37- BÓTALLE UN CONTO.

BÓTALLE UN CONTO, 6/05/22

No Concello de Pontevedra ‘ Maio, mes da lingua’ chegou con propostas e actividades variadas co galego como principal protagonista.

Dentro do programa oficial aparece o concurso ‘Bótalle un conto!’, unha oportunidade para demostrar a capacidade narrativa e oral da veciñanza pontevedresa, o dia 6 de Maio do 2022 estiveron no Centro Social grabando os contos da veciñanza de Cerponzóns.

Este foi o que contou un veciño :

O CÚ DOS CANS.

Ola, eu pasaba por aquí e resulta que me pediron que contase un conto, pero conto non teño ningún que contarvos, o que si vos podo contar é unha historia ben certa que pasou fai xa uns anos e que seguro que moitos de vós nunca a escoitou.

Resulta que nesta parroquia de Cerponzóns hai un lugar denominado A Rons, unha aldea actualmente moi famosa, porque hai unha ponte mui antiga.

No lugar da Rons había fai uns anos unha família que tiña na súa casa muitos animais, tiñan vacas, ouvellas, coellos…de todo tiñan, porcos mimadriña ! chegaron a ter unha granxa con mais de mil porcos ! Como volo conto. Sempre foi unha xente que lle gustaron os animais, ainda hoxe en día os seus descendentes teñen a misma costume. Esta familia ademáis tivo durante cincoenta anos unha taberna ultramarinos, donde podías mercar uns cordóns para os zocos coma unha botella de xinebra Focking (mui apreciada nos anos 70) ou medía ducía de arenques daqueles que viñan na caixa de madeira. Resulta que en dita taberna tiñan un espazo donde estaba reservado para os cans…

Era moi habitual ver aos cans por todolos lados da parroquia, e como a taberneira era unha muller que lle quería muito a todos os animais pois claro, miraba que os cans iban de un lado para outro, que non tiñan un lugar donde quedar a tomar algo e doulle pena, falou con eles e fixolle un oco nunha esquina da taberna, así que cando chegabas a taberna da Rons podías velos tomándose unha chiquita, alí estaban, sempre en grupo, non se metían con naide e de paso comentaban temas entre eles.

Resulta que un día, estando os cans tomandolle un viño catalán roxo e uns manises, chegou aos seus oídos que seica que na aldea do Bravo, cerca do monte Curuto, había unha cadeliña moi fermosa, que seica estaba solteira e sen compromiso algún, que eles superan.

Comezaron a comentar entre eles que non estaría mal achegarse ata O Bravo e visitar á fermosa cadeliña. Xa levaban unhas cantas chiquitas encima, cando comezou un a dicir de novo que non estaría mal ir facerlles as beiras a cadeliña, ademais din que non está comprometida con ninguén, é boa ocasión, que vos parece ?

Total, que ao final, despois de lambidas as chiquitas de catalán roxo, todos estaban de acordo en ir visitar a cadeliña, nin curto nin perezoso, alá se foron….O sair pola porta, miraron para Carmen e dixeronlle : anota na libreta, xa che pagamos os viños a volta…bueno, decir dixeronlle guau guau guau…que viña a decir eso no seu idioma ou vai ti a saber que dixeron, porque a libreta era mui habitual neste tempo, pagaban cando se podía e non so os cans…

Para ir da Rons ao Bravo, tiñan que pasar polo monte, colleron dirección a Santarandán, os cans tiñan os seus propios camiños para ir de un lado a outro, resulta que cando estaban comezando a subir polo monte arriba atopáronse con outro can que pasaba por alí, éste a o ver tanta jauría xunta preguntoulle que a donde ían.

Imos ata O Bravo, dixéronnos que alí hai unha cadeliña que é moi fermosa, que está sen compromiso e imos facerlle as beiras, haber que pasa.

