32- 3ª e 2ª ANDAINA E RECOLLIDA DAS HERBAS DE SAN XOÁN 

3ª ANDAINA E RECOLLIDA DAS HERBAS

Este ano foi menos xente que os anteriores, quizáis debido a que o día estaba de chuva, ainda así tivemos unha representación de edades que iban desde os 7 anos ata os 87. Fixemos o mismo percorrido que anos anteriores.

2ª ANDAINA E RECOLLIDA DAS HERBAS

O día 23 de Xuño a asociación de veciños O Chedeiro de Cerponzóns organizou unha andaina  por varios lugares da parroquia para recoller as herbas de San Xoán.
Logo de non podela realizar o ano pasado polo motivo que todos sabemos, este ano, tomando as medidas de seguridade habituais, decidimos ir a por elas.


Como fai dous anos, tivemos a axuda de varios veciños e veciñas que levan máis de 60 anos realizando ano tras ano esta tradición, o seu coñecemento, transmitido polos seus antepasados, dos lugares onde hai as diversas herbas é unha gran vantaxe para todos os demáis, sobretodo os máis xovens.


Ademáis, como novidade, este ano compartimos co grupo que nos acompañaba, as respostas que nos responderon á unha encuesta que fixemos días anteriores en relación coas herbas, moitos dos que viñan no grupo quedaron sorprendidos con algunhas das respostas.


Indo polas congostras é polos camiños que xa tiñamos previstos, indicamoslle os que iban por primeira vez, que as herbas que se iban a recoller tiñan uns tipos de poderes, uns curativos, outros protectores é outros especiais (indicados para alonxar o mal), por eso o ir buscar as herbas había que ter en conta ese detalle, había que coller de todo un pouco.
Quixemos preguntar aos veciños polo costume de ir recoller as herbas, de lavarse a cara ou de facer algunha outra cousa con devanditas herbas, foron moitos os que contestaron, algunhas das súas respostas foron moi curiosas é despertaron interés entre os máis xovens, estás foron as respostas:

1–Sii, na nosa casa sempre seguiuse a tradición, meus país recollían as herbas e nos lavamos a cara pola mañá, hoxe en día sigo facendo o mesmo, íamos por Tilve é A Bouza.

2– A mi me enseño la abuela y casi todas las hierbas las hay todas por donde vivo ahora, lo sigo haciendo, recorríamos A Balé y Pidre.

3–Yo no sigo la tradicion,las preparaba mama y yo no lo hice nunca, ella iba por el lugar de A Rons y por Tilve.

4– Si, yo sí puedo las cojo y lavo la cara.

5– Eu lavo a cara e gardoas modo ramo seco.

6–Desde moi pequena vou a por as herbas de San Xoán, é unha tradición que nunca deixei de realizar, collo todas aquelas herbas que teñen que ver co cacho.

Despois póñoas en auga e ao día seguinte lávome a cara, a primeira en lavarse da familia son eu, aparto un pouco de auga, pasoa polo colador e comezo a lavarme pola cara, despois os brazos, o pescozo, as pernas…bo lávome toda como quen di, a pel queda cunha aroma que é unha delicia.

Tamén afago gardar as herbas, din que é bo gardarlas, a tradición é que esas herbas que gardas todo o ano utilízalas para a fogueira do ano seguinte e as botas a queimar en dita fogueira de San Xoán, sempre as collo por Meán.

7–Fai anos que non a fago, antes iba por Meán.

8– Yo no sigo la tradición.

9– Siiii, incluso gardoas no conxelador.

Eu despois de lavarme a cara e as mans gardo un pouco de todo no conxelador e as desmenuzo, e gárdoas nunha bolsa. Outras poucas mestúroas con auga e preparo cubitos de xeo. Cando alguén de casa ten unha queimadura solar, unha rozadura, un picor dun bicho, frego o lugar cunha pedra de xeo, a min vaime de marabilla.

Teño na miña leira moitas herbas aromáticas, menos a madreselva, que non se me dá.

10– Siii, deixanse en remollo po la noite, e a mañan hay que lavarse, de pequena collías pola Bouza é por Tilve.

11–Si, sigo a tradición de recoller as herbas de San Xoan e ó día seguinte lavar a cara con esa auga, vou a collelas por Tilve.

12– A min gústame deixalo a serenar para lavar a cara pola mañá.

Que actividade tan entrañable a que propuxestes na Asociación de ir recoller as herbiñas

Había unha muller na Balé que collía unha folla grande de figueira para envolver o cacho e montalo coma se fora un bouquet 💐era mui vistoso.

