ENQUISAS RELACIONADAS COA PARROQUIA.

3ª ENQUISA 

QUE BOTAMOS DE MENOS DA NOSA NIÑEZ E DA NOSA MOCIDADE ?

Fai uns días decidinme a facer unha nova enquisa coa colaboración da veciñanza.

Pregunteille que era o que botaba de menos da sua niñez e mocidade, para iso púxenlle vinte respostas, podendo escoller cantas quixesen e ademais tamén podían contestar outras que non aparecesen.

Creo que facendo de cando en vez este tipo de enquisas fannos ver como cada un de nós botamos en falta cousas comúns, outras veces non se da o caso, pero é sempre positivo coñecer as opinións de cada un, desta forma aproveitamos para coñecernos mellor. Pregunteille a 60 veciños e veciñas, contestaron 46.

Vou poñer primeiro, en orde de votación, a respostas que tiveron máis votacions ata a que menos, é decir, o que máis botamos en falta :

1–Os xogos da infancia

2-As verbenas de antes

3-Ir os bailes cos amigos e as amigas

4-A ristra de chourizos e as morcillas colgados da lareira

5-A leite recién ordeñada con aquela nata

6-O aguardenteiro

7-Os programas e películas de televisión, un dos tres, Bonanza etc.

8-As empanadas feitas pola avoa.

9-O bolo de pan de millo

10-As filloas de sangue

11-O bacallao con coliflor na Noiteboa

12-O café de pota.

13-O fogo da lareira

14-Os bocadillos de nata con zucre

15-A matanza do porco

16-A zorza da matanza

17-Un caldo fervido

18-O bocadillo de aceite con zucre

19-Ir ao toxo

20-A masa a levedar para facer o pan

PERO OS VECIÑOS QUE CONTESTARON A ENQUISA TAMÉN BOTAN EN FALTA MUITAS MÁIS COUSAS, CADA UN FOI RECORDANDOAS :

1—As reunións familiares en Nadal, onde eramos tropecentos.

2–As discotecas

3–A comida da avóa en xeral, todo lle saía riquísimo e preparaba comida sempre para quen chegase pola porta. Ela preparaba enseguida e sen cociñas e adiantos que temos agora.

4–Os xogos de antes, non tanta maquinita.

5–A comunicación que tiñamos, porque agora haberá moitos adiantos pero comunicacion a mínima.

6–Ir lavar a roupa ao pozo, con aquela auga nidia, correndo, caindo polo vico de pedra.

7–Os contos

8–Ir botar a auga as fincas, para ter pasto pás vacas, menudas risas temos votado.

9–As charlas cos veciños nos lavadoiros , nas fincas etc.

10–As filloas que levaban a auga de ferver un óso, é que eran tan finas coma un encaixe, feitas nun trespés de ferro e con lume de faísca.

11–Quedar a durmir en noitevella na casa dos avós todos os primos xuntos en colchóns no chan de tantos que éramos…que de risas…alí non durmía ninguén.

12–Cando nos xuntabamos os veciños e veciñas para botar as patacas, ou apañar o trigo e centeno…é despois facíamos as merendas.

13–Boto en falta a relación cos veciños, o de ir pola aldea é ver a xente coas tarefas do campo, e poñerse a falar, agora a maioria anda cada un ao seu, é decir, boto en falta a xente polos camiños.

14–Estar con os que xa non están connosco.

15–Ir a trabalhar a finca todo día e despois coller o garrafón, enchelo de viño, coller unha empanada, chourizos é marchar a dormir aos Milagros, que lástima que todo eso xa acabou.

16–Andar no medio dos animáis, ver nacelos pitos ou parir as vacas ou as ovellas, era natural

17–A vendimia, pisalas uva e facelo viño.

18–Facelo palleiro.

19–Ir a buscar toxo, do gordo, para encender o forno para cocer o pan.

20–Poñer na gramalleira a secar a pisalleira do porco para engrasar os zocos.

21–A calma que había antes, agora reina o estrés.

22–As mazáns asadas que facía a miña avoa, chamabanlle bochos.

23– As papas de fariña milla, encantabanme !

24–As empanadillas de bacallau con pasas que facía miña nai.

25–Sen lugar a duda algunha os chourizos feitos por miña avoa. O vires do colexio collia un e o caron da cociña de ferro comiao con pan e parolaba con ela, so unha vez volvin a probar uns co sabor dos dela.