-Ondía na veija ! Ollo ! Tende coidado cos lobos que hai moi preto de aquí, mirade, polo que me contan, hai unha manada de lobos que habita por onde tendes que pasar, polo lugar de A Costa, can que pillan, can que o papan ! A min contáronme que teñen uns dentes tan afiados que parecen fungueiros !

O can, logo de advertirlle do perigo, deu media volta e foise por onde viñera. Os demais que escoitaran o aviso quedaron pensativos, non se movía ningún, ata que o que levaba a voz cantante dixo :

Sabedes unha cousa ? Eu teño escoitado aos cans máis maiores que dicían entre eles : O QUE NON TEN CÚ, NON TEN MEDO.

Seguían todos calados, pensando que quería decir co que non ten cú non tiña medo…e seguían escoitando :

Entón, digo eu, e si collemos e quitámosnos o cú e ímolos colgando nas ramas destes carballos ? Así deste xeito, xa non teremos medo e podemos ir ver á cadeliña ? A volta recollemos de novo os nosos cús e listo.

Sabedes unha cousa ? Non llo pensaron dúas veces, todos asentiron e contestaron que era unha idea fantástica!

Cada un deles foise quitando o seu cu e o foi deixando colgado das ramas dos carballos, seguidamente tomaron de novo camiño do Bravo, en busca da cadeliña.

Ían todos a mar de contentos, entre eles ían ladrando, porque cantar, o que é cantar non sabían, así que ladraban, que si guau guau, que guau e guau…pero amigos e amigas…

Aínda non levaban un cuarto de hora andado, cando de súpeto atopáronse a poucos metros de distancia cunha manada de lobos.

Jasusdiormio ! Que medo metían! Era noite pechada, de lúa chea, aqueles enormes dentes brillaban que daban medo, diosiño querido ! Os cans, ao ver aquilo, comezaron a acolloarse e comenzaron a andar para atrás, mimadriña, os lobos tíñanos case á beira súa ! Mira, deron media volta e comezaron ás presas monte abaixo, a fume de carozo.

Cando chegaron a Santarandán, donde os carballos, saltaron un mallón e de paso cada can botaba man a unha rama para coller un cu, sen pararse a ver si era o seu, colleron o primeiro que se atopaban.

Ao chegar ao muiño do Caeiro, xa mais tranquilos, o primeiro que fixeron foi colocarse o cu no seu sitio e cada un marchou para súa casa, pero claro, había un problema, o cu que habían collido non era o seu propio.

Por iso, desde aquel momento, aínda é hoxe o día, en que os cans o primeiro que fan cando se encontran chéiranse o cu uns aos outros, esperando algún día atopar o seu..

Isto que vos acabo de contar foi certo, non é un conto, pero bo como pasaba por aquí , aproveito e cóntovolo e cada un que o tome como queira.

Si queredes ver a final, este é o enlace :

NOTA : O día 19 de Xuño celebrouse a final no convento de Sta. Clara, de 40 participantes pasaron a final 10.

O representante de Cerponzóns quedou en segunda posición.

36- O CAMIÑO CONTADO

O CAMIÑO CONTADO (Ab Origine)

Ao longo dos anos infinidade de personaxes históricos fixeron o Camiño Portugués, un camiño cuxa ruta orixinal aproveitou o trazado das calzadas romanas.

A Vía XIX é a que pasaba por Pontevedra, onde nos quedan varias referencias, en Cerponzons, por exemplo, o miliario de Magencio (unha réplica que colocamos hai pouco na miña parroquia) ou unha parte da Vía XIX que puidemos ver un par de días en Guxilde (cando estaban facendo a Senda Peonil).

Co Camiño Contado quérese aportar ao peregrino e a todos os veciños elementos patrimoniais e contidos culturais desaproveitados ou esquecidos.

Presentovos un traballo ideado por Ab Origine donde varios veciños e veciñas amosamos vivencias, coñecementos etc. para amosar parte do noso patrimonio cultural.

