OFICIOS DOS VECIÑOS (XXX) TRANVIARIO.

JESUS RECAREY LORENZO


Fillo de Manuel Recarey Paz ( falecido o 2/11/1953 ) e de Carmen Lorenzo Ogando ( falecida o 21/12/1960 ) .

Fotografia de Manuel Recarey Paz:


Meu avó Jesus naceu o día 3 de Febreiro do ano 1906 . Falleceu o día 29 de Abril do ano 1990.

Jesús sendo mui xoven alistouse a Marina, con 17 anos xa estaba enrolado no Departamento de Marina do Ferrol, na Brigada de Pontevedra,  Trozo de Marin . Estas imáxenes son de cando fixo o Servizo Militar en Ceuta :

Inscribiuse en Marin o 9 de Xullo do 1923 para dedicarse a navegación e industrias do mar , según a Ley do 22 de Marzo do 1873.

As suas señas personales según poñian daquela na cartilla militar eran as siguentes :Cuerpo : Regular , Ojos : Pardos , Cejas : Castañas , Pelo : Castaño , Frente : Ancha Nariz : Deprimida , Boca : Regular  , Color : Bueno , Barba : Tiene.

Foi no ano 1930 cando ingresa  con 24 anos no Tranvia Eléctrico de Pontevedra 

Desde o ano 1924 a Sociedade do Tranvia  Eléctrico instala a tracción eléctrica na línea de Lerez a Pontevedra , donde Jesus estivo nos anos 30, pasando despois a traballar na cidade de Vigo ata que se xubilou.

O meu avó Jesus casou coa miña avoa Ramona Cochón Ramos, filla de Juan Cochon Moldes e de Peregrina  Ramos Barreiro,  non lembro exactamente o ano da súa voda, pero debeu de ser sobre o ano 1932/33. Miña avoa falleceu o 7 de Marzo do 1978. Deste matrimonio naceu a súa filla Carmen, a única descendencia que tiveron ao longo do seu matrimonio.

Os recordos que gardo do meu avó Jesus é que foi un home que pasaba moito tempo fóra de casa, debido ao seu traballo nos tranvías de Vigo, normalmente pasaba a semana na cidade olivica e voltaba os fins de semana.

Hai pouco un veciño da nosa parroquia lembrábao e comentábame que sempre estará agradecido ao meu avó Jesus, pois en época de estudante na cidade de Vigo, a familia del envíalle comida e roupa a través de Jesus.

Este veciño era D. Pepe Señorans (Q.E.P.D.), uns meses antes do seu pasamento puden conversar con él, tiña tantas cousas que contar que quedamos de volver a vernos, pero non puido ser.

Do blog de Revista Monsacro aparece este texto :

Joaquín Diz Tato, en la revista O Tranvía, escribe una crónica en la que refleja la importancia que tuvo el tranvía para toda esta comarca: “O primeiro tranvía saía de O Porriño ás cinco da mañá. Os viaxeiros, na súa maioria, eran leiteiras e panadeiras que ían vender os seus productos a Vigo: empregados da “fábrica de cristal” (factoría Alvarez) e veciños de Cans que levaban piñas e sacos de leña para vender en Vigo. Debido á abondosa mercancía, se lle acoplaba a “jardinera”. As paradas de O Porriño eran: “Calle Nueva”, “Central” e “Cobas”, onde o tranvía se internaba no monte e saía en Sanguiñeda. Naquel mundo sen presas, viaxar no tranvía era un placer. A hora e tres cuartos ou ás dúas horas que duraba o traxecto, daba tempo para todo: para durmir a sesta, para facer novas amizades, para tomar unhas chiquitas co conductor e o cobrador nas “paradas técnicas”, e incluso, para se votar unha noiva… O día 13 de Febreiro de 1967 cruzou as rúas da nosa vila, por última vez, o “tranvía de Porriño”. Esta vez non levaba a remolque a típica “jardinera”, senón todo un mundo de ilusións, de recordos, de nostalxias…”



Juan José Olaizola comentaba sobre o peche do tranvía :

Lamentablemente a rede de tranvías de Vigo foi clausurada o 31 de decembro de 1968 tras unha escura e caciquil manobra do alcalde franquista Rafael Portanet na que o concello favoreceu sen o menor rubor á actual concesionaria dos transportes urbanos de Vigo, Vitrasa. En 1972 o Tribunal Supremo determinou que se cometeu un claro delito de suborno na adxudicación dos novos servizos pero xa era demasiado tarde para que os tranvías volvesen á vida, perdendo a cidade unha magnífica oportunidade para seguir contando cunha rede de transporte eficiente, de gran capacidade e respectuosa co medio ambiente.


Cando estaba na casa o meu avó sempre lle gustaba estar ao tanto das noticias, cada vez que tiña un momento de asueto estaba sentado nunha das mesas da taberna lendo o xornal, e moitas veces mantiñamos unhas charlas moi amenas e frutíferas para min. Tamén gustaballe acercarse a casa do seu irmán e das suas cuñadas de Pidre, ali pasaban horas falando e xogando as cartas. O que me sorprendía del era a súa axilidade, recordo dun día unha aposta que fixemos os dous, a de correr un traxecto (desde onde están agora os colectores de vidro e de cartón ata da taberna) haber quen chegaba antes. Meu avó xa tiña a súa idade (estaba xubilado facía uns anos) pero non se amedrentou, él coas súas botas de cana alta, eu cos meus tenis propuxémonos poñernos á carreira…Gañei eu , pero por centímetros jajajaja, como corría !

Sei de quen me ten comentado que ás veces de mozo ten saído desde a Rons e botar a correr ata Pontevedra, chegando el antes que o tranvía que daquela había desde a Ferreira.

Sempre lle gustou estar ben vestido e aseado, gozaba exhibirse nos momentos sinalados cos seus aneis e reloxo de ouro, todo un cabaleiro.

Ao cabo dun tempo, despois de quedar viúvo, casou de novo, a súa muller chamábase Dorinda Araujo Soto, fallecida o 15 de Abril do 2010, non tiven contacto con ela practicamente, á miña familia non lle gustou moito esa unión, pero o meu avó decidiu facelo así e ao final respectamos a súa decisión, aínda que a miña nai foi a que máis doída estivo, imaxinarvos naqueles anos estas situacións non se daban habitualmente.

Aínda así a miña nai acolleuno nos seus últimos anos de vida e de novo volveu vivir connosco ata os seus últimos días, falleceu o 29 de Abril do ano 1990 .

Eiqui podes ollar un vídeo dos tranvías de Vigo :

https://youtu.be/si78MWrucuY

Diario de Pontevedra, ano 1974 :

Eiqui temos unhas Fotografias, desde a miña casa fixenlle esa foto, iba camiño da leira que temos a beira do rio, na outra está posando coa familia Losada Barreiro, na parroquia de Verducido.

ESTA OUTRA COS SEUS BIRNETOS Mª DEL MAR E MARCOS

Unhas de tantas bodas donde aparece Jesus :

2 comentarios en “OFICIOS DOS VECIÑOS (XXX) TRANVIARIO.

  1. Pingback: APELLIDO RECAREY – O Roque de Cerponzóns

Deixar un comentario