26–Os programas da tv., os debuxos animados das tardes facendo os deberes, heidi etc, debuxos pra nenos, non os mal falantes de agora, a casa da pradera, un, dous, tres, tantos e tantos.

27–O resto botase en falta porque se perdeu todas esas cousas que roderon a vida de cativo, non volveran porque agora por exemplo non se pode facer unha matanza a antiga porque senon xa sabes o que toca….

28–O ir por a carretera con sete vacas e unha recua de cans e que cando viña un coche as puñeteras unha cruza para acá e a outra para aló, e paciencia, nadie se cabreaba, era o que había, os dos coches ivan amodo e  a xente:,rubia…pasa pa aquí, torinaaaa a donde vas, vaca veeeee, as cousas da aldea que por normas e melloras, evitar accidentes din, mataron aquela paz e aquelas cousas.

29–Boto muitísimo de menos a meus pais nestas datas que se aproximan, ceando o bacalau con asa de cántaro e a torta de rixons, os ceboleiros é a família toda xunta.

30–Ir coa vaca polos camiños, mentras ela iba comendo todo aquelo que encontraba, eu escoitaba a rádio ou levaba un libro dos Hollister para estar o dia dás suas aventuras.

31–Andar cos amigos a roubar a fruta.

32–O Aguardenteiro sin dúbida.  O Sr. Ramón era viña todos os anos,  facía a potada e  vida no alboio de Finola. Para min, e outros rapaces,  era unha festa andar polo camiño de noite mentras meu pai acarrexaba leña e o bagazo e miña nai arranxaba o seu xantar, se era comida merenda ou cea non había problema, o desayuno era complicadísimo, leite con pan !

Eu era unha nena pero recordo o frío da noite e a calor, o olor, o  goteo da pota,  as historias a luz da lumbre….

33- Boto en falta o concurso El precio justo, de Joaquin Prat, os partidos do Barça-Madrid na TVG, o bocata de tulipán con nesquik.

34–As películas porno de Canal X sen descodificar.

35–Pero lo que más se echa de menos es ver niños jugar. Salir a la calle andar en bicicleta. Subir al campo de futbol ect ect ahora solo móvil y Play y no salen de casa.

36–Os guisos de miña avoa é de miña nai, que con pouca cousa, chupabanse os dedos.

37–As reunións que tiñamos aorrededor da lareira, coas potas de barro debaixo dela, cheas de peixe en escabeche pra comer o vir da feira.

38-Xogar de noite cos amigos aver quen collía morcegos.

39- O bocata de nocilla con chorizo.

2ª ENQUISA FAI UN DOUS ANOS :

Queremos saber a opinión dos veciños sobre o seguinte : Imaxinarvos que ides invitar a uns amigos que son de fóra e non coñecen nada da nosa Parroquia…

PREGUNTAS :


A–Qué lugares lle recomendarías ver da Parroquia ?

B–Qué historia lle contarías dun feito ocorrido en Cerponzóns ?

C–A cal actividade das que se desenvolven na Parroquia os invitarías?

D–A qué lugar da Parroquia non os levarías a coñecer ?

E–Que menú lle prepararías na túa casa ?

F–En que época do ano che gustaría invitalos ?

G–Algunha outra cousa que indicarnos ?

RESPOSTAS :


A—Qué lugares lle recomendarías ver da Parroquia ?


Veciña/o nº 1–Varios, el entorno de la iglesia con sus escudos, cruceiros etc. Puentes, el trozo de camino portugués que pasa por la parroquia, una senda situando los restos de los molinos, y un recorrido a por un trozo del río donde se ve encauzado entre muros de piedra, también sería interesante, visitar si estuviese adecentado los restos de la presa que se construyó para llevar agua a Pontevedra.

Veciña/o nº 2—A igrexa co conxunto da casa reitoral e lavadoiro. Posúe un encanto especial por ser atalaia da parroquia. Paseo polos diferentes lugares da parroquia coñocendo os variados elementos do patrimonio etnográfico: roteiro cos cruceiros, hórreos, pontes, muiños, lavadoiros, casas tradicionais mellor conservadas e máis singulares que se poden observar na parroquia. Roteiro polo Rio Rons dende o Pontillon ata San Caetano. Roteiros a pé ou en bicicleta : dende Pidre ata o pontillon. Polo Castrado ruta xacobea.