A VIRXE DO CAMIÑO

UNHA VELLA MÍTICA NO CAMIÑO.

A HOSPITALIDADE NO CAMIÑO.

UN CAMIÑO DE CULTOS E CRENZAS.

UN CAMIÑO DE MITOS. A MOURA E O RACHADOR.

SAN CIBRÁN. UN SANTO PROTECTOR NO CAMIÑO.

LENDAS DO APÓSTOLO SANTIAGO EN PONTEVEDRA.

SAN BIEITO DE LÉREZ : UN MOSTEIRO NO CAMIÑO.

UN CAMIÑO DE NATUREZA.

PONTE SAMPAIO PORTA HERÓICA DO CAMIÑO.

A VIRXE PEREGRINA.

POR ALBA E CERPONZÓNS.

SANTA MARÍA E OS MAREANTES.

SAN BRAIS UN ALTO NO CAMIÑO.

TEUCRO E A FUNDACIÓN DE PONTEVEDRA.

HISTORIAS DUNHA CIDADE MEDIEVAL.

A VÍA XIX E NACEMENTO DE PONTEVEDRA.

RITOS NAS PONTES DO CAMIÑO.

32- 40 ANOS DE ALFOMBRAS

40 ANOS DE ALFOMBRAS.

Este ano cúmprense 40 anos da chegada de D. Manuel (q.e.p.d.) á parroquia, a súa chegada foi o inicio dunha serie de actividades que deron un envorco total en Cerponzons.

Fai un tempo que estiven falando con Juan O dá Bouza, falamos de moitas cousas, entre elas dos inicios da confección das Alfombras de Corpus, anteriormente cando chegaba ese día os veciños usaban fiunchos e espadaina para marcar o percorrido da procesión, con D. Manuel e a colaboración dos veciños e veciñas as alfombras sufren unha gran transformación…

Juan foi un dos primeiros veciños que colaborou na confección das alfombras, pero é que ademais aportou moitas ideas que cada ano foron axustándose a medida que podían realizarse xa que ás veces atopaban a D. Manuel reacio a que se innovase a súa principal idea de como tiñan que facerse, pero ao final sempre ía adiante, logo de ver como quedaba convencíase totalmente.

Coméntame Juan que un dos principais materiais que se usaba era o carrasco, onde no noso monte florece ao longo do ano en tres meses. No mes de Maio son moi pequenos, no de Xullo son moi longos e moi bonitos e en setembro sacaban unha flor miúda que era un alimento que lle encantaban ás vacas.

Daquela tiñas tempo para localizar todo tipo de material que se puidese usar na confección das alfombras. A xente traballaba as leiras e como no mes de Maio era un dos máis fortes en carga de traballo sempre se ía vendo o que se podía ir recoller días máis tarde.

Juan sigue contándome:

-Un día a miña muller coméntame da idea de D. Manuel, tiñamos que axudar a confeccionar as alfombras, daquela D. Manuel ía comentándoo cos nenos e nenas que estaban preparándose para facer a Primeira Comuñón que truxeran frores, cada un deles traían estralos, hortensias, algunha herba cortada co cortacéspede…pero sempre que se poñían a facelas non chegaba o material.

Juan foi un dos primeiros que participou no cambio total da confección das alfombras, ademais de aportar moitas ideas e consellos.

Recorda que con motivo da ampliación dun camiño de carro, que había desde as inmediacions da igrexa ata o lugar da Bouza, a maquinaria contratada pola Comunidade de Montes levou todo por diante e entre iso as mimosas, Juan ao ver as mimosas cortadas decidiu realizar unha proba con elas.

Naqueles tempos unha parella da parroquia axudou desde o principio a D. Manuel, desde que souberon que viña destinado a Cerponzons estiveron sempre axudándoo, un dos motivos era que coñecían á súa familia desde anos atrás. E claro, tamén estiveron ao pé do cañón desde o primeiro momento na confección das alfombras, esta parella é Milagros e Evaristo.

