A TENDA ULTRAMARINOS DE MARÍA FUENTES FUENTES

Quen de vos recorda a tenda ultramarinos e tamén Taberna de María Fuentes Fuentes  ?, situada no lugar de Tilve , o carón da carretera nacional 550 , para situaros mellor poñovos como referencia a antiga escola que había no baixo da casa da señora  Hermosinda , pois a Taberna estaba situada enfrente mismo , donde anos mais tarde viviu o señor Enrique Magdalena e familia.

 

16fc772b-49c9-4d66-ba6f-4963c889d7c7
En este baixo estivo a Tenda e Taberna de Maria Fuentes e despois de Juan Esperon e Carmen Recarey

Foi sobre o ano 1961 cando María Fuentes emigrou para Arxentina , e meus pais Juan e Carmen, alugaronlle a Tenda a María .

img_1771
Permiso do Gobernador Civil concedico no ano 1961 a Maria Fuentes .

Teño poucos recordos de esa etapa , pois estiven vivindo os primeiros anos da miña vida e poucas cousas quedaronme na memoria , ainda que algunhas teño para contar.

A Taberna conforme entrabas nela tiña de frente a barra , donde en un lateral tiña a máquina que expendía o aceite doméstico, donde as veciñas que viñan o ultramarinos mercaban normalmente un cuartillo de aceite puro de oliva , servido nunha botella de gaseosa Feijoó que traian da sua casa , no outro lateral a báscula para pesar os productos que se vendían a granel.

img_1739

Unhas estanterías de madeira colocadas na parte de atrás acollian os alimentos e bebidas que ali despachaba normalmente Carmen e despois coa axuda da sua filla Carmiña  que era a que xa lle levaba as contas e os pedidos que se iban facendo según as necesidades.

Ali estaban as estanterías coa exposicion dos  productos que empezaban a ter aceptación entre as veciñas mais xovenes  , uns botes de Cola-Cao , outros de Nocilla , latas de sardiñas , garbanzos , leite condensada , noces ,  fariña, e tamén as bebidas de aquel entonces, entre os que non faltaba o coñac Fundador ou 501 , o anís El Mono ou Viño Sansòn .
A Taberna era un lugar de encontro , donde veciños do lugar , xente de paso e trotamundos reunianse para falar das últimas novas , os rumores ou os chismes daquela época.

img_1738
O salón encontrabase entrando a ezquerda , servía de bodega e de zona de xogos , ali estaban os bocois de viño da cosecha e un par de mesas con uns taburetes para xogar as partidas de cartas mentras tomaban unhas chiquitas por un par de patacos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Hai que recoñocer que a taberna tamén estaba a veces coas actividades habituales de aquel entonces que lle daba vitalidade o lugar…….

Non faltaban a parte das partidas , as borracheiras seguidas das pelexas e combates que normalmente era cousa de entre dous , os motivos podían ir desde picarse pola partida de cartas ata por problemas de familia, por mover os marcos, por política, ou calquer outro tema que sempre salían a relucir no momento e daba paso a discusión.

Unha anécdota de tantas que pasaron na taberna, foi a que vou contar agora, fora mui soada.

OCURRIU NA TABERNA : A SANTA COMPAÑA EN CERPONZONS

Oe Joaquín imos á de Maruja a tomar uns viños ?

En canto acabe de xuntar estas ramas que estiven cortando na leira e guardalas para que non se mollen podemos ir tomar unhas cuncas , contestoulle Joaquin a Fontecoba , Fontecoba coñécese mais por O PELEIRAS , porque todos na parroquia tiñan motes , así como Joaquin Guiadanes que tamén ten o seu .

A taberna de Maruja desde que se fora para a Arxentina era rexentada polos anos sesenta por Juan Esperon e Carmen Recarey e estaba situada no baixo da casa do que despois durante moitos viviu nela Enrique Magdalena .

