EMILIO QUIROGA LOSADA, ARQUITECTO

Emilio, o atrio é a súa relación coa parroquia.

A finais do mes de xullo do ano 1939 chegaba á nosa parroquia o párroco D. Jesús García Gómez, por certo, foi precisamente devandito párroco o que me bautizou e ao mesmo tempo fíxolle a comuñón á miña irmá no ano 1960.
D. Jesús, co tempo, realizou un inventario pormenorizado de todo os bens que pertencían á Igrexa (Altares, capela, crucifixo, mobiliario, bautisterio, púlpito, coro, sancristía, libros, roupa, obxectos de prata e metal etc).
Tamén da casa reitoral, da súa horta, das leiras (Taral e Gándara), o bosque e piñeiral é os mananciais.
Por suposto, tamén do cemiterio e do atrio, con respecto o cemiterio fai referencia de ter que ser él quen se encargaría de manter a limpeza, xa que non chegou a un acordo co sepultureiro, tomando a decisión de cobrar 5 pesetas a cada familia que tivese panteón, para manter o decoro en dito lugar.

O ATRIO

Con respecto ao atrio, aquí é onde quero facer fincapé en D. Emilio Quiroga Losada.
No blog da nosa veciña Ana, atopamos un apartado onde fala de todo isto que estou a escribir, con referencia ao atrio, di o seguinte:

“En el atrio de la iglesia se han realizado obras importantes, pero antes de referirlas haremos constancia de una obra de suma transcendencia que es “la construcción de la carretera que de la general conduce a la casa rectoral, iglesia y cementerio”, para realizar esta obra, fué menester hacer un gran destierro para hacer el relleno, levantándola sobre las fincas y preparando así la subida al atrio por medio de una gran escalinata.

Todo ello se hizo por prestación personal de los vecinos y con dos subenciones que ha concedido el Ayuntamiento de Pontevedra, siendo el alcalde el Ilustrísimo Señor Remigio Hevia Mariñas, las obras de la mencionada carretera las rea(…) encargado del personal el feligrés de Verducido D.Juan Fernandez Leixós, bajo las órdenes de D. Emilio Quiroga, arquitecto del expre(…) Ayuntamiento de Pontevedra.

Hay, por lo tanto en la (…) poniente de dicho Atrio una hermosa escalinata y la naciente (…), otra parecida, ambas dan una gran prestancia al referido(…) feligresía.

En dicho atrio se ha realizado una buena reforma ampliándolo y adecentándolo en lo posible(…), entre otras cosas, se le embelleción con las plantas(…)”.

Dicir tamén que había entre froiteiros e árbores, un total de 391 árbores plantadas en toda a contorna de la Iglesia.

RELACIÓN DE CERPONZÓNS CON EMILIO QUIROGA LOSADA

Emilio Quiroga Losada (9/01/1894) (19/10/1974)

Fillo de José Quiroga Hermida e da nosa veciña de Leborei, Pilar Losada Vázquez
Emilio tivo catro irmáns:
Carlos Celso, José, Pilar e o famoso violinista Manuel.
Os avós por parte de nai chamábanse Manuel Losada Escudeiro (farmacéutico de Rivadavia) e de Josefa Vázquez Fariña.
Emilio realizou os seus estudos de arquitectura na Escuela de Arquitectura de Madrid, finalizándoos no ano 1931 e regresando a Pontevedra onde logra mediante concurso, unha praza no Concello de Pontevedra coma arquitecto municipal. No ano 1932 casou en Santa María con Maruja Ínsua Iglesias.
A vida de Emilio como a da súa irmá Pilar, transcorreu sempre en Pontevedra.
Das súas obras destaca a reforma do evacuatório público subterráneo que había ata hai pouco nun lateral do antigo Concello.
Tamén o Reformatorio, o edificio orixinal da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra, a reforma do Mercado Municipal, a casa de Valentín Muiños etc.
Una das súas paixóns foi a música, chegando a tocar o violoncelo coa Orquesta de Cámara de Pontevedra.

Agora xa sabemos que foi Emilio Quiroga Losada o que realizou os estudos da realización da carretera e do atrio da igrexa de Cerponzóns.
Estou seguro que Emilio tería un agarimo especial á parroquia de onde era a súa nai, e que cando o párroco D. Jesús foi a pedirlle colaboración non o dubidou un momento.

Nota: Fontes: http://serpenties.blogspot.com/ Diário de Pontevedra, Crónicas de Pontevedra, de Milagros Bará.

Deixar un comentario