Veciña/o nº 3—A igrexa, os cruceiros e o camiño de Santiago.

Veciña/o nº 4—O Castrado e a zona do muiño do Caeiro.

Veciña/o nº 5—A contorna da Igrexa, Camiño Portugués, Centro Social.

Veciña/o nº 6—NS/NC

Veciña/o nº 7—A contorna da Igrexa, Chan do Monte, Campo de Fútbol, paseo polo río, Camiño de Santiago (sobre todo donde puxestedes o Miliario de Magencio)

Veciña/o nº 8—A senda de San Caetano, Igrexa, Casa Rectoral, Camiño de Santiago (con parada no Miliario).

Veciña/o nº 9—Recomendaría o paseo circular que vai desde a Igrexa ata o Mirador do Flautista.

Veciña/o nº 10—A Igrexa e a súa contorna, desde ahí temos as mellores vistas da comarca.

Veciña/o nº 11—A Igrexa e a súa contorna, Camiño Portugues, os Muiños, a Ponte Malvar, o Centro Social é o Mirador do Flautista.

Veciña/o nº 12—Igrexa e a súa contorna, as vistas desde O Bravo, tamén desde o Mirador do Flautista, o Camiño Porugués con parada no Miliario é o Centro Social.

Veciña/o nº 13—Una visita en general a la parroquia.

Veciña/o nº 14—A Ponte Malvar, a Ponte de San Caetano, o lugar de Meán é o Bravo, os Cruceiros, a Igrexa é a Capela de San Caetano, tamén as palleiras de Meán é da Igrexa. Tamén o Miliario recen colocado, os Muiños, ainda que xa non quedan, o do Caeiro, as pequenas pontellas que hai nos rios de paso para persoas , carros na súa época…no Castrado, no Caeiro, en San Caetano…As fermosas vistas que temos desde os puntos máis altos da parroquia…na Igrexa, no Bravo, no alto de Meán ( o Mirador do Flautista), no Cunchido…o Palomar da Igrexa…( mira que temos cousas para ver na Parroquia…)

Veciña nº 15—Levaríaos a ver o Adro é Igrexa, Casa Rectoral é o entorno do Cemiterio, dependendo das personas invitadas incluso o interior do Cemiterio. A miña filla (que colabora nas respostas) levaría os máis pequenos ao Parque situado detrás da que foi escola unitaria, todo o faría a pé se fora posible, tamén a zona de Meán ata o Castelo, parando nas fontes. Tamén os levaría a coñocer as instalacións do Centro Social, a Casa do Pobo é a Chan do Monte.

B—Qué historia lle contarías dun feito ocorrido en Cerponzóns ?


Veciña/o  nº 1—Hay muchos, por ejemplo la historia del cruceiro de Mogos.

Veciña/o nº 2—O primeiro premio da festa dos Maios na Ferrería e a historia da preparación que precede á o evento do 1 de Maio, a elaboración da veciñanza, a celebración da abundancia da primavera…

Veciña/o nº 3—Que somos unha parroquia milenaria.

Veciña/o nº 4—A unión dos veciños cando fixeron parar a obra no tramo da N550, na subida da Costa da Rons.

Veciña/o nº 5—A historia que descubrin de Ponte Beán.

Veciña/o nº 6—NS/NC

Veciña/o nº 7—Contar o que fixo pola Parroquia o cura D. Manuel.

Veciña/o nº 8—Gustoume muito, ainda que é mui reciente, a noite de Reis, cando tocaron as campás para mandar os nenos a cama. Aínda que non hubo cabalgata, ese día se fixo algo mío especial por os nenos da parroquia.

Veciña/o nº 9—Contaría unha historia da miña adolescencia na parroquia.

Veciña/o nº 10—A casa do señor Vicente, sempre estaba no chan debido os camións que iban contra ela, íbamos todos acudirlle.

Veciña/o nº 11—NS/NC

Veciña/o nº 12—NS/NC

Veciña/o nº 13—El homenaje que se le hizo a D. Manuel.

Veciña/o nº 14—Dun feito ocurrido na Parroquia, falarialle de moitos (sobre todo dos que me contaban meus avós) pero que eu presenciara falarialle dun accidente de camión que caiu enrriba de unha casa, que agora xa non está, na famosa curva de Valente.