13– Xa fai tempo que no me lavo co as herbas, e si as boto de menos porque o frescor que queda na cara e un relaxante especial.

14– Pois non che sei nada. O unico que sei foi as que aprendin na outra andaina que fixestes fai dous anos, nunca lavara a cara, nunca fora polas herbas.

15–Recojo las hierbas antes de que se meta el sol, en una tina con agua las dejo al rocío de San Juan y lavo la cara, cuello y brazos con esa agua durante dos días.

16–Eu levo desde moi nena realizando esta tradición, algunhas herbas xa as teño no meu xardín, outras as vou a recoller polos camiños da parroquia, despois póñoas nun recipiente con auga e ao día seguinte lávome a cara.

Si, tamén as uso para outra cousa, logo de usalas recólloas e fago un ramo con elas, póñoo a secar no galpón e si nalgún momento hai tormenta, entón collo unhas poucas e quéimoas, esta tradición herdeina da miña avóa que tiña ese costume nos días de tormenta.

17–Ir buscar as herbas de San Xoán é un dos recordos máis entrañables que teño da miña niñez, todos os anos, pola tarde, iamos buscar as herbas, percorriamos os lugares de Tilve e a Bouza, despois metiámolas en auga e deixábase toda a noite macerando, á mañá seguinte colábamos a auga e lavabamos a cara, o cheiro era moi agradable, aínda que ao principio custábame un pouco, xa que ao auga estaba bastante fría jajaja.

18– Eu recordo que de pequeno lavamo-la cara tres días seguidos co cacho feito coas herbas de San Xoán, despois miña avoa gardaba as herbas que as poñia a secar, se alguén da casa o longo do ano sufría un “aire” facía unha fogueira coas herbas, e o que tivera o “aire” tiña que saltar por encima da fogueira para que se curase.

19–Eu acordome pouco, miña avóa Casilda era a que nos recollia as hervas porque ela sabia cales eran e metías nunha palangana con auga deixandoas toda a noite fora da casa ao aire libre. Enton pola mañan cando nos levantavamos o dia 24 lavabamos a cara con esa auga, pero a min o que mais me gustaba era ir con miña avóa o dia antes a buscar as hervas polo campo porque ela coñecias todas, e iso e todo que che poido dicir mais ou menos.

20–Eu si me acordo de ir por elas no monte do Bravo, donde hai a carrasquiña,  unha erba pequeniña que cheira moi ben , que tempos !!

21–Eu recordo ir con miña avoa a muitos lugares da parroquia, normalmente donde tiñamos algunha veiga, viña ou cachada. Levábamos sempre a compañía da Pinta, a nosa vaquiña.

Así que había anos que recolliamos as herbas polo lugar chamado Casal da Madre outras veces polas corredoiras que levan a Codeseira, a Silvoso dabaixo, as Castiñeiras, tamén nos achegabamos ata a Galiana, e algunha vez íbamos os Mouchos, tamén a Cachada da Neta, as Salgueiras, nas Pallotas, os Castiñeiros ou preto da Coba da Raposa.

Ainda así hubo veces de acercarnos ata as Baladas, ou máis lexos coma nas Barreiriñas ou na Besada, aproveitando si tiñamos que ir a por estrume ou si non dabamos encontrado algunha das herbas para facer o cacho.

Despois ao chegar a casa deixábasen metidas en un caldeiro con auga, a mañán eu era o que despertaba antes que naide, quería ser o primeiro en lavar a cara.

22- Eu sempre vou a polas herbas, lavo a cara é parte do corpo, éste ano non vou poder ir porque cain e rompin unha costela.

23–Eu levo toda a vida facendo o cacho, éste ano estouno pensando, dado que non ando ben de saude, sempre lavei a cara é os pes.

24–Eu nunca o fixen, cando cheguei a parroquia coas miñas fillas pequerrechiñas, non me dou por ir a polas herbas, despois marchei fora é donde estiven non se celebraba nada deso, ao voltear a Cerponzóns as fillas comenzaron a ir polas herbas, a min en cambio nunca se me dou.

As herbas que fomos recollendo, foron as seguintes :


Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns agradecemos a asistencia.

29- AS HERBAS DE SAN XOÁN E A FOGUEIRA.

HERBAS DE SAN XOAN E AS FOGUEIRAS, PATRIMONIO CULTURAL INTANXIBLE

Non lembro os anos exactos que fará,  andarán polos cincuenta, estiven presente nunha fogueira feita no lugar da Rons, de todas que estiven o longo de tantos anos esta foi a que máis me quedou grabada para sempre.