Como un dos colexios que había naquela época en Cerponzons estaba en fronte mesmo da taberna , nos baixos da casa da señora Hermosinda podiamos dicir que aquela zona sempre estaba moi concorrida polos nenos do colexio ou ben cando todos os días logo das faenas do campo os homes achegábanse a tomar o seu viño e xogar a partida ás cartas.
Ao chegar á taberna Joaquin e Peleiras atopáronse con que alí estaban Daniel Cochon , O Pombo , José O Laracho …e comezaron a comentar como lles foi o día nos seus quefaceres , pero pronto se animou a cousa ao facer a súa entrada na taberna o señor Faustino, o MORRON .
Home señor Faustino que tal imos ? preguntoulle Joaquin ao entrar pola porta da taberna . Boas tardes teñan señores , ben ben grazas a Deus.
Tómese unha cunca connosco e fagamos unha partida de virisca que hoxe estamos preparados para gañarlle !

Ben mozos , como non vou xogala si o voso desexo é ese ! Van unhas cuncas ?
Feito SR. Faustino !

Sentáronse os seis e empezaron a baixar cuncas de viño mentres xogaban a partida , partida que o Sr. Faustino arrasaba coas mellores cartas e gañaba unha tras outra.
Xa entrada a noite Juan o taberneiro coméntoulles que era mellor que se fose acabando a partida porque se facia moi tarde e mañá seria outro día , como sempre empezaron a refunfuñar porque querían seguir xogando haber si dunha vez por todas o Sr.Faustino terminaba de perder, non foi así e tiveron que levantarse e retirarse.
Alá marcháronse Joaquin , Peleiras , Pombo …mentres na taberna Daniel Cochon comentaba con Faustino a sorte que había ter esa noite coas cartas.
Pero os que se marcharon empezaron a tramar de facerlle a Santa Compaña ao Sr.Faustino un home que era moi creyente desas cousas do mais alá .
O primeiro que fixeron foi chamar á porta da Sra. Hermosinda ! Ali conseguiron unhas sabanas , varias sartens vellas , uns cazos e varias velas , parte doutras cacharradas que ían atopando polo camiño polo cal ía pasar Faustino para a súa casa situada na Bouza, donde vivía coa sua dona Eusebia Alvite.
Desde a casa de Jesus Canoza en diante foron colocando as sabanas , as velas e escondéronse a esperar que chegase Faustino , O Peleiras era o que se encargaba de facer as voces , os seus gritos parecían almas en pena que estaban suspirando , Joaquin e Pombo empezaban a darlle ás sartens , cazos e botellas que tiñan ao seu lado , nese momento Faustino asustado daba marcha atrás pero pronto escoitaba ruídos tamén co cal atopábase rodeado dos seres do mais alá por todos os lados ! Nunha destas cando Faustino quixo dar a volta para dirixirse á taberna a pedir auxilio aparece en escena Juan o taberneiro que sabedor de que algo estaban tramando quería saber que pasaba , só ocorréuselle prender lume a un pitillo con aquel mechero de mecha e Faustino ao ver aquelas faíscas xa non aguantou mais e saíu correndo disparado cara á casa de Canoza , pegoulle unha patada ao portalón da entrada da casa que estaba gardada por dous cans enormes , pero nin os cans puideron facerlle fronte a un Faustino asustadizo e pedindo axuda ,pronto saíu na súa axuda Basilia que tratou de acougalo e acompañalo ata a súa casa.
Ao día seguinte Faustino empezoulle a darlle voltas á cabeza pensando quen puidera ser os que fixeran toda a trama da Santa Compaña , o primeiro que pensou foi en Joaquin Guiadanes e alá foise cun coitelo a casa do pai do raparigo , José Guiadanes cantos fillos tes ? Preguntou Faustino todo enfurecido , teño catro Faustino , porque mo preguntas ?
Porque a partir de hoxe conta cun menos ! E así foi polas casas dos demais preguntando e respondendo aos seus respectivos pais.

Durante uns días os da trastada trataban de non atoparse polos camiños con Faustino , ata que os veciños ían convencéndoo de que os deixase en paz , que eles non facían esas cousas , que eran de boas familias e non se lles ía a ocorrer semellante tal cousa.

Así Faustino foise convencendo e cando aos poucos días atopáballos por Cerponzons comentáballes : Seguiredes sendo amigos meus ! Porque xa sei quen me fixo iso : foron as almas do outro mundo.

GRAZAS a Joaquin Guiadanes ( Q.E.P.D. ), que me recordou esta historia , unha historia que Juan o taberneiro tema contado en vida fai muitos anos.
img_4319

3 comentarios en “A TENDA ULTRAMARINOS DE MARÍA FUENTES FUENTES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s