Veciña nº 15Cando iba a recoller setas o monte, fai xa 20 anos que non as vou recoller polo noso monte, unha mágoa. Tamén do ben que me trataron na Asociación de Veciños cando estiven na directiva.


C—A cal actividade das que se desenvolven na Parroquia os invitarías?


Veciña/o  nº 1—Creación de Alfombras

Veciña/o  nº 2—Ás alfombras florais do día do Santísimo.

Veciña/o nº 3—O Entroido

Veciña/o nº 4—O magosto/carnavales.

Veciña/o nº 5—Elaboración das Alfombras de Corpus.

Veciña/o nº 6—Dependerá de la época del año y de lo que se oferte en ese momento. Seguro, las alfombras de flores. Alguna excursión, el carnaval, aún magosto, si es época…

Veciña/o nº 7—Gústame todas as actividades, porque relacionaste cos veciños, principalmente as Alfombras, que colaborei en axudar a facelas ata que a saude mo permitiu.

Veciña/o nº 8—As festas de San Vicente.

Veciña/o nº 9—Invitariao o día do árbol ou o magosto.

Veciña/o nº 10—A facer as alfombras.

Veciña/o nº 11—NS/NC

Veciña/o nº—As Alfombras é o Magosto

Veciña/o nº 13—Las alfombras.

Veciña/o nº 14—Levaríaos a presenciar como fan as alfombras de flores do Santísimo, as xuntanzas que se fan cos veciños arredor de un bo xantar e da música, aos cursos de diferentes temas que se imparten.

Veciña nº 15—Invitaríaos a calquera actividade, ata ao fútbol, ainda que non son de ver partidos, pero o ambiente de ver os veciños xuntos, gústame.


D—A qué lugar da Parroquia non os levarías a coñecer ?


Veciña/o  nº 1—N/S N/C

Veciña/o nº 2—Todos os lugares teñen o seu encanto, cada ún é distinto coas súas cousas boas e malas. Non hai nada que mereza ser agochado aos ollos dos visitantes.

Veciña/o nº 3—Non lle ensinaria a ponte romana do Castrado como se atopa neste intre.

Veciña/o nº 4—O Bravo, lugar onde está mui abandonado.

Veciña/o nº 5—Os lugares do monte cando depositan escombros.

Veciña/o nº 6—NS/NC

Veciña/o nº 7—Penso que cada lugar ten o seu encanto.

Veciña/o nº 8—Non hai ningún que me desagrade.

Veciña/o nº 9—Non o levaría a Cunchido e Liborei porque non coñezo tanto esas zonas.

Veciña/o nº 10—Non lle enseñaría a Ponte da Rons, con tanta historia é tan abandonado.

Veciña/o nº 11—Ningún que señalar.

Veciña nº 12—O lugar de A Bouza.

Veciña/o nº 13—Ninguno que decir, todos tienen su encanto.

Veciña/o nº 14—Non os levaría a ver a canteira, porque está a estragar a paixase, ainda que recoñozo que é unha fonte de ingresos para a parroquia.

Veciña nº 15—Creo que non podo descartar ningún lugar da parroquia.


E—Que menú lle prepararías na túa casa ?


Veciña/o  nº 1—Cordero al horno, también “Sopa Botana” de raíces de Cerponzóns.

Veciña/o nº 2—O cabrito ao forno polo día do Patrón despois dunhas centolas da ría.

Veciña/o  nº 3—Unha boa churrascada.

Veciña/o nº 4—Depende a época. Si é no verán marisco.

Veciña/o nº 5—Un cocido, filloas, morcillas, café é licor café.

Veciña/o nº 6—Dependerá tambiend e la época. Desde una buena mariscada, pulpo, cocido, filloas, lacón con grelos…

Veciña/o nº 7—Pulpo, empanada de maíz, un bo pescado, un marisco…

Veciña/o nº 8—Un bo cocido ou pulpo con cachuelos, de postre leche frita.

Veciña/o nº 9—Daríalle a probar a empanada, as croquetas, un bo cocido é pulpo a feira.

Veciña/o nº 10—Sopa, cocido e bizcocho ( Recordando os meus pais).

Veciña/o nº 11—Un cocido.

Veciña nº 12—Un cocido, pulpo.

