32- 3ª e 2ª ANDAINA E RECOLLIDA DAS HERBAS DE SAN XOÁN 

3ª ANDAINA E RECOLLIDA DAS HERBAS

Este ano foi menos xente que os anteriores, quizáis debido a que o día estaba de chuva, ainda así tivemos unha representación de edades que iban desde os 7 anos ata os 87. Fixemos o mismo percorrido que anos anteriores.

2ª ANDAINA E RECOLLIDA DAS HERBAS

O día 23 de Xuño a asociación de veciños O Chedeiro de Cerponzóns organizou unha andaina  por varios lugares da parroquia para recoller as herbas de San Xoán.
Logo de non podela realizar o ano pasado polo motivo que todos sabemos, este ano, tomando as medidas de seguridade habituais, decidimos ir a por elas.


Como fai dous anos, tivemos a axuda de varios veciños e veciñas que levan máis de 60 anos realizando ano tras ano esta tradición, o seu coñecemento, transmitido polos seus antepasados, dos lugares onde hai as diversas herbas é unha gran vantaxe para todos os demáis, sobretodo os máis xovens.


Ademáis, como novidade, este ano compartimos co grupo que nos acompañaba, as respostas que nos responderon á unha encuesta que fixemos días anteriores en relación coas herbas, moitos dos que viñan no grupo quedaron sorprendidos con algunhas das respostas.


Indo polas congostras é polos camiños que xa tiñamos previstos, indicamoslle os que iban por primeira vez, que as herbas que se iban a recoller tiñan uns tipos de poderes, uns curativos, outros protectores é outros especiais (indicados para alonxar o mal), por eso o ir buscar as herbas había que ter en conta ese detalle, había que coller de todo un pouco.
Quixemos preguntar aos veciños polo costume de ir recoller as herbas, de lavarse a cara ou de facer algunha outra cousa con devanditas herbas, foron moitos os que contestaron, algunhas das súas respostas foron moi curiosas é despertaron interés entre os máis xovens, estás foron as respostas:

1–Sii, na nosa casa sempre seguiuse a tradición, meus país recollían as herbas e nos lavamos a cara pola mañá, hoxe en día sigo facendo o mesmo, íamos por Tilve é A Bouza.

2– A mi me enseño la abuela y casi todas las hierbas las hay todas por donde vivo ahora, lo sigo haciendo, recorríamos A Balé y Pidre.

3–Yo no sigo la tradicion,las preparaba mama y yo no lo hice nunca, ella iba por el lugar de A Rons y por Tilve.

4– Si, yo sí puedo las cojo y lavo la cara.

5– Eu lavo a cara e gardoas modo ramo seco.

6–Desde moi pequena vou a por as herbas de San Xoán, é unha tradición que nunca deixei de realizar, collo todas aquelas herbas que teñen que ver co cacho.

Despois póñoas en auga e ao día seguinte lávome a cara, a primeira en lavarse da familia son eu, aparto un pouco de auga, pasoa polo colador e comezo a lavarme pola cara, despois os brazos, o pescozo, as pernas…bo lávome toda como quen di, a pel queda cunha aroma que é unha delicia.

Tamén afago gardar as herbas, din que é bo gardarlas, a tradición é que esas herbas que gardas todo o ano utilízalas para a fogueira do ano seguinte e as botas a queimar en dita fogueira de San Xoán, sempre as collo por Meán.

7–Fai anos que non a fago, antes iba por Meán.

8– Yo no sigo la tradición.

9– Siiii, incluso gardoas no conxelador.

Eu despois de lavarme a cara e as mans gardo un pouco de todo no conxelador e as desmenuzo, e gárdoas nunha bolsa. Outras poucas mestúroas con auga e preparo cubitos de xeo. Cando alguén de casa ten unha queimadura solar, unha rozadura, un picor dun bicho, frego o lugar cunha pedra de xeo, a min vaime de marabilla.

Teño na miña leira moitas herbas aromáticas, menos a madreselva, que non se me dá.

10– Siii, deixanse en remollo po la noite, e a mañan hay que lavarse, de pequena collías pola Bouza é por Tilve.

11–Si, sigo a tradición de recoller as herbas de San Xoan e ó día seguinte lavar a cara con esa auga, vou a collelas por Tilve.

12– A min gústame deixalo a serenar para lavar a cara pola mañá.

