22- O GRAO DE CORVO.

ANTRE SAN XOÁN E SAN PEDRO, RECOLLELO CENTEO.


Cornezuelo, denton, cornello, cornecho, caruncho, corno, grao de corvo …Todos estes nomes e moitos máis se refiren a un gran negro que nacen nalgunhas espigas de centeo, este gran é un fungo que ten tras de si unha historia “alucinante”….

É tal a historia que ten que necesitariamos horas e horas para poder ler todo o que se escribiu sobre este alucinógeno.


Os nosos antepasados, que cultivaron centeo nas súas leiras, seguro que terían moitas cousas que contarnos, hoxe en día son poucos os veciños que teñen recordos sobre o cornello ou caruncho, nomes máis comúns deste gran na nosa parroquia de Cerponzons, ainda así recollemos algúns recordos dos máis maiores da parroquia, máis adiante falo dos recordos que teñen os meus veciños, ainda así resulta curioso que xente de certa edade non saben nada sobre este fungo, o mellor con este relato a  muitos de vos vaivos vir a cabeza algunha historia de un veciño ou veciña que da noite para a mañan toleara…..


Características macroscópicas

Carpóforo que brota dun esclerocio alongado ou cilíndrico, liso ou debilmente raiado, de cor púrpura, cuxo tamaño varía en función do tamaño da planta sobre a que parasite. Sobre un mesmo esclerocio poden reproducirse varias frutificacións.

Frutificacións compostas por un longo pé, que pode superar facilmente os 10 mm de longo, de cor marrón escura con tons avermellados ou lilas, en cuxo extremo se sustenta unha pequena cabezuela, ás veces pouco visible macroscópicamente, de apenas uns milímetros, de cor ocre amarelado, aínda que marcadas por uns puntos que constitúen os ostiolos.

Carne inapreciable.

Hábitat:

Crece de forma totalmente parásita sobre os talos de diversas gramíneas, non só do centeo, tanto na primavera como no verán, é moi daniña.

Este gran ten muita popularidade debido a un alcaloide, de nome ergotamina, que afecta o sistema circulatorio e ademáis provoca alucinacións. Cantas veces tiñase falado entre os nosos antepasados de que a fulanito ingresaronno porque volveuse tolo, e o mellor foi debido a este gran….Por iso, ainda hai veciños que se recordan que tiñan muito cuidado de separar o caruncho ou cornello dos outros grans, dado que unha fariña que estivese contaminada tería consecuencias gravísimas. Canta xentiña pensaría que algunha veciña ou veciño tiñan o demo no corpo, ou que facían bruxería, moitos episodios de bruxería tiñan a súa orixe nos delirios provocados por comer pan con caruncho, un caso que fora mui soado ocrurriu en Massachussets, no século XVIII, cando condenaron a 25 mulleres a morte, habían sido acusadas de pactar co demo tras unha intoxicación masiva con efectos similares ao LSD, fora o chamado proceso das Bruxas de Salem.


Falando da ergotamina, cando nas nosas parroquias quen comía certas cantidades de pan que estivese contaminado por toxinas producidas polo fungo do centeo e comezaba a atoparse mal empezábase a rumorearse polos lugares da parroquia, por exemplo : o fillo de Juan o dá Rons ten a “febre de San Antonio”, “lume de San Antonio” ou ” lume do inferno”, é dicir, que sufría ergotismo.

Este fungo producía unha substancia, a ergotamina, da cal deriva o ácido lisérgico, e tiña uns efectos ao envenenarte que se traducían en alucinacións e convulsións.

Moitas das persoas que se envenenaban chegaban a morrer, con síntomas de fortes dores abdominais que producían a morte súbita, e se lle pasaba a unha muller embarazada producíalle inmediatamente o aborto, outros enfermos sufrían mutilacions, podendo chegar a perder todas as súas extremidades.