Veciña/o nº 13—Empanada, pulpo, churrasco,filloas y tarta de queso.

Veciña/o nº 14—Un bo cocido ou carneiro da casa ao forno, tamén uns callos.

Veciña nº 15—Mexillóns a vinagreta, churrasco con patacas fritas é criollos. Si son veganos unha crema de calacú ou ensalada mixta. De postre, pasteis de Confitería Solla ou algo caseiro, como flan de ovos de galiñas de Pidre.


F—En que época do ano che gustaría invitalos ?


Veciña/o nº 1—Primavera, con todo brotando y buen tiempo para caminar.

Veciña/o  nº 2—No outono para aproveitar os paseos mencionados coa recollida de cogumelos baixo os piñeirais e fragas que aínda van quedando.

Veciña/o  nº 3—Na primavera.

Veciña/o nº 4—Maio/Xuño

Veciña/o nº 5—Nas Festas do Patrón é na do Corpus.

Veciña/o nº 6—La primavera es buena época para visitar sitios nuevos, los días van creciendo y llueve menos.

Veciña/o nº 7—En verano.

Veciña/o nº 8—En verán para disfrutar máis paseos ó sol.

Veciña/o nº 9—Primaveira ou Outono.

Veciña/o nº 10—Pola festa do Patrón. 

Veciña/o nº 11—En verano.

Veciña/o nº 12—En verano

Veciña/o nº 13—En verano.

Veciña/o nº 14—En primaveira, que é cando está mais alegre a paixase, as árbores en flor, non chove tanto, hai boa temperatura é os dias son máis longos.

Veciña nº 15–Gústame o mes de Maio, porque os dias son máis largos.


G—Algunha outra cousa que indicarnos ?


Veciña/o nº 1—Preparar, acondicionar y publicitar una senda ordenada que recorra los restos de los molinos y la senda del río con guía que lo vaya explicando. También descubrir y señalar el antiguo Puente de la Carcel.

Veciña/o nº 2—Grazas polo voso traballo, variadas iniciativas é bo humor sempre.

Veciña/o  nº 3—Arreglar a Ponte romana do Castrado.

Veciña/o nº 4—Avisaría os veciños por si queren participar e facer un recibimiento entre todos.

Veciña/o nº 5—Ter un gran complexo deportivo na Chan do Monte, con zonas de xogos para todas as edades, con un local que se poida celebrar bailes.

Veciña/o nº 6—NS/NC

Veciña/o nº 7—Organizar actividades, excursions para convivir cos veciños.

Veciña/o nº 8—Gustaríame solucionar o problema das papeleras da nova senda peonil en San Caetano, que cae por fora todo o que tiran dentro, por falta de bolsas e parece as veces un estercolero.

Veciña/o nº 9—Levaríao a coller setas ou castañas no outono.

Veciña/o nº 10—NS/NC

Veciña/o nº 11—NS/NC

Veciña nº 12— NS/NC

Veciña/o nº 13—NS/NC

Veciña/o nº 14—O que estaría ben era organizar unha andaina por todos os lugares de interés da parroquia.

Veciña nº 15—Cando saiba onde se pode dar un chapuzón no río, aí os levaría de cabeza. Se houbera unha ruta polo río, gustaríame facela.

1ª ENQUISA

Fai cinco anos que fixemos a primeira enquisa aos veciños, as preguntas que lles fixemos axudounos a Asociación de Veciños en saber as necesidades é inquedanzas que tiñan naquel momento.

ESTÁS FORON AS PREGUNTAS QUE FIXEMOS NO ANO 2016 :

1– De qué lugar da parroquia eres ?

2– Que votas en falta no lugar donde vives ?

3–Notas implicación do Concello na parroquia ?

4– Que necesidades mais importantes ten o lugar donde vives ?

5– Como che gustaría que estivera conectada a parroquia con centro da cidade ( autobús , tranvía , taxis….)

6– Como ves o traballo da Asociación de Veciños O Chedeiro ?

7–Ves positivo a impartición de cursos e de charlas que se están a realizar na parroquia ?

8–Que curso che gustaría que se impartira ?

9–De que tema che gustaría que viñeron a falar ?

10–Colaborarías coa nosa asociación aportando fotografías , documentación , comentarios etc. que fose de interés cultural e patrimonial para a parroquia ?

As respostas sirvironnos de muita axuda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s