PEDRAFITA DO MONTE CURUTO DE CERPONZÓNS

PEDRAFITA : DE PETRAM FICTAM, ” PIEDRA CLAVADA “, REFERENCIA A ALGÚN MENHIR, MILIARIO O MOJÓN EN LA ZONA.

 

As pedrafitas en Galicia podemos atopalas en moi diversas áreas, mesmo nas nosas chairas do interior, nas abas das  serras e montes, ao carón de aldeas, preto dos nosos mares e rías… 

Desde o blog de CATALOGACIÓN DE PEDRAFITAS DE GALICIA denominase así :

Pedrafita, (do latín:  petra ficta, petran ficta, petran fictam, petra fixa, patronos fictos)literalmente pedra chantada, pedra espichada, monolito disposto verticalmente dende o chan, pedra longa, moimento megalítico que posue algún tipo de simbolismo ou emprego como: pedrafita de observación astronómica, pedrafita fálica, estatua-pedrafita, estela-pedrafita, ónfalo-pedrafita, pedrafita do medievo, e pedrafitas con outras funcións, estes grandes monólitos erguidos por Europa, (tamén Africa, América etc.)   dende a prehistoria (VII milenio a.C.) pódense contemplar illados ou formando aliñamentos. Tamén conta coa denominación de orixe bretona universalmente coñecida como Menhir men (pedra) e hir (longa).

A documentación medieval revela que nas divisións territoriais dos bispados, así como os poderes administrativos de conventos (coutos e prioratos), e mesmo as freguesías  ficaban demarcadas por estas denominacións: petras fixas et mamolas antiquas.

Neste blog de catalogación di que :

As nosas Pedrafitas, chantadas moitas ao carón de ancestrais vías e camiños, moitas delas conqueriron a supervivencia ata os nosos días, pois estas Pedrafitas levan centos de anos cumprindo funcións de marcaxe e lindes de territorios anteditos, xa mesmo a tradición popular outorga a estes marcos, fitos, padróns, pedras, etc… un determinábel respecto local, unha consideración de cumprimento, un aquel intocábel, pois na contorna, aldea, lugar ou monte, sobre esa Pedrafita reside un certo honor perdurábel no tempo, sinalando o que os nosos devanceiros, os avós dos habitantes do lugar deron por lei, que este marco cumprira pra sempre a marcaxe ou divisións daquelo que dende antigo tamén é considerado e lexislábel: o territorio.

Toda informacion está recollida en : 

http://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/01/inicio.html

TIPOLOXÍA DAS PEDRAFITAS EN CHAN GALEGO

Pedrafitas de observación astronómica 

Pedrafitas fálicas

Estatuas-Pedrafitas 

Estelas-Pedrafitas

Ónfalo-Pedrafitas

Pedrafitas do medievo

Pedrafitas con outras funcións ( donde está catalogada a de Cerponzons )

HISTORIA RECOLLIDA SOBRE A PEDRAFITA DO MONTE CURUTO

ESPECTACULAR ACHADO EN CERPONZÓNS (Pontevedra)

Foivos unha sensación semellante a cando, hai anos, escoitei de boca daqueles vellos de Detrás do Monte as saborosas noticias sobre o pasado mítico de Portalén e o Marco do Vento, no monte do Seixo, as cales viñan confirmar que estaba perante un lugar sagrado: ese arrepuíño agudo da peluxe dos brazos. Antonte, un coñecido abordoume da seguinte maneira: Oe, quero que vexas unha pedra que chantei no xardín da miña casa. Atopeina cando ancheaba a rampla de entrada á finca. Fixen con ela unha escultura. Como sei que andas metido niso das antighüídades…Acordamos unha hora e alá fun.
.Grande foi a miña sorpresa! Á sombra dun piñeiro, erguíase o impoñente chantón. Estamos falando dunha pedrafita que, en orixe, debeu ter preto de 3 m de alto, 1’50 m de ancho e 80 cm de fondo. Como ben se aprecia na fotografía, este meu home, canteiro de afección, aproveitou unha das faces para honrar a memoria do seu sogro, mais, por fortuna, deixou intacta a outra a cal loce unha colosal serpe que a percorre de arriba a abaixo. A cabeza arredondada do réptil ficou cuberta polo cachote de apoio. Bauticei o achado co nome de pedrafita do monte Curuto, pois así é como se denomina a lomba montesía onde estaba soterrada, na parroquia de Cerponzóns (Pontevedra).

.A gravura ofiolátrica axudaría a explicar o topónimo Cerponzóns -no antigo, Serpentiones-, xa non como un lugar inzado de cobras, senón caracterizado pola presenza de pétreos serpentiformes.

.O achado localízase a escasos mil metros da cimeira do dito monte Curuto, onde recollín testemuño da existencia de dúas minas, unha de ouro e outra de veleno.
O EMBIGO DO BECHO :

http://oembigodobecho.blogspot.com/2009/08/espectacular-achado-en-cerponzons.html

Calros Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É profesor de historia e lingua galega, etnógrafo e escritor. Membro fundador do colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende. Membro da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Polo seu traballo incansable de promoción e posta en valor da lingua e da cultura galega e nomeadamente do patrimonio natural e inmaterial do concello de Pontevedra, concedéuselle o Premio Cidade de Pontevedra 2015.

