NOVAS FOTOGRAFÍAS INÉDITAS DA PONTE E O CRUCEIRO.

Ás veces a vida dáche sorpresas, esta que hoxe vouvos a contar é unha delas.Trátase dunha fotografía onde se ve a Ponte Malvar, máis coñecida por todos pola Ponte da Rons, onde tamén se aprecia o Cruceiro de Ánimas, e máis o fondo o muiño do señor José o da Rons, tamén coñocido polo Jaxe.

Fai un tempo publicouse unha foto onde se ve tamén éste lugar, o máis seguro que estas dúas imaxes sexan do mesmo fotógrafo, seguramente fixo varias instantáneas cando iba de paso pola nosa parroquia, nesta apreciase máis a Ponte, na outra foto centrase máis no Cruceiro.

A data en que se fixo unha das fotos creo que foi polo ano 1927.

A foto que hoxe dou a coñecer estaba relacionada con Vigo, si, na base da foto pódese ler : Alrededores de Vigo. Fía Ksado

Quizáis debido a eso, non había chegado antes a nos.

Pero, teño unha duda, penso que estás duas fotos non se fixeron no mismo día, e quizáis nin no mismo ano, espero que me axudedes, na foto donde se ve o Cruceiro cos raparigos podemos observar no fondo claramente a casa de Ricucho, tamén no Cruceiro vemos a terra.

Na nova fotografía encontrada non vexo a casa de Ricucho, e a base do Cruceiro vexo que está rodeada de herbas, non se aprecia a terra como na outra foto. 

FOTOGRAFÍA QUE ACABAMOS DE ENCONTRAR :

A PONTE MALVAR é O CRUCEIRO DE ÁNIMAS.

ANTERIORMENTE COÑOCÍAMOS ESTA OUTRA :

O Cruceiro de Ánimas, ao fondo a Ponte Malvar.
NOVAS APORTACIÓNS FOTOGRÁFICAS 

A raíz de estar falando con quen puxo a primeira foto da Ponte Malvar comezamos a conversar sobre ela.

Logo de aclarar que a fotografía en cuestión non estaba situada onde pon no seu pé de páxina (Alrededores de Vigo) apareceron unhas cantas fotos máis. Unha delas tamén cun erro na súa publicación, coloca o Cruceiro de Ánimas no lugar de Rande. Tamén se comentou a época en que se fixeron as fotografías.

Parece ser que a fotografía onde aparecen os nenos a pé do Cruceiro data do 20 de Setembro de 1923.

A conversa foi así:

Juan Jose Esperon Recarey

Así a primeira vista diría, pola primeira árbore que hai á dereita dirección Santiago, que as dúas fotos son de distintos anos. Esta sería máis antiga, creo eu, polo tamaño da árbore… (ou sexa, que a data de 1927 estaría mal, sería anterior a 20-09-1923 que é a data da outra).

Pero xuraría, polas sombras, que as dúas están feitas ou a finais de primavera ou principios de verán, é máis, esta realizouse a ultima hora da tarde (sobre as 21h) e a outra sobre as 17h…(quizais logo da sesta ?)

Así que creo que as dúas puidesen ter a data mal…

Cruceiro de Ánimas
Cruceiro de Ánimas é a Ponte Malvar ou Ponte da Rons.

Cruceiro de Ánimas, o fondo a casa de Ramona Cochón Ramos, anos máis tarde a Taberna da Rons.


7 comentarios en “NOVAS FOTOGRAFÍAS INÉDITAS DA PONTE E O CRUCEIRO.

  1. Jose María Cumbraos

    Ola. Escribo dende o Arquivo audiovisual da Deputación de Pontevedra. Estamos a catalogar un fondo gráfico dun precursor do montañismo en Galicia nos anos 40 e atopamos unha fotografía feita, eu creo, diante do cruceiro de Ánimas da parroquia de Cerponzóns. Podería enviarte unha copia da imaxe e nos botas unha man?
    Sabemos que é en Cerponzóns porque ven anotado no reverso, “Cerponzones”. Debe ser de preto de 1935. Aparecen dous excursionistas e un home que semella ser de Cerponzóns.
    Quedo á tua disposicion (josemaria.cumbraos@depo.gal).
    Grazas

    Liked by 1 person

Deixar un comentario