As intoxicacións con este fungo eran moi frecuentes na Idade Media, os frades da Orde de San Antonio crearon hospitais dedicados en exclusiva a coidar a todas aquelas persoas que estivesen envelenados, estes frades levaban un hábito escuro cunha gran T de cor azul no peito.


Así que moitas das xentes enfermas tiñan como único remedio para curarse o ir peregrinando a Santiago de Compostela, no hospital do convento de San Antón de Castrojeriz curaban aos enfermos ofrecéndolle pan de trigo candeal.


O caruncho foi parte do nacemento dunha gran industria farmacéutica galega, alá polos anos 30 e 40 a empresa ZELTIA empezaba a experimentar coas súas alcaloides, dos cales se realizaron os inyectables que levaron o nome de Pan Ergot, usado naquela época para as mulleres que acababan de parir co fin de evitar hemorraxias, tamén era utilizado para curar as migrañas e o glaucoma.


Era tal a importancia que tiña no mundo da farmacoloxía que sobre os anos 50 había escaseza deste fungo que en Galicia houbo un momento que os prezos eran moi elevados e chegáronse a exportar grandes cantidades.

Desde a segunda metade do século XIX comezou a potenciarse a recollida do ” grao de corvo”, en Galicia sabíase que o clima favorecía a aparición do fungo e comezaban a demandalos médicos , laboratorios, comadronas….así que antes da sega íase recollelo a man, había lugares que era unha invasion de xentes as que buscaban este fungo dado o seu valor, para moitas casas de labradores era un complemento para a súa economía, foi unha época onde desde o porto de Vigo saían cargamentos para Inglaterra, Alemaña e Estados Unidos. 

Nun artigo publicado en La Voz de Galicia hai uns anos dicíase que : Anxo Fernández revela que o cornezuelo galego era o máis apreciado. En 1912 a revista American Druggist sinalaba: «O ergot de centeo de maior calidade é o producido nas provincias do noroeste de España. Envíase por barco a Londres desde Vigo ou Lisboa, e case todo é consumido nos Estados Unidos». En Galicia, algunhas farmacias e laboratorios lanzan medicamentos derivados da ergotina, en producións modestas. Pero todo cambia en 1936, apenas dous meses antes da Guerra Civil, cando dous científicos formados na Universidade de Santiago, o médico Ramón Obella Vidal e o farmacéutico Francisco Rubira, fundan o Instituto Bioquímico Miguel Servet, en Vigo. Con eles traballa o intelectual galeguista Alexandre Bóveda e o químico Fernando Calvet. 

A Guerra Civil trunca o traballo de investigación que comezaban a realizar, Bóveda é ajusticiado na Caeira, Calvet exíliase….

Varios anos despois, os irmáns Fernández López impulsan a creación dunha empresa que co tempo sería a revolución da industria farmacéutica : ZELTIA.

Para iso incorporan para os seus laboratorios a científicos, entre eles a Calvet, e tamén aos do Instituto Miguel Servet.

Os irmáns Fernández comezan a facer grandes plantacións, queren aproveitar a riqueza da flora medicinal galega, entre estas plantacións destaca a de centeo, comenzan a producir de forma industrial grandes cantidades de cornezuelo, os seus descubrementos  comezan a ter grandes éxitos , a fabricación de insulina, a efedrina, novas vacinas, vitaminas, pesticidas e fungicidas, ZELTIA converte a súa marca ZZ en líder de vendas, e todo isto grazas ao cornezuelo, denton, cornello, cornecho,  caruncho, grao de corvo…..

OS COMENTARIOS DOS VECIÑOS :

Unhas das veciñas que pregunteille polo caruncho non recordaba muito del, e foille preguntar o seu pai……….

Acabo de falar con meu pai, e botouse a rir, mentras ibame contando……

Na nosa casa, ese gran non se aproveitaba.

Aqui chamabanlle o caruncho.

Seica anos antes, o que facian era por os rapaces pa que estuvesen entretidos a escollelos, porque viñan a compralos para facer remedios, como algo farmaceutico, pero habia xente, algunha, que pensaba que se o compraban era algo bo, e comenzaban a usalo tamen, nas suas fornadas propias, po pan que cocian pra si, pero seica o seu efecto era como algo alucinogeno, e que claro despois andaban “pintando a mona polas fincas“.

Porque os que viñan a compralo decianlle que era pra facer remedios, pero non lles contaban os efectos que producian.
Non che sabia nada disto, grazas a meu pai que mo contou, eu recordo que o tiraban, decianme que non servia, pero a historia que habia detras non cha sabia.

Vamos! que o raio do gran era como unha especie de psicotropico!

Hubo máis veciños e veciñas que me foron comentando sobre este gran :

1-No sei que se utilizaba na medicina è que o pagaban moi ben, eu teño visto pero na casa escolliano è tirabase.

2- A min, miña avoa decíame que ese gran tiña referencia co demo.

3- A miña avoa sempre que estábamos co centeo avisa de que ese gran era veneno !

4- Meu avó coñocía co nome de cornello, recorda que antiguamente había veciños que andaban polas fincas a collelos, despóis vendianos as farmacias, seica facían medicinas e remedios, incluso había de quen o vendía nas feiras.

5- Recordo sendo mui pequena que viña un señor nun camión, iba polas casas a recollelo, e pagaba bastante ben.

6- Eu recordo a época de mallar, colocaban unhas sábanas vellas no chan e despois recollíamos o gran para un saco, separando o cornello.

7- Eu teño visto o caruncho cando na miña casa sementaban o centeo.

8-Eu recordo sendo un neno que daqueles tempos plantabase muito centeo, e íamos a recoller as cornellas, o que non recordo xa para que as recollíamos, pero seguro que algo se facía con elas.

Á maioría dos veciños que lle fun preguntando xa non lembran como algúns dos seus antepasados sabían que pagaban moi ben o quilo do ” grao de corvo”, claro que algo que contiña numerosos compostos, polo menos catro tipo de alcaloides, entre eles a ergotamina da que sae o LSD, era para telo en conta e non comentalo aos catro ventos, cantos menos o soubesen mellor. O mandar aos máis pequenos da casa en época de verán ás leiras para sacar o fungo, con forma de espolón de galo, era unha maneira de telos entretidos e ao preguntar respondíaselle por exemplo que era daniño e que había que retiralo da espiga, e non se podía deixar tirado na leira porque volvería nacer con máis forza.

Lembra unha das miñas veciñas que viña un señor cun camión para recoller o fungo, efectivamente había quen se dedicaba a ir polas aldeas para comprar ferralla, trapos e calquera cousa que lle puidese interesar, o “grao de corvo” foi un elemento que se sumou ao seu negocio e proporcionáballe moitas ganancias.

No ano 1951 unha noticia nun xornal facía referencia en grandes titulares : Una extraña enfermedad siembra el terror en un pueblo de Francia :

LOS ATACADOS SUFREN INTENSO DELIRIO Y EN MUCHOS CASOS SE VUELVEN LOCOS !!!

A este caso denominóuselle ” EL MAL DEL PAN”, xa que se culpaba a unha panaderia dos feitos acaecidos, unha intoxicación que levou por diante a tres veciños, impulsando a suicidarse a seis veciños máis é ingresando vintetrés veciños nun manicomio, os trastornos alcanzaron a un total de douscentos veciños do mismo lugar.

Nota :

Entre os científicos que estudaron este fungo e os seus derivados atópase Albert Hofmann, cuxos experimentos o encamiñaron ao descubrimento da dietilamida do ácido lisérgico ( LSD), un poderoso enteógeno derivado do cornezuelo que afecta o sistema serotoninérxico.

Máis información: https://es.m.wikipedia.org/wiki/Claviceps_purpurea