O QUE A PEDRA TEN DENTRO, autor MANUEL GAGO

http://www.manuelgago.org/blog/2009/09/04/o-que-a-pedra-ten-dentro/


Pedrafita do Monte Curuto. Foto: Calros Solla

Este impresionante achado arqueolóxico atopouno o escritor Calros Solla e publicouno no seu blog O embigo do becho (grazas por deixarme reproducir as fotos). Tratábase dunha pedrafita ubicada a mil metros do cumio do monte Curuto, en Cerponzóns (Pontevedra). Un canteiro afeccionado levouna do sitio e púxoa no xardín da súa casa. Se vedes, na foto da esquerda pode apreciarse un enorme serpentiforme que descende polo chanto. A súa cabeza está tapada pola pedra que o canteiro calzou para soster o pedrolo, pero as dimensións son espectaculares. Lembroume ao motivo ofilátrico da Pedra da Serpe, no Castro de Penalba (Campo Lameiro). En si mesmo, isto é un pedazo achado arqueolóxico do quince. Pero o que me impactou máis foi a outra cara do chanto. Nela, o canteiro labrou, hai nada, esta composición: un home dentro dun templete. Podería parecer unha tosca tumba romana dun patricio de provincias, pero está feito no século XXI. É unha homenaxe ao seu sogro. De súpeto, esta peza substraída da súa ubicación orixinal multiplica os seus significado.

MANUEL GAGO

Xornalista, director de culturagalega.gal, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e editor de Capítulo 0.

Colaborador habitual da Radio Galega, onde o seu último espazo foron as Efeméridas, no Galicia por Diante. Mantén as columnas Vermello contra o mar en La Voz de Galicia, e Seisentidos, na Táboa Redonda, o suplemento cultural de El Progreso e Diario de Pontevedra.

Cerponzóns, Anllóns: hidrónimos y serpientes

En los libros de los augures romanos se conservaban en secreto los verdaderos nombres del río Tíber; uno de ellos, coluber (culebra), se debía evidentemente a su curso sinuoso, como el del cuerpo de una serpiente (Santiago Montero Herrero, El emperador y los ríos).
La ofiolatría fue muy probablemente un culto hídrico al río bajo su forma serpentiforme. En Galicia el topónimo Cerponzóns (Pontevedra) remite a la forma “Serpentiones”, documentada en 1019. Asimismo en el Tumbo de Samos aparece un “rivulum Serpentina” documentado en 1074. En la base de datos de Toponimia de Galicia se recogen como hidrónimos derivados de la base *SERP-, “culebra, río sinuoso”: Rego das Serpes (Barreiros, Lugo), Río da Xerpe (Betanzos, Coruña), Fonte da Xerpe (Cambre, Coruña) y Val da Serpe (Manzaneda, Ourense).

Pedrafita do Monte Curuto. (C) O Embigo do Becho: Espectacular achado en Cerponzóns.

En mi opinión el serpentiforme grabado en el milenario menhir de Cerponzóns sería un emblema heráldico del nombre del río-serpiente del lugar, Serpentione, actual río Rons. Para ello sería necesario presumir, dada la antigüedad del grabado, anterior a la romanización de la Península, que la base hidronímica *SERP-, “culebra, río sinuoso”, era paleoeuropea, no exclusivamente latina.
Moralejo Lasso había considerado que el nombre del río Anllóns (Bergantiños, Coruña) podía provenir de *angulones, aumentativo del latín angulum, “ángulo”, en referencia a los meandros del río: “de *ang(u)lones “rincones, meandros”, por alusión a los que forma en su curso bajo y desembocadura”. Perfilando algo más su idea diremos que su *angulones podría ser en realidad un derivado de anguis, “serpiente, culebra, río sinuoso”. Asimismo, Angrois (Santiago de Compostela, Coruña) podría compartir la misma etimología *angulones pero con otra solución que comprende g´l > gr, como en regula > regra, y caída de la nasal intervocálica (Angrões, 1396 – Corpus Xelmírez).

Artigo de Dolores González de la Peña (Andregoto Galíndez) :

É Licenciada en Filología Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, Entre as súas publicacións destacan: Cronología da Literatura Española (Editorial Cátedra) e o estudo pionero sobre paleolenguas “Topónimos en -obre, -berri, -gorri, -ulfe, -lupe: revisión da hidronimia paleoeuropea” (Actas do VI Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española, 2006).

http://arqueotoponimia.blogspot.com/2015/01/cerponzons-anllons-hidronimos-y.html

FOTOGRAFIAS REALIZADAS POR MIN  O 31/07/2018 :


POEMARIO, CULTO :

Ó carón do penedo, á beira do río,

nas carballeiras, nas laxes da praia,

no curuto do  monte, nos camiños,

nas covas, nos cabos, nas fontes de auga.

Ó redor da fogueira, a bravura do cabalo,

coa luz das estrelas, noite de lúa chea,

a forza do cervo, o porco bravo,

o castiñeiro, cando o sol alumea.

Nas lagoas, xunqueiras e prados,

debaixo das pontes, ó pé dos cruceiros,

enriba das mámoas, no alto dos castros,

nas pedrafitas e nos outeiros

Moitos lugares da nosa terra

polos antergos escollidos,

para venerar ós deuses

herdanza para os nosos fillos.

Seguir cos cultos á natureza

ós espíritos e ós deuses,

facer ofrendas as tríades

agoiro da entraña do peixe.

Contando os días pola noite

grolos de viño e augardente,

Saefes que viñeron  coa maxia

rendendo culto á serpe.

Cultos  ao vento e á choiva

invocacións á serpe en Penalba,

ritos no monte do Seixo,

aparición na encrucillada.

Este poemario podes encontralo en :

http://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/04/poemarios.html

Ata o día 03/09/2017 están catalogadas 170 Pedrafitas en Galicia

Un comentario en “PEDRAFITA DO MONTE CURUTO DE CERPONZÓNS

  1. Pingback: CERPONZÓNS, DATOS DE INTERÉS. – O Roque de Cerponzóns

Deixar un comentario