SCOUTS EN CERPONZÓNS

Entre os anos 1976/1983 aproximadamente tivemos uns veciños especiais na parroquia, eran un grupo de 125 nenos e nenas cos seus monitores correspondentes e o pai Clemente ao fronte.

Formaban un movemento xuvenil no cal baseábase en aprender por exemplo o respeto, a axuda e a solidariedade, coñecíanse polos Boys Scouts

Para levar acabo isto baseábanse nun método, coñecido por Método Scout, un sistema de auto educación progresiva, a metodoloxía scout baséase na educación en valores e no compromiso con estes.

En resumo, unha filosofía de vida na que se ensina o respecto pola natureza, a tolerancia, a igualdade, o compañerismo, a actividade física e a capacidade de superar adversidades e incomodidades.

Dependendo o país hai organizacións que desenvolven as súas propias bases e directrices, iso si, sempre respetando as regras xerais do escultismo, así que hai organizacións que promoven entre os seus membros o crecemento espiritual e o cumprimento das súas respectivas confesións, no noso caso, os nosos veciños Scouts eran católicos e estudaban no Colexio Sagrado Corazón.

Aquel numeroso grupo de scouts estiveron máis de sete anos visitando e convivindo na nosa parroquia, chegaban no trole ata Alba e despois ían andando en formación ata o que hoxe coñecemos como Casa do Pobo, son muitos os veciños os que os recordan pasar por diante dás suas casas.

O grupo estaba formado en tres subgrupos: un composto por aqueles compoñentes que tiñan entre 8 e 12 anos, o seguinte entre os de 12 a 16 e o terceiro eran de 16 anos en diante.

Acompañando a estes tres grupos uns 8 monitores, co Pai Clemente, fundador do grupo Scout de Pontevedra e relixioso do Colexio Sagrado Corazón,

Excepto o mes de Agosto, chegaban todos os sábados dos demais meses do ano, pasaban todo o día na parroquia, pero ademais unha vez ao mes quedábanse a durmir de sábado a domingo, acudindo ese domingo á misa da parroquia, algunhas veces oficiadas polo cura que os acompañaba.

Ao chegar o mes de Xullo quedábanse en Cerponzóns quince días seguidos de acampada, ao finalizar eses días remataban a súa estancia cunha gran comida, acudindo todos os pais dos scouts, nunca Cerponzóns nos mil anos de existencia tivo tantos médicos, avogados, empresarios etc. xuntos. Ata o presidente da diputación e o Alcalde de Pontevedra estaban presentes, pois os seus fillos tamén eran Scouts.

Os primeiros tempos foron de moito traballo, atopáronse cunha casa completamente en ruínas. O seu primeiro adestramento foi a albañilería, especialidade que podían escoller os nenos, eles foron capaces de levantar os muros e tellaron dous habitáculos.

Integráronse moi ben coa xente da parroquia, participaban en moitas ocasións naquilo que podían acudir.

Os Scouts tiñan un grupo de gaitas denominado RIAS BAJAS, o cal adoitaba percorrer varios lugares da parroquia os días de festa.

O PAI CLEMENTE

Clemente Álvarez (14/07/37/ – 28/09/21).

Pai Clemente Álvarez

Este relixioso do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra, foi o fundador dos Scouts de Pontevedra (grupo 286)

Actualmente atopábase en misións en Guatemala desde os anos 90 onde exercía a súa auténtica vocación polos máis desfavorecidos.

Comezou a súa etapa de escultismo nos baixos do colexio, pouco despois nas gradas do pabellón, pasando despois á rehabilitación da coñecida hoxe en día por Casa do Pobo de Cerponzóns, para terminar nun local situado en Moraña.

Son moitos ex alumnos que gardan un grato recordo do Pai Clemente, os campamentos de verán, as acampadas de fin de semana, as celebracións de San Jorge, as expedicións aos Picos, a Pirineos…

A súa dedicación era coordinar o ensino primario, ademais daba clases de pretecnoloxía.

Continuará

2 comentarios en “SCOUTS EN CERPONZÓNS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s