Comezaron a mover o tema e a comentalo co vecindario, había que apoiar a realización das alfombras e así foi.

Juan xa lle fixera a comuñón aos seus fillos, recorda que na comuñón da súa filla Liliana colaborara na realización dos festexos do Santísimo, aínda se acorda que trouxeran á Banda de Música de Coruxo, foron dous días de festa ao grande.

Por aquel entón as procesións do Santísimo realizábanse polo percorrido que marcara D. Benito, saíase da porta principal seguidamente baixábanse as escaleiras e pasábase por diante da Casa Rectoral (alí fíxose unha moi grande que chamou a atención de todos os presentes), despois o percorrido seguía por diante da Casa dos Caseiros en dirección ao cruceiro que había xusto antes das escaleiras de subida á igrexa pola parte de atrás.

-Cando nos puxemos co tema das alfombras o primeiro que pensei foi en ir a Ponteareas, había que ver como se facían alí, que materiais usaban, que figuras se facían etc.

E alá fomos, Milagros, Evaristo, a miña muller e mais eu.

Si hoxe en día as alfombras de Ponteareas son bonitas ollo ! Naqueles anos eran fermosisimas !

Ver aquelas alfombras todas punteadas era unha marabilla, principalmente as que estaban á saída da igrexa, realizadas con flores grandes, ao bruto, pero aquela orla realizada con mirto de toda a vida eran marabillosas.

Anos máis tarde chegaron de Vigo xente que estaba en Belas Artes e comezaron a confeccionar con materiais máis finos, moi ben tamén.

Eu ía fixándome en todo, tomando nota do que usaban, de como estaba feito…é fixeime nas mimosas.

Aínda que collemos moitas ideas ese ano non daba tempo a preparalas para o Santísimo de Cerponzons, pero eu xa ía preparando cousas.

E así foi como dei a idea de buscar materiais que se puidesen usar dun ano para outro, podíase adiantar moito.

E preparei unha peneira grande e cada ano traía unha idea de Ponteareas, tamén hai que dicir que moitas veces non eran ao principio do gusto de D. Manuel jajaja.

E cada ano as alfombras ían gustando máis e ademais sumábanse máis veciños para colaborar e moita mocidade ! Que pasaron noites enteiras preparándoas e aguantando ás veces as broncas do cura jajaja, pero eles seguían igual e si D. Manuel dicía unha cousa eles seguían facendo, como resulta que D. Manuel tíñase que ir para Verducido a dar misa cando viña de volta as alfombras xa estaban feitas e xa non podía dicir nada jajaja.

-Volvendo a vista atrás recordo o ano en que se fixeron o percorrido das alfombras polo aparcamento, foi na comuñón da miña sobrina, a filla da peluquera.

Ese ano ocorréuseme peneirar a mimosa, foi un ano que non había moita xente, decidín ir ata A Bouza a por mimosas, ían tamén Milagros e Evaristo, por certo que Evaristo levaba unha máquina de disco para cortar.

Aquel día de merenda levamos unha empanada de xoubas feita pola miña muller, que rica estaba, aínda me recordo hoxe en día do bo sabor que tiña.

Cando un tempo despois estabamos no atrio peneirando as mimosas chegou D. Manuel (logo de estar preparando aos nenos de comuñón) e pegando un grito díxonos : QUE HACÉIS?

Explicámoslle o motivo de peneirar as mimosas e ao pouco tempo foise convencendo, D. Manuel era de ideas fixas e que se lle andase a cambiar o seu traballo non era do seu gusto, tiña as súas dúbidas e nós tamén nos cabreamos de cando en vez por non deixarnos facer o que viramos en Ponteareas.

É que eu idea que pillaba de Ponteareas, idea que quería levar a cabo para o ano seguinte. Que risas pasamos cando foi da cáscara de pino jajaja.