Ese día xa percorrera coa miña avoa Ramona as corredoiras da Laxe , Rons e ata o Cañoto en busca das herbas de San Xoán , a mañá seguinte era obrigado lavarse a cara coa auga, que xunto con aquelas herbas que mesturaba e preparaba a miña estrañada avoa, que fomos recollendo polos carreiros e camiños… romeu , fiuncho , herba luisa, codexos , loureiro , manzanilla….

Outros anos recordo ir con miña avoa a máis lugares da parroquia, normalmente donde tiñamos algunha veiga, viña ou cachada. Levábamos sempre a compañía da Pinta, a nosa vaquiña.

Así que había anos que recolliamos as herbas por Casal da Madre outras veces polas corredoiras que levan a Codeseira, a Silvoso dabaixo, as Castiñeiras, tamén nos achegabamos ata a Galiana, e algunha vez nos Mouchos, na Cachada da Neta, nas Salgueiras, tamén nas Pallotas, nos Castiñeiros ou cerca da Coba da Raposa.

Ainda así hubo veces de acercarnos ata as Baladas, ou máis lexos coma nas Barreiriñas ou na Besada, aproveitando si tiñamos que ir a por estrume.
E asi foron pasando os anos, ata que xa non podía andar, despois foi a miña irmá Carmen a que sigue coa tradición e grazas a ela podo seguir lavando as mans, pes e a cara, Maricarmen encargase de recoller as herbas e deixarmas en un moio dentro de un cubo con auga. O ano pasado tiven a oportunidade de ir cos veciños a polas herbas, pasamos unha mañan do máis grata.

A FOGUEIRA NA RONS.

O recordo daquela vez que teño en concreto sobre a fogueira foi porque foi moi soada , sería sobre as nove da noite cando un grupo de mozos daquel entón estaban a tomar unhas cervexas na taberna da Rons, un deles empezou a comentar que non podían pasar o día sen facer a fogueira de San Xoán , non tiñan nada previsto como en outros lugares da parroquia , que xa levaban días e días levando toradas , mobles, ramas e demais cousas que serviran para arder.
Por suposto alí estaba a falar do tema o que sempre armaba as mil e unha , era un dos que levaba a voz cantante , Moncho o Jaxe, tamén estaban Adonis , o seu irmán Marcelino , Manolo o Lavaradas, o seu irmán Pepe, tamén estaba  Evaristo, da Balé estaban  os irmans José, Santiago, Juan A. Losada, e algún mozo da Mean e tamén de Pidre que agora non lembro os seus nomes.
Polo medio estabamos os máis pequenos , Lito , Manolo, Biri e máis eu, que ao escoitar o que se estaba programando puxémonos rapidamente ás ordes dos máis maiores para ir buscar todo tipo de material que servise para a fogueira.
E así foi como empezamos a preparala , cada un á súa casa para buscar material e os maiores máis comprometidos decidiron ir a unha cachada do pai de Moncho ( sin que o supese o señor José o Jaxe, dono do Muiño da Rons ) e ” aclarear ” un pouco dita cachada.
Cando se achegaba a noite todos estabamos ao redor expectantes para dar comezo á noite máxica , mentres na taberna Carmen preparaba unhas viandas para pasar a noite , por suposto que non faltaban as sardiñas .
Prendíase lume á fogueira e despois esperabamos para saltar sobre ela , normalmente saltábase tres veces , aínda que a tradición di que ten que ser un número de saltos impar , por iso hai quen salta tres , cinco , sete ou inclusive nove !
Eu lembro que aquel día saltei por un ladiño, a fogueira era enorme, eu pequeniño. Mentras saltaba, de paso que o facía recitaba isto :

Salto por riba
do lume de San Xoán,
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho vivinte
que ande polo chan.
Cánticos , bromas , chistes , esa noite todo o mundo pasouno en grande !

Las creencias populares propician que la noche de San Juan con su ritual milagreiro, y curanderil sea una de las noches de fiesta con mayores perfumes mágicos.

