33- PEREGRINACIÓN A SANTIAGO, ANO 2022

PEREGRINACIÓN A SANTIAGO, ANO SANTO 2022.

O día 10 de Decembro preto de 200 veciños e veciñas das parroquias de San Andrés de Xeve, Santa Maria de Xeve, Verducido e Cerponzóns, foron de Peregrinación a Santiago de Compostela, a organización correu a cargo do párroco D. Herminio Sande Lado.
Cun día fresco, pero asollado, sen ter que ir provistos de paraugas, en catro autobuses da empresa Rías Baixas, que saíron aproximadamente ás 8:45 das anteriores parroquias citadas, fomos pasar un día que xa quedará sinalado nas nosas vidas.
A primeira parada que fixemos despois de saír do aparcamento da Igrexa foi enfronte ao Pavillón dos Deportes de Pontevedra, desde alí arrincamos os catro autobuses xuntos direccion Santiago á as 9:15 horas.
Pola nosa Parroquia estaban anotados 40 veciños, ao final un veciño non puido asistir debido a un problema de saúde.
Cando iamos pola autoestrada, comenteilles aos viaxeiros un par de cousas que tiñamos que facer para que todo saíse correctamente, e ademais fíxenlles unha pregunta aos presentes, quería saber se alguén dos que ían no autobús fixera unha peregrinación como a que estabamos a comenzar neste día.
Moi poucos me responderon afirmativamente, a maioría contestaron que non e os poucos que dixeron que si, faláronme de que lembraban facer a peregrinación co cura D. Benito Lariño e que tamén aquel ano foran varias parroquias xuntas e que cando chegaron a Santiago desprazáronse en formación os veciños das distintas parroquias andando desde a Alameda de Santiago ata a Catedral.
A chegada á estación de autobuses foi ás 10:05 horas, desde alí achegámonos á Catedral, comentaralle aos nosos peregrinos de ir á porta por onde iamos entrar para asistir á Misa do Peregrino, situada na Praza da Inmaculada, así todo o mundo sabía o lugar exacto por donde había que entrar.
Ao chegar á praza estivemos uns minutos e despois cada un foi dar unha volta, uns a tomar un café, outros aproveitaron para comprar lotería de Nadal e outros se zamparon un sándwich cun zume de piña.
Ás 11:15 era a hora acordada para entrar á Catedral, así foi. A porta de entrada habitualmente úsase soamente para as saídas, pero D. Herminio realizou uns dias antes a xestións oportunas para poder entrar por ela e así evitar as longas colas que se fan polas outras portas de entrada, as catro parroquias levabamos un distintivo á vista para que o gardián da porta soubese quen podía entrar.
A porta por onde entramos está situada entre a Capela de Sta. Catalina (á dereita) e a Capela de San Antonio (a man esquerda, segundo entramos).


Conforme baixamos catro escaleiras, xa tiñamos as bancadas onde nos podiamos sentar, para situarnos, ditas bancadas quedan no lateral esquerdo da Capela Maior, si nos poñemos de frente ao altar.
Houbo que esperar uns corenta minutos para que dese comezo a Misa do Peregrino, pero non había máis remedio que entrar con tempo suficiente, dado que se se fai máis tarde non se atopa sitio para sentar.
Durante ese tempo podíase facer fotos e percorrer a Catedral, conforme se acercaba a hora da misa ían anunciando que despois quedaba prohibido realizar fotos, vídeos e pasear, mentres durase o oficio.

A MISA DO PEREGRINO.

Asistir á Misa do Peregrino é un dos rituais máis importantes e máis emocionantes para todo o que acaba o seu Camiño.
O Arzobisto Julián Barrio deu a benvida aos peregrinos que alí estabamos presentes e comezou saudando precisamente as catro parroquias que leva D. Herminio, que ademáis participou en dita Misa do Peregrino.
Despois de saudarnos fixo o mesmo cos compoñentes da Peña dá Boina de Pontevedra e seguidamente fíxoo con todos aqueles peregrinos que habían chegado a Santiago nas últimas 24 horas, indicando nacionalidade dos peregrinos e lugar de inicio do seu Camiño.
Despois, unha representación das catro parroquias e un representante da Peña dá Boina, participaron na lectura da liturxia.
Por parte da representación das catro parroquias, a lectura foi a seguinte:

Santo adalid, patrón de las Españas: Las comunidades católicas parroquiales de San Vicente de Cerponzones y su unido San Martín de Verducido, San Andrés de Xeve y la Inmaculada Concepción de Xeve, como herederas de la Fe en Cristo resucitado, nos postramos ante ti para rendirte nuestro más profundo agradecimiento por el gran don de la fe cristiana que tu nos aportaste y que dio lugar a un nuevo estilo de vida y cultura europea.

Como amigo del Señor te suplicamos que sigas siendo nuestro gran protector y defensor de todos y cada uno de los valores cristianos del Amor, la Caridad y la Esperanza, para que en nuestras comunidades, en nuestra España y en el mundo entero renazca un espíritu nuevo y una vida nueva en Cristo Jesús. Así te lo suplicamos poniendo por intercesora a Santa María en su Inmaculada Concepción.

Ao final da cerimonia, puidemos contemplar o voo do “botafumeiro”.
É impresionante velo en movemento, oito homes (tiraboleiros) necesítanse para desprazar o 53 kg. que pesa.
O botafumeiro está suspendido a unha altura de 20 metros e chega a alcanzar o 68 km/hora. A súa función litúrxica durante séculos, foi a de purificar o ambiente, hoxe en día conserva a súa función ritual á vez que é todo un espectáculo velo voar pola nave do cruceiro da igrexa.
Recollo esta referencia dunha páxina:

La primera referencia documental de este enorme incensario aparece en una nota marginal del siglo XIV del Códice Calixtino, donde se le llama “Turibulum magnum”. A lo largo de la historia ha habido varios botafumeiros y, en sus orígenes, su funcionamiento no era tan perfecto como ahora. Por ejemplo, en 1610, el peregrino Diego de Guzmán escribe en su diario que el incensario volaba “dando golpes en las bóvedas altas”. Y en otras contadas ocasiones llegó a soltarse de sus engranajes.

Dicir tamén que mentres o botafumeiro voaba por encima de nos, algunha cara era de non telas todas consigo jajaja. A máis dun pasoulle pola cabeza se chegase a soltarse!

Si recordamos, ainda hubo uns cuantos sucesos mais, o 25 de xullo de 1499, coa presenza no templo de Catalina de Aragón, o botafumeiro saíu voando para estrelarse contra a porta da praza de Praterías e en 1622 rompeu a corda que o suxeita e caeu no chan e non fai muito, no século XX fracturou as costelas e o nariz dun peregrino que se achegou demasiado.

Ao finalizar a misa, dirixímonos á estación de autobuses, saímos dirección a Lalin á 13:30, sen ningún contratempo, todo en orde.
Chegamos ao Restaurante Casa Pablo, situado no lugar de Goleta (Lalin).
Conforme baixamos do autobús fómonos para o comedor, preparado para as case 200 persoas que eramos, sobre as 15:00 estabamos a saborear unha rica sopa, seguidamente un cocido espectacular e para rematar unhas sobremesas cos postres, cafés, e por suposto, non podía faltar o licor café.
Durante a comida estivo a acompañar, nun ambiente de gran camaradería, o Dúo Marema. Muitos bailaron, outros conversaron e hubo de quen xogou as cartas, a escoba precisamente, por certo que meteulle unha soberana malleira a súa irmán jajaja.


Eran as sete da tarde e xa estabamos no autobús iniciando a viaxe de volta á nosa terriña.
Sen ningún incidente que destacar, despedímonos no aparcamento da Igrexa desexándonos Felices Festas.
Para finalizar quero facelo con dúas frases (para min a destacar) que dixo o Arcebispo e que quedei con elas para compartilas con todos vós:

SOIS PORTADORES DE LA HERENCIA DE LA FE.

UNA CONVIVENCIA PARA BUSCAR LA VERDAD.

Deséxovos Felices Festas.
JJ Esperón.
O Roque.

4 comentarios en “33- PEREGRINACIÓN A SANTIAGO, ANO 2022

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s