Resulta que para desfacela levouse a cáscara ao muiño do Caeiro jajaja, resulta que cando se puxo a cáscara a moer levantouse tal polvo que os que estaban dentro do muiño tiveron que saír pitando para fora jajaja, non eran capaces de aguantar o polvo que ali había jajaja, non había quen parase alí dentro jajaja.

Pero a cáscara de pino foi todo un éxito, iso si que levantou expectación o día das alfombras, ese ano a xente estaba sorprendida de como a realización das alfombras cada vez ían mellorando a pasos axixantados.

Outro ano pasou o mesmo cos carozos, é que eu xa lle dixera á miña muller un día que o éxito estaba en que todo tiña que pasar pola peneira. Os carozos recordo que o marido de Chola, que tiña de oficio taxista, sabía dun veciño de Salcedo que tiña un muiño apropiado para moer os carozos e alá fóronse un día cun un feixe de carozos para moer.

Do carozo ao moelo saían varios tamaños, grande, mediano e fino. O fino usámolo para tapar o fondo.

Quedaban perfectas, á min sempre me gustou que o traballo fose ben feito, de calidade, non ao correr. Como cando aquel ano que se levantou tal vento que nos desfacía o traballo e ocorréullenos regar as alfombras ! Santo remedio !

Recordo tamén cando Evaristo coa súa máquina de cortar utilizouna para cortar as canas, todas á mesma medida e despois pintábaas cun esmalte, seguidamente colocábanse as canas unha diante doutra e separábanse cada metro cun coco de eucalipto.

Usabamos moitos materiais, moitos deles estendiámolos no hórreo do cura e quedaban a secar, despois se peneiraban e víase a cor que tiñan si encaixaba para facer a orla, niso D. Manuel fixábase moito, a combinación das cores tiñan que estar perfectas, eran os que daban vida ás alfombras.

Como anécdota que quero comentarche para rematar é cando unha vez a D. Manuel ocorréuselle calcular a cantidade de material que necesitaba para a orla usando unha caixa de onde veñen as velas.

Collendo unha caixa daquelas de cartón medía o espazo onde se faría a orla, así sabía que eran tantas caixas de material as necesarias para realizar a orla contando os metros lineales.

E é que si non se facía un cálculo primeiro nunca chegaba os materiais.

TRABALLO REALIZADO POR ALFOMBRISTAS DE CERPONZÓNS 2022

36- PUMAR, PARREI E CHOCIÑO EN VENTA.

VENTA.

Por varios días consecutivos aparecía un aviso de venta de unhas fincas, foi nos meses de Febreiro e Marzo do ano 1910, o xornal donde aparecía era La Correspondencia Gallega.

Podemos observar que aparece un nome de un lugar da parroquia denominado CASANOVA, actualmente desaparecido. Éste lugar (recollido no Marco de Perre) era Casanova de Liborei.

A nota pon o seguinte :

En el despacho del Notario D. Valentín García Escudero, establecido en la calle de Riestra nº 38, piso bajo, se efectuará el día 15 del actual y hora 11 de la mañana la venta en subasta pública de las fincas siguientes :

1ª La nombrada Pumar, á viñedo, cabida 7 áreas 80 centiareas , sita en el lugar de Liborey, parroquia de Cerponzones.

2ª La conocida por Parrei, á labradío, con una extensión de 7 áreas 32 centiareas, sita en el lugar de Tilve de dicha parroquia.

3ª La llamada Chociño destinada á labradío y cañaveral con una extensión de 3 áreas 14 centiareas, sita en el lugar de Casanova de dicho Cerponzones.

Dichas fincas pertenecen á Dª Jesusa Losada Capelo, y hoy a su única heredera Dª Juana García Losada, efectuándose esta venta a instancia de la acreedora Dª Castora Paz Cochón para hacerse pago de un crédito hipotecario de 1.100 pesetas , intereses y gastos.