Se atribuyen muchísimas virtudes curativas y milagreiras al hecho de saltar ” por enriba do fume da fogueira de San Xoán”. Amén de otras virtudes y mágicos poderes ” El Salto” sirve para tratar : La Soltería , el reuma, los enmeigamientos, ahuyentar las meigas, deshacer maleficios, curar el mal de ojo y enfermedades del infante, como profiláctica de mordeduras de animales ponzoñosos, salvaguardar la ” Facenda ” y cosechas, garantizar la fertilidad y pureza, etc. ( Xesús Vázquez, Tradiciones, Mitos, Creencias en Medicina Popular en Galicia)

A fogueira estaba situada onde está a marquesiña da parada de autobús , é dicir no centro do aparcadoiro.
Era tal labarada a da fogueira e tan alto os cánticos e risas que ao pouco tempo fóronse decatando os veciños máis próximos , sumándose así á festa .
Que recordos ! Unha experiencia vivida na miña mocidade que me marcou sempre á hora de querer á miña parroquia e ás súas xentes e as suas costumes.
Eu vivíao dunha maneira especial , quizais porque a miña nenez sempre estivo rodeada de veciños que paraban na taberna e íame empapando dos seus problemas , as súas queixas , as súas alegrías ….deles fun aprendendo moitas cousas , unha delas é que ao redor dunha fogueira tamén se fai parroquia !
Por certo , despois algún foi a polos carros , cancelas é demais enseres que o día siguiente aparecían colgados sabe Deus donde ! Hubo de algún veciño que tivo que ir a buscar o  carro o Concello de Pontevedra !!! 

Eu ainda quixen volver a saltar o día seguinte, saltar saltéi, pero tamén me queméi, a quen se lle ocurre saltar con sandalias e ainda con brasas…..

Falando cos veciños sobre as herbas de San Xoan , comentaronme :

1-Eu acordome pouco Juan José, miña avóa Casilda era a que nos recollia as hervas porque ela sabia cales eran e metías nunha palangana con auga deixandoas toda a noite fora da casa ao aire libre. Enton pola mañan cando nos levantavamos o dia 24 lavabamos a cara con esa auga, pero a min o que mais me gustaba era ir con miña avóa o dia antes a buscar as hervas polo campo porque ela coñecias todas, e iso e todo que che poido dicir mais ou menos. Unha aperta.
2-Eu si me acordo de ir por elas no monte do Bravo, donde hai a carrasquiña,  unha erba pequeniña que cheira moi ben , que tempos !!

O día 23 de Xuño de 2019 realizamos desde a Asociacion de Veciños unha andaina pola parroquia, a idea era a de recoller as herbas de San Xoán, foron moitos os veciños e veciñas que se sumaron á iniciativa, ademais tamén algúns pais e avós viñeron acompañados dos seus fillos e dos seus netos.

Unha xornada que foi do agrado de todos e que desexaron volver repetir con certa asiduidade, tiñamos pensado en repetir éste ano, pero debido o Covid19, facemos un paréntesis e será para o ano que ben que retomaremos esta andaina.

O ano pasado atopámonos  con algúns veciños por varios camiños polos cales estabamos a recoller as herbas, nun deses momentos en que eu ía un pouco máis adiantado que os demais, un home que nos víu vir quedou mirando para o grupo e dixo en voz baixa, pero que eu puiden escoitar perfectamente : SE FORADES A TRABALLAR…..

Pois si, estabamos a traballar, precisamente estabamos a realizar un traballo que algúns como este “veciño” non lle dan importancia, nin máis nin menos o traballo de seguir conservando as nosas tradicións e poder desta maneira transmitirllas aos nenos que viñan connosco, en fin, non hai que darlle máis  importancia.

Eiqui deixovos uns cuantos refrans de San Xoan :

En san Xoán, as bruxas fuxirán. 

– Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.

– Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.

– A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.

– Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.

– No san Xoán, na palangana cagarán.

Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.

Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.

En san Xoán, cardos dan.

No san Xoán, peras na man.

No san Xoán, as peras caen ó chan.

A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.

No san Xoán, fouciña na man.

Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.

Cebolas en san Xoán, cagallas de can.

Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.

Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.

0 coeño polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.

Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.

Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.

En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.

Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.

Polo san Xoán, as nove co día darán.

Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.

0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.

Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.

AS HERBAS E OS CACHOS.

    As tradicións populares non asumidas polo cristianismo, foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo cacho.   O cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, alonxa as bruxas e cura a envexa.

   Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.

  Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba chavos.

    Nas parroquias tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la Santa Compaña.

     Ó erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades pulmonares.    A herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa: A ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. A hortelán e mildrastes contra os picores das estrugas. As follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo. 0 romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e resfriados. Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma. 

      Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San Xoán limpa a cara de grans. 0 tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.
As herbas e os Cachos recollido en http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm