .

Eu , que ía atento a todo o que eles comentaban, ían falando de cómo había que nadar, de como non se podía tirar un sin haber pasado duas horas de haber comido…..eu escoitaba todo atento, iamos como sardiñas enlatadas na furgoneta , jasusdiormio que calor pasamos ! Chegamos e baixamos da furgoneta, aquelo era novo para nos, a maioría da xente estaba en bañador, había cada un con unha pinta…..así tamén pensarían de nos os que nos miraban baixar hacia a praia pegando berros coma si fosemos vikingos que íamos a conquistar aquel lugar !

Non paramos de rir , jajajajaja , o pouco de facer as duas horas de dixestión xa fomos todos a bañarnos, sempre controlados polo señor José, un pouco mais tarde O Laracho tamén lle apetecía bañarse , pero tiña un problema, non dispoñia de bañador, pero como tiña muitas ganas decidiu bañarse de todas maneiras, así que quitou o pantalón e a camisa e quedou con unha camiseta blanca de asas e co seu calzoncillo branco que lle chegaba ata as rodillas , éste era o que faría a función de bañador , as risas voltaron entre nos , pois o sair da auga , tiña os calzons pegados a él transparentandolle todo os que xa estades imaxinando, por certo o señor José era mui bo nadador, os demáis que íbamos con él tiñamos que usar a cámara de aire coma flotador.

Que tarde de risas , de volta na furgoneta escachávamonos coas risas e todos pidindolle por favor que nos levara outro día a praia.

Ángel e Antonio, fillos do señor José, tamén escacharon de risa eses días de praia.

Fai pouco estiven con Tila, comenzamos a falar sobre esta vivencia de cando fomos a praia,  a filla do señor José tamén recorda esta anécdota e comenza a falarme de algunha anécdota máis, sin parar de rir Tila e máis eu fomos falando de eses anos que por primeira vez pisamos a area da praia, conta Tila que unha vez o seu pai foi a praia con un bañador de muller , de cor negro, seica pediullo prestado a unha veciña, o chegar a praia dixonos que foramos baixando, que él xa iba nun momento, o cabo de un tempo empezan haber risas por toda a praia, todo o mundo xiraba  a cabeza para ver cómo un home baixaba hacia a praia enfundando un bañador de muller, o señor José iba todo cheo de sí, a cousa  era que  o señor José non lle gustaba enseñar o peito, e tivo a gran idea de poñer o bañador da veciña.

Tamén outro día fixo que lle cosera a  modista,  que tiñan de man para facer e remendar a roupa dos da casa, un camisón da súa muller co bañador del , outra vez  as risas na praia non se fixeron esperar, daba a sensación de que muita da xente que iba a praia estaba esperando que chegase a hora que chegase o señor Jose o seu novo  modelo, en aqueles tempos muito nos rimos, pero a vergoña de Tila xa vos podedes imaxinar, hoxe en día temos estas anécdotas para rir e recordar aqueles tempos de xuventude e de darlle as grazas o señor José por habernos levado a praia.

Así foi que días despóis o señor José tamén nos levou a Praia de Portocelo :