Que actividade tan entrañable a que propuxestes na Asociación de ir recoller as herbiñas

Había unha muller na Balé que collía unha folla grande de figueira para envolver o cacho e montalo coma se fora un bouquet 💐era mui vistoso.

13– Xa fai tempo que no me lavo co as herbas, e si as boto de menos porque o frescor que queda na cara e un relaxante especial.

14– Pois non che sei nada. O unico que sei foi as que aprendin na outra andaina que fixestes fai dous anos, nunca lavara a cara, nunca fora polas herbas.

15–Recojo las hierbas antes de que se meta el sol, en una tina con agua las dejo al rocío de San Juan y lavo la cara, cuello y brazos con esa agua durante dos días.

16–Eu levo desde moi nena realizando esta tradición, algunhas herbas xa as teño no meu xardín, outras as vou a recoller polos camiños da parroquia, despois póñoas nun recipiente con auga e ao día seguinte lávome a cara.

Si, tamén as uso para outra cousa, logo de usalas recólloas e fago un ramo con elas, póñoo a secar no galpón e si nalgún momento hai tormenta, entón collo unhas poucas e quéimoas, esta tradición herdeina da miña avóa que tiña ese costume nos días de tormenta.

17–Ir buscar as herbas de San Xoán é un dos recordos máis entrañables que teño da miña niñez, todos os anos, pola tarde, iamos buscar as herbas, percorriamos os lugares de Tilve e a Bouza, despois metiámolas en auga e deixábase toda a noite macerando, á mañá seguinte colábamos a auga e lavabamos a cara, o cheiro era moi agradable, aínda que ao principio custábame un pouco, xa que ao auga estaba bastante fría jajaja.

18– Eu recordo que de pequeno lavamo-la cara tres días seguidos co cacho feito coas herbas de San Xoán, despois miña avoa gardaba as herbas que as poñia a secar, se alguén da casa o longo do ano sufría un “aire” facía unha fogueira coas herbas, e o que tivera o “aire” tiña que saltar por encima da fogueira para que se curase.

19–Eu acordome pouco, miña avóa Casilda era a que nos recollia as hervas porque ela sabia cales eran e metías nunha palangana con auga deixandoas toda a noite fora da casa ao aire libre. Enton pola mañan cando nos levantavamos o dia 24 lavabamos a cara con esa auga, pero a min o que mais me gustaba era ir con miña avóa o dia antes a buscar as hervas polo campo porque ela coñecias todas, e iso e todo que che poido dicir mais ou menos.

20–Eu si me acordo de ir por elas no monte do Bravo, donde hai a carrasquiña,  unha erba pequeniña que cheira moi ben , que tempos !!

21–Eu recordo ir con miña avoa a muitos lugares da parroquia, normalmente donde tiñamos algunha veiga, viña ou cachada. Levábamos sempre a compañía da Pinta, a nosa vaquiña.

Así que había anos que recolliamos as herbas polo lugar chamado Casal da Madre outras veces polas corredoiras que levan a Codeseira, a Silvoso dabaixo, as Castiñeiras, tamén nos achegabamos ata a Galiana, e algunha vez íbamos os Mouchos, tamén a Cachada da Neta, as Salgueiras, nas Pallotas, os Castiñeiros ou preto da Coba da Raposa.

Ainda así hubo veces de acercarnos ata as Baladas, ou máis lexos coma nas Barreiriñas ou na Besada, aproveitando si tiñamos que ir a por estrume ou si non dabamos encontrado algunha das herbas para facer o cacho.

Despois ao chegar a casa deixábasen metidas en un caldeiro con auga, a mañán eu era o que despertaba antes que naide, quería ser o primeiro en lavar a cara.

22- Eu sempre vou a polas herbas, lavo a cara é parte do corpo, éste ano non vou poder ir porque cain e rompin unha costela.

23–Eu levo toda a vida facendo o cacho, éste ano estouno pensando, dado que non ando ben de saude, sempre lavei a cara é os pes.

24–Eu nunca o fixen, cando cheguei a parroquia coas miñas fillas pequerrechiñas, non me dou por ir a polas herbas, despois marchei fora é donde estiven non se celebraba nada deso, ao voltear a Cerponzóns as fillas comenzaron a ir polas herbas, a min en cambio nunca se me dou.

As herbas que fomos recollendo, foron as seguintes :


Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns agradecemos a asistencia.